Carlos VII de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos VII de Francia
KarlVII.jpg
Nacemento22 de febreiro de 1403
Lugar de nacementoParís
Falecemento22 de xullo de 1461
Lugar de falecementoMehun-sur-Yèvre
SoterradoBasílica de Saint-Denis
NacionalidadeFrancia
Relixióncristianismo
Ocupaciónmonarca
PaiCarlos VI de Francia
NaiIsabel de Baviera (raíña de Francia)
CónxuxeMaría de Anjou
FillosLuís XI de Francia, Catarina de Valois e de Anjou, Iolanda de Valois, Xoana de Valois e de Anjou, Madalena de Francia, Carles de Valois, duque de Berry, Carlota de Valois, Radegunda de Francia, Marie de France, Marie de Valois, Jean de France, Jacques de France, Marguerite de France, Jeanne de France e Jeanne de Valois
IrmánsMaria de Valois, Catarina de Valois, Isabel de Valois, Micaela de Valois, Joana de França, Marguerite, bâtarde de France, Luís, Delfim de França e João
PremiosRosa de Ouro
Na rede
WikiTree: Valois-121
editar datos en Wikidata ]

Carlos VII de Francia o Vencedor ou o Ben Servido, nado en París en 1403 e finado en 1461, foi rei de Francia (1422 - 1461).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Fillo máis novo do rei Carlos VI de Francia e Isabel de Baviera. Era neto pola liña paterna do rei Carlos V de Francia e Xoana de Borbón, e pola liña materna do duque Estevo III de Baviera e Taddea Visconti. Cos matrimonios das súas irmás emparentou cos reis Ricardo II de Inglaterra e Henrique V de Inglaterra así como co duque Filipe III de Borgoña.

Orixe dos seus alcumes[editar | editar a fonte]

Carlos VII é coñecido polo vitorioso grazas á súa vitoria sobre os ingleses na Guerra dos Cen Anos, así como ben servido pola súa habilidade para rodearse dos mellores conselleiros e facerse valer deles para lograr as súas vitorias.

Os primeiros anos[editar | editar a fonte]

En 1418, catro anos antes da morte do seu pai, o novo delfín tivo que se facer cargo da rexencia aos quince anos debido á delicada saúde mental do seu pai.

Ao ano seguinte, o mozo rexente viu como os partidarios do seu pai asasinaban ao duque Xoán I de Borgoña, curmán do rei francés, que se sublevara contra o propio rei e apoiara a presenza inglesa en Francia.

En 1420 polo Tratado de Troyes, enmarcado na Guerra dos Cen Anos, Carlos VI de Francia recoñeceu a Henrique V de Inglaterra como o herdeiro lexítimo do reino e desherdou aos seus fillos. Así Filipe III de Borgoña, fillo de Xoán I, conseguiu facer valer as acusacións contra o delfín de ter conspirado, manobrado, incitado, preparado, dirixido e instigado ao asasinato do seu pai.

Morte de Carlos VI de Francia[editar | editar a fonte]

O pintor Jean Fouquet pintou o rei Carlos VII adorando o neno Xesús como un dos Reis Magos

Á morte do seu pai, un baleiro apodérase de Francia. Dous reis loitaron polo trono, Carlos VII como lexítimo herdeiro e Henrique VI de Inglaterra como herdeiro do seu pai Henrique V, lexitimado polo Tratado de Troyes: os armagnacs contra os borgoñóns.

Daquela o delfín Carlos estaba baixo a tutela de Iolanda de Aragón. Ela, partidaria dos Armagnac, opúxose ás pretensións da raíña viúva Isabel de Baviera de devolvelo á corte de París. Xoán de Lancaster, irmán de Henrique V, gobernou como rexente en Inglaterra e puxo sitio á cidade de Orleans.

Iolanda de Aragón mantivo ao delfín Carlos o máis lonxe posíbel da súa familia e prometeuno coa súa propia filla María. Iolanda de Aragón permitiu que unha xove doncela francesa visitase o delfín no castelo de Chinon o 25 de febreiro de 1429. Esta doncela, chamada Xoana de Arco, convenceu a Carlos de Francia para que lle permitise dirixir un exército contra Orleans para levantar o cerco.

A partir dese momento, Xoana de Arco converteuse na valedora do trono do xove delfín. Cos seus éxitos logrou levantar o cerco de Orleans e pola batalla de Patay o 17 de xullo de 1429 Carlos foi coroado rei na catedral de Reims. Un ano despois Xoana de Arco foi capturada polos ingleses, xulgada e queimada na fogueira.

Henrique VI de Inglaterra é francófilo e pacifista e tiña a soberanía sobre París e Normandía. En 1435, o duque Filipe III de Borgoña deixou a alianza cos ingleses e aliouse con Carlos VII de Francia, curmán seu no Tratado de Arras[1], e reorganizou o reino. Con esta axuda conseguiu expulsar aos ingleses da cidade de París, deixando nas súas mans Montreau, que foi tomada en 1437[2], e Pontoise, que caeu en 1441[3].

O rei Carlos VII asumiu unha actitude e unha posición enérxica. Esnaquizou o movemento revolucionario da "Praguería", iniciado polos nobres contra o seu poder totalitario. Entre 1444 e 1453 conseguiu, coa axuda do exército, liberar a Francia do poder inglés, agás o enclave de Calais.

Matrimonios e descendentes[editar | editar a fonte]

En 1422 casou con María de Anjou, filla de Luís II de Anjou e Iolanda de Aragón. Desta unión naceron:

Carlos VII morreu o 22 de xullo de 1461 en Mehun-sur-Yèvre, departamento de Cher, e foi enterrado na catedral de Saint-Denis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tilley, Arthur Augustus (2010). Medieval France: A Companion to French Studies (en inglés). Cambridge University Press. p. 135. ISBN 1108017150. 
  2. Michelet, Jules (1857). History of France, Volume 2 (en inglés). G. H. Smith. p. 181. 
  3. "Le siege de Pontoise en 1441" (PDF). Memoires (Société Historique et Archeologique de Pontoise). vol.IX: 48. 1886. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]