Wikipedia:A Taberna (xeral)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Esta é a sección xeral da Taberna
120px-Internet-news-reader svg-gl.png
Novas
publicar
Edit-find-replace.svg
Políticas
publicar
Preferences-system.svg
Técnica
publicar
Dialog-information on.svg
Propostas
publicar
Help-browser.svg
Axuda
publicar
Image-x-generic.svg
Imaxes
publicar
Folder-open.svg

Esta sección úsase para discutir sobre temas non cubertos polas outras seccións.

Comezar un novo fío de conversa

Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "Insert-signature.png" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24

WP 1000 artigos para os alumnos de 12 a 16 anos[editar a fonte]

Deixo aquí o currículo de secundaria de Galicia, por se alguén o quere revisar á hora de introducir novos artigos na listaxe de Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos. Como dixo Elisardojm penso que hai que facelo con sentidiño e introducir os que realmente sexan necesarios, o máis doado é que se algún usuario é mestre de secundaria (ou pai dun alumno desas idades) poida axudar nesta tarefa, pois terá acceso aos contidos reais que aparecen nos libros de texto. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 5 de xaneiro de 2019 ás 12:50 (UTC)

Artigo interesante sobre a percepción de Wikipedia na mocidade francesa en relación co wikiproxecto 1000 artigos de calidade...[editar a fonte]

Boas, acabo de topar con este artigo en inglés que pode ser de interese (cando menos pola revisión que fai do tema) para o Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos. Recolle unha enquisa feita en diversos centros de ensino franceses a 841 estudantes dentro dos seguintes grupos de idade :11-12/ 14-15; 15-16/ 17-18 e 18-25. Titúlase How trust in Wikipedia evolves: a survey of students aged 11 to 25 e xira en torno as percepcións que teñen da Wikipedia. Recolle temas como a utilidade e nivel de fiabilidade de Wikipedia, a súa relación co tipo de tarefas que realizan usando a Wikipedia (traballos de clase ou ocio) e como as opinions que sobre o valor da Wikipedia reciben do profesorado, pais, amigos e outros medios inflúen na súa valoración da ferramenta. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 8 de xaneiro de 2019 ás 18:56 (UTC)

Maria zaos, esa web pide un usuario e contrasinal, calquera pode entrar? Como? É que está en finés ou sueco... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2019 ás 00:49 (UTC)

Outra vez, síntoo, semellaba en aberto, voulle dar unha volta a ver ... Maria zaos (conversa) 9 de xaneiro de 2019 ás 10:19 (UTC)

Corrixin a ligazón, a revista é de acceso aberto e en inglés. http://www.informationr.net/ir/23-1/paper783.html .Proba de novo, Elisardojm por favor e desculpa. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Maria zaos (conversacontribucións) 9 de xaneiro de 2019 ás 10:32‎
Non hai que desculpar :), grazas a ti pola ligazón, a ver se pola noitiña podo botarlle unha ollada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2019 ás 11:54 (UTC)

Outro artigo sobre a directiva europea do marco de dereitos de autor[editar a fonte]

https://wikimediafoundation.org/2019/02/07/problems-remain-with-the-eus-copyright-reform/—o anterior comentario sen asinar foi feito por Maria zaos (conversacontribucións) 7 de febreiro de 2019 ás 22:02‎

Boa páxina, explica moi ben todo o problema, mágoa que só está en inglés. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de febreiro de 2019 ás 07:37 (UTC)

Novamente artigo 13 da directiva europea de copyright[editar a fonte]

Boas, achei esta nova que ten un texto máis accesible que o acordo extraoficial do que se fala últimamente, pero de momento só en inglés. Fala do tema dos filtros . https://edri.org/copyright-franco-german-tandem-strikes-dangerous-deal-on-article-13/ Son María Zaos, o móbil non me deixa asinar, sintoo