Saltar ao contido

Beyoncé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Beyoncé Knowles»)
Modelo:BiografíaBeyoncé

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Beyonce Giselle Knowles Editar o valor en Wikidata
4 de setembro de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Houston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Outros nomesQueen B
First Lady of Music Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBel Air (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónHigh School for the Performing and Visual Arts (en) Traducir
Alief Elsik High School (en) Traducir
The Center for Early Education Editar o valor en Wikidata
Altura169 cm Editar o valor en Wikidata
Cor do peloHoney blond (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, actriz, artista discográfico, emprendedora, bailarina, directora de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
The Carters (pt) Traducir (2018–)
Destiny's Child (1990–2006)
Artists Stand Up to Cancer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop, R&B contemporáneo e música hip hop Editar o valor en Wikidata
ProfesoresIvana Chubbuck Editar o valor en Wikidata
Influencias
Patrimonio estimado355 M$ (2018) Editar o valor en Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor en Wikidata

Selo discográficoColumbia Records
Parkwood Entertainment (pt) Traducir
Music World Entertainment (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalJay-Z: The Carters (pt) Traducir
Melody Ehsani (pt) Traducir
Megan Thee Stallion (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJay-Z (2008–) Editar o valor en Wikidata
FillosBlue Ivy Carter, Rumi Carter, Sir Carter Editar o valor en Wikidata
PaisMathew Knowles Editar o valor en Wikidata  e Tina Knowles Editar o valor en Wikidata
IrmánsSolange Knowles Editar o valor en Wikidata
ParentesAngela Beyince, curmán Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webbeyonce.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0461498 Allocine: 67148 Rottentomatoes: celebrity/beyonce_knowles Allmovie: p327089 TV.com: people/beyonc-knowles IBDB: 507008
Facebook: beyonce Twitter: Beyonce Instagram: beyonce Tumblr: beyonce VK: id622560875 MySpace: beyonce Youtube: UCuHzBCaKmtaLcRAOoazhCPA TikTok: beyonce BNE: XX1241803 Souncloud: beyonce Spotify: 6vWDO969PvNqNYHIOW5v0m iTunes: 1419227 Last fm: Beyoncé Musicbrainz: 859d0860-d480-4efd-970c-c05d5f1776b8 Songkick: 553938 Discogs: 52835 Allmusic: mn0000761179 WikiTree: Knowles-3060 Deezer: 145 Genius: Beyonce Editar o valor en Wikidata

Beyoncé Giselle Knowles, nada o 4 de setembro de 1981 en Houston, máis coñecida simplemente como Beyoncé é unha cantante estadounidense de pop, R&B e soul.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla da deseñadora de moda Tina Knowles e do produtor musical Matthew Knowles, estudou en varias escolas de arte, cantando e bailando en competicións desde nena. Beyoncé fíxose famosa a finais da década de 1990 como a cantante principal do grupo feminino Destiny's Child, vendendo 50 millóns de discos co grupo e 25 millóns en solitario.

En xuño de 2003 durante unha paréntese co grupo Destiny's Child, Beyoncé lanzou o seu primeiro álbum en solitario, Dangerously in Love, convertido nun dos máis exitosos dese ano tanto de pública como de crítica, con tres cancións Crazy in Love, Naughty Girl e Baby Boy subindo ó máis alto das listas e dándolle cinco Premios Grammy en 2004. A desaparición de Destiny's Child en 2005 permitiulle continuar a súa carreira en solitario, o seu seguinte álbum B'Day (2006) debutou no número un do Billboard, con cancións de tanto éxito como Deja Vu, Irreplaceable e Beautiful Liar. O seu terceiro álbum, I Am… Sasha Fierce editouse en novembro de 2008 e incluía éxitos como If I Were a Boy, Single Ladies (Put a Ring on It) e Halo.

O éxito dos seus álbums estableceuna como unha das artistas máis comerciais da industria musical, tamén comezou unha carreira como actriz en 2001 ó aparecer no musical Carmen: A Hip Hopera e 2006 a adaptación de Broadway Dreamgirls, e en 2009 o seu primeiro gran papel en Obsessed. No ano 2004 sacou ó mercado, a súa propia liña de moda. Casou o 4 de abril de 2008 co rapeiro Jay-Z.

Tamén foi premiada cun premio Grammy nas edicións dos anos 2006, 2007 e 2009, e con cinco no ano 2010.