NRK

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kringkastingshuset (Casa da Radio) en Oslo

NRK (Norsk Rikskringkasting) é a compañía pública de radio e televisión de Noruega, é un dos membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión. O seu financiamento procede principalmente das cotas dos televidentes e das vendas de programas e DVD.

Índice

Historia [editar]

A NRK fundouse o 24 de xuño de 1933 seguindo o modelo da BBC, o 1 de xullo comezou a emitir regularmente, eliminándose progresivamente tódas as licenzas de radio privadas que se converteron en parte da NRK[1]. Durante a ocupación alemá na II Guerra Mundial os transmisores de radio da NRK utilizáronse para transmitiren propaganda nazi cara Escocia, Irlanda do Norte e Escandinavia. O goberno no exilio reorganizou a NRK dirixida por Toralv Øksnevad que transmitía através do servizo exterior da BBC cara a Noruega e que redifundían ducias de emisoras clandestinas en toda Noruega, o anuncio de Dette er London! (Aquí Londres) converteuse nunha voz de chamada para a resistencia norueguesa, nun momento no que se condeaba coa pena de morte a escoita de emisións estranxeiras. Tamén desde Boston por onda curta e dirixido por Gunnar Nygård transmitiu a NRK no exilio programas dirixidos aos mariñeiros noruegueses espallados por todo o mundo.

En 1948 comezou a funcionar o servizo exterior de radio, Utenlandssendingen por onda curta transmitindo en noruegués e inglés e que estivo en activo ata o 1 de xaneiro de 2002. En 1950 a NRK foi un dos fundadores da UER, en 1954 comezou as transmisións de televisións que se fixeron regulares desde 1960. En 1975 deixou de ter o monopolio sobre as estacións de radio e en 1984 estableceu a súa segunda canle de radio.

Canles [editar]

Radio [editar]


a Accesible en FM nalgunhas partes do país
b DAB, DVB-T e radio por internet

c En cooperación coa SVT e a YLE,
d Só por DAB
e Radio por internet

Televisión [editar]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]