Trofeo Jari Kurri
Tipo | premio deportivo ![]() |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo ![]() |
Epónimo | Jari Kurri (pt) ![]() ![]() |
Localización e Datas | |
País | Finlandia ![]() |
Vixencia | 1994 – ![]() |

O Trofeo Jari Kurri (en finés Jari Kurri -palkinto) é un galardón individual entregado anualmente pola máxima competición de hóckey sobre xeo de Finlandia, a SM-liiga. O premio foi outorgado por primeira vez na tempada 1993-94 e recoñece o mellor xogador durante os play-offs. O gañador é elixido pola Jääkiekon SM-liiga Oy. É similar ao Trofeo Lasse Oksanen, entregado pola liga cada ano ao mellor xogador da liga regular, e ao Kultainen kypärä (en galego casco dourado) entregado pola Asociación de Xogadores ao mellor xogador da SM-liiga.[1] Recibe o seu nome en honor do ex xogador de Jokerit e varios equipos da National Hockey League (NHL) Jari Kurri.
Nome
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Jari Kurri.
Como ocorre con outros trofeos individuais da SM-liiga, o Trofeo Jari Kurri recibe o seu nome en honor a unha personalidade destacada da historia do hóckey sobre xeo finés. Este trofeo foi nomeado en honor ao ex xogador Jari Kurri, quen comezou a súa carreira como xogador no Jokerit de Helsinqui na SM-liiga, e posteriormente competiu na National Hockey League (NHL) vestindo a camisola de Edmonton Oilers, Los Angeles Kings, New York Rangers, Mighty Ducks of Anaheim e Colorado Avalanche. Kurri foi ademais internacional coa selección finesa e é considerado o mellor xogador finés da historia, sendo membro do Hockey Hall of Fame dende 2001 e dos Suomen Jääkiekkoleijonat (introducido co número 113), e foi considerado como un dos 100 Mellores Xogadores da NHL.[2][3][4]
Historia
[editar | editar a fonte]O Trofeo Jari Kurri entregouse por primeira vez na tempada 1993-94, e o primeiro xogador en conquistar o trofeo foi Ari Sulander, do Jokerit de Helsinqui, que se proclamou campión finés ese mesmo ano por terceira vez na súa historia.[1][5] Tan só Niklas Bäckström gañou o trofeo en máis dunha ocasión, conseguíndoo dúas veces de xeito consecutivo xogando no Kärpät de Oulu en 2004 e 2005.[6] En 2001 Jussi Tarvainen converteuse no único xogador que gañou o trofeo sen pertencer ao equipo que se proclamou campión finés.[7][8]
En 1997 Otakar Janecký converteuse no primeiro xogador non nado en Finlandia en recibir o trofeo, e tiveron que pasar nove tempadas ata que na tempada 2005-06 outro xogador non nado en Finlandia, Miika Wiikman, nado en Suecia e con dobre nacionalidade sueca e finesa, recibise o trofeo.[9]
En 2007 o trofeo foi entregado por primeira vez na súa historia logo do partido decisivo da final.[10] Na tempada 2008-09 produciuse un feito estraño, xa que foi a primeira e única vez ata o momento na que dous xogadores recibiron o recoñecemento, xogando ademais ambos na mesma posición e no mesmo equipo, porteiros do JYP Jyväskylä, que se proclamou campión esa tempada por primeira vez na súa historia.[11][12]
O trofeo non foi entregado por primeira vez na súa historia debido a que na tempada 2019-20 non se disputaron os play-offs pola suspensión da Liga por mor da pandemia por coronavirus.[13]
Gañadores
[editar | editar a fonte]

Un total de 27 xogadores diferentes recibiron o Trofeo Jari Kurri dende que este se introduciu na tempada 1993-94:
Trofeo compartido. Tempada cancelada.
Galardóns por equipo
[editar | editar a fonte]Kärpät é o equipo cuxos xogadores gañaron máis veces o trofeo, cun total de seis xogadores distintos galardoados para un total de sete trofeos para o equipo de Oulu. Xogadores doutros sete equipos gañaron o Trofeo Jari Kurri:
Equipo | Nº de xogadores | Total trofeos |
---|---|---|
Kärpät | 6 | 7 |
Jokerit[a] | 4 | 4 |
TPS | 4 | 4 |
Tappara | 4 | 4 |
JYP | 3 | 3 |
HIFK | 2 | 2 |
HPK | 2 | 2 |
Ässät | 1 | 1 |
Lukko | 2 | 2 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jokerit deixou a SM-liiga na tempada 2013-14 para pasar a competir na Kontinental Hockey League a partir da tempada 2014-15.[17]
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 24 de marzo de 2020.
- ↑ "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 8 de xaneiro de 2020.
- ↑ MacKinnon, John. "Jari Kurri: 100 Greatest NHL Players" (en inglés). NHL.com. Consultado o 22 de marzo de 2020.
- ↑ Blevins, Dave (2012). The Sports Hall of Fame Encyclopedia (en inglés). Rowman & Littlefiel. p. 550. ISBN 9780810861305. Consultado o 22 de marzo de 2020.
- ↑ "JOKEREIDEN SAAVUTUKSET" (en finés). Jokerit.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2020. Consultado o 1 de abril de 2020.
- ↑ Seppänen, Antti (10 de xuño de 2016). "Niklas Bäckström ja Juhamatti Aaltonen HIFK-paitaan" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 24 de marzo de 2020.
- ↑ "2000-01 SM-liiga Playoff Results" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 24 de marzo de 2020.
- ↑ "2000-01 Tappara Tampere roster and statistics" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 24 de marzo de 2020.
- ↑ "STEWART SECURES WIIKMAN" (en inglés). Coventry Blaze. 15 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2020. Consultado o 2 de abril de 2020.
- ↑ "Janne Pesonen playoffsien paras pelaaja" (en finés). Liiga.fi. 12 de abril de 2007. Consultado o 23 de marzo de 2020.
- ↑ Seppänen, Antti (2 de febreiro de 2018). "Perinnesarja, osa 36: JYP vihdoinkin Suomen mestari 2009" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 23 de marzo de 2020.
- ↑ "Briefly in English" (en inglés). JYP Jyväskylä. Consultado o 1 de abril de 2020.
- ↑ "Liiga kausi päättyy välittömästi" (en finés). Liiga.fi. 13 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 22 de marzo de 2020.
- ↑ "Jari Kurri -palkinto" (en finés). SM-liiga.fi. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2013. Consultado o 01 de marzo de 2020.
- ↑ "Näin Liiga palkitsi kauden parhaitaan – Kärppien kultaluotsista vuoden valmentaja" (en finés). kiekkoareena.fi. 2 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2018. Consultado o 24 de marzo de 2020.
- ↑ "LIIGAN PALKINTOGAALASTA USEITA HUOMIONOSOITUKSIA TAPPARALLE" (en finés). Tappara.fi. 9 de xuño de 2022. Consultado o 13 de xullo de 2022.
- ↑ "Jokerit Helsinki Statistics and History [KHL]" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 24 de marzo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web da Liiga (en finés) (en inglés)