1346

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1346
Calendario gregoriano 1346
MCCCXLVI
Ab urbe condita 2099
Calendario armenio 795
Calendario chinés 4042 – 4043
Calendario hebreo 5106 – 5107
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat 1401 – 1402
 ·  Shaka Samvat 1268 – 1269
 ·  Kali Yuga 4447 – 4448
Calendario persa 724 – 725
Calendario musulmán 747 – 748
Calendario rúnico 1596
Década de 1340
1342 1343 1344 1345 1346 1347 1348 1349 1350

1346 (MCCCXLVI) foi un ano común do calendario gregoriano dentro do século XIV, no período coñecido na historia europea coma Alta Idade Media. Foi neste ano cando en Asia a peste negra se introduciu entre as tropas do khanato da Horda Dourada. A enfermidade afectou tamén ós xenoveses contra os que estaban loitando nese momento, espallándose posteriormente polo resto de Europa. En Asia central e oriental tiveron lugar unha serie de revoltas após de que o khan de Kazán finara durante un alzamento, e o khanato de Chagatai comezou a dividirse internamente. Na China comezaron tamén varias revoltas que terían como resultado eventual a caída da dinastía Yuan. Por outra banda, o reino indio de Vijayanagara obtivo varias vitorias fronte os conquistadores musulmáns do norte neste mesmo ano.

No leste de Europa Estevo Dušan foi proclamado emperador de Serbia o 16 de abril en Skopje. No Imperio Bizantino, o emir otomán Orhan casou coa princesa bizantina Teodora como parte dunha alianza entre o pai desta, Xoán VI Cantacuzeno, e os otománs. As guerras civís de Bizancio e Bulgaria continuaron durante este ano. No norte, Dinamarca vendeulle a súa porción de Estonia setentrional á Orde Livonia dos Cabaleiros Teutónicos tras conseguir reprimir finalmente o alzamento da Noite de San Xurxo.

Mentres tanto, en Europa central, Carlos IV de Luxemburgo foi escollido rei dos Romanos o 11 de xullo, mentres que en Italia varias familias de banqueiros, incluíndo a familia Bardi, tiveron que facer fronte a unha quebra, e gran parte do país sufriu pola fame. A guerra dos Cen Anos entre o Reino de Francia e o Reino de Inglaterra continuou en Europa occidental, con Eduardo III de Inglaterra liderando unha invasión do continente e acadando varias vitorias.

Acontecementos[editar | editar a fonte]

Asia[editar | editar a fonte]

Asia occidental[editar | editar a fonte]

Os cidadáns de Tournai soterran ás vítimas da peste. Fragmento dunha miniatura de Chronique de Gilles Li Muisis (1272–1352)

O asedio de Caffa por parte da Horda Dourada continuou durante o ano 1346, malia que tiveron que facer fronte a unha serie de contratempos. Sufriron a peste negra e víronse forzados a retirarse ó ano seguinte. Segundo o reconto dun historiador ruso:

No mesmo ano [1346], o castigo de Deus caeu sobre a xente das terras orientais, na vila de Ornach, e en Khastorokan, e en Sarai, e en Bezdezh, e noutras vilas desas terras; a mortalidade foi grande entre os besermianos, e entre os tártaros, e entre os armenios e os abkhazos, e entre os xudeus, e entre os estranxeiros europeos, e entre os circasianos, e entre tódolos que vivían alí, de forma que non puideron soterralos.
Tradución do orixinal[9]

As áreas e pobos listados neste reconto representan gran parte de Asia occidental e do Cáucaso. Os "estranxeiros europeos" eran aqueles que estaban a loitar contra os tártaros no asedio de Caffa liderado polos mongois. Estes europeos volveron a Europa no ano seguinte, levando a peste canda eles. Os viaxeiros que volvían dende Crimea tamén levaron a praga ata Bizancio e Arabia, segundo varios historiadores gregos e árabes daquela época.[9]

Noutro reconto dos eventos ocorridos en Crimea indícase:

Para os cristiáns asediados semellaba como se as frechas fosen disparadas dende o ceo para golpear e humillar o orgullo dos infieis que falecían rapidamente con marcas nos seus corpos e vultos nas súas articulacións e outras partes do corpo, seguidos dunha febre pútrida; todo consello e axuda dos doutores sen servir de nada. Por isto os tártaros, esgotados por esta enfermidade pestilente, e caendo en tódolos flancos coma se fosen golpeados por un raio, e vendo que estaban a morrer sen esperanza, ordenaron que subisen os cadáveres nos seus carros e os tirasen na cidade de Caffa. Desta forma lanzaron os corpos dos mortos sobre os muros, para que os cristiáns non puidesen agocharse nin protexerse a si mesmos deste perigo, aínda que levaron tantos mortos como puideron e tiráronos ó mar. Máis ó pouco todo o aire estivo infectado, e a auga envelenada, e medrou tal pestilencia que apenas un de cada mil foi capaz de escapar.
Tradución do orixinal[10]

Segundo Mark Wheelis, este foi un dos primeiros e máis letais ataques biolóxicos da historia, malia que finalmente os mongois víronse obrigados a retirarse.[11] As primeiras fontes dispoñibles indican que a praga comezou a espallarse na primavera de 1346 polo río Don preto do mar Negro, e posteriormente por Rusia, o Cáucaso e as provincias Xenovesas.[12]

Máis ó sur, en Xeorxia, o rei Xurxo o Brillante faleceu e sucedeuno o rei David IX. Xurxo conseguira aumentar o territorio xeorxiano ata abranguer toda Transcaucasia. Porén, despois de 1346 o reino comezou un declive, provocado pola morte de Xurxo e polo efecto da peste en toda a zona.[13]

Asia oriental e central[editar | editar a fonte]

No ano 1346 Asia central estivo marcada pola continua desintegración dos dominios mongois, así como pola expansión musulmá. O khan Qazan, emperador do khanato de Chagatai, finou a mans das forzas de Qazaghan, poñendo fin ó estado de imperio unificado do khanato. Qazghan era o líder dun grupo de nobres turcos que se opuxeron ó dominio mongol. O propio Qazghan resultara ferido a mans das forzas de Qazan previamente ese mesmo ano, pero no lugar de aproveitar a vantaxe da súa debilidade, Qazan retirouse e moitas das súas tropas abandonárono.[14]

No leste, o xa Mir conquistou Caxemira, sendo o primeiro musulmán en gobernar ese territorio,[15][16] e Katmandú tamén foi conquistada neste ano.[17] Porén, a expansión musulmá sufriu varias derrotas no sur da India. O reino hindú de Vijayanagara conquistou Hoysala e celebrou o seu "festival da vitoria", reforzando o seu status coma un imperio hindú lexítimo fronte ó goberno musulmán no norte. O líder do sultanato de Delhi ó norte de India, Muhammad bin Tughluq, profesaba un desprezo particular polo hinduísmo e pola cultura Decán do sur. Varios xefes telugú reuníronse en oposición ó sultán neste ano e obtiveron unha vitoria.[18]

Máis ó leste, Ibn Battuta viaxou dende o sueste de Asia ata Cambalique na China. Malia que recibiu unha grata benvida por parte dos líderes musulmás, estes advertíronlle que debía marchar da cidade pronto, xa que o khan marchara da cidade por mor dunha guerra civil, e os disturbios eran cada vez máis frecuentes.[19] Mentres tanto, T'aigo Wangsa, un monxe budista coreano, viaxou ata China para recibir adestramento baixo a guía do líder budista Shih-wu. T'aigo sería posteriormente o fundador da seita T'aigo do budismo coreano.[20]

Europa[editar | editar a fonte]

Escandinavia[editar | editar a fonte]

En 1346 Dinamarca vendeu o seu territorio do norte de Estonia á Orde Teutónica trala fin dun alzamento e conflito entre o grupo pro-danés (o bispo Olaf de Lyndanisse) e o grupo pro-alemán (o capitán Marquard Breide), coñecido como o Alzamento da Noite de San Xurxo. Os dominios daneses foron vendidos por 10 000 marcos á Orde Livonia, ignorando a promesa de Cristovo II en 1329 de nunca abandonar ou vender os seus territorios estonianos. O rei de Dinamarca chegou a facer unha declaración pública "arrepentíndose" por rachar esa promesa, e pediu o perdón papal.[21]

Balcáns e Asia menor[editar | editar a fonte]

O emir otomán Orhan

Nos Balcáns, o 16 de abril (Domingo de Pascua), Estevo Dušan foi coroado en Skopje Tsar do novo Imperio serbio, que ocupaba gran parte do sueste de Europa.[4] Neste mesmo ano tanto Bulgaria coma Bizancio estaban inmersos nunha serie de guerras civís. Ó mesmo tempo, as illas e posesións cristiás do arredor do mar Exeo sufriron unha serie de incursións turcas.[22]

Orhan, o príncipe otomán de Bitinia, casou con Teodora, filla do emperador Xoán VI Cantacuzeno.[23] O clero grego cría que o casamento dunha princesa cristiá e un musulmán prominente incrementaría o poder da rexión. Orhan xa tiña outras mulleres, e malia que Teodora puido seguir practicando a súa relixión, viuse obrigada a pasar o resto da súa vida nun harén islámico. Cantacuzeno agardaba que Orhan se convertese no seu aliado en futuras guerras, mais Orhan, ó igual que os seus contemporáneos turcos, foi o seu inimigo durante as guerras Xenovesas. Como parte da alianza turca, o príncipe otomán obtivo permiso para vender ós cristiáns capturados en Constantinopla coma escravos no mercado público.[23][24]

Europa central e occidental[editar | editar a fonte]

Carlos IV, elixido rei dos Romanos en 1346

O 11 de xullo Carlos IV de Luxemburgo foi elixido rei dos Romanos. A consecuencia dunha alianza entre o seu pai e o papa Clemente VI, inimigo do emperador Luís IV, Carlos foi escollido rei romano en oposición a Luís por parte dos príncipes en Rhens. Carlos fixera a promesa previa de ser servil a Clemente, confirmara o papado na posesión de amplos territorios, prometera anular os actos de Luís en contra de Clemente, non tomar parte nos asuntos italianos e defender e protexer á Igrexa.[5]

Naquel momento Carlos IV atopábase nunha posición moi débil en Alemaña. Por mor dos termos da súa elección, facíanlle referencia como o "rei crego" (Pfaffenkönig). Moitos bispos e case tódalas cidades imperiais mantivéronse leais a Luís, e Carlos puxo a súa posición en perigo ó apoiar ó bando perdedor na guerra dos Cen Anos. Perdeu ó seu pai e a gran parte dos seus mellores cabaleiros na Batalla de Crécy en agosto de 1346, onde tamén resultou ferido.[5]

Mentres tanto, en Italia varios bancos de Florencia colapsaron por problemas internos, ós que contribuíu o feito de que o rei Eduardo III de Inglaterra incumprira o pago de varios préstamos. De forma máis notable, a familia Bardi entrou en quebra neste ano.[25][26][27] Italia sufriu tamén a fame, dificultando que o papado recrutase tropas para o seu ataque en Esmirna.[27][28] Porén, os venecianos organizaron unha alianza unindo a varios grupos europeos, a Sancta Unio, incluíndo á Orde dos Hospitalarios, que levou a cabo cinco ataques consecutivos en Esmirna e a liña de costa occidental de Anatolia controlada polos estados turcos.[22] No campo da tecnoloxía, a fabricación de papel chegou ós Países Baixos,[29] e as armas de fogo introducíronse no norte de Alemaña neste ano. Os primeiros rexistros na zona sitúanas na cidade de Aquisgrán.[30][31]

Batalla de Crécy, 1346, do manuscrito Chroniques de Jean Froissart

Ó redor do 7 de xullo, o rei Eduardo III de Inglaterra cruzou o canal da Mancha cara a Normandía cuns 1 600 navíos. Tomou os portos de La Hogue e Barfleur cunha gran superioridade de forzas e continuou terra a dentro en dirección a Caen, tomando as vilas polo camiño. Os franceses prepararon as defensas en Caen, pero foron finalmente derrotados. Os propios franceses estiveran planeando cruzar o canal e invadir Inglaterra cun exército duns 14 000 homes liderados por Jean le Franc, pero o ataque de Eduardo obrigounos a manterse á defensiva.[32]

O rei Filipe VI de Francia destruíu varias pontes para deter o avance de Eduardo, pero os ingleses tomaron a vila de Poissy en agosto e repararon a súa ponte para continuar o seu avance. O rei francés montou a súa defensa preto dun bosque en Crécy, combate que tivo como resultado outra vitoria inglesa. Eduardo proseguiu entón ata Calais, establecendo un asedio da cidade dende o 4 de setembro. Mentres tanto, Xoán II de Francia, fillo do rei Filipe, asediou a cidade de Aiguillon, mais sen éxito. O rei Filipe pediulle ós escoceses que continuasen a loita contra Inglaterra no norte, e estes, crendo que os ingleses estaban ocupados co asedio de Calais, marcharon cara a Inglaterra entrando por Durham en outubro, aínda que foron derrotados na Batalla de Neville's Cross por unha forza de cabaleiros e cregos, e o rei David II de Escocia foi capturado. Os irlandeses montaron unha breve resistencia tamén, pero foron finalmente derrotados. Antes da fin do ano, Eduardo conseguiu capturar Poitiers e as vilas dos arredores de Tonnay-Charente.[32][33]

Na batalla de Crécy Xoán de Bohemia, coñecido coma "Xoán o Cego", controlaba a garda avanzada de Filipe xunto aos continxentes de Carlos II de Alençon e Luís I de Flandres.[34] Xoán faleceu na batalla contra os ingleses, feito narrado na obra Chroniques de Jean Froissart.[35] Isto deu lugar a lenda de que trala batalla, Eduardo, o príncipe Negro adoptou a cimeira de Xoán e o seu lema de cabaleiro Ich dien ("Eu sirvo"), e que dende entón formaron parte da insignia do Príncipe de Gales e do seu escudo de armas, aínda que finalmente probouse que esta lenda era falsa.[36][37]

Nacementos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén a categoría: Nados en 1346.

Mortes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.

  1. de Tejada, Francisco E. (1965). "La Provincia de Guipúzcoa". Biblioteca vasca (en español) (Ediciones Minotauro) 14. ISSN 0519-7473. 
  2. 2,0 2,1 Benedictow 2004, p. 51
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Nicolle 2000, p. 85
  4. 4,0 4,1 Evans, Arthur (2007). Ancient Illyria. Londres: I. B. Tauris. p. iv. ISBN 1-84511-167-2. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Jeep, John (2001). Medieval Germany. Nova York: Garland. p. 108. ISBN 0-8240-7644-3. 
  6. 6,0 6,1 Lynn, John (2004). Battle: a History of Combat and Culture. Boulder: Westview Press. pp. 91–92. ISBN 0-8133-3372-5. 
  7. 7,0 7,1 Nicolle 2000, p. 86
  8. Kinross, John (2008). Discovering Battlefields of England and Scotland. Shire. p. 40. ISBN 0-7478-0370-6. 
  9. 9,0 9,1 Benedictow 2004, p. 50
  10. Benedictow 2004, p. 52
  11. Wheelis, Mark (2002). "Biological Warfare at the 1346 Siege of Caffa". Emerging Infectious Diseases. Centers for Disease Control and Prevention. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2008. Consultado o 5 de xullo de 2008. 
  12. Benedictow 2004, pp. 60–61
  13. Lang, D. M. (1955). "Georgia in the Reign of Giorgi the Brilliant (1314–1346)". Bulletin of the School of Oriental and African Studies 17 (1): 74–91. JSTOR 609230. doi:10.1017/S0041977X00106354. 
  14. Grousset, Rene (1988). The Empire of the Steppes. New Brunswick: Rutgers University Press. p. 342. ISBN 0-8135-1304-9. 
  15. Brown, C. (1988). Coins of India. Laurier Books Ltd. p. 83. ISBN 81-206-0345-1. 
  16. Ballaster, Ros (2005). Fables of the East. Oxford University Press. p. 275. ISBN 0-19-926734-0. 
  17. "Himalayan Region, 1000–1400 a.d.". New York: The Metropolitan Museum of Art. 2000. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2008. Consultado o 5 de xullo de 2008. 
  18. Bierman, Irene (2005). The Experience of Islamic Art on the Margins of Islam. Ithaca Press. pp. 117–118, 129. ISBN 0-86372-300-4. 
  19. Batuta, Ibn; Ibrahimovich, Ibrahimov Nematulla (1999). The Travels of Ibn Battuta to Central Asia. Garnet Publishing. p. 32. ISBN 0-86372-256-3. 
  20. Doniger, Wendy (1999). Merriam-Webster's Encyclopedia of World Religions. Springfield: Merriam-Webster. p. 1054. ISBN 0-87779-044-2. 
  21. Bousfield, Jonathan (2004). The Rough Guide to the Baltic States. Rough Guides Limited. p. 416. ISBN 1-85828-840-1. 
  22. 22,0 22,1 Theunissen, Hans (1998). "Ottoman-Venetian diplomatics : the 'ahd-names : the historical background and the development of a category of political-commercial instruments together with an annotated edition of a corpus of relevant documents.". Electronic Journal of Oriental Studies. OCLC 634566694. 
  23. 23,0 23,1 Mango, Cyril (2002). The Oxford History of Byzantium. Nova York: Oxford University Press. p. 267. 
  24. Gibbon, Edward. "Chapter 64 -Fall In The East". The Decline And Fall Of The Roman Empire. Consultado o 5 de xullo de 2008. 
  25. Hunt, Edwin (1990). "Dealings of the Bardi and Peruzzi". Journal of Economic History 50 (1). 
  26. Sumption, Jonathan (1999). The Hundred Years War: Trial by Battle. Filadelfia: University of Pennsylvania Press. pp. 489–490. ISBN 0-8122-1655-5. 
  27. 27,0 27,1 Hearder, Harry; Morris, Jonathan (2001). Italy. Cambridge University Press. p. 97. ISBN 0-521-00072-6. 
  28. Housley, Norman (1986). The Avignon Papacy and the Crusades, 1305–1378. Clarendon. p. 235. ISBN 0-19-821957-1. 
  29. Lewis, Charlton (2004). China. Nova York: McGraw-Hill. p. 87. ISBN 0-07-141279-4. 
  30. Delbrück, Hans; et al. (1990). History of the Art of War. Lincoln: University of Nebraska Press. p. 28. ISBN 0-8032-6586-7. 
  31. Nossov, Konstantin (2005). Ancient and Medieval Siege Weapons. The Lyons Press. p. 209. ISBN 1-59228-710-7. 
  32. 32,0 32,1 Knighton, Henry (1995). Knighton's Chronicle 1337–1396. Clarendon Press. pp. 52–75. ISBN 0-19-820503-1. 
  33. Ayton, Andrew. The English Army and the Normandy Campaign of 1346. pp. 253–268. ISBN 1-85285-083-3. 
  34. Neillands, Robin (2002). The Hundred Years War. Routledge. ISBN 9781134507399. 
  35. Froissart, Jean (2006). The Chronicles of Froissart. ReadHowYouWant.com. ISBN 9781425010195. 
  36. Fox-Davies, Charles (1996). A complete guide to heraldry. Ware: Wordsworth Editions Ltd. p. 464. OCLC 850750559. 
  37. Boutell, Charles (1914). The Handbook to English Heraldry. Londres: Reeves and Turner. pp. 230–237. 
  38. Richardson, Douglas; Everingham, Kimball G. (2004). Plantagenet Ancestry: a Study in Colonial and Medieval Families. Genealogical Publishing Company. p. 29. ISBN 0-8063-1750-7. 
  39. Petit, Ernest (1885-1905). Histoire des ducs de Bourgogne de la race capétienne, avec des documents inédits et des pièces justificatives (en francés) 9. Lechevalier. p. 2. 
  40. Allen, Prudence (2006). The Concept of Woman. Wm. B. Eerdmans Publishing Company. p. 448. ISBN 0-8028-3346-2. 
  41. Butler, Alban; et al. (1995). Butler's Lives of the Saints. Londres: Burns & Oates. p. 103. ISBN 0-86012-251-4. 
  42. Musto, Ronald (2003). Apocalypse in Rome. University of California Press. p. 123. ISBN 0-520-23396-4. 
  43. Smith, Jr., John Masson (1970). The History of the Sarbadar Dynasty 1336–1381 A.D. and Its Sources. Mouton. LCCN 68-54393. 
  44. Arnold-Baker, Charles (2001). The Companion to British History. Nova York: Routledge. p. 23. ISBN 0-415-26016-7. 
  45. Hansen, Mark (2006). Kings, Rulers, and Statesmen. Nova York: Sterling. p. 38. ISBN 978-1-4027-2592-0. 
  46. Shakespeare, William; Melchiori, Giorgio (1998). King Edward III. Cambridge University Press. p. 58. ISBN 0-521-43422-X. 
  47. Mcandrew 2006, p. 133
  48. Mcandrew 2006, p. 184
  49. Cohn, Samuel (2004). Popular Protest in Late Medieval Europe. Manchester University Press. p. 119. ISBN 0-7190-6731-6. 
  50. McGinn, Bernard; Meyendorff, John (1986). Christian Spirituality: Volume 1: Origins to the Twelfth Century. Taylor & Francis Books Ltd. p. 407. ISBN 0-7102-0927-4. 
  51. Keen, Maurice (1987). The Outlaws of Medieval Legend. Londres: Routledge & Kegan Paul. p. 198. ISBN 0-7102-1203-8. 
  52. Currey, E. (2007). Sea-Wolves of the Mediterranean. BiblioBazaar. p. 244. ISBN 1-4346-7107-0. 
  53. Lang, D. M. (1955). "Georgia in the Reign of Giorgi the Brilliant (1314-1346)". Bulletin of the School of Oriental and African Studies (Universidade de Londres) 17 (1): 74–91. JSTOR 609230. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Benedictow, Ole Jørgen (2004). The Black Death, 1346–1353 (en inglés). Ipswich: Boydell Press. ISBN 0-85115-943-5. 
  • Mcandrew, Bruce (2006). Scotland's Historic Heraldry (en inglés). Ipswich: Boydell Press. ISBN 1-84383-261-5. 
  • Nicolle, David (2000). Crécy 1346: Triumph of the Longbow (en inglés). Reino Unido: Osprey Publishing. ISBN 9781855329669. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]