Sugababes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sugababes
Sugababes GWR Bristol.jpg
Sugababes nun concerto en Bristol (Reino Unido). Esquerda a dereita, Mutya Buena (ex-compoñente), Heide Range e Keisha Buchanan
Orixe Londres, Inglaterra
Período 1998 - actualidade
Xénero(s) pop
Selo(s) discográfico(s) London, Island
Membros Heidi Range
Amelle Berrabah
Jade Ewen


Sugababes é un grupo musical británico de R&B, Pop e Dance. As compoñentes son Keisha Buchanan, Heidi Range e Amelle Berrabah.

Historia[editar | editar a fonte]

Formación do grupo[editar | editar a fonte]

Keisha Buchanan (30 de setembro 1984), Mutya Buena (21 de maio 1985) e Siobhan Donaghy coñecéronse nunha festa cando tiñan 13 anos. A familia de Keisha era de Xamaica, a nai de Mutya de Irlanda e o pai de Filipinas. Decidiron formar o grupo en 1998. London Records fíxolles un contrato cando tiñan 14 anos.

Siobhan abandonou o grupo cuando estaba de xira por Xapón en 2001. No seu lugar entrou Heidi Range. Mutya Buena abandonou o grupo en novembro de 2005 e no seu lugar entrou Amelle Berrabah, de ascendencia marroquina.

One Touch[editar | editar a fonte]

O primeiro single, "Overload", chegou á sexta posición da lista inglesa de singles e foi nominada a un premio Brit, os Grammy ingleses. Outras cancions que entraron no top 40 de Reino Unido foron "New Year", "Run for Cover" e "Soul Sound". Este primeiro album vendeu 200.000 copias en todo o mundo e o single "Overload" 138.000.

Angels With Dirty Faces[editar | editar a fonte]

Con Heidi Range no grupo, Sugababes edita novo traballo. O primeiro single, "Freak Like Me", chega ao número 1 da lista británica e ao top 10 de numerosas listas europeas, destacando o número 2 en Irlanda. O segundo single, "Round Round" é o seu segundo número 1 no Reino Unido e é número 2 en Irlanda, Países Baixos e Nova Zelandia. Grazas a estes dous números 1, o álbum debuta no número 2 da lista de álbums do Reino Unido e é un grande éxito en toda Europa. A canción que dá nome ao álbum, "Angels With Dirty Faces" é a banda sonora da película das Supernenas.

Na gala dos premios Brit gañan o premio á Mellor Actuación Feminina e o disco vende 2 millóns de copias en todo o mundo.

Three[editar | editar a fonte]

O terceiro álbum do grupo segue conseguindo éxitos e o seu primeiro single, "Hole In The Head" entra ao número 1 no Reino Unido e en Dinamarca. É número 2 en Irlanda, Holanda e Noruega. Esta canción sería a primeira das Sugababes en entrar na lista Billboard de EUA. Entra ao 96 do Hot 200 e consegue o número 1 no Billboard Dance Chart.

O segundo single, "Too Lost In You" (BSO de Love Actually) entra no top 10 do Reino Unido, Alemaña, Holanda e Noruega e triunfou en Taiwán, China e Filipinas. Esta canción é unha versión de "Quand J'ai Peur de Tout" da francesa Patricia Kaas. "In the Middle", terceiro single, entra no top 10 inglés e é top 20 en Irlanda. "Caught In A Moment" é unha balada que entra ao número 8 no Reino Unido. O disco vende en total 2,5 millones de copias.

En marzo de 2005 Mutya dá a luz á súa filla Tahlia.

Taller In More Ways[editar | editar a fonte]

O cuarto disco é o primeiro en entrar no número 1 da lista de álbums do Reino Unido. O primeiro single, "Push The Button" é número 1 en Reino Unido, Irlanda, Austria e Nova Zelandia. Número 2 en Alemaña, número 3 en Noruega, Australia e Suíza e top 10 en Italia, Grecia, Bulgaria, Holanda e Suecia. Vendeu preto de 3.700.000 copias en todo o mundo chegando ao 6º posto no ranking mundial de singles. Foi nominado ao Mellor Single Inglés nos premios Brit, pero o premio levouno Coldplay con Speed Of Sound.

En novembro de 2005 Mutya Buena deixa o grupo e no seu lugar entra Amelle Berrabah. Pese a iso elas afirman que seguen sendo amigas.

O segundo single, "Ugly", é número 3 no Reino Unido. O seguinte single, "Red Dress" é cantado por Amelle e é número 4 no Reino Unido. Na re-edición do disco con Amelle, hai cancións como "Gotta Be You", "Follow Me Home" e "Red Dress", que son cantadas por Amelle, Heidi e Keisha pero as restantes son cantadas por Mutya en lugar de Amelle, agás a inédita "Now You're Gone" . A finais de 2066 reciben un Premio Guiness dos Récords á mellor actuación do século.

O novo single, "Follow me Home" entrou ao posto 32 en Reino Unido e ao 25 en Irlanda.

Overloaded: the Singles Collection[editar | editar a fonte]

Este é un compilatorio dos seus éxitos máis destacados, aínda que non incluirá os temas "New Year", "Soul Sound", "Caught in a Moment" e "Follow me Home". O novo single incluido neste disco é a canción "Easy", e outro tema inédito incluido nesta compilación é "Good To Be Gone", que sera o seguinte single. As cancións novas, "Easy" e "Good to be Gone", inclúen xa a voz da nova compoñente, Ammelle Berrabah.

Change[editar | editar a fonte]

Change é o seu quinto álbum de estudio, publicado en Outubro do 2007 no Reino Unido, e que conta con single #1 nas listas Británicas "About you Now". O disco acadou o n.º 1 en Reino Unido, e tivo un éxito moderado no resto de mundo. O segundo single é "Change", unha balada que competiu polo #1 Navideño do Reino Unido, e chegou ao posto #13. O terceiro single é "Denial" e editouse o 17 de marzo de 2008.

Discografía[editar | editar a fonte]

Data Título UK Chart Vendas no Reino Unido Vendas mundiais
Outubro 2000 One Touch #26 200,000 0.8 millóns
Agosto 2002 Angels with Dirty Faces #2 915,000 1.6 millóns
Outubro 2003 Three #3 830,000 1.5 millóns
Outubro 2005 Taller In More Ways #1 860,000 1.7 millóns
Novembro 2006 Overloaded: The singles collection #3 520,000 0.6 millóns
Novembro 2007 Change #1 +400,000 +500.000
  • Change segue nas listas
Data Título UK Chart Vendas no Reino Unido
De One Touch:
Setembro 2000 "Overload" #6 138,000
Decembro 2000 "New Year" #12 75,000
Abril 2001 "Run For Cover" #13 58,000
Xullo 2001 "Soul Sound" #30 10,000
De Angels With Dirty Faces:
Maio 2002 "Freak Like Me" #1 235,000
Agosto 2002 "Round Round" #1 225,000
Novembro 2002 "Stronger / Angels with Dirty Faces" #7 115,000
Marzo 2003 "Shape" #11 40,000
De Three:
Outubro 2003 "Hole In The Head" #1 145,000
Decembro 2003 "Too Lost In You" #10 75,000
Abril 2004 "In The Middle" #8 44,000
Setembro 2004 "Caught In A Moment" #8 32,000
De Taller In More Ways:
Setembro 2005 "Push The Button" #1 358,000
Decembro 2005 "Ugly" #3 115,000
Marzo 2006 "Red Dress" #4 85,000
Xuño 2006 "Follow Me Home" #32 15.000
De Overloaded:
Novembro 2006 "Easy" #8 44,000
Single caritativo
Febreiro 2007 "Walk This Way" con Girls Aloud #1 110,000
De Change:
Outubro 2007 "About You Now" #1 +400,000
Decembro 2007 "Change" #13 +80,000