Adele

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adele
Adele someone like you - Cropped.jpg
Adele interpretando "Someone Like You" durante o concerto que ofreceu en Seattle, Washngton, o 12 de agosto de 2011 da súa xira Adele Live.
Nome completo Adele Laurie Blue Adkins
Naceu 5 de maio de 1988 (26 anos)
Orixe Tottenham, Inglaterra, Reino Unido Reino Unido
Ocupación (s) Cantante e compositora
Xénero Soul, jazz, pop, blues, neo soul
Instrumento(s) Voz, guitarra, piano, baixo, celesta, teclado
Tipo de voz Contralto[1]
Selo(s) discográfico (s) XL Recordings, Universal, Columbia Records
Relacionado con Amy Winehouse
Lady Gaga
Duffy
Aretha Franklin
Dido (cantante)
Paul McCartney
Tempo en activo 2008-presente
Na rede
Adele.tv

Adele Laurie Blue Adkins, nada o 5 de maio de 1988, coñecida simplemente como Adele, é unha cantante e compositora británica de soul, blues, pop e jazz, gañadora de oito Premios Grammy e tres Brit Awards.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu primeiro álbum de estudo, titulado 19, lanzouse en 2008, vendendo arredor de 6,5 millóns de copias en todo o mundo. O seu segundo álbum de estudo, titulado 21, saíu en 2011 e vendeu arredor de 18,5 millóns de exemplares. 21 foi o álbum máis vendido en 2011 e ocupa o posto 71 dos álbums máis vendidos de toda a historia. Permaneceu durante 36 semanas non consecutivas como o álbum máis vendido do mundo. En total, as vendas de tódalas súas producións musicais superan os 78 millóns de copias, repartidas en máis de 30 millóns de discos e arredor de 42 millóns de sinxelos.

Adele chegou ó éxito con suaves melodías pop e blues (e non electro pop), o que a converteu nunha expoñente do chamado neo soul. O seu último álbum, 21, logrou tres números un consecutivos nos Estados Unidos: "Rolling in the Deep", "Someone Like You", "Set Fire to the Rain" e "I Wanna Go".

Adele foi a grande triunfadora dos premios Grammy en 2012, levando 6, dos que dous foron polo seu álbum 21, tres pola canción "Rolling in the Deep" e o restante por "Someone Like You". En total, os Emy que leva gañados xa superan os de outras coñecidas artistas entre as que se atopan Christina Aguilera, Lady Gaga, Taylor Swift, Rihanna, Katy Perry ou Pink.

Adele Femme Fatale Version[editar | editar a fonte]

Outro dos fitos desta xove artista é que o seu 2º álbum 21 é o que máis durou nas listas do Reino Unido (16 semanas) e o que máis permaneceu no número por unha muller na historia do Billboard 200, con 23 semanas. Ademais, é a primeira artista feminina que ten tres sinxelos no top 10 do Billboard Hot 100 á vez, e a primeira artista feminina en ter dous álbums no Top 5 do Billboard 200.

Adele Royal Albert Vrsion[editar | editar a fonte]

Adele Laurie naceu en Tottenham, Londres, Inglaterra o 5 de maio de 1988. Comezou a cantar aos catro anos e afirmou que estivo obsesionada coas voces. Dixo que as Spice Girls foran unha gran influencia na súa paixón pola música e afirmou que "elas me fixeron o que son hoxe". Aos nove anos trasladouse xunto con súa nai, un carpinteiro e un programador de actividades a Brighton. Dous anos despois mudouse a Brixton, e máis tarde ao distrito de West Norwood, no sur de Londres. West Norwood é o tema da súa primeira canción "Hometown Glory", escrita aos 16 anos. Despois de mudarse alí comezou a interesarlle o R&B e tamén artistas como Aaliagh, Destin's Child e Mary J. Blige. Graduouse na escola BRIT e Performing Arts & Technology en Croydon, Londres, en maio de 2006 onde cursou con grandes cantantes actualmente coñecidas como Leona Lewis e Jessie J. Confirmou que na escola de Londres foi onde cultivou todo o seu talento.

Carreira musical[editar | editar a fonte]

2008-2009: Principios da carreira[editar | editar a fonte]

Nestes anos foi cando lanzou o seu primeiro álbum de estudo, titulado 19. Vendeu aproximadamente catro millóns de copias en todo o mundo. Tamén gañou a 51ª edición dos Premios Grammy, con dous galardóns nas categorías de "mellor artista nova" e "mellor interpretación vocal pop feminina". Máis tarde nomeárona tres veces aos premios Brit.

2010-2011: 21 e fama mundial[editar | editar a fonte]

En 2011, saca o seu segundo álbum, titulado 21, do que leva vendidas unhas dezaseis millóns de copias. Os éxitos máis famosos do disco son "Set Fire To The Rain", "Someone Like You" e "Rolling in the Deep". O tema "Someone Like You" foi número un nas listas de Reino Unido, e o seu disco mantívose durante once semanas consecutivas como o álbum máis vendido.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adele

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]