Carole King

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carole King

Carole King (9 de febreiro, 1942) é unha cantante norteamericana. O seu álbum de 1971, Tapestry, é un dos álbums máis vendidos da historia.

Traballou xunto a Paul Simon nunha discográfica facendo maquetas de grupos noveis. Moza de Neil Sedaka, inspiroulle a este a canción "Oh, Carol". En 1959 casou con Gerry Goffin, co que formou un dos máis importantes equipos musicais. En 1960 a súa canción "Will You Love me Tomorrow" foi número cantada por The Shirelles. Carole King converteuse na primeira compositora pop do mundo pero ata 1971 as cancións cantadas por ela non tiveron repercusión ningunha, pero ese ano Tapestry vendeu 15 millóns de exemplares.