Carlos IV de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos IV o Fermoso
Rei de Francia
Rei de Navarra
Charles IV le Bel.jpg
Carlos o Fermoso como rei de Francia
Biblioteca Nacional de Francia
Rei de Francia
Predecesor Filipe V
Sucesor Filipe VI
Rei de Navarra
3 de xaneiro de 1322 - 1 de febreiro de 1328
Predecesor Filipe V
Sucesor Xoana II

Reinado 3 de xaneiro de 1322 - 1 de febreiro de 1328
Coroación 21 de febreiro de 1322, en Reims
Outros títulos Conde de La Marche (1314-1322), Conde de Champaña e Brie
Nacemento c. 1294
Clermont, Picardía, Francia
Falecemento 1 de febreiro de 1328
Vincennes, Illa de Francia, Francia
Sepultura Basílica de Saint-Denis
Cónxuxe/s Branca de Borgoña (1296-1326)
María de Luxemburgo (1304-24)
Xoana de Evreux (1310-71)
Descendencia María (1327-41)
Branca de Orleáns (1328-45)
Casa real Capetos
Proxenitores Filipe IV
Xoana I de Navarra

Escudo de Carlos IV de Francia
Escudo de armas do Reino de Francia e Navarra

Carlos IV, nado en Clermont o 18/19 de xuño de 1294 e finado en Vincennes o 1 de febreiro de 1328, alcumado o Fermoso (francés: le Bel) foi conde de Champagne, rei de Navarra (como Carlos I) e rei de Francia, o derradeiro da liña directa Capeta, desde 1322 ata a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlos foi o terceiro fillo de Filipe IV. Desde 1323 tivo que facer fronte á revolta campesiña en Flandres e, en 1324, foi sen éxito candidato á monarquía electiva xermánica. Como duque de Aquitania, Eduardo II de Inglaterra foi vasalo de Carlos, pero este se negou a render homenaxe a outro rei, e como consecuencia estoupou a coñecida como Guerra de San Sardos (1324) durante a que Carlos conquistou o ducado pero no tratado de paz, Eduardo II aceptou xurar lealdade e pagar un tributo, como consecuencia, Carlos devolveulle o ducado pero cun territorio máis reducido.

Á morte de Carlos IV sen herdeiro masculino, quedou extinguida a liña directa da dinastía dos Capetos, sucedéndolle o seu primo Filipe de Valois, pero a súa lexitimidade cuestionada foi unha das causas que conduciron á Guerra dos Cen Anos.