Wikipedia:A Taberna (xeral)/Arquivo 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25

Ligazóns á Galipedia[editar a fonte]

Páxinas con vínculos coa wikipedia:

Tradución da semana[editar a fonte]

Coherencia[editar a fonte]

Estes son os antecedentes da situación:

ningún redirixe a Ataques do 11 de setembro de 2001
Atentados do 11-M e 11-M redirixen a Atentados do 11 de marzo de 2004 en Madrid
7-J redirixe a Atentados do 7 de xullo de 2005 en Londres
  • Porque esta asimetría formal? Existe algunha tradición convencional que diga o que é un ataque ou un atentado? Porque entón 11-S é un ataque e o 11-M e 7-X son atentados? Había máis vontade ou dóenos máis un ou outro? Habería que discutir e arranxar isto.

Indo polo mesmo tema:

  • Que fai 7-J aquí? en que lingua falamos? se é o galego, que pinta ese J? que discurso e mentalidade lingüística seguimos? Propoño borrar 7-J e escribir 7-X (e que ninguén me diga que se confunde con xullo, porque en castelán tamén é así)

Por outra parte, máis sorprendente:

  • Ferrol non redirixe a O Ferrol senón ó revés!! Pero cal é o topónimo oficial?

Grazas pola vosa atención

--Sobreira 17:41, 18 abril 2006 (UTC)

  • Ben, son varias cuestións. O dos títulos, lembro que cando fixen a páxina dos ataques de Nova York puxen ataques por estar así a páxina inglesa, e cando fixen o de Londres xa non me acordara desa outra páxina e puxen atentado (levo demasiadas edicións como para acordarme de todo o que fago, síntoo), non había ningún motivo oculto, de feito eu teño por sinónimos ataque e atentado. Pero si é lóxico que as páxinas teñan un título homoxéneo, non sei se sería mellor ataque ou atentado, non sabía ese matiz de que un ten máis vontade que outro. En relación a 7-J coincido contigo. Pero é Ferrol o topónimo oficial, non hai máis que mirar o oficial Nomeclátor de Galicia. O Ferrol non é oficial polo que a páxina está ben.--Rocastelo(fálame aquí) 18:00, 18 abril 2006 (UTC)
  • Respondo ao tema do topónimo: o topónimo correcto é Ferrol, polo tanto o nome do artigo está ben. En canto a 7-X paréceme ben o cambio. Con respecto aos nomes dos artigos citados en primeiro lugar, penso que non hai ningún motivo oculto na elección dos títulos, de feito no historial de edicións de Ataques do 11 de setembro de 2001 e no resumo que hai asociado á creación da páxina di "ataque terrorista sobre Estados Unidos". Para finalizar, na miña opinión é preferible debatir sobre as solucións que tratar de indagar sobre intencións descoñecidas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:08, 18 abril 2006 (UTC) (Nota: Cando escribin esta resposta non vira a de Rocastelo). --Prevert(talk) 18:09, 18 abril 2006 (UTC)

Commons[editar a fonte]

Ola, compañeiros. Xa sabedes que fun elixido administrador en Commons. Escribo a presente para ofrecervos a miña colaboración e solicitarvos que, na medida do posible, subades as fotos (especialmente as realizadas en Galicia) a Commons. Non é preciso que perdades o tempo buscando a páxina ou a categoría de Commons en que colocalas; abonda con que as poñades en Category:Galicia cunha pequena referencia ó seu contido e xa as coloco eu. Se me necesitades para algo, ou se se vos ocorre algunha cousa, non dubidedes en comunicarmo. Grazas e apertas--Lmbuga 00:05, 24 abril 2006 (UTC)

  • Ola, novamente. Paréceme agora conveniente, para espallarmos a Wikipedia, que as fotos que subades, as subades á Galipedia. Ó duplicalas en Commons, espallamos a Galipedia. Eu irei pasando fotos a Commonse, creando as páxinas correspondentes. Agradézovos que botedes unha man con algunha das que vós subades e a poñades tamén en Commons.--Lmbuga 07:56, 25 abril 2006 (UTC)


mensaxe poboico a xelo[editar a fonte]

el amigo xelo está molestando en la wicodatos desde hace rato, cuando precisamente nos independizamos de la wikipedia para quitarnos de encima su tribunal de lainquicision en dodne el pretendia catalogarnos como bandalos nomas por el hecho de poner la version colombiana de los sucesos historicos de nuestra patria,ahora pretendes para colmos acusarnos de algo injustificadamente, no recuerda dicho señor que tenemos en nuestro poder copia de un email en donde el nos dio la autorizacion de usar las imagenes por el reclamadas dentro de nuestra wiki ( eso en epocas en que aun estabamos de buenas) pero cuando se torno en nuestro tribunal de la inquisicion no envio notificacion contraria pero si procedio a demandarnos,quede claro algo xelo, te vamos a demandar por difamacion, por haber dicho que en la parte administrativa de esta wiki de que somo vandalos.

los vandalos era una tribu barbara europea y yo no soy de esa tribu (ni tengo ancestros dde alli) , mas de esa tribu seras tu que nacistes en europea, me aguanto todavia que se nos diga:guanes,tunebos,chitareros, pero vandalos,eso es una difamacion y ademas un ataque al orgullo racial de nosotros.

RESPETE

lo de la demanda va en serio, tu verasque haces, y cuanto a la que tu nos pusistes, no te afanes que tenemos el email bien guardadito para cuando se ofrezca la parte probatoria.

no tenemos nada que ocultar , nuestra wiki tiene el derecho a operar con otras normas, y esas normas dicen que tu debes firmar asi sea con tu IP, y esas mismas normas dicen que tu tienes que llevar asuntos administrativos a la seccin : festivalito de ideas : que es la que hace las veces en nuestra wiki de la taverna,tan solo que alla no la llammos la taberna por que no tenemos borrachos en nuestras filas sino personal cuerdo que trabaja,estudia y participa mas que sea mandando el articulo para que la DGDIC lo modifique y lo publique.

--201.228.45.30 13:12, 13 maio 2006 (UTC) (firmamos con la IP para darle ejemplo a uds y uds tambien cuando nos quieran escribir lo hagan, se considera que quien no firma mas que sea con su ip es un terrorista)

Respuesta:

No tienen nada que ocultar?, permítanme hacer un sincero y respetuoso ja ja ja. Cuando bloquean las Ip's será porque no sorportan que les digan las verdades en su cara. Por otras no existe ningún e-mail en el que yo les halla concedido tal beneplácito de lo que ustedes presumen tener. Es más, les diré que cualquier insensato puede crear una cuenta correo y hacerse pasar por mí dandose ustedes tales méritos que ni siquiera existen. En cuanto a la demanda, sigan adelante y verán la sorpresa que se llevan. Es muy posible que ustedes mismo sufran sus propias consecuencias. Ahora firman con Ip's, pues sepan que llevo a cabo el mismo sistema que ustedes emplean con las Ip's de acá a pesar de las advertencias. Y como punto final, veo muy de mal ver que non tachen de vandalos y barbaros, cuando ni ustedes mismos, decindo que son independientes de este proyecto no fueron capaces de eliminar del DGDIC el texto que está en gallego de su portada. Por ultimo, no mezclen (como acostumbran a hacer) a los demás compañeros del proyecto a causas de las insensatedes de ustedes que, ni tienen consenso ni son equipo a la hora de pensar y decidir unitariamente en las cosas. Baste ver el texto que tienen escrito arriba y leanlo muy, muy, despacito, quizás refleje como un espejo lo de sus propias almas.

PD: El último mensaje que les dejé a ustedes (en concreto a DGDIC) está del 13 de mayo del 2006 y decía textualmente lo siguiente: "Bien, si eso es lo que quieren sus normas para mí son ordenes sus normativas. No quiero ver otro de sus comentarios en la página de usuario de la Wiki.gl; ya que ello dará lugar a aplicar lo que ustedes aplican aquí. Es decir: difamación y vandalismo. Por cierto leanse bien las leyes de derechos de autor del departamento Colombiano, pues muchas de ellas ustedes las llevan inclumpliendo en todo momento. Y como punto final, borren el texto (pues es lo unico que saben hacer) y sigan a lo suyo; difamen a los demás que días vendrán en que sean ustedes los difamados; y sino acuerdense de este dicho "Cuando veas las barbas de tu vecino cortar, por las tuyas a remojar". Tengan un bien día". Obtenido de "http://www.wicodatos.org/wicodatos/index.php?title=Usuario_Discusi%C3%B3n:DGDIC". A raiz de ahí la Ip's fue bloqueada de forma infinita. Yo dejé de volver por su proyecto y cualquier Ip's que realice ataques posteriores a la exposición de la presente no tengo adsolutamente nada que ver. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:45, 24 maio 2006 (UTC)

canta xente...[editar a fonte]

canta xente participa máis ou menos a diario na Galipedia?. Eque cando rematei o arquivo de Enric Miralles, de súpeto, en moi pouco tempo, como 2 ou 3 persoas diferentes foron correxindo cousas (que agradezo moitísimo), e claro, entrame a curiosidade de como esa xente atopou tan de súpeto a miña aportación. Tanta xente hai?.Sería unha grande ledicia...Luimipi 18:38, 24 maio 2006 (UTC)

  • Pois na esquerda da pantalla hai unha opción que pon Cambios Recentes. Cando me aburro miro o que se "cuece" pola galipedia e se vexo algo que podo mellorar o melloro. Un saúdo.--Alberte 18:43, 24 maio 2006 (UTC)
  • Atópase o artigo enseguida polo seguimento dos cambios recentes. Se queres evitar que o resto dos colaboradores edite mentres ti estás facendo o artigo tes que incluir {{Enuso}} na cima. O número de colaboradores diarios é difícil de concretar, porque hai moitos colaboradores que aparecen e desaparecen. Ademais nas últimas semanas incorporáronse moitos usuarios novos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:09, 24 maio 2006 (UTC)

que faríades?[editar a fonte]

Imaxinade que tende-lo poder de decisión sobre a língua galega...que sode-la conselleira, ou Deus mesmo :P, o caso é... ....que faríades?, en canto a...manteríade-la política actual da RAG, bastante semellante o castelán...acercaríade-la máis o castelán inda... máis o portugues...face-la portugues...etc

caben toda-las opcións...mentres sexan serias...

saúde e terra.Luimipi 20:07, 25 maio 2006 (UTC)

Vese que non triunfou a proposta...jejeje, que se lle vai facer... a min po-lo menos seméllame interesante...pero bueno.Luimipi 13:07, 28 maio 2006 (UTC)

  • Eu desfaría a RAG (que ó meu parecer só se parece ó castelán ortográficamente, porque léxicamente, eu creo que hai moitas palabras e terminacións portuguesas que, polo menos onde vivo eu, non se usan), e diría que cada un falase como lle dera a gana. Total, aquí todos nos entendemos :-)...
  • Non me parece correcto que se use a Galipedia para dar as nosas opinións persoais. Hai foros onde facelo ( Vieiros ou Arroutadas), Wikipedia é unha enciclopedia, as discusións deberían ter que ver co traballo que facemos aquí ou como melloralo pero discusións sobre algo que excede a capacidade da Galipedia (existe Deus?, vai Zapatero romper España?, que fariades coa RAG?) non creo que sexan necesarias.--Penny Black 13:37, 28 maio 2006 (UTC)
  • Bueno, tes razón, eu contestei porque vin aí esa pregunta. Pero seguirei utilizando a Wikipedia para dar as miñas opinións persoais (pero so cas relacionadas ca Wikipedia ;-)). --O Tin 15:02, 28 maio 2006 (UTC)


sitoo entón...--Luimipi 19:19, 28 maio 2006 (UTC)

a intolerancia doutras wiki[editar a fonte]

"Quienes intentan promocionar lenguas decadentes solo hacen daño al universalismo, la libertad y la unión de los pueblos del mundo." e iso en páxinas de usuario que protexen os bibliotecarios... dou grazas porque nesta wiki non se é tan pouco respetuoso, e non hai tanta "imposición" coma na pseudo-dictadura desa wiki.Luimipi 10:54, 4 xuño 2006 (UTC)

Luimipi, siento decirlo (y siento hablar en castellano, pero no hablo gallego), pero aparte de que tus acusaciones son infundadas (sobre todo ¿qué es eso de "en páxinas de usuario que protexen os bibliotecarios"?), no es buena idea traer tus desencuentros en una wikipedia a otra. Es una opinión --Ecemaml 21:01, 4 xuño 2006 (UTC)
  • Síntoo pero teño q poñerme en prol de Luimipi. O outro día estando na wikipedia en castelán entrei en Rianjo. Vendo semellante aberración decidín poñer a miña opinión na discusión, de boas maneiras. Cando pola noite fun ver se alguén respondera decateime de que borraran a miña opinión, deixando tan só a opinión do que defendía o termo Rianjo. Decidín preguntar na discusión o porque lle chamaban discusión. E ma volveron borrar. Non é moi democrático e espero que esto nunca pase na galipedia. Grazas e ánimo Luimipi.--Alberte 21:07, 4 xuño 2006 (UTC)
  • Ecemaml, como habrás comprobado este es un wiki en el que no nos gustan los enfrentamientos y en el que por encima de todo está el respeto a las personas. Luimipi es un colaborar al que valoramos y respetamos. Puede emitir con libertad su opinón en estas páginas. Por supuesto tu también puedes expresarte con libertad aquí, pero si crees que "no es buena idea traer tus desencuentros en una wikipedia a otra" deberías abstenerte de incidir en cualquier aspecto que suponga abrir vías de enfrentamiento. Un cordial saludo. --Prevert(talk) 21:37, 4 xuño 2006 (UTC)
    • Sinto moito que non che gustara o que dixen Ecemaml, ti sabes tan bem coma min, que esa frase foi verdade ata hoxe mesmo, e que xerou moitísima polémica, e xente vandalizaba a "FelipeAlvarez" (autor da mesma), por razóns similares. E cando o comentaban con algún bibliotecario, non facían nada.

Xa che dixen noutras ocasións, que ti es dos que máis respeto me merece da wiki española, po-lo mero feito de cando menos interesarte po-lo galego, de do que vaias opiñar...inda que logo, e sempre na miña opinión, o diagnóstico que fas sexa erróneo, pero as "vontades" da xente, pra min son básicas. E, como di Albert, os bibliotecarios, a maioria, gran gran maioria, facédenos Mudos os que discrepamos co "castelanismo" que esixides en todo, chegando ata faltas de respecto a nos.(borra-lo que dicemos, botarnos fora...eu sufrín moitas, por non decir case toda-las inxustizas na es.wiki )

O Respecta-la xente é básico, e iso, para con nos non sucede ahi, e debe-lo saber se non estás cego (que coido que non, pq fuches ti, quen moi ben facendo, lle aconsellaches a FelipeAlvarez que ou retiraba iso el, ou o facias ti).

O alcume de wiki "impositora" ou "dictatorial"...etc, non é da miña autoría...pero reflicte moi bem a tónica xeral.

Todos estes temas fanme sentir cada vez máis orgulloso da Galipedia, e do seu bon funcionamento, e Respecto po-las outras línguas (mira como se chama Castela na galipedia: Castela-Castilla, pra seren xustos, e vos...inventades Rianjo, Sangenjo, Junta de Galicia, ata EL Ferrol...cando é Ferrol...e nunca correxides nin cededes por moitos arguméntos lexítimos que teñamos, e expulsades ou borrade-las nosas opinións...)

Sinto que non che guste o que digo...pero os feitos son os que son...e a unha comunidade coma a Galega, non lle pode sentar bem que a intenten pisar...inda que nunca é boa a confrontación, e eu tento moderarme dentro do meu carácter, e que a miña forma de escribir é bastante expresiva (por iso perdoa...é defecto meu). Cando a es.Wiki, respeite as linguas e persoas que sexan diferentes aos que "mandan", entón direi que é modélica...pero ata agora o maior modelo é a Galipedia.

Grazas aos compañeiros por apoiarenme, senta moi bem, pois cos "paus" que recibo na Wiki castelá...un xa pensa que a xente cree que somos unha merda e que non decidimos nin sobre a nosa historia, lingua,...nin xeografía.

Un saúdo a todos, e sinto a charla, e as molestias que xeraría a algúns esta perda de tempo no seu "traballo". (por certo, estou xa preparando un grande número de artigos pra poñer, sobre toda a historia moderna da arquitectura -o meu campo-)

--Luimipi 22:37, 4 xuño 2006 (UTC)

  • ¡Vaites!, Luimipi. Tampouco é como para botarlle todo o chapapote a Ecemaml. Tedes que acougar un pouco os dous. Amosaches admiración porque Ecemaml viñera ata esta wiki por que se interesa polo galego, ben. Pero coido que te podes referir a wiki.es de forma xeral en non botarlle todo o fregado o pobre coma se él tivese a culpa de todo o que sicede alí. Que a xente da wiki.es poña os nome galego es castelán (Rianjo, serve de exemplo) é problema deles, maila que as enciclopedias actuais adoitan remitirte o vocablo galego correspondente. Iso demostra que a RAE tamén acolle e actualiza o termos orixinais; outra é que na wiki.es estean a anos-luz de velo, nembargantes que van levala deshonra e a vergoña de que a xente lea e encontre que as cousas non son o que parecen vai a ser para esa xente que traballa na wiki. Nos con tratar de que a Galipedia medre e mellore na calidade/cantidade dos seus artigos temos suficiente para sentinos honrados e ledos. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:58, 4 xuño 2006 (UTC)


Sinto se semella que lle boto a culpa a Ecemaml, non é asi, e falei con el moitas veces pra que saiba que refírome ó xeral da wiki. El non pensa coma nos niso, pero é, ou po-lo menos así mo amosou ata o de agora, máis respectuoso. A culpa teñena o conxunto, e algúns radicais que hai por alá...que soñan con que a realidade fora coma eles quixeran...(fódelles ter en madrid todo escrito A Coruña...etc). E si, o importante pra nos é que medre con unha boa liña e calidade a Galipedia. Pra que os nenos, e a xente en xeral que procure algo, non teña que recurrir ó castelán se fala galego, pois iso, queras que non, é axudar a castelanizar inda máis galiza. saúdos e animo a todos pra seguir. (agardo que entenderas as miñas intencións agora Xelo ;), non son de "linchar" a ninguén).Luimipi 23:07, 4 xuño 2006 (UTC)


  • Descoñezo a política que sigue a Wiki en castelán sobre as opinións vertidas polos usuarios, pero o certo é que nesa Wikipedia todo o mundo parece poñer o que lle da a gana: este usuario está a favor de la autodeterminación de Cataluña, este usuario está en contra de que se celebren corridas de toros, este usuario detesta el humo del tabaco, este usuario es ateo, son só algúns exemplos, seguramente tamén haberá este usuario votó a los independientes para su pueblo. A mín paréceme curioso iso dos userboxes, aínda que a verdade é que sirven para bastante pouco. Pero a verdade é que vin unha cousa que me pareceu moi ben, e é que un montón de usuarios que mirei recibiran felicitacións de Navidad. Iso sí que estaba ben que se fixera na Galipedia :-). Saúdos. --O Tin 16:15, 7 xuño 2006 (UTC)


  • O tema das userboxes é algo que creou moitos problemas na Wikipedia en inglés. Aquí aínda non se adoptou unha política oficial pero falouse nun fío de discusión no que se expuxo que manifestar crenzas, opinións ou calquera elemento diferenciador ou de desunión non resulta moi apropiado para os obxectivos deste wiki. Clasificar aos usuarios en categorías (literalmente) pode entrar en contradición co espíritu de colaboración, outra cousa é que se trate de userboxes informativas como poden ser as das linguas. Tamén é distinto que o usuario faga as manifestación que estime oportunas de xeito individual. No mesmo sentido encher as páxinas de medallas ao mérito ou de felicitacións de nadal semella máis propio dun foro ou doutro tipo de webs que dunha enciclopedia. A liña que vimos seguindo aquí é que da colaboración de persoas con distintas visións, crenzas, opinións pode conseguirse un resultado que enriquezca á Galipedia. Polo tanto é mellor buscar calquera elemento que sirva de unión e evitar aqueloutros que distraigan o sentido deste wiki. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:37, 7 xuño 2006 (UTC)


  • Sí, tes razón. Por moi simpático que sexan os userboxes, non son útiles en absoluto. E o das medallas tamén está moi politizado na Wikipedia en castelán, mirei algúns usuarios con medallas ó mérito socialista, e cousas polo estilo. E de todas formas, Prevert, xa se empezan a usar userboxes na Galipedia. O primeiro que vin foi User:Sobreira (non se enfade por sinalalo). Saúdos. --O Tin 14:42, 9 xuño 2006 (UTC)


  • Home, Sobreira úsao pero dun xeito moi moi moderado.Soamente te a da "liberdade do Sahara"...asi que non é algo que se poda nin comparar coa versión castelá. O dos idiomas é útil, que eu mesmo teño, pois dache información de en que línguas podes falar coa persoa, e se pode traducir cousas doutras linguas...etc.

saúdos--Luimipi 16:56, 9 xuño 2006 (UTC)

  • Si, douche a razón de que o de Sobreira é moi moderado, ou polo menos non se pode comparar ca wikipedia en castelán. Eu tamén penso que iso de Babel é útil, aínda que non o teño na miña páxina. Fareino un día destos. --O Tin 19:11, 9 xuño 2006 (UTC)
  • No que comentas sobre a páxina de Sobreira non temos moito que facer, é a súa páxina personal e a caixa está inserida como unha táboa e non como un modelo (template). A única cuestión que se pode facer agora é preguntarlle se quere retirala voluntariamente. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:48, 16 xuño 2006 (UTC)
  • Eu entendo a razón de non usa-las...e gústame que non sexa aqui como na castelá, pero un so box, e ademáis cun tema tan ...sensibel e importante, que a xente tende a esquecer...non me semella malo...

e ter iso de xeito tan moderado... ... Luimipi 11:20, 17 xuño 2006 (UTC)

  • Claro que sí, Luimipi, non é tan importante, a min tanto me da que Sobreira apoie ou non a causa esa dos saharauis, pero só digo que é o comezo. Nun par de meses, ó millor isto acaba coma a Wiki en castelán. Dios non o queira :-). O Tin --Contradíceme se te atreves
  • Eh, que eu non vexo problema en a "prohibición" de userboxes, mais o único que dixen foi que é moi pouca cousa, e dende que se sabe que non é bem visto ese tipo de cousas, os usuarios supoño que se abstendrán da súa proliferación, e senon sempre se está a tempo de prohibilas...

De todo-los xeitos, inda que non vexo mal nin o contido nin o uso moderadísimo que sobreira lle da, o único xeito que vexo pra eliminar isto é que el quera borralo de por si...dándose de conta que é mellor pra a galipedia a non proliferación de userboxes...nada máis. Coido que todos estamos dacordo no mesmo...non vexo "discrepancias" ;) --Luimipi 12:21, 17 xuño 2006 (UTC)

  • Son User:Sobreira: Vaia home, agora que leo isto parece que son o último en enterarme que falan de min, que xa pasou un mes (a verdade é que estiven liado). Sobre o da "userbox" da RASD, é un detalle, nada máis. Pensaba poñer máis pero parecíame pouco conforme co contexto (de que ninguén máis as pon). Seguramente poida haber outras cousas que amolen máis o persoal (as miñas edicións contínuas, pois sempre me decato de erros cando lle dou a gardar; as miñas minicorreccións de estilo, e non tan mini, do que xa escribiran outros; as preguntas dun ser humano espeso pola calor (pobre User:Lmbuga que me sufriu hoxe); os meus malos días (esta tocoulle ó pobriño de User:Prevert); o peso de certas páxinas persoais ou a miña subdivisión da personalidade (Redondelana e ANDOcategorizANDO, pero borreinas onte); a miña expresividade ás veces (perdón ó Xelo2004 por algún día que me metín en temas cancelados); as miñas longas ausencias; as miñas categorizacións unilaterais; a miña busca polo mundo para reencontrarme con Kota, Arna, Phil, Jong Woo e John), seguramente amolan máis, digo, que unha caixa pero sorpréndeme (e ata me fai gracia o tema) que saia este tema. Se ben considerades que son moderado porque só poño unha e, máis probablemente, porque intúo que pensades igual, non me importa que se me conmine a abandoala (neste caso, pero non prohibir, iso é absurdo), por que en realidade defendo as miñas ideas creando os artigos dos temas que me gustan (dende Kirkjubaejarklaustur grazas a User:Miñato e Dublín ata barkhana ou santoral e anomia) e mesmo a corrección lingüística é unha ideoloxía: a de que o galego serve para a ciencia e podemos demostralo entre todos. Pero ninguén me deu este consello. Por outra parte, o meu logo ou mesmo a sinatura (e os de calquera) xa teñen connotacións políticas. Serei pouco activista, pero non apolítico, creo que como todos. De tódolos xeitos, non se me caen los anillos por quitala. Xa faría que o artigo da RASD fose o mellor de tódalas wikipedias (como con Kirkjubaejarklaustur, que ten datos que non aparecen en ningunha outra wiki e nin sequera está na islandesa). Pero téñovos por bos amigos (xa vai ano e medio dende que estamos xuntos) e xa vos coñezo algo. Non mo ides pedir. De momento deixareina, pero se vexo que comezan a proliferar probablemente a quitaría como mostra de comprensión tras este petit affaire. De tódolos xeitos, a ver se a próxima vez estou máis ó tanto. --Sobreira (parlez) 21:26, 15 xullo 2006 (UTC)

Problemas con imaxes[editar a fonte]

Perdoade, pero case non sei por onde empezar. Quizais o mellor sexa que leades en User talk:Wikitom os comentarios sobre Image:Función raíz 1.png. Marquei esa imaxe como GFDL. Propoño marcala con {{PendenteImaxe|Pendente de que teña licenza en es.wiki}}.¿Que vos parece?.

Hai máis imaxes nesta situación. Hai que revisar as 5 imaxes que subiu User:Wikitom (velaquí a galería de imaxes subidas por este usuario: Galería de Wikitom. --Lmbuga Commons - Galipedia 21:45, 14 xuño 2006 (UTC)

Problemas con estados EUA[editar a fonte]

Indiana
State of Indiana
Bandeira de Indiana Selo de Indiana
Bandeira Selo
Lema: The Hoosier State, Crossroads of America
Mapa dos EUA coa Indiana en destaque
Outros Estados dos EUA
Datos xerais
Capital Indianapolis
Maior cidade Indianapolis
Gobernador Mitch Daniels
Lingua oficial: inglés
Área 94 321 km² (38)
 - Terra 92 895 km²
 - Auga 1 427 km² (1,51%)
Poboación (2000)
 - Poboación 6 080 485 (15)
 - Densidade 65,46 /km² (16)
Entrada na Unión
 - Data 11 de decembro de 1816
 - Orde 19º
Xeografía
Fuso horario Central: UTC-6/5
Latitude 37°47'N - 41°46'N
Lonxitude 84°49'O - 88°4'O
Largo N-S 270 km
Ancho E-O 140 km
Altitude
 - Altitude media 210 m
 - Máis elevado 383 m
 - Menos elevado 98 m
Códigos e abreviacións
 - USPS IN
 - ISO 3166-2 US-IN
Sitio web
www.in.gov

A problema é que a táboa ten a palabra lonxitude duas veces, é aparece na páxina tres veces:

codigo fonte


|latitude = 37°47'N - 41°46'N |lonxitude = 84°49'O - 88°4'O |lonxitude = 270 |largura = 140


páxina final


Latitude 37°47'N - 41°46'N Lonxitude 270 Lonxitude N-S 270 km Lonxitude E-O 140 km


De N-S non é lonxitude, senon latitude. Non sei como correxir a problema, pero sei que podedes axudar.--Dannycas 02:38, 20 xuño 2006 (UTC)

  • Thank you very much señor--Dannycas 02:59, 20 xuño 2006 (UTC)
    • Ó engadi-los datos, e ter rexistros co nome duplicado, repítese o dato do largo e omite o da lonxitude. Hai que cambiar o escrito en cada entrada... A boa nova é que apenas hai 30 páxinas nas que cambia-la referencia... Esperemos ós mestres. --Adalbertofrenesi(fala) 03:03, 20 xuño 2006 (UTC)

URSS[editar a fonte]

Penso que deberíanse facer artigos sobre as diferentes repúblicas soviéticas, ao estilo do artigo de "Segunda República Española" xa que aqueles estados diferian moito da ucraína ou Rusia que hoxe coñecemos. Norrin_Strange

  • Estou dacordo, podense categorizar en Historia de Xxxx (sendo Xxxx Armenia, Moldavia, etc...), non vexo problema. Na wiki inglesa teñen unha categoría para países extintos Former Countries, aínda que iso non o vexo moi útil. A RDA ten artigo, mesmo a URSS. Non vexo o problema. --Adalbertofrenesi(fala) 22:00, 24 xuño 2006 (UTC)

País Vasco[editar a fonte]

O artigo País Vasco refírese a Euskal Herría, e o de Comunidade Autónoma Vasca refírese ó País Vasco. Resulta confuso e pouco práctico non chamarlle á comunidade autónoma polo seu nome. --Adalbertofrenesi(fala) 10:49, 29 xuño 2006 (UTC)

Galicia e Galiza[editar a fonte]

Suxiro que se bloqueen estas dúas páxinas para que non podan ser editadas por calquera, xa que hai alguén que non para de modificar as versións anteriores. Cando se acordou nesta páxina a consideración de Galiza como inha nación, fíxose cun amplo consenso; e agora hai alguén que se dedica a cambiar isto Un saúdo. User:Norrin_strange

Marcador de lixo[editar a fonte]

  • Propoño substituir os marcadores {{lixo}} e {{lixoporque}} por outros que non sexan tan "ofensivos" para os recén chegados. Ás veces algun usuário anónimo contribue cun artigo novo que non segue a política de nomes ou que non ten carácter enciclopédico ainda e penso que ver que a súa modesta aportación é categorizada como "lixo" pode botá-los para atrás e disuadi-los de continuar a colaborar. Propoño que sexan, por exemplo, {{eliminar}} e {{eliminarporque}}. Xosé (✉) 16:21, 9 setembro 2006 (UTC)

Artigos en progreso[editar a fonte]

Debido a superpoboación da categoría En progreso (3.400 artigos) fíxose preciso crear as subcategorías. Os nomes das subcategorías seguen o mesmo esquema de nomes que as categorías actuais da Galipedia engadindo o texto en progreso (ex.: Category:Química en progreso, Category:Xeografía en progreso). Comecei a crear as categorías raíz. Cando esas categorías estean moi poboadas cómpre novamente subdividilas (teñase en conta que o noso obxectivo é reducir os artigos curtos nas categorías en progreso, non que aumenten). O nome dos modelos coincide co nome das categorías (ex.: Template:Química en progreso, Template:Xeografía en progreso). Os modelos pódense traballar para que inclúan outros elementos de axuda ou identificación, se alguén se anima a facelo será moi apreciado. Quero pedirvos a vosa axuda na categorización e revisión dos artigos en progreso, tamén creando categorías se notades a necesidade dunha categoría en progreso e o mesmo cos templates. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:35, 21 setembro 2006 (UTC)

Mover ao Galizionario[editar a fonte]

Na categoría Mover ó Galizionario hai certo número de artigos pendentes de trasladar á versión do Wiktionary en galego. Se non se moveron ata agora, excepto algún artigo illado, é porque estamos esperando que se active a importación entre wikis (bugzilla:7350). Dese xeito pódese garantir que se conserva o historial orixinal de contribucións do artigo. O proceso manual require copiar e pegar o historial orixinal na páxina de discusión do artigo de destino, supón demasiado tempo cando se trata de mover moitos artigos e resulta menos eficaz que facelo mediante as páxinas especiais exportar e importar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:24, 8 outubro 2006 (UTC)

Escarbot[editar a fonte]

Deixeille unha mensaxe a Vargenau o operador de Escarbot para que solicite o status de bot e así evitar que os cambios recentes perdan utilidade por estar cheos das entradas das edicións do bot. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 08:56, 10 outubro 2006 (UTC)

Modelos de artigos[editar a fonte]

Para facilitar a creación de artigos de certos temas Oscarpc21 está creando diversos modelos que se poden ollar na categoría modelo. Todos aqueles que estean editando en cuestións relacionadas cos modelos propostos ou estean interesados en axudar na súa mellora poden intervir na páxina de discusión de cada un deles. Aproveito para agradecer a Oscarpc21 a serie de materiais de axuda que está elaborando. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:59, 27 outubro 2006 (UTC)

Wikimania 2007 Team Bulletin[editar a fonte]

Published by the Wikimania 2007 Taipei Team, Wikimania 2007 Team Bulletin provides the latest news of the Team's organizing work to everyone who is interested in Wikimania; it also gives the Team chances to announce calls for help/participation, so assistance in human and other resources can be sought in a wider range. Team Bulletin is published at the official website of Wikimania 2007 and released to the public domain. Issue 1 and Issue 2 has already published.--218.166.212.246 01:55, 29 outubro 2006 (UTC)

Não concordam dados população e nomenclátor[editar a fonte]

Olá! Escrevo esta mensagem para comentar que estou acrescentando a lista de núcleos de população dos concelhos (a começar polo meu) e vejo que no caso das freguesias não concordam os dados do padrão e do nomenclátor no que tem a ver com o número de núcleos de população.

Ponho como exemplo (de entre os muitos que encontrei) o de Gaibor (Begonte) polo grande dislate encontrado. No artigo da Galipédia diz-se que tem "254 habitantes (133 mulleres e 121 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación". No entanto, o nomenclátor da Xunta indica 17 núcleos de população (mais do duplo).

Acho que as cifras à baixa no padrão devem ser porque muitos desses núcleos estão já desabitados (no entanto, é a nossa obriga recolhermos e incluirmos essa toponímia na Galipédia, já que forma parte da cultura do nosso país). O que fazemos? Corrigimos os dados na população, indicamos simplesmente que há uma dislate e deixamos estar...? Eu, de momento, apenas alterei os dados em três freguesias (pensando que eram erros pontuais até que vim que era algo mais estendido).

Fico à espera das vossas sugestões antes de tocar mais nada. Saudações.

--Gerardinho2000 14:00, 11 novembro 2006 (UTC)


Non sei se entendín ben pero tal como está redactado véxoo correcto: X habitantes distribuidos en X entidades fai referencia a entidades habitadas xa que a poboación non se pode distribuir en entidades deshabitadas, quizais tamén habería que indicar o número de entidades deshabitadas de cada parroquia--Miñato 14:36, 11 novembro 2006 (UTC)

Concordo con que devemos recoller os núcleos xa desabitados. O que non sei é se estarán recollidos nalgures, duvídoo (calcúlase que na Galiza existen millón e meio de topónimos, incluindo aqui os microtopónimos). Posibelmente o mellor será recoller no caso de cada parroquia unha sección intitulada "Lugares deshabitados" ou "Entidades de poboación desaparecidas". O problema será, sen dúvida, as fontes. Seguro que, para alguns concellos, hai estudos editados; senón, haberá que confiar en informantes locais (como no caso de Castro de Rei de Gerardinho2000. --Xosé (✉) 16:12, 11 novembro 2006 (UTC)
Leitura interesante: este artigo.--Xosé (✉) 16:14, 11 novembro 2006 (UTC)
  • O expresado por Miñato corresponde ao procedemento seguido na Galipedia: o nomenclátor é a fonte para a toponimia e o padrón para a poboación. Iso quere dicir que os nomes das entidades de poboación deben proceder do primeiro e segundo di Miñato na súa resposta non semella haber contradición no escrito no artigo. En canto aos lugares desahitados, de existir, recollense nos modelos de lugares de cada parroquia tal como se fixo ata agora (sempre segundo a toponimia do nomenclátor). Un cordial sáudo. --Prevert(talk) 17:09, 11 novembro 2006 (UTC)
    • (Isto não é comentário a Prevert, mas a tod@s) É que tal e como está redactado (X habitantes em X entidades de população) parece estar-se afirmando que apenas há essas entidades de população. Pour outra parte, nem todos os núcleos estão realmente desabitados (pode viver neles gente empadroadroada noutros lugares). No caso da freguesia de Begonte que utilizei como exemplo, não podemos assegurar quais são os núcleos realmente desabitados: precisaríamos informantes locais, e um por freguesia é inabarcável. Acho que a melhor solução é indicar que existe essa diferença entre nomenclátor e padrão (para evitar confusões) e a seguir listar os lugares. Pola minha parte, vou reverter as três edições que figem. Saúdos.--Gerardinho2000 17:27, 11 novembro 2006 (UTC)
Se o nomenclátor di que hai quince lugares nunha parroquia son os que temos que considerar, se o padrón di que en determinada parroquia hai 300 habitantes son os que hai. Xa sabemos que pode ocorrir que o padrón teña erros e que no nomenclátor tamén se dera o caso. Pero a Wikipedia non pode ser fonte primaria, polo tanto temos que recorrir a esas fontes para recoller a toponimia e a poboación. Se hai contradición entre a toponimia do nomenclátor e a do padrón, ou calquera outra fonte prevalece a primeira. En canto a usar o nome freguesía por parroquia penso que pode levar a confusión, posto que as acepcións de freguesía inciden sobre o cáracter relixioso e parroquia pola contra inclúe o aspecto de "...unidade básica de división territorial de Galicia...". Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:44, 11 novembro 2006 (UTC)
    • Acho que não nos entendemos. Concordo com o que dizes. Eu apenas pontualizo que devemos (ou deveríamos) explicar isso mesmo nos artigos. Por exemplo, alguém que leia que a freguesia tal tem 300 habitantes repartidos em 10 núcleos de população, pode pensar que a freguesia tem realmente esses núcleos e não reparar em que pode haver mais e que estão desabitados (mas continuam a existir, porque segue havendo casas, leiras, etc.). Em nenhum momento dixem que a Wikipédia fosse fonte primária (nenhuma enciclopédia o é). O que quero dizer é que nos artigos se diga "a freguesia de Fulaninhos tem 485 habitantes repartidos entre 10 núcleos povoados. Por outra parte, a freguesia compõe-se de 17 núcleos de população, que são: Fulaninhos de Riba, Fulaninhos de Baixo, etc.". Fica melhor explicado assim? Por outra parte, a palavra "freguesia" provém de "freguês", e "parroquia" provém de "párroco", assim que estamos ao mesmo nível, o religioso, porque estas entidades são de origem religiosa: uma igreja = uma paróquia. --Gerardinho2000 23:48, 11 novembro 2006 (UTC)
  • Nises problemas tamén me atopei eu o creares a información de Ribadeo, Abadín e Baleira. Das cales podedes seguir a estructura de creación. Cotexando os datos do noménclator da Xunta, e os do IGE, acho que existen poboacións nun lado que non figuran no outro. Aquí é donde debe de entrar en xogo outras cousas. (poboacións nas que o IGE dí que ai "0" habitantes e, lugares -os cales poden pertencer a unha poboación ou estar illados-). A sucerencia que escollin daquelas (e que pode server hoxe sen problemas) é darlle preferencia as poboacións habitadas (se no IGE figuran "0" de poboación - ponse abandonada- e o resto das que vexamos engadimolas como lugares. Tedes exemplos nos tres concellos que acabei de sinalar (sobretodo nos dous derradeiros).--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 20:59, 11 novembro 2006 (UTC)
  • Gerardinho2000, quizais con este exemplo vexas mellor o que quero dicir. En Lugares de Alfoz están os modelos con todos os lugares de cada parroquia, na páxina desta parroquia Adelán, Alfoz pode verse no fondo o modelo de lugares da parroquia e de parroquias do concello. Aí recóllense todos os lugares (habitados e deshabitados procedentes do nomenclátor), outra cousa é que se faga algunha mención no texto do núcleo deshabitado (aínda que iso podería requerir certas consideracións). Pode que a confusión veña de que temos moitos artigos de parroquias sen o modelo de lugares. En canto ao tema de freguesías e parroquias, non son o mesmo e en moitos casos non coinciden, incluso nas cidades emprégase o termo parroquia como división territorial cando a palabra para designalo podería ser outra. En canto a definición no dicionario diferencia un termo doutro, sendo parroquia máis amplo que freguesía. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:55, 13 novembro 2006 (UTC)
  • Sinto non ter lido isto antes porque teño datos que ó mellor aclaran este tema. Traballei bastante con macrotoponimia (a raíz diso fixen os famosos mapas que algún día me dedicarei a subir) e xa tiven problemas mesmo só coas parroquias. Do que me dixeron do SITGA (levan o nomenclátor) resumo:
  1. que eles, que fan as cousas dende aquí, tamén teñen problemas co censo, que o fan dende Madrid e que non teñen nin por asomo as bases de datos preparadas para a estrutura territorial de Galicia
  2. que as parroquias eclesiásticas non están delimitadas xeográficamente: as parroquias da Igrexa defínense polos parroquianos que van sub sino a unha igrexa. Iso depende do que diga o cura pero tamén do costume e intención dos parroquianos. No casos das administrativas si hai teoricamente unha delimitación xeográfica (a que eu uso nos mapas), e moita xente de moitos concellos leva as mans á cabeza cando lle ensino os mapas do seu lugar, pero é a que hai (polo de ser fonte primaria)
  3. no SITGA teñen unha práctica distinta, creo que é a recollida no nomenclátor: as entidades de poboación (lugares) están asignadas relacionalmente a Entidades de poboación maiores. Poida que pouco real no sentido de pertenza dun sitio a outro, pero bastante práctica e en boa medida baseada no coñecemento dos bolseiros que fixeron o traballo de campo (puideron trabucarse, pero os datos son oficiais). Por iso debe haber menos no nomenclátor ca no censo.
  4. sei que a pertenza dun ou doutro lugar a Entidade de poboación, EPM e parroquia é fonte de controversia identitaria ou económica para os seus habitantes (e mesmo para concellos: léase Burela ou A Illa de Arousa ;D), pero a verdade é que Prevert tén razón: non podemos inventar datos.
  5. solución?: facer constar os datos das dúas fontes tal e coma están e especificándoo (se hai incongruencias, que o saiba o lector): "O censo dá A habitantes en B poboacións/lugares, mentres que no nomenclátor aparecen C entidades de poboación/lugares". Isto informa máis que dar só un dato. Se somos extensivos e sistemáticos e o facemos moi ben, isto ata pode servir de toque de atención ás autoridades que corresponda.
  6. polo nome de parroquias, tamén deberiamos respectar as fontes primarias, que é o que usan.
  7. non vivo no rural, pero sei que todo isto dá problemas. Como medida de respecto ós seus habitantes ou de reflexo da realidade, poderíanse facer se se chegase ó acordo unha segunda caixa de navegación para os lugares do censo e poñela debaixo da do nomenclátor. Este problema de inconcordancias tiña que saír antes ou despois, o que me estraña é que non aparecese antes. A min deume problemas en 19 dos concellos de Lugo só a nivel de parroquias nun concello, así que para os lugares xa non quero nin pensalo. E máis cando hai parroquias, tanto administrativas coma eclesiásticas, que presentan o seu territorio dividido en dúas superficies disxuntas estilo Rincón de Ademuz ou condado de Treviño. O que propoño é a única solución que se me ocorre.

Thanx. --Sobreira (parlez) 15:16, 1 decembro 2006 (UTC)

Axiña 20.000 artigos, por favor retrasade un pouco a creación de artigos[editar a fonte]

Estamos preparando o material relacionado cos 20.000 artigos e necesitamos máis tempo. Se podedes retrasar a creación de artigos un par de días viríanos moi ben. Pódense crear nunha subpáxina no espazo personal provisoriamente e despois xa se moveran ao espazo de nomes principal (o dos artigos). Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:47, 30 novembro 2006 (UTC)

  • E que material vai a ser? Pícame a curiosidade.--AlberteSi, digame? 21:18, 30 novembro 2006 (UTC)
  • Jejejejeje, a mín tamén pícame....Un logiño conmemorativo caerá? Bueno, que iso, que oído cociña. :P--Fryant 21:41, 30 novembro 2006 (UTC)
  • O certo é que o tempo se botou enriba e non se puido preparar nada antes. Hai varias liñas nas que se estivo falando, pero como aínda non hai nada concreto non quixen dicir nada que non se fora a cumprir. En todo caso será benvida calquera idea, suxerencia ou colaboración. De feito algunhas das ideas requiren da axuda de numerosos colaboradores. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:18, 30 novembro 2006 (UTC)
  • Eu tamén teño curiosidade jeje. Creo que non vou poder durmir durante estes días coa emoción. Ah, e se precisades dunha man para axudar podedes contar comigo. Un saúdo. Beninho 01:42, 1 decembro 2006 (UTC)
  • Por favor que algún administrador borre os artigos da categoría limpar, estou marcando como lixo artigos con redireccións inexistentes e iso parece que aumenta a contaxe de artigos.--Miñato 21:55, 1 decembro 2006 (UTC)
Xa me puxen a facelo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:20, 1 decembro 2006 (UTC)

Recuperei unha páxina "histórica" Escribe na area para poñer unha relación dos 284 colaboradores que con máis de 10 edicións contribuiron a acadar os 20.000 artigos na Galipedia, por favor engadide o voso nome de usuario e cantos poidades que cumpran con ese criterio. Ao longo do día intentarei comentar máis cousas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:07, 1 decembro 2006 (UTC) Engadido: os vándalos e aqueles que só editaran na súa páxina de usuario non cumpren os requisitos para estar na lista, así que quizais a cifra sexa algo inferior a 284. --Prevert(talk) 12:14, 1 decembro 2006 (UTC) Outro engadido: os bots tampouco contan, hai 16 rexistrados e algún máis sen rexistrar. --Prevert(talk) 16:38, 1 decembro 2006 (UTC)

Revisión[editar a fonte]

Unha cousa de moita axuda sería revisar aqueles artigos que poidan ter maior número de visitas, para localizar erros, corrixir formato, incluír novos datos, etc. Sería moi útil se podedes botar unha ollada naqueles artigos que vexades que deban ser verificados. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:59, 1 decembro 2006 (UTC)

Creación de artigos[editar a fonte]

Trasladei os artigos que estaban pendentes de mover ao Galizionario, e iso permite dispoñer dalgún tempo máis, polo tanto xa se pode volver a crear os astigos no espazo principal (e mover aqueles que estean pendentes no espazo personal). Moitas grazas a todos pola axuda. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:29, 2 decembro 2006 (UTC)

20.000: Felicidades[editar a fonte]

Es la una de la noche del 6 de diciembre y veo en el contador 20.003. Felicidades por haber llegado a los 20.000. Un cordial saludo desde es: (perdonad, pero no hablo gallego) --Ecemaml 00:01, 6 decembro 2006 (UTC)

Gracias. --Prevert(talk) 01:08, 6 decembro 2006 (UTC)
Gracias.--Lmbuga Commons - Galipedia 18:13, 6 decembro 2006 (UTC)