Canal da Mancha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Canle da Manga»)
Canal da Mancha
Localización administrativa
EstadoReino Unido Reino Unido e Francia
SubdivisiónCondados de Cornualla, Devon, Dorset, Hampshire, West Sussex, East Sussex e Kent (RU)
Departamentos de Pas-de-Calais, Somme, Seine-Maritime, Calvados, Mancha, Ille e Vilaine, Côtes-d'Armor e Finistère (FRA)
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Atlántico
ContinenteEuropa
ArquipélagoIllas Británicas
Illa/sGran Bretaña
Coordenadas50°N 02°O / 50, -2Coordenadas: 50°N 02°O / 50, -2
Xeografía
Mares contiguosMar do Norte e golfo de Biscaia
Illas interioresIlla de Wight e Illas do Canal (RU)
AfluentesSena (776 km) e Somme (263 km) (FRA)
Cidades ribeiregasBrighton, Worthing, Hove, Littlehampton, Portsmouth, Gosport, Bournemouth & Poole, Southampton, Plymouth, Torbay, HastingsBexhill, Eastbourne, Bognor Regis, FolkestoneHythe, Weymouth, Dover, Exmouth, FalmouthPenryn, Ryde, St Austell, Seaford e Penzance (RU)
Le Havre, Calais, Boulogne-sur-Mer, Cherbourg, Saint-Brieuc, Saint-Malo, LannionPerros-Guirec, Dieppe, Morlaix, Dinard, ÉtaplesLe Touquet-Paris-Plage, Fécamp, EuLe Tréport, Trouville-sur-MerDeauville, Berck (FRA)
Accidentes
Golfos e baíasBaía Lyme (RU)
Baía do Sena, golfo de San Malô, baía do Monte Saint-Michel (FRA)
CabosCabo Beachy, punta de St. Catherine, punta Start e punta Lizard (RU)
cabo Gris Nez, cabo de Antifer, punta de Barfleur, cabo d eLa Hague
EstreitosPaso de Calais (mar do Norte)
Características
Superficie75.000 km²
Lonxitude máxima560 lm.
Anchura máxima34-240 km.
Anchura mínimaPaso de Calais (34 km)
Profundiade máxima174 m.
Profundidade media63 m.
Mapa

Localización oficial

Mapa da rexión da canle da Mancha.

O canal da Mancha (inglés: English Channel, francés: la Manche, alemán: Ärmelkanal, bretón: Mor Breizh, córnico: Mor Bretannek, neerlandés: Het Kanaal) [1] é a parte do océano Atlántico que separa a illa principal da Gran Bretaña do norte da Francia e une o mar do Norte ao Atlántico e que se estende por unha superficie duns 75.000 km², comunicando o mar do Norte polo paso de Calais polo leste e o océano Atlántico polo oeste.

Características[editar | editar a fonte]

Ten aproximadamente 563 km de lonxitude e unha anchura de 240 km na parte máis ancha e de apenas 34 km no seu punto máis estreito, entre Dover e o cabo Griz-Nez. A profundidade máxima é de 172 metros.

A circulación marítima na canle da Mancha é das máis intensas do mundo, con máis de 250 navíos por día, o que supón un cuarto do tráfico marítimo mundial. A esa circulación intensa superponse a dos ferries que ligan Francia e Inglaterra por vía marítima. Dende que foi inaugurado o 6 de maio de 1994, o Eurotúnel constitúe unha excelente e rápida alternativa de viaxe, ao permitir a comunicación ferroviaria entre Gran Bretaña e a Europa continental.

As Illas da Canle localízanse no interior da Canle da Manga, próximas ao lado francés. A illa de Ouessant é o punto de referencia da extremidade occidental da canle.

O departamento de Mancha -que incorpora a península do Cotentin, que avanza en dirección á canle- debe o seu nome á rexión marítima circunveciña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén canal da Manga e canle da Mancha segundo as referencias. Mancha é unha adaptación de Manche, en francés, que foi traducido erroneamente así ao galego, portugués e castelán, pois en francés manche non quere dicir 'mancha', senón 'manga'.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]