Conversa:Amy Winehouse

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Efisema pulmonar[editar a fonte]

Producíronse discrepancias en relación á saúde de Winehouse tras afirmar seu pai que tiña un enfisema pulmonar en fase inicial a causa de inhalar crack e do tabaco. Un publicista de Winehouse declarou após que seu pai se precipitara "por mor da preocupación que sentía por ela". O publicista, Tracy Miller, en declaracións a Associated Press aseverou: "non está diagnosticada con enfisema en senso estrito mais ten os primeiros indicios que a poderían conducir a un enfisema".

Nunha entrevista previa publicada no Daily Mail Mitch Winehouse comentou que o crack e o tabaco levaran á súa filla a un enfisema en fase inicial e o latexo do seu corazón era irregular, engadindo: "Os médicos dixeron que se volve fumar drogas non só arruinará a súa voz, tamén a matará". Así mesmo, seu pai sinalou: "Os seus pulmóns están feitos po. Ten nódulos ó redor do peito e marcas escuras. Ten o 70% da capacidade pulmonar".

Emporiso, nunha entrevista posterior na BBC Radio 1, quitoulle importancia as súas declaracións dicindo: "Amy realmente non ten enfisema, non hai trazos de enfisema. Obviamente se non deixa de fumar vai empeorar, coma todo o mundo... con paciencia os seus pulmóns vanse recuperar completamente". Engadiu que estaba cuberta de parches de nicotina e respondendo positivamente ós tratamentos.

O enfisema é unha enfermidade pulmonar causada principalmente polo hábito de fumar. Para desenvolverse necesita anos e afecta principalmente a persoas con máis de 45 anos de idade[1]. --Dodro (conversa) 4 de decembro de 2015 ás 11:21 (UTC)[responder]

Referencias

  1. "Spokeswoman: Amy Winehouse doesn't have emphysema". USA Today (en inglés). 23-6-2008. Consultado o 4-12-2015. 

Intentos de suicidio[editar a fonte]

Citouse algunha tentativa de suicidio por parte de Amy Winehouse mais considero que ningún destes episodios está o suficientemente contrastado para incluílo de xeito explícito no artigo.

Nunha biografía non autorizada acerca da vocalista británica, Amy Winehouse: The Untold Story asinada por Chloe Govan, descríbese o primeiro intento de suicidio por parte de Winehouse un ano despois da separación de seus pais, cando ela tiña tan só dez anos de idade, por unha sobredose de pastillas. Semella que estivo a piques de morrer durante o seu primeiro intento de suicidio a causa dunha inxestión excesiva de pílulas cando a encontrou deitada no chan e botando escuma pola boca un amigo seu[1][2].

Ó parecer noutra ocasión, após dunha discusión co seu mozo Blake Fielder-Civil no ano 2008, tentou suicidarse realizando unha inxestión de diversas substancias mesturadas con alcol. Tras caer esvaecida foi trasladada a unha clínica privada de Londres, segundo publicou o tabloide británico The Sun[3].

Cando se produciu a súa morte o 23 de xullo de 2011 os motivos do seu falecemento eran descoñecidos, especulouse tamén nesta ocasión coa posibilidade do suicidio[4]. --Dodro (conversa) 5 de decembro de 2015 ás 15:33 (UTC)[responder]

Referencias

  1. "Amy Winehouse habría atentado contra su vida cuando tenía sólo 10 años". Emol (en castelán). 13-5-2013. Consultado o 5-12-2015. 
  2. "Amy Winehouse se intentó suicidar a los 10 años". Los 40.com (en castelán). Ecuador. 13-5-2013. Consultado o 5-12-2015. 
  3. Muñóz, Javier (28-11-2008). "Amy Winehouse intentó suicidarse tras pelea". MundoDigital.com (en castelán). Consultado o 5-12-2015. 
  4. Eames, Tom (5-7-2012). "Amy Winehouse book written to dispel suicide rumours, says dad Mitch". DigitalSpy (en inglés). Consultado o 23-12-2015. 
Graffiti de Jonathan Kis-Lev onde se representa a Amy Winehouse xunto ós membros do Club dos 27, en Tel Aviv (Israel).

O Club dos 27[editar a fonte]

O Club dos 27 é un termo que se emprega para referirse a unha serie de músicos populares que morreron ós 27 anos, moitas veces como resultado do abuso das drogas e do alcol. Cando Amy Winehouse morreu no ano 2011 á idade de 27, dezasete anos despois da morte de Kurt Cobain, houbo certa atención por parte dos medios de comunicación relacionada con este feito[1][2][3]. --Dodro (conversa) 13 de decembro de 2015 ás 14:05 (UTC)[responder]

Referencias

  1. Blair, Kevin (24-7-2011). "The Forever 27 Club – Music's Growing List of Stars Who Died at 27 Years Old". StarPulse (en inglés). Consultado o 30-12-2011. 
  2. "Members of the 27 Club". Ranker (en inglés). 51-7-2011. Consultado o 30-12-2015. 
  3. O'Connor, Rob (23-7-2011). "Twenty-Seven Members of the 27 Club". Yahoo Music (en inglés). Consultado o 30-12-2015. 

Trastorno bipolar[editar a fonte]

A epígrafe Abuso de substancias e trastorno bipolar non menciona nada deste trastorno. Habería que incluír algo sobre iso ou modificar o título.--Jglamela (conversa) 1 de maio de 2016 ás 11:20 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Amy Winehouse. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 22:18 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Amy Winehouse. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 02:57 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (maio 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Amy Winehouse. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 10 de maio de 2019 ás 05:14 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xuño 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Amy Winehouse. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 9 de xuño de 2019 ás 17:53 (UTC)[responder]

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)[editar a fonte]

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de setembro de 2019 ás 12:50 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Amy Winehouse. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 16 de novembro de 2019 ás 12:34 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Amy Winehouse. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de novembro de 2019 ás 19:35 (UTC)[responder]