Filipe VI de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFilipe VI de Francia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Philippe VI de France Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1293 Editar o valor em Wikidata
Fontainebleau, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte22 de agosto de 1350 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Reims, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePeste Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor em Wikidata
Rey de Francia
1 de abril de 1328 – 22 de agosto de 1350
← Carlos IV de FranciaXoán II de Francia →
Count of Anjou (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque
Rey de Francia Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Valois Editar o valor em Wikidata
CónxuxeBranca de Évreux (1350, 1350 (Gregoriano)–1350)
Xoana de Borgoña (1313, 1313 (Gregoriano)–1349) Editar o valor em Wikidata
ParellaBéatrice de la Berruère (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosJoan of Valois (en) Traducir
 () Branca de Évreux
Filipe III de Valois
 () Xoana de Borgoña
Xoán II de Francia
 () Xoana de Borgoña
Thomas de La Marche (en) Traducir
 () Béatrice de la Berruère (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCarlos de Valois Editar o valor em Wikidata  e Margarida de Anjou-Sicília (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCarlos II o Magnánimo, Isabel de Valois, Duquesa de Bourbon (pt) Traducir, María de Valois, Isabelle of Valois, Duchess of Brittany (en) Traducir, Joana de Valois, Condessa de Hainaut (pt) Traducir, Branca de Valois (pt) Traducir, Margarida de Valois (pt) Traducir, Catarina de Valois-Courtenay, Joan of Valois, Countess of Beaumont (en) Traducir e Louis of Valois (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesCarlos IV de Luxemburgo (cuñado) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
1337-1453Guerra dos Cen Anos Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Valois-119 Find a Grave: 21104 Editar o valor em Wikidata
Filipe VI de Francia

Filipe VI de Francia, Filipe de Valois, chamado o Afortunado, nado no castelo de Fontainebleau en 1293 e finado en Nogent le Rotrou o 22 de agosto de 1350, foi conde de Valois, Anjou e Maine (1325 - 1328); rexente de Francia (1328) e rei de Francia (1328 - 1350), o primeiro da dinastía Valois.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Familia[editar | editar a fonte]

Fillo de Carlos I de Valois e da súa primeira esposa Margarida de Anjou. Era neto por liña paterna do rei Filipe III de Francia e Isabel de Aragón, e polo tanto sobriño de Filipe IV de Francia, e neto por liña materna do rei Carlos II de Nápoles e María de Hungría. En xullo de 1313 casou con Xoana de Borgoña, filla do duque Roberto II de Borgoña e da princesa Inés de Francia. Desta unión naceron:

O 29 de xaneiro de 1349, en Brie casou en segundas nupcias con Branca de Évreux, filla dos reis Filipe III de Évreux e Xoana II de Navarra. Desta unión naceu unha filla póstuma:

Ascenso ao trono[editar | editar a fonte]

O rei Carlos IV de Francia morreu o 1 de febreiro de 1328 no castelo de Vincennes sen deixar ningún herdeiro masculino. Non obstante, a súa terceira esposa, Xoana de Évreux, estaba embarazada, e a posibilidade de que fose varón levou ao establecemento da rexencia de Filipe de Valois, curmán do seu pai, durante os restantes meses de embarazo. Ao dar a luz, de novo unha nena, Filipe de Valois converteuse no novo rei de Francia pola forza da lei sálica. Non foi así no Reino de Navarra, onde a Lei sálica non estaba presente e que permitiu a instauración da raíña Xoana II de Navarra, filla de Lois X de Francia.

Filipe VI foi coroado na catedral de Reims o 29 de maio de 1328, a pesar da oposición do rei Eduardo III de Inglaterra, neto de Filipe IV de Francia por liña materna, que tamén pretenda o trono francés e que foi unha das causas do inicio da Guerra dos Cen Anos. O hábil rei inglés afirmou que, pola fragilitas sexus, as mulleres estaban, en efecto, excluídas do trono, pero que podían ceder aos seus fillos os dereitos de sucesión. Non obstante isto, Eduardo aceptou o feito consumado e rendeu homenaxe ao novo rei o 6 de xuño de 1329 polo seu ducado de Güiena nunha cerimonia en Amiens[2], para asegurar así a paz con Francia e a non intervención deste país nos asuntos de Escocia, pero fracasou niso, dado que Francia decidiu continuar a apoiar á súa aliada escocesa.

A Guerra dos Cen Anos[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Guerra dos Cen Anos.

Este conflito armado comezou mal para Francia, xa que os ingleses destruíron a frota francesa na costa de Zelandia, na batalla naval de Sluys, en 1340, e a finais de novembro de 1342, unha forza inglesa, liderada por Eduardo III de Inglaterra [3] e comandada por William de Bohun desembarcou en Brest e comezou a avanzar cara a Gwened, cercándoa[4]. A presenza dun gran e experto exército inglés en Bretaña ameazaba o Ducado de Blois e a coroa de Francia e Filipe VI reuniu con urxencia un poderoso exército, que marchou contra Eduardo. A nova paridade de forzas estimulou a ambos reis para establecer a tregua de Malestroit o 19 de xaneiro de 1343[5], deixando a disputada cidade de Gwened baixo a custodia do papado, daquela en Avignon, e Eduardo volveu a Inglaterra o 23 de xaneiro, destinada a durar ata o 29 de setembro de 1346.

En 1346 o exército francés foi derrotado na batalla de Crécy[6], polo que os anos seguintes os ingleses conquistaron Calais. Despois destas derrotas, Filipe VI asinou unha tregua con Eduardo III que durou ata 1350, ano da morte do rei Filipe. Depreciou a moeda e endebedouse, establecendo numerosos impostos para tentar corrixir a situación financeira, como a gabela sobre o sal, para tratar de facer fronte aos altos custos da guerra.

Despois de perder Calais, os Estados Xerais negáronse a lle dar máis cartos a Filipe VI para iniciar a conquista de Inglaterra. En 1348 Francia foi devastada pola peste negra, que nos anos seguintes matou a un terzo da poboación, incluída a raíña Xoana.

Filipe VI morreu en Nogent le Rotrou e foi posteriormente enterrado na catedral de Saint-Denis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Museu Nacional d'Art de Catalunya, ed. (2012). "Obres i artistes de França i dels Països Baixos a Catalunya al voltant de 1400". Catalunya 1400. El Gòtic Internacional. Barcelona. ISBN 978-84-8043-248-1. , p. 25
  2. (en inglés) A. R. Myers, English Historical Documents 1327-1485, p.51
  3. A. G. Little, Frederick M. Powicke, Thomas Frederick Tout, Thomas F. Tout, Essays in Medieval History: La Conference d'Avignon (1344), p.301-302
  4. (en inglés) Robin Neillands, The Hundred Years War, p.87-88
  5. Eugène Déprez, La conference d'Avignon: L'arbitrage pontifical entre la France et l'Anglaterre, p.302
  6. The Crecy War: A Military History of the Hundred Years War from 1337 to the Peace of Bretigny, 1360 (en inglés). Taylor & Francis. 1955. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]