Heroína (droga)
|
Diacetilmorfina ou Heroína |
|
| Nome: (5α,6α)-7,8-didehidro-4,5-epoxi- |
|
| Fórmula química | Carbono21H23NO5. |
| Forma de asimilación | Vaporizada, insuflada, inxetada o vía oral |
|
Heroína asiática. |
|
A heroína é unha droga obtida da síntese do extracto de opio semisintético que procede da durmideira (Papaver somniferum), coa que se elabora a morfina que logo se somete a un proceso de acetilación co anhídrido acético para obter a heroína.
Índice |
Sintomatoloxía [editar]
| Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- Artigo principal: Toxicidade da heroína.
- Efectos inmediatos.
- Pérdida da consciencia, tolerancia a dor, afecións físicas e ou emocionais, sentimentos de candidez, euforia, pracer e benestar; en grandes doses pode sedar.
- Estrinximento, náuseas, diminución do desexo sexual, encollemento da pupila, depresión dos centros respiratorios, risco de coma, diminución do ritmo cardíaco e aumento da temperatura corporal.
- Efectos a longo prazo.
- Trastornos orgánicos de tipo intestinal e urinarios, hemorraxias, neumopatías infecciosas, septicemia.
- Debido á falta de asepsia na aplicación, é posible adquirir infeccións como hepatites virais ou mesmo a SIDA.
Tipos e variedades [editar]
N´3 e N´4
- A N´3 ou "brown sugar" gradua de 15 a 45% en diacetilmorfina,esta mostrase en forma de pedras ou grans de cores crema, gris ou azul.
- A N´4 ten unha porcentaxe máis elevada de diacetilmorfina do 60 a 95% e preséntase en forma de po branco.
A súa historia [editar]
Empezouse a introducir na medicina en 1898,utilizada como un potente analxésico e un bo remedio contra os trastornos respiratorios tuberculosos. A partir se 1920, paralelamente pasouse do seu uso terapéutico a unha utilización toxicómana.
Actualmente fabrícase en laboratorios clandestinos do próximo Oriente e México.
Consumo [editar]
Fúmase (normalmente heroína n'3), cómese, inhálase ou inxéctase (shoot) por via subcutánea, intravenosa ou intramuscular. Este último método voltouse corrente.