Filipe III de Borgoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Filipe III de Borgoña, o Bo
Philip the good.jpg
Filipe o Bo, portando o colar da Orde do Vélaro de Ouro, retratado en 1450, por Rogier van der Weyden.
Musée des beaux-arts de Dijon.
Duque de Borgoña
10 de setembro de 141915 de xuño de 1467
PredecesorXoán I de Borgoña
SucesorCarlos I de Borgoña

Nacemento31 de xullo de 1396
Dijon, Borgoña
Falecemento15 de xuño de 1467
Bruxas, Flandres
Cónxuxe/s
  • Micaela de Valois
  • DescendenciaVéxase Matrimonios e descendencia
    Casa realCasa de Valois-Borgoña
    ProxenitoresXoán I de Borgoña
    Margarida de Baviera-Straubing

    Escudo de Filipe III de Borgoña
    Armas de Filipe o Bo
    Territorios de Filipe III, o Bo.

    Filipe III, alcumado Filipe o Bo (en francés, Philippe le Bon),[1] e tamén coñecido como o Gran Duque de Occidente, pola amplitude dos territorios baixo a influencia do Ducado de Borgoña,[2] nado en Dijon (Ducado de Borgoña) o 31 de xullo de 1396 , e finado en Bruxas (Condado de Flandres) o 15 de xuño de 1467 ), foi duque de Borgoña e de Luxemburgo, conde de Flandres, Holanda e Zelandia, de Artois, palatino de Borgoña, do Charolais, de Hainaut, de Nevers, de Auxerre, de Mâcon, do Vermandois, de Amiens, de Ponthieu, de Eu, de Boulogne, e de Rethel, marqués de Namur, margrave de Antuerpen, e señor de Salins e de Malinas.[3] [4]

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Significado histórico do reinado de Filipe III[editar | editar a fonte]

    O reinado do duque Filipe III estivo marcado pola súa alianza co Reino de Inglaterra (tratado de Troyes do 21 de maio de 1420 ), a ascensión de Carles VII ao trono de Francia (1429), a reconciliación da Borgoña coa coroa de Francia (tratado de Arras do 20 de setembro de 1435 ), o crecemento do dominio hereditario dos duques de Borgoña (especialmente a constitución entre 1429 e 1433 dos Países Baixos borgoñóns, incrementados en 1443 co Ducado de Luxemburgo) e, finalmente, pola adquisición dunha independencia de feito do que se chama hoxe en día o Estado borgoñón (recórdese que nos sélculos XIV e XV, o Sacro Imperio Romano Xermánico ere de feito unha "marquetaría de principados",[5] no que se elixía ao emperador, título non hereditario daquela, nunha asemblea de sete príncipes electores alemáns).

    Orixes familiares e primeiros anos[editar | editar a fonte]

    Era fillo de Xoán I de Borgoña alcumado Xoán Sen Medo, e de Margarida de Baviera-Straubing, e bisneto do rei Xoán II de Francia, da dinastía Valois.[4]

    Herdou o título ducal de Borgoña tras o asasinato do seu pai a mans de secuaces do delfín Carlos. Este feito motivou que Filipe tomase partido definitivo por Henrique V de Inglaterra e fose un dos artífices do tratado de Troyes, polo cal o Delfín quedaba desherdado, Henrique casaba cunha filla de Carlos VI (irmá, por tanto, do Delfín) e a coroa de Francia pasaría ao soberano inglés.

    Foi o primeiro par de Francia, e rexente deste Reino en 1419.[4]

    Accións de goberno[editar | editar a fonte]

    Filipe o Bo foi un gran defensor da cultura e impulsor da prosperidade do Ducado de Borgoña.

    O 10 de xaneiro de 1430, en Bruxas, fundou o Orde do Vélaro de Ouro.[4]

    En 1435, cando o declive inglés era máis que notorio polo tratado de Arras, Filipe reconciliouse con Carlos VII, polo que combateu desde aquela aos seus antigos aliados.

    Porén, Carlos VII foille xeralmente hostil, sobre todo cando o Delfín Luís (futuro Luís XI) refuxiouse na corte de Filipe, desde 1456 a 1461, por terse rebelado contra seu pai. "Meu primo o de Borgoña non sabe o que fai, —dixo daquela Carlos VII— está alimentando ao raposo que comerá ás súas galiñas".

    Filipe estaba preocupado pola política nos seus propios territorios, e rara vez estivo directamente implicado na Guerra dos Cen Anos, a pesar de que xogou un papel nunha serie de períodos, como na campaña contra Compiègne, durante a cal as súas tropas capturaron a Xoana de Arco en 1430.

    O Ducado de Borgoña non tiña ningunha capital fixa, e movía a Corte por varios palacios situados nas principais cidades, como Bruxelas, Bruxas o Lille.

    Realizábanse festas e outras celebracións, e os homes que pertencían á súa Orde habitualmente participaban en eventos por todo o territorio, como torneos de cabalaría. En 1454, durante unha festa chamada Festa do Faisán, planeou organizar unha cruzada contra os otománs, pero este plan nunca se levou a cabo. Entre 1444 e 1446 gastou o 2 % da riqueza ingresada polo Ducado en adquirir roupas de seda e teas de ouro a un único mercader, Giovanni di Arrigo Arnolfini.[6] A súa Corte estaba considerada como unha das máis espléndidas de Europa, e aceptada como de bo gusto e impulsora da moda, o que axudou á economía do Ducado, xa que os produtos de luxo do Ducado de Borgoña, especialmente os do feudo de Holanda, considerábanse moi elegantes e eran moi solicitados poas elites de Europa.[7]

    Durante a Guerra dos Cen Anos Filipe III herdou de varios primos e apropiouse de varios territorios nos Países Baixos: incorporou ao ses dominios Namur, por compra, en 1429; os condados de Hainaut, Holanda (co señorío de Frisia) e Zelandia, en 1432, por conquista; os ducados de Brabante e de Limburgo, en 1430, por herdanza; e o ducado de Luxemburgo, en 1443, por compra, aínda que dita operación non foi recoñecida até 1467 por Isabel de Austria, esposa de Casimiro IV de Polonia e Lituania.

    Estas adquisicións foron confirmadas no tratado de Arrás (1435) por Carlos VII de Francia a cambio de recoñecelo como rei de Francia fronte ás aspiracións inglesas, o cal manifesta a influencia e poder territorial do duque de Borgoña dentro de Francia.

    Filipe o Bo morreu en 1467, e os títulos do seu fillo Carlos o Temerario, en 1467, reflicten ben o crecemento do poder territorial da dinastía borgoñoa:[8]

    Charles, par la grace de Dieu, duc de Bourgoingne, de Lothier, de Brabant, de Lembourg, et de Lucembourg, comte de Flandres, d'Artois, de Bourgoingne palatin, de Haynnau, de Hollande, de Zellande et de Namur, marquis du Saint Empire, seigneur de Frise, de Salins et de Malines.
    Carlos, pola graza de Deus, duque de Borgoña, da Baixa Lorena, de Brabante, de Limburgo e de Luxemburgo, conde de Flandres, de Artois, de Borgoña, de Hainaur, de Holanda, de Zelandia e de Namur, marqués do Santo Imperio, señor de Frisia, se Salins e de Malinas.[3]

    Matrimonios e descendencia[editar | editar a fonte]

    Retrato de Isabel de Portugal, atribuído ao taller de Rogier van der Weyden.
    Retrato de Carlos o Temerario, herdeiro de Filipe III, por Rogier van der Weyden.
    Antonio, Gran Bastardo de Borgoña (1421–1504).

    Filipe III casou en tres ocasións, tendo descendentes que chegaron á idade adulta só no seu terceiro matrimonio, pero moitos habidos coas sá súas numerosas amantes.[4]

    En xuño de 1409, á idade de 13 anos, Filipe contraeu matrimonio coa princesa Micaela de Valois, de 14 anos, filla do rei Carlos VI de Francia), coa que tivo unha filla, Inés de Borgoña, morta na súa xuventude. Micaela faleceu o 8 de xullo de 1422, en Gante, á idade de 27 anos.

    O 30 de novembro de 1424 casou, en Moulins-Engilbert, con Bona de Artois, fila do conde Filipe de Artois (tamén era bisneta de Xoán II de Francia). Esta segunda esposa morreu o 17 de setembro de 1425. O matrimonio non tivo descendencia.

    En Bruxas, o 7 de xaneiro de 1430 volveu casar, en terceiras nupcias, con Isabel de Portugal (filla do rei Xoán I de Portugal), coa que tivo tres fillos:[9] [10]

    • Antonio (? - ?)
    • Xosé (? - ?)
    • Carlos, chamado o Temerario (1433-1477), que sería seu sucesor.

    Coas súas numerosas amantes, tivo os seguintes fillos:

    • Cornelio, chamado Bastardo de Borgoña (ca. 1420–1452), tamén chamado Gran Bastardo de Borgoña, que foi señor de Elverdinge, de Vlamertinge, de Neuve-Église e de Pierrefort, capitán e gobernador xeneral de Luxemburgo.
    • Antonio, chamado así mesmo Bastardo de Bourgogne (ca. 1421–1504), recibiu tamén o alcume de Gran Bastardo de Borgoña á morte do seu medio irmán Cornelio. Foi señor de Beveren, iniciador da rama dos Borgoña-Beveren, nacido de Xoana Lemaire, chamada Xoana de Presles.[11]
    • María de Borgoña (1426–15 de agosto de 1475), habida con Xoana Chastellain (ou Castellana).
    • Margarida, morta contra 1455.
    • David (ca. 1427–1496), nacido da mencionada Xoana Chastellain. Foi bispo de Thérouanne (desde 1451), despois de Utrecht (desde 1456).
    • Ana (ca. 1435–1508), gobernanta de María de Borgoña, casou con Adrián de Brosse eedespois con Adolfo de Clèves-Ravenstein.
    • Rafael de Mercatel (ca. 1437–1508), fillo de Maria de Belleval. Foi abade de Saint-Bavon-de-Gand e de Saint-Pierre de Oudenburg, e bispo Rosen.
    • Balduíno de Lille (ca. 1446–1508), que foi visconde de Orbec, e señor de Fallais, Peer, Baudour, Sainte-Anne, Lovendegem, Zomergem e Fromont, e fundador da rama dos señores de de Fallais.
    • Filipe de Borgoña (1464–1524), coñecido como Filipe de Borgoña-Blaton, almirante de Flandres 1498–1517) e bispo de Utrecht (1517–1524), onde tivo catro fillos bastardos: Xoán, Filipe, Olivier,[12] e Balduíno.
    • Xoán (1438–1499).
    • Filipa, que casou con Antonio de Rochebaron, señor de Berzé.
    • María, relixiosa.
    • Catarina.
    • Antonio, morto mozo.
    • Xosé.
    • Cornelio (morto ca. 1428).
    • Madalena.
    • María, relixiosa.
    • Catarina, abadesa.
    • Catarina, relixiosa.
    • Xosina, morta moza.
    • Iolanda (morta o 3 de novembro de 1470), que casou en 1456 con Xoán d'Ailly, señor de Picquigny e de Raineval.
    • Xerome.
    • Baduíno, citado en 1461-63.
    • Artur, morto mozo.
    • André.

    Antepasados de Filipe III de Borgoña[editar | editar a fonte]

     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    8. Xoán II de Francia
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    4. Filipe II o Audaz
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    9. Bona de Bohemia
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    2. Xoán Sen Medo
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    10. Luís II de Flandres
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    5. Margarida III de Flandres
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    11. Margarida de Brabante
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    1. Filipe III o Bo
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    12. Luís IV, emperador do Sacro Imperio
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    6. AlberteIde Baviera
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    13. Margarida II, condesa de Hainaut
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    3. Margarida de Baviera-Straubing
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    14. Luís I o Xusto
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    7. Margararida de Brieg
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    15. Inés de Glogau
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     


    Predecesor:
    Xoán I Sen Medo
    Arms of the Duke of Burgundy since 1430.svg
    Duque de Borgoña
    Conde de Flandres, Artois e palatino de Borgoña

    1419-1467
    Sucesor:
    Carlos I o Temerario
    Predecesor:
    Xoán III
    Margrave de Namur
    1429-1467
    Sucesor:
    Carlos I o Temerario
    Predecesor:
    Filipe de Saint Pol
    Duque de Brabante, Limburgo e da Baixa Lotarinxia
    1430-1467
    Sucesor:
    Carlos I o Temerario
    Predecesor:
    Jacqueline de Baviera
    Conde de Hainaut, Holanda e Zelandia
    1432-1467
    Sucesor:
    Carlos I o Temerario
    Predecesor:
    Isabel de Görlitz
    Duque de Luxemburgo
    1441-1467
    Sucesor:
    Carlos I o Temerario
    Predecesor:
    Xoán Sen Medo
    Conde do Charolais
    1405-1431
    Sucesor:
    Antonio de Borgoña
    Predecesor:
    Antonio de Borgoña
    Conde do Charolais
    febreiro - abril de 1432
    Sucesor:
    Xosé de Borgoña
    Predecesor:
    Xosé de Borgoña
    Conde do Charolais
    agosto de 1432 - 1433
    Sucesor:
    Carlos I o Temerario

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. Na páxina 179 da obra de Joseph Calmette Les Grands Ducs de Bourgogne (Albin Michel, impresión do 11 de xuño de 1976), unha nota do autor di: «é probábel que a súa facilidade para perdoar está na orixe deste epíteto eloxioso». Para máis detalles sobre os primeiros textos en que se aplica ao terceiro duque o cualificativo de Bo, véxase o artigo especial sobre este asunto, de Bonenfant, "L'origine du surnom de Philippe le Bon", nos Annales de Bourgogne, 1944, pp. 100-103. Véxase tamén o que escribe o historiador Chastellain, xusto despois da morte do duque Filipe en Bruxas, cando a noticia se estendeu na cidade e que causou profundo dó (porque Filipe era amado): «era fácil de entender que toda clase de xentes gritasen e chorasen, lamentándose, uns eloxiando a súa vida, outros chorando a súa rápida morte: "Ah! Bo duque noso pai, que acabou coas guerras que nos rodeaban, e mesmo as que había entre nós. Propiciaches a paz e a unión entre os teus pobos, restauraches a xustiza e o comercio.» (Georges Chastellain, Œuvres, ed. H. Kervyn de Lettenhove, Académie royale de Belgique, Bruxelles, 1863-1868, t. V, p. 228).
    2. MCN Biografías. "Felipe III, el Bueno, Duque de Borgoña (1396-1467).". 
    3. 3,0 3,1 Titles of European hereditary rulers: Burgundy
    4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Philippe de Bourgogne, en Burgundy duchy / Dukes of Burgundy Medieval Lands (en inglés).
    5. Usando unha expresión de Sylvain Gougenheim (Frédéric II, un empereur de légende, publicado por Perrin en 2015).
    6. National Gallery Catalogues: The Fifteenth Century Netherlandish Paintings by Lorne Campbell, 1998, ISBN 1-85709-171-X
    7. T. Kren & S. McKendrick (eds), Illuminating the Renaissance: The Triumph of Flemish Manuscript Painting in Europe, Getty Museum / Royal Academy of Arts, 2003, p. 68, ISBN 1-903973-28-7
    8. Charles the Bold Last Duke Of Burgundy, 1433-1477, Ruth Putnam (1908)
    9. Henri Pirenne, Histoire de Belgique, réédition BiblioBazaar, LLC, 2008, páx. 448. Ler en liña
    10. Paul Bonenfant, Paul (1997): "Philippe le Bon. Sa politique, son action". En: Revue belge de philologie et d'histoire, tome 75, fasc. 4, pp. 1189-1192.
    11. Jeanne de Pesles en Bulletin de la Commission historique du département du Nord. Lille, 1900, pp. 21-22.
    12. Que sería paxe do emperador Carlos V en 1532 (citado por Patrick Van Kerrebrouck, Les Valois, 1990, páxina 611).

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Bibliografía[editar | editar a fonte]

    Outros artigos[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]