Betty Boop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Betty Boop nos títulos dos debuxos animados

Betty Boop é unha personaxe de debuxos animados que apareceu nas series de filmes Talkartoon e Betty Boop, producidas por Max Fleischer e distribuídas pola Paramount Pictures en 1931[1]. Hoxe, Betty é considerada unha das personaxes dos debuxos animados máis coñecidos do mundo e considerada a raíña dos debuxos animados da década de 1930.

Betty tiña un xeito de moza independente e provocadora, sempre con minisaia e as pernas fóra, exhibindo unha liga. Foi en 1930 cando a personaxe inmigrante xudaica[Cómpre referencia] comezou sua "carreira", en Dizzy Dishes, inspirándose nas divas desta década, ao son do jazz (Big Bands). Mais Betty Boop fíxose famosa cando interpretou "Boop-Oop-a Doop-Girl", de Helen Kane, e, así, entrou na historia, participando en máis de 100 animacións.

É unha das personaxes símbolo do parque temático Port Aventura en Tarragona.

Orixes[editar | editar a fonte]

Betty Boop fixo a súa primeira aparición o 9 de agosto de 1930, en Dizzy Dishes , o sexto na serie Talkartoon de Fleischer. Aínda que a actriz Clara Bow fora o modelo para Betty, ela realmente comezou coma unha caricatura da cantante Helen Kane. Na súa primeira aparición, a personaxe foi creada orixinalmente coma unha especie dun poodle francés humanoide. Após a súa primeira aparición, Betty Boop foi redeseñada como unha personaxe humana en 1932, nos debuxos Any Rags. As súas orellas moles de poodle tornáronse pendentes de argola, e o seu nariz negro canino pasou a ser nariz humano. Betty Boop apareceu coma un personaxe coadxuvante en dez debuxos animados coma unha rapaza flapper, ou sexa, unha moza ben arreglada vestindo saia curta.

Durante as primeiras aparicións, a voz de Betty foi feita por Margie Hines. Alén desta, a voz da Betty foi feita por varias actrices, coma Kate Wright, Bonnie Poe, Ann Rothschild (tamén coñecida como Little Ann Little), entre outras. A voz máis coñecida de Boop foi Mae Questel, que a interpretou en varias curtametraxes, desde 1931 até 1938, e tamén fixo a voz da personaxe no filme ¿Quen enganou a Roger Rabbit? en 1988 e no filme de Felix the Cat (Felix the Cat: The Movie) , en 1991. Hoxe en dia a súa voz é dobrada polas actrices Cindy Robinson, Sandy Fox, Cheryl Chase e Tara Strong. En 1932, Betty Boop gañou o seu papel e os seus propios debuxos na curtametraxe Stopping the Show, onde aparece coma protagonista.

Código de Produción de 1934[editar | editar a fonte]

En 1934, as curtametraxes de Betty Boop sufriron alteracións por mor do código de produción que censurou algunhas características, porque antes as curtametraxes eran dirixidas ao público adulto.

Desde o dia 1º de xullo de 1934, o código de produción suxeriu que Max Fleischer alterase as características dos seus debuxos e a aparencia da personaxe. Desde entón, Betty deixou de usar roupas moi curtas e pasou a vestir un vestido, ou calquera roupa que cubrise o seu corpo até o pescozo, inclusive que os seus cabelo pasaron a ter menos rolos. Betty tornouse nunha solteira politicamente correcta, posuíndo unha personalidade máis responsábel e máis seria. O código non permitía que a personaxe e un can chamado Bimbo tivesen unha relación amorosa, que sería considerado zoofilia, pois na curtametraxe Betty Boop's Little Pal (1934) Betty pasou a ter un cachorro común chamado "Pudgy" como seu animal de compaña. Dende entón, as súas curtas pasaron a ter historias centradas no público infantil.

En 1939, a produción das curtametraxes de Betty Boop foron fechadas, pois a súa última aparición foi na curta "Rhythm on the Reservation".

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]