Paseo da Ferradura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xardíns da Ferradura»)

Coordenadas: 42°52′43″N 8°32′59″O / 42.878717307145, -8.5498053333624

Vista do Paseo da Ferradura.

O Paseo da Ferradura, tamén coñecido como o Paseo dos Leóns[1], é unha das tres partes que comprende o Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda o Paseo da Alameda e a Carballeira de Santa Susana.

Historia[editar | editar a fonte]

No ano 1835, o concello de Santiago iniciou a creación do Campo da Estrela[2] e mais do Paseo da Ferradura, que une os seus dous extremos rodeando a carballeira de Santa Susana.[3]

Características[editar | editar a fonte]

Monumento a Rosalía de Castro.
Un dos dous leóns que gardan a entradada do Paseo dos Leóns.

O Paseo da Ferradura é o miradoiro urbano máis coñecido do Parque da Alameda, situado na aba do outeiro de Santa Susana e bordeándoa no treito da entrada do paseo, cunha vista frontal da Catedral sobresaíndo entre a masa de edificios históricos, entre eles a fachada posterior do Pazo de Raxoi, polo que é a postal máis retratada.[4]

Outro miradoiro importante é o que permite ver o monte Pedroso, a Residencia e os arredores do sur de Santiago. Neste lugar atópanse os xardíns da Ferradura e o monumento a Rosalía de Castro.[5][6]

O Paseo da Ferradura foi cualificado por Otero Pedrayo como "o parque e paseo máis nobre de España".[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Miradoiro do Paseo dos Léons da Alameda, en santiagodecompostela.gal.
  2. Situado na actual rúa do Campo da Estrela.
  3. 3,0 3,1 Alameda de Santiago de Compostela Arquivado 24 de xullo de 2018 en Wayback Machine. en SEC (Sociedad Española de la Camelia (en castelán).
  4. Paseo de Ferradura, ou dos Leóns en Turismo de Santiago (en castelán).
  5. Parque de la Alameda en Turismo de Santiago (en castelán).
  6. Localización dos xardíns da Ferradura en Google maps

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]




Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.