Escribán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Antigamente, chamábase escribán ao que por oficio público estaba autorizado para dar fe das escrituras e demais actos que se desenvolvían ante el.

Tipos de escribáns:

  • Escribán de concello: Era o encarregado de asistir ás xuntas ou sesións destes corpos e autorizar os seus acordos ou resolucións.
  • Escribano de cámara: Chamábase así ao que asistía ás salas das audiencias ou dun tribunal supremo para a sustanciación dos negocios ou para recibir os pedimentos e expedientes, dar conta deles, estender os autos ou decretos e expedir os despachos ou provisións.
  • Escribán de guerra: Era o escribán público que con despacho oficial actuaba nos xulgados oficiais.
  • Escribán de mariña: Chamábase así ao escribán público que con despacho do director xeral da armada entendía nos asuntos deste ramo.
  • Escribán numerario: O que podía exercer o seu oficio nun pobo ou distrito a que estaba asignado con exclusión de calquera outro. Chamábase así por ser fixo e determinado o número dos que actuaban en cada punto.
  • Escribán de molde: Impresor.