Madame Tussauds

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotigo do museo.

O Madame Tussauds é o museo de cera de Londres. Foi fundado pola escultora de cera Marie Tussaud posúe a colección de réplicas de persoaxes famosos mais grande do mundo. É unha atracción turística de Londres, onde ten a súa sede central aínda que posúe diferentes sucursais noutras cidades coma Nova York, Berlín ou Hollywood.

Historia[editar | editar a fonte]

Marie Tussaud, naceu como Anna María Grosholtz (1761–1850) en Strasbourg, Francia. A súa nai traballaba como ama de chaves para o Dr. Philippe Curtius en Berna, Suiza; que era un experto moldeador de cera que lle ensinou a Marie a súa técnica.

Tussaud creou a súa primeira figura de cera, de Voltaire, en 1777,[1] logo a Jean-Jacques Rousseau e a Benjamin Franklin. Durante a Revolución Francesa fixo diferentes esculturas das víctimas. Cando o doutor faleceu en 1794, herdou a súa colección de figuras de cera e pasou os seguintes 33 anos viaxando con elas por Europa. Casou con François Tussaud, en 1795, e dende esa data colleu o nome de Madame Tussaud. En 1802, viaxou a Londres despois de aceptar a invitación de Paul Philidor de expoñer as súas figuras nun salón-teatro. Pero non lle foi ben económicamente, xa que tiña que darlle a metade das súas ganancias a Philidor. Como resultado da guerra británica-francesa non puido regresar a Francia, entón comezou a viaxar coa súa colección a través de Gran Bretaña e de Irlanda. En 1831 arrendou un local en "Baker Street Bazaar" o oeste de Baker Street que se converte no primeiro fogar permanente do matrimonio Tussaud.[2]

En 1835 Marie abre o seu primeiro museo de cera en Baker Street, Londres. Unha das principais atraccións do museo é a cámara dos horrores que inclúe as figuras das víctimas da Revolución Francesa que ela creara durante a Revolución e outras creacións de asasinos e criminais. Outra xente famosa foi engadida a exhibición, incluindo a súa propia figura que se atopa a entrada do museo. A exposición orixinal contiña 400 figuras pero despois do lume de Londres en 1925 e das bombas xermanas de 1941 a colección reduciuse, pero algunha figura feita por ela aínda continúa exposta. Marie finou o 15 de abril de 1850 mentres durmía.

En 1883 o edificio quedouse pequeno e ordenouse construir o actual edificio en Marylebone Road que foi aberto o público o 14 de xullo de 1884. En febreiro de 1889, o museo, tivo que ser vendido por problemas financieiros despois de que fracasaran varias técnicas propostas para atraer capital.

Actualmente o museo é un reclamo turístico e incorpora figuras de actores, coñecidos deportistas, políticos...

Lista de localizacions[3][editar | editar a fonte]

América do Norte[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

Asia[editar | editar a fonte]

Australia[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Du Plessis, Amelia. "England - Madame Tussauds". Informational site about England. http://www.england.org.za/madame-tussauds.php. Consultado o 12 July 2011.
  2. Pilbeam (2006) pp.100-104
  3. "Madame Tussauds". http://www.madametussauds.com/. Consultado o 29 November 2011.
  4. "Madame Tussaud Exhibition to open at Shinsegae". 27 June 2012. http://busanhaps.com/article/madame-tussauds-exhibition-open-shinsegae.