Pin-up girl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pin-up por Patrick Hitte.

Unha pin-up girl é unha modelo cuxas imaxes sensuais producidas en grande escala exercen un forte atractivo na cultura pop. Destinadas á exibición informal, as pin-ups constitúen nun tipo leve de pornografía. As mulleres consideradas pin-ups son xeralmente modelos e actrices.

Betty Grable foi unha das máis populares de entre as primeiras “pin-ups”. Un dos seus pósters tornou omnipresente nos armarios dos soldados norteamericanos durante a Segunda Guerra Mundial. Outras pin-ups, como Bettie Page, representaban traballos artísticos, frecuentemente adoptando versións idealizadas do que algúns imaxinaban ser a representación dunha muller particularmente atraínte. Un exemplo antigo do último tipo foi a Gibson Girl (garota de Gibson), deseñada por Charles Dana Gibson. O xénero tamén deu orixe a varios artistas especializados, tales como Alberto Vargas, George Petty e Art Frahm.