Éxtase (droga)
O éxtase é unha droga psicoactiva de orixe sintética, que ten como nome químico 3,4-metilendioximetanfetamina ou MDMA. Proporciona os seus consumidores unha intensa sensación de benestar. Porén, o seu consumo provoca diversos efectos adversos.
Forma parte do grupo de substancias que se coñecen co nome de drogas de síntese ou drogas de deseño. O éxtase é estimulante e perturbador do sistema nervioso central. Tamén recibe popularmente os nomes de X, XTC, droga do amor e Adán.
Índice |
[editar] Historia
O MDMA está relacionado quimicamente co estimulante anfetamina. Sintetizouse por primeira vez en 1912 no laboratorio farmacéutico Merck en Darmstadt, cando se buscaba un fármaco para inhibir o apetito, aínda que nunca chegou a comercializarse como medicamento. O achado non foi seguido de estudos farmacolóxicos e, ata 1953, o descubrimento permaneceu no rexistro de patentes sen ningunha aplicación concreta. É rotundamente falso, por moito que se afirme en multitude de documentos, que se ensaiara en humanos como anorexíxeno ou para usos bélicos. A primeira comunicación científica sobre efectos fisiolóxicos en seres humanos é de 1976 e débese ao químico Alexander Shulgin.
O MDMA foi empregado nos Estados Unidos en psiquiatría analítica, dende principios da década de 1970 ata mediados da de 1980, como auxiliar no proceso terapéutico, xa que axudaba a facilitar a comunicación persoal e o desbloqueo emocional. Comprobouse que os pacientes experimentaban unha diminución da ansiedade e que a predisposición a comprender e aceptarse a eles mesmos e aos demais era maior. O uso do MDMA estendeuse nos ambientes contraculturais e os mozos empezaron a utilizalo como droga con fins recreativos. En 1985 o goberno estadounidense prohibiu o MDMA baseándose en estudos que sinalaban a posibilidade de que esa substancia provocase lesións cerebrais.
A Organización Mundial da Saúde (OMS) incluíu o MDMA na Listaxe I de psicotrópicos, entre os fármacos sen usos terapéuticos, só admisibles en experimentos con animais. Ao chegar a prohibición, quedaron interrompidas varias investigacións sobre os efectos desta droga. Algo que non quedou claro para algúns na historia desta droga foi o drástico da súa prohibición, xa que non existían daquela probas de efectos nocivos, perigosos ou fatais, sendo a adicción menor que noutros fármacos debido á baixa tolerancia que o corpo humano desenvolve á droga, e sendo a sobredose algo improbable tamén. Incluíuse na "Listaxe I" xunto con drogas como LSD, heroína, cocaína e outras drogas de riscos altamente demostrados. Díxose que detrás desta prohibición existían intereses económicos de grandes compañías farmacéuticas fabricantes de antidepresivos e outras drogas legais que non tiñan competencia cos resultados do MDMA. Sumado a isto estaban as investigacións feitas por algúns profesionais con resultados altamente satisfactorios no tratamento de algúns traumas psicolóxicos e problemas de parellas. A evidencia dos danos na neuroxénese en adultos e o impedimento da frontalización, proceso no que o cerebro acada a súa madurez e que se produce cara ao final da adolescencia, deixaron obsoleta esta discusión.
Trala súa prohibición, os traficantes de drogas comezaron a fabricalo de forma clandestina e a vendelo so o nome de éxtase. A súa popularidade aumentou a finais da década de 1980, desligado da figura do "ionqui" (prototipo de drogadicto dos anos 70 e 80), e co xurdimento das raves, festas nocturnas multitudinarias de música tecno que acontecen en lugares secretos. Ao mesmo tempo que a cultura techno se estendía pola Europa, os Estados Unidos e outras partes do mundo, o éxtase converteuse na droga de elección de moitos dos participantes nesas festas. Porén, non é exclusivamente o único contexto "lúdico" no que se consome esta droga.
[editar] Efectos
Polo xeral, o éxtase consómese por vía oral en forma de pastillas. A droga afecta principalmente ao cerebro actuando sobre a serotonina, un neurotransmisor (substancia química que transporta sinais entre as células nerviosas). Iso produce cambios do humor e estados de ánimo e alteracións da percepción. O MDMA tamén afecta a outros neurotransmisores, principalmente a noradrenalina e, en menor medida, a dopamina.
O mecanismo de acción atribúese o rol da MDMA como agonista directo dos receptores neuronais presinápticos de serotonina. Deste modo, o MDMA induce a liberación destes neurotransmisores dende as vesículas nas terminais presinápticas das neuronas, cara ao espazo sináptico, propagando o sinal por toda a rede neuronal. Estes cambios neuroquímicos maniféstanse fisioloxicamente producindo temperanza emocional e apertura afectiva, comunicación desinhibida, empatía (entactoxénese).
O MDMA preserva tamén os efectos estimulantes típicos da anfetamina, que reforzan os xa descritos, producindo sensación de grande enerxía física, con aumento da actividade motora (hiperactividade), benestar xeral e euforia.
O éxtase produce unha desinhibición da emotividade cun sentimento de euforia, aumento da sociabilidade, da capacidade de comunicación e sensación de acercamento aos demais. O consumidor pode sufrir ademais ansiedade, axitación, náuseas, sequidade de boca, sede, sudoración, temores, espasmo dos músculos da mandíbula, aumento da temperatura corporal, deshidratación e elevación da tensión arterial e da frecuencia cardíaca.
O subidón maniféstase en ondadas con sensacións de euforia, alegría, felicidade, empatía in crescendo e dunha sensación de lixeireza mental e física.
O MDMA puro acostuma ter unha baixada moi tranquila e facilidade para durmir, porén as pastillas de clubbing acostuman vir acompañadas de estados depresivos, debido a que a liberación de serotonina inducida puido ter depletado (baleirado) temporariamente as vesículas que aloxan os neurotransmisores de reserva. Nese caso, produciríase unha caída brusca nos niveis extracelulares de serotonina, que tardaría varios días en recompoñerse. Para evitar estas consecuencias é frecuente a administración dun antidepresivo Inhibidor da Recaptación da Serotonina (IRS), sobre todo a fluoxetina, unhas 6 horas despois da inxesta de MDMA. Evidencia científica preliminar (en ratas) asocia esta práctica cunha acción neuroprotectora, profiláctica contra a posible toxicidade do MDMA. [1] [2].
O consumo de éxtase interfire coa capacidade do organismo para regular a temperatura, o que pode producir unha hipertermia perigosa, que pode provocar un fallo hepático, renal e cardiovascular. As doses altas orixinan insomnio, ansiedade, crise de pánico, alucinacións, risco de convulsións, insuficiencia renal, insuficiencia hepática, trombose, arritmias e hemorraxias ou infartos cerebrais. Existe a posibilidade de que aparezan crises de ansiedade, trastornos depresivos e trastornos psicóticos.
Contrariamente ao que suxire a mitoloxía popular, o MDMA non ten efectos afrodisíacos, alguén a chamou sensual mais non sexual. A súa utilidade para facilitar a introspección cun temor reducido foi comprobada nalgúns contextos terapéuticos, levando á FDA (Food and Drug Administration) estadounidense a aprobar no 2001 a súa experimentación en pacientes con trastorno de estrés postraumático. No 2004, a DEA (Drug Enforcement Agency) outorgou as primeras licenzas para adquirir esta droga legalmente. Os representantes da clase médica que participan nestes ensaios, manifestáronse en favor de modificar o status legal do MDMA, propondo que sexa retirado da Listaxe I e incluído na Listaxe III de psicotrópicos.
O MDMA atravesa a barreira hematoencefálica do cerebro o que explica os seus rápidos efectos, pero ademais dánaa, como amosan os experimentos de Brian Yamamoto (Universidad de Boston) con ratas. Ao parecer fai que a barreira se volva máis permeable e polo tanto máis vulnerable a axentes patóxenos.
[editar] Tolerancia
O corpo humano desenvolve tolerancia a esta droga, polo que o consumo continuo da mesma leva á paulatina ausencia de efectos, debido a isto unha persoa que inxire a droga semanalmente, probablemente despois dun ou dous meses non sinta os efectos da mesma ou estes sexan case imperceptibles. Cando os efectos do éxtase desaparecen pode experimentarse, incluso días despois, canseira, sentimentos de depresión e outras alteracións do humor.
É importante saber que os efectos do éxtase non aparecen de forma inmediata, que en moitos casos a súa composición está adulterada con outras substancias e que resulta perigoso combinalo con outras drogas porque a suma dos seus efectos é imprevisible.
Algúns pensan que o éxtase tamen é un neurotóxico, pero isto último só se ten demostrado en animais de laboratorio sometidos a altas doses da substancia e por vías moi pouco habituais no consumo humano (como a inxección intraperitoneal), polo que a súa existencia en humanos é altamente controvertida.
[editar] Estudos e investigacións sobre o éxtase
Os científicos están estudando se o éxtase produce unha lesión permanente nas neuronas cerebrais. As investigacións realizadas en ratas e outros animais confirman a lesión de neuronas serotoninérxicas. Os estudos no ser humano, nos que se empregaron as novas tecnoloxías de exploración cerebral como a tomografía de emisión de positróns e a tomografía computerizada de emisión de fotón único, apuntan tamén a unha afectación permanente nas vías da serotonina. Ademais, outras probas realizadas en persoas que o utilizan habitualmente sinalan que o éxtase pode afectar de forma negativa á memoria, a aprendizaxe e outros procesos mentais.
Con todo, algúns científicos que critican esas investigacións sinalan que os estudos en animais non se poden aplicar directamente ao ser humano e sosteñen que, con frecuencia, o éxtase se adultera e contén outras substancias ilegais perigosas, coma cocaína, metanfetamina o parametoxianfetamina. É difícil valorar, sen coñecer con precisión a súa composición, cales son os efectos a longo prazo atribuíbles en exclusiva o éxtase.
Outros expertos abrigan a esperanza de que as investigacións futuras sobre o MDMA demostren a súa aplicación médica como psicofármaco. Algúns psiquiatras suxiren que o MDMA, administrado baixo control a doses baixas e pouco frecuentes, podería ser útil para facilitar o tratamento de pacientes que sofren depresión ou ansiedade persistente provocada por un acontecemento traumático.
[editar] Química
A nomenclatura IUPAC para este composto é 3-4 metilendioximetanfetamina.
A fórmula química do MDMA é: C11H15NO2 Trátase dunha molécula pertencente ao grupo das fenetilaminas, emparentada estruturalmente co alcaloide mescalina, e derivada química da metanfetamina. Tamén está relacionada co MDA (metilendioxianfetamina), un composto precursor, con efectos fisiolóxicos similares. Tanto a metanfetamina como o MDA, adóitanse vincular con potenciais efectos neurotóxicos.
[editar] Modos de emprego
O MDMA pódese atopar en forma de po cristalino, e en caso de ser de alta calidade, en cristais, por iso se lle chama ás veces crystal. Tamén se comercializa en pílulas que acostuman levar compactantes e aglutinantes. Inxírense normalmente en doses pequenas, coa intención de controlar o efecto, o que é difícil polo descoñecemento da pureza e o seu contido en MDMA. O po pódese esnifar, aínda que é molesto ao ser cristalinos.
A dose normal para un adulto acostuma ser 100mg a 120mg. O problema coas pastillas de club que se adoitan atribuír ao MDMA é o compoñente das mesmas, acostuman ter como base da pastilla anfetaminas e outras drogas como MDA, DXM, heroína, ketamina ou outras substancias case todas elas alucinóxenas que si xeran adicción física e que ademais combinadas co MDMA poden chegar a ser altamente perigosas. Estas mesturas realizadas nas pastillas poden ter varios motivos, entre eles o feito de que pode ser máis "divertido" o que a pastilla conteña algún alucinóxeno ou enerxizante que permita estar nunha rave durante moito tempo, outra posibilidade é o coñecemento dos fabricantes desta droga de que o MDMA non pode chegar a causar adicción física debido á tolerancia que o corpo desenvolve, o que levaría a unha baixa no consumo.
O uso máis común da droga é sobre todo lúdico fundamentalmente en festas e discotecas, porén investigacións feitas por psicólogos e psiquiatras demostran que esta droga ten un potencial altísimo no tratamento de certos desordes mentais como paranoia, fobias, esquizofrenia, etc. e tamén no tratamento de parellas en crise, debido ás cualidades empáticas da droga que xeran unha grande apertura o dialogo.
[editar] Sobredose
En casos de toxicidade por sobredose, pode producirse hipertermia e síndrome serotoninérxico. Existe risco de deshidratación en usuarios con alta actividade física que esquecen beber auga, debido a que a droga pode inhibir a percepción do cansanzo e a sede, sendo este o principal risco nas festas electrónicas (raves) debido aos consumidores que esquecen hidratarse e ventilar o corpo, menosprezando a importancia disto debido aos efectos eufóricos e de benestar da droga. En contraste, tamén se rexistraron casos de hiponatremia (deficiencia de sodio) por exceso de auga. Pero quizais o maior perigo provén do feito de que outras drogas, máis perigosas (como PMA, DXM ou metanfetamina), se engaden ás pastillas de éxtase ou moitas veces simplemente véndense como tales. Por outra banda, a inxestión de alcol agrava os riscos potenciais xa que o alcol axuda coa deshidratación. Non hai información dispoñible sobre os efectos da droga a longo prazo en humanos, debido a que o status legal desta substancia impedía tales investigacións ata o 2001, cando se autorizaron os ensaios clínicos antes mencionados.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
[editar] En Castelán
- Páxina sobre drogas
- Redución de danos no consumo de éxtase e outras substancias
- Máis información sobre o éxtase e outras drogas
[editar] En inglés
- Medios de comunicación
- Conant, Eve. "Ecstasy: A Possible New Role for a Banned Club Drug." Newsweek, May 2, 2005.
- Erowid.
- Generation on X: An undercover look at the growing trend of teens using Ecstasy FOX News, April 26, 2005.
- Weiss, Rick. "'Ecstasy' Use Studied to Ease Fear in Terminally Ill." The Washington Post, December 27, 2004.
- Philipkosk, Kristen. "Wired News: Long Trip for Psychedelic Drugs." Wired, September 27, 2004.
- Philipkosk, Kristen. "DEA Approves Ecstasy Tests." Wired, March 2, 2004.
- Darman, Jonathan. "Out of the Club, Onto the Couch Newsweek.com, December 5, 2003. - An interview with NYU's Dr. Julie Holland
- Weiss, Rick. "Results Retracted on Ecstasy Study." The Washington Post, September 6, 2003.
- Recer, Paul "Ecstasy-Parkinson's Connections?." CBS News, September 26, 2002.
- Académicos
- The Multidisciplinary Association for Psychedelic Studies (MAPS): MDMA project MAPS is at the forefront of human MDMA research, having obtained FDA permits for two studies administering MDMA to human volunteers in order to explore the drug's potential psychiatric benefits (one study is already underway.)
- TheDEA.org's extensive critique/review of the evidence against MDMA ('ecstasy') causing brain damage at common recreational doses.
- This is your brain on Ecstasy - A slideshow that illustrates the neuropharmacokinetics of Ecstasy (how the drug affects the brain.) Some of the information on this page is at present (July 2005) outdated.
- PiHKAL entry
- The MAPS research library, containing downloadable copies of most of the MDMA and LSD research ever done.
- Xerais
- Multidisciplinary Association for Psychedelic Studies
- Pillreports - The definitive Ecstasy database that is updated with "trip" reports and pictures daily.
- User-friendly info on Ecstasy provided by the TRIP! Project, Toronto Canada
- Good Drugs Guide - Basic information
- DanceSafe - a risk reduction site with lots of information on Ecstasy. Includes a large database of photographs of different pill types, along with laboratory analysis of what was actually found in the pill.
- This is your brain on Ecstasy: MDMA Neurochemistry Slideshow Slideshow that shows the chemical reactions in the brain that cause the effects of MDMA - hosted by Dancesafe.
- Erowid's Ecstasy page - lots of information
- UK National Drugs Line factsheet on Ecstasy
- American Council for Drug Education factsheet on Ecstasy
- http://www.ecstasy.org
- Utopian Pharmacology. Detailed essay discussing the history and uses of MDMA.