Isabel de Portugal, duquesa de Borgoña
Isabel de Portugal, duquesa de Borgoña | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de febreiro de 1397 |
Lugar de nacemento | Évora |
Falecemento | 17 de decembro de 1471 |
Lugar de falecemento | Dijon |
Soterrada | Monastério de Champmol |
Nacionalidade | Reino de Portugal |
Ocupación | política |
Pai | Xoán I de Portugal |
Nai | Filipa de Lancaster |
Cónxuxe | Filipe III de Borgoña |
Fillos | Carlos o Temerario e Jodocus of Burgundy |
Irmáns | Beatriz, Condessa de Arundel, Henrique, duque de Viseu, Duarte de Portugal, Fernando, o Infante Santo, Pedro, Duque de Coimbra, Afonso I, Duque de Bragança e Xoán, Infante de Portugal |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Isabel de Portugal, nada en Évora o 21 de febreiro de 1397 e finada en Dijon (Borgoña) o 17 de decembro de 1471, foi unha princesa portuguesa da dinastía de Avis.
Era a única filla do rei Xoán I de Portugal e da súa muller Filipa de Lancaster. Pasou a súa mocidade na corte de Lisboa. Era irmá, entre outros, de Henrique o Navegador, Pedro, duque de Coímbra e Duarte, rei de Portugal, sucesor de Xoán I.
En 1430, casou con Filipe III, duque de Borgoña, con quen tivo 3 fillos: Antonio e Xosé (que morreron durante a infancia) e Carlos o Temerario (nado o 10 de novembro de 1433).
Isabel era unha muller moi refinada e intelixente, que lle gustaba de se rodear por artistas e poetas e foi unha mecenas das artes. Tamén na política, exerceu a súa influencia sobre o seu fillo e, en especial, sobre o seu marido, que representou en varias misións diplomáticas.