Rhythm and blues
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Rhythm and blues | |
|---|---|
| Orixes do estilo: | jazz, blues, gospel |
| Orixes culturais: | anos 40 e 50 nos Estados Unidos |
| Instrumentos típicos: | betería, contrabaixo, saxofón, trompa, piano, órgano, guitarra eléctrica, voces |
| Popularidade: | significativa dende os 40 ata os 60 |
O rhythm and blues (R&B ou RnB) é un termo musical introducido en Estados Unidos en 1949 por Jerry Wexler da revista Billboard, e foi designado como unha mestura de jazz, gospel e blues. Substituíu ao termo coñecido como "música negra", considerado ofensivo, así como á categoría de Billboard "Harlem Hit Parade" en xuño de 1949, e principalmente era usado para identificar o estilo musical que máis tarde evoluiría no rock and roll.