Relampo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lóstrego")

Un relampo, lóstrego, alustro ou relustro é un fenómono meteorolóxico consistente no resplandor intenso e súbito que se produce nas nubes por unha descarga eléctrica durante unha treboada ou nos momentos previos a ela.

Secuencia do relampo, de 0.32 segundos

Formación[editar | editar a fonte]

Lóstrego en Oradea, Romanía

O primeiro proceso na xeración destes meteoros é a separación de cargas positivas e negativas dentro dunha nube. Os cristais de xeo dentro das nubes cumulonimbus frótanse entre sí debido as correntes aéreas ascendentes fortes nestas nubes, acumulando así unha carga estática forte. Os cristais positivamente cargados tenden a ascender o que fai que a capa superior da nube acumule unha carga estática positiva. Os cristais negativamente cargados e os granizos caen as capas do centro e do fondo da nube que acumula unha carga estática negativa. As nubes de tipo cumulonimbus que non producen suficientes cristais de xeo, en xeral, non poden producir bastante electricidade estática para causar o lóstrego.