Ferradura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As ferraduras modernas adoitan estar feitas de ferro e crávanse nos pezuños.

Unha ferradura é unha peza en forma de letra "U" que se utiliza para protexer os cascos e os pezuños dos animais contra o desgaste e as fendas.

Poden ser de ferro, caucho, plástico ou coiro, e colócanse cravándoas ou pegándoas na beira dos pezuños dos cabalos, mulas, e burros. Pola súa banda, as ferraduras que se lles poñen ós bois e ás vacas son diferentes para adaptarse á forma dos seus pezuños con dous dedos.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Como amuleto, crese que as ferraduras son un símbolo de boa fortuna. Tradicionalmente pendurábanse nas portas das casas para atraer a sorte.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ferradura

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]