Wikipedia:A Taberna (xeral)/Arquivo 10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26

Que diaño pasa co Google?[editar a fonte]

Levo xa semanas, case diría mese, fixándome que as páxinas en galego e por ende a Galipedia está a ser postergada nos resultados da procura no Google. Así, cando hai meses pescudabas por algo relacionado con Galiza sempre aparecía o artigo da galipedia (de houbelo) nos primeiros postos, mais agora éche moi distinto. Se poño Castelao o primeiro que aparece é a ligazón da wikipedia española e a da Galipedia non aparece até os resultados 41-50. Tamén probei outro persoeiro do que adoita haber menos información en páxinas españolas e o primeiro resultado é a wikipedia española e a galipedia non aparece até o resultado 21-30. Podedes probar con calquera cousa (dificilmente a Galipedia aparecerá entre os 10 primeiros resultados). Non cabe dúbida que é preocupante, xa que supoño que a meirande parte da xente que entra na Galipedia na pescuda de información faino vía Google. Alberte Si, dígame? 03:27, 4 xaneiro 2009 (UTC)

  • Creo que depende da configuración que teñas do Google. Procurando Castelao en Google España en galego a min o artigo da Galipedia aparéceme de terceiro tras dous resultados do museo Castelao, procurando Castelao en google España en castelán aparéceme no posto 43. En Google en inglés non o atopei polo que debe aparecer moi abaixo nas buscas. En Google Portugal coa interface en galego a páxina da Galipedia aparece primeira e coa interface en portugués non a atopo e en google de Alemaña terceira coa interface en galego e de 38 en alemán. Eu diría que Google amosa menos páxinas das wikipedias, lembro que antes procuraba case calquera cousa (que non fora dos temas máis buscados) e entre as primeiras páxinas aparecían tres ou catro wikipedias, supoño que os de Google pensarían que era demasiado e restrinxen nas primeiras posicións a unha wikipedia ou dúas como moito--Biógrafo 09:18, 4 xaneiro 2009 (UTC)

Cultivo do liño[editar a fonte]

Quixera saber como engadir un novo apartado no índice do "liño" que se titule "o cultivo do liño". (O anterior comentario fíxoo Cprieto 22:53, 21 xaneiro 2009, pero esqueceu asinar.)

  • Tes que lle dar a editar e logo podes utilizar o A grande que aparece nos símbolos de edición (o quinto pola esquerda) para crear a cabeceiras. Unha vez que teñas o texto escrito daslle abaixo en Gardar a páxina (as primeiras veces que graves pódeche pedir que lle deas a Mostrar a vista previa antes de gardala) (Tamén o esqueceu Biógrafo 22:57, 21 xaneiro 2009.)

Referencias personales[editar a fonte]

Hola: Quero editar una ampliación sobre o liño baixo o título "traballos do liño", ¿podo engadir este aapartado no que xa está feito e podo asimesmo facer algunha referencia aos nomes das persoas que me facilitaron a meirande parte da información?

  • Por suposto que podes engadir información nese apartado. E claro que podes dar referencias (de feito, cómpre facelo), pero estas deben ser verificables, o que quere dicir que poidan ser comprobadas por calquera. Isto é, citar os libros, publicacións, páxinas web, etc. de onde sacaches a información. Saúdos e bo traballo! --Toliño Fala aquí comigo 17:52, 28 xaneiro 2009 (UTC)

Artigo "Francia"[editar a fonte]

Hoxe non se me carga o artigo Francia. Dime que "Queda un elemento..." e de aí non sae. ¿Alguén máis ten este problema? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:10, 29 xaneiro 2009 (UTC)

Eu míroo ben. Serán cousas de windows, seguramente. Alberte Si, dígame? 21:07, 29 xaneiro 2009 (UTC)
Se usasedes Linux... ;-) --GallaecioE logo? 15:39, 30 xaneiro 2009 (UTC)

Boas! Gustaríame saber se a algúns dos que usades RSS coa Wikipedia (descubrín que se podía vixiar os cambios en páxinas concretas hai pouco) vos pasa o que a min. E é que vexo que me chegan mensaxes ao RSS de cousas que xa me chegaran anteriormente, e que xa lera, e marcara como lidas. A alguén lle sucede isto ou sabe como evitalo? Moitas gracias. --GallaecioE logo? 14:50, 6 febreiro 2009 (UTC)

Non che podo dicir... eu teño RSS de páxinas novas, unicamente... E a min, con esas, non me pasa. --Xabier Cid Conversa 18:17, 6 febreiro 2009 (UTC)

Lingua Escocesa.[editar a fonte]

Em todas as outras wikipedias, o nome lingua escocesa se da a lingua celtica, o gaidhlig, e scots se da a lingua germanica, inclusive na Escocia se chama scottish a lingua celtica e scots a lingua germanica. O usuario Xavier Cid insite em colocar que a versao dele é a certa, e ainda amenasa a me bloquear. --Santista1982 16:59, 7 febreiro 2009 (UTC)

  1. A wikipedia non é unha fonte primaria.
  2. En Escocia, a lingua céltica chámase gaelic, e a xermánica Scots, que significa, literalmente, escocés.
  3. En galego a denominación é lingua escocesa, entre outras cousas porque scots non é unha palabra galega.
  4. Entraches provocando, descualificando artigos e atacando outros editores. Como che expliquei as regras, fuches contra un artigo que editara eu. Iso chámase estorbar ou to disrupt e como persistas así serás bloqueado. Non é unha ameaza. É unha norma. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 17:03, 7 febreiro 2009 (UTC)
Vou parar por aqui, teu dever aqui non é ameazar e bloquear usuarios, e sim reverter vandalismos. Sabes que estas ERRADO e eu estou CERTO, para mim basta isto. E outra, nao estou provocando, descualificando ou atacando ninguem. Bem que o Lansbricae e o Maanon me avisaram para tomar cuidado que por aqui havia um ambiente ditatorial. --Santista1982 17:11, 7 febreiro 2009 (UTC)
ninguén está errado ou certo. Se queres facer cambios, deberías achegar referencias. Se insistes en facer cambios sen achegar referencias, pode ser considerado vandalismo. Un saúdo --Xabier Cid Conversa 17:19, 7 febreiro 2009 (UTC)
Isto non é ditadura ningunha. E o que deberías comprender, Santista1982, é que tampouco é unha anarquía. A comunidade enteira establece unhas normas de convivencia e de actuación, e has de respectalas como facemos todos. Agora, se estás seguro de que Xabier non está no certo, fai o que has de facer nun caso coma este, e achega unha referencia fiable que che de a razón a ti. Non vas atinar simplemente porque o escribas con maiúsculas. Xabier está actuando como ten que facelo. --GallaecioE logo? 18:00, 7 febreiro 2009 (UTC)
Sen repetir o que dín Gallaecio e Xabier.Cid estando dacordo con eles, engado que Santista1982 non coida moito o que di para permitirse decir : "Sabes que estas ERRADO e eu estou CERTO, para mim basta isto."
A ver comprobemos a boa fé do inicio da conversa :
  • Santinista1982 di :
Em todas as outras wikipedias, o nome lingua escocesa se da a lingua celtica, o gaidhlig, e scots se da a lingua germanica...

eso comprobase ben na wiki en francés fr:Écossais para ligua celtica e fr:Scots para lingua xermanica, pero non se comproba nas wikis en castelán es:Escocés (lengua germánica) (e es:Gaélico escocés para celtica) , en aragonés an:Idioma anglico escozés (e an:Idioma gaelico escozés para celtica) e en italiano it:Lingua inglese di Scozia (e it:Lingua gaelica scozzese para celtica) : na wiki en portugés hai pt:Scots para lingua celtica e para a xermanica pt:Língua gaélica escocesa... e na Galipedia estan as cousas ben esplicadas e aclaradas , se as queres mellorar Santista1982 tes que remater un concenso razoando, achegando fontes, falanado con máis respeto e non basearte berrando as tuas "certezas".

  • Quedache Santista1982 por pedir desculpas a Xabier.Cid, de non ser asi, a ver se pasa outro administrador para bloquearte un pouco tempo e polo tanto darche tempo a que penses no que estas a fazer. Non penso que se poidan aceptar estos xeitos de impór verdades, tratando a outros de ditadores. Saúdos ElviraConversa comigo 21:28, 7 febreiro 2009 (UTC)


Santista1982 ten moitísima razón. Eu tamén fun ameazada de bloqueo por algo tan light como expresarme en contra dun artigo que ao meu entender era e é horrible. Isto ten bastante de ditadura, vexo que hai 3 ou 4 que monopolizan as edicións e as opinións.--Kim 23:00, 7 febreiro 2009 (UTC)

Ola, Kim, que tal? Vexo que só apareces en ocasións moi contadas, pero iso xa che dá pé a expresar xuízos dese tipo. Convídote a que veñas máis, traballes máis e comprobes que iso non é certo. Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 23:03, 7 febreiro 2009 (UTC)
Me paro aqui con a discussion, digo apenas uma cousa, participo desta wikipedia desde 2006, e criei varios artigos e mellorei varios artigos sobre a Galicia na wikipedia em portugues e em italiano. Nunca vandalizei nada por aqui para merecer ser bloqueado. Sempre me mantive afastado das discussions, a wikipedia em portugues e em italiano eran como esta no comezo, cheio de administradores (ditadores) esquerdistas que ameazavan e bloqueavan qualquer usuario que non los agradaban, pero hoje en dia non es mais assim, e a Galipedia un dia tambem sera livre. Se querem me bloquear por dizer a verdade podem faze-lo. Sobre o que a Elvira disse, ela mesmo esta dando razon a mim, en nenhuma outra grande wikipedia "lingua escocesa" refere-se ao "Scots", non tenho mais nada a dizer. Saudos. --Santista1982 02:42, 8 febreiro 2009 (UTC)
Polo que se pode ver nas túas edicións, si que levabas colaborando dende hai tempo coa Galipedia, e sen vandalismo de ningún tipo cometeras polo menos unha edición vandálica, na que chamabas "drogata" a Ernesto Guevara. Pero iso foi en maio, e xa choveu. Así e todo, dita edición merecería un bloqueo (e o digo eu, que non son partidario dos bloqueos). Porén, coido que non fuches bloqueado. Se o fuches, non pretendas facerte a vítima. Chamar "drogata" a unha personaxe é vandalismo, no contexto en que o fixeches e en calquera outro. E aínda que tiveses usado "drogadicto", seguiría sendo vandalismo. En fin, non creo que vaias defende-la túa actuación.
Todo este último (e espero que derradeiro) conto comezou coa túa edición na conversa do artigo Fidel Castro, en que criticabas a non neutralidade do mesmo. Tras unha mirada por riba do artigo, creo que estás no certo. Pero o que tiñas que facer, sabendo que o artigo non era imparcial, é modificalo de xeito que si que o fose, ou en todo caso deixar unha mensaxe na conversa avisando do problema se te vises incapaz de editalo sendo imparcial e obxectivo -como creo que é o caso dada a túa mensaxe na conversa do artigo-. Nela chamas "esquerdistas" e "comunistas" aos que escribiron ese artigo, e o do Che Guevara, e arremetes contra Fidel. De novo, pode que esteas atinado no contido, pero estás completamente errado nas formas. Con ese comentario puxécheste certamente ao nivel daqueles aos que criticas. Chamaches esas cousas aos editores dos artigos, sen pensar que ao mellor algúns -coma Alberte- adicáronse a quitarlle "non neutralidade" ao artigo.
En fin, logo metícheste con Alberte, e remataches nunha guerra de edicións con Xabier. Coido que ningún dos dous aportou argumentos e referencias, polo menos ningunha que ao meu ver sexa realmente válida. "Está así nas outras wikipedias" non é un argumento, xa que é frecuente que os artigos de todas as wikipedias veñan da edición en inglés, e se arrastren dela os erros, e hai cousas que poden ser atinadas en inglés, non así noutras linguas. Sendo ti quen modificou o artigo e non Xabier, Santista, es ti quen tiña que aportar referencias que che desen a razón, e posto que o teu único argumento é o que xa citei, non fixeches tal. E Xabier estaba no certo dende o punto de vista de que "scots" era escocés.
Por último, hei dicir que non considero correcta ningunha das posturas. Eu non lle chamaría nin lingua escocesa nin scots, o primeiro porque non é de todo correcto, xa que o gaélico escocés tamén é escocés, e o segundo porque nin sequera é galego. Coido que o correcto é Lingua xermánica escocesa, na liña de Lingua gaélica escocesa. E ao estilo da wikipedia en catalán, unha páxina Lingua escocesa que ligue a ámbalas dúas. O meu argumento non é o feito de que estea así en ningunha wikipedia (catalá e aragonesa, por exemplo). É que é indiscutible que ámbalas dúas son linguas escocesas, e é indiscutible que unha é xermánica e outra gaélica. Agora só espero que me deade-la vosa opinión, e lle poñamos fin a esta discusión. --GallaecioE logo? 09:15, 8 febreiro 2009 (UTC)
Concordo coa proposta de Gallaecio para tres artigos, ten o merito de aclarar ben ao lector, mentras que a solución actual non é facil de entender para calquera ElviraConversa comigo 12:31, 8 febreiro 2009 (UTC)
Nunca participei en discusións deste tipo, pois son das que afastan a xente que ten ganas de colaborar, mais un tamén se cansa de ver a usuarios que só queren ver artigos a súa imaxe e semellanza, polo tanto sen obxectividade algunha. É por isto que:
  1. Estou de acordo coa proposta de Gallaecio.
  2. Creo que o usuario Santista1982 debería ter un bloqueo a modo de aviso por insultar e facer caso omiso das regras.
  3. Creo que o usuario Kim tamén debería ter un bloqueo xa que o as súas únicas edicións en artigos son dúas pequenas correccións e dous refráns, o resto é pura discusión. Teño a certeza de que é algún antigo usuario cabreado.
Desde que empecei aquí vin como desaparecían usuarios cunha gran capacidade de traballo, pero tamén cunhas ganas tremendas de meterse en liortas, liortas que se converten en auténticas guerras ó amparo do anonimato. Acaso é tan difícil dedicarse a facer grande este proxecto? O proxecto, e non a nosa vaidade, debería facernos mellores e fachendosos do resultado. --PepedoCouto 18:11, 8 febreiro 2009 (UTC)

Ben, vou clarificar algunhas cousas sobre o concepto de lingua escocesa, pois creo que coñezo ben de preto cal é a súa situación.

  1. Como ben saberedes, e sacando as principais linguas, non hai obras de referencia onde se citen os nomes das linguas en galego. É dicir, non podemos actuar con claridade con respecto a como se chama a lingua oficial en Indonesia: bahasa indonesio, lingua indonesia, lingua común indonesia...? Polo tanto, temos que partir dunha situación onde non hai referencias estables, e onde calquera decisión que tomemos, como no caso dos exotopónimos, podemos ter que mudala nun futuro próximo.
  2. Do que se trata non é de identificar a lingua, pois todos sabemos ao que nos estamos referindo, senón de darlle un nome en galego a esa lingua.
  3. Esa lingua en inglés e mais en escocés chámase Scots, que significa literalmente escocés. Os escoceses para referirse á lingua que se fala nas illas e no estremo noroccidental do país empregan o termo gaelic.
  4. Os nomes das linguas non son equivalentes aos territorios en que se falan. Como ben sabemos, o galego fálase fóra de Galicia e ademais non é a única lingua falada en Galicia. O español fálase maioritariamente fóra de España, e non por iso muda o nome. É dicir, non ten que ver o nome da lingua co nome do país en ningún caso.
  5. En Escocia fálanse tres linguas de forma patrimonial: inglés, escocés e gaélico. Ademais fálanse outras linguas, coma o urdu, que xa foi empregado na xura de cargos no parlamento de Escocia.
  6. Dúas desas linguas son xermánicas, a outra non.
  7. O gaélico fálase en Escocia e nalgunhas comunidades de Canadá e Irlanda. A lingua escocesa tamén.
  8. Temos dúas opcións: ou tentar definir as linguas segundo a súa taxonomía, ou ben tentar definilas a partir do nome que os seus falantes lles dan a esas linguas. Segundo a segunda opción, este idioma debería chamarse lingua escocesa, dado que os seus falantes, e os seus veciños, a chaman así. Segundo a primeira opción, deberiamos chamala lingua xermánica setentrional escocesa, para diferenciala da lingua xermánica meridional escocesa, que non é outra có inglés.

Eu creo que non lle deberiamos dar moitas voltas, recoñecendo a provisionalidade da denominación. En primeiro lugar, o nome de lingua escocesa é o que empregan os seus falantes (sen que por iso crean que é a única lingua de Escocia nin, moito menos, a súa lingua nacional, que consideran que é o gaélico, malia que o falen unha minoría de persoas). En segundo lugar, sería coherente coas denominacións de linguas en galego pois ningunha, nin a primeira, emprega a taxonomía lingüística para a súa denominación: non é a lingua románica de Grecia, senón o arromanés; non é a lingua eslava de Alemaña, senón o sorbio.

Finalmente, non creo que debamos crear un artigo que sexa lingua escocesa con dúas subdireccións, porque iso é pouco neutral. Dende esa perspectiva, serían linguas escocesas as tres, cando menos, que se falan en Escocia, ao igual que serían lingua galega as dúas, cando menos, que se falan en Galicia. Deberiamos reproducir ese esquema en todos os países e territorios? --Xabier Cid Conversa 19:23, 8 febreiro 2009 (UTC)

Bueno, supoño que estás no certo -polo menos de momento ;-)-, así que se ninguén ten nada máis que obxectar... Un saúdo! --GallaecioE logo? 20:20, 12 febreiro 2009 (UTC)

Eu penso que Xabier está no certo, pero non sei se non seria útil de atopar un compromiso de redirecións ou páxinas de homonimía para cun lector median (o cal elle dificila caer no certo) poida navegar. ElviraConversa comigo 16:19, 24 febreiro 2009 (UTC)


Darlle mán a proxectos irmáns : o caso do Galizionario[editar a fonte]

Boas ! O Galizionario ando como un coitado, ainda que bastante activo polo traballo dos bots. A ver se algúns usuarios, e en particular os que son eli administradores poden ir dar unha volta na taberna. Ainda que non traballemos a diaro nil, eu penso que hai eli moito traballo, fai pouco tempo Sobreira engadioulle máis de 5 000 entradas !, podese decir que non é un espantallo xa que supera as 26 000 entradas. Por isto pareceme útil, que non quede sen mantemento regular, semellando un barco abandonado. Gracias os que poidan ir dar unha volta pola taberna. Saúdos ElviraConversa comigo 16:19, 24 febreiro 2009 (UTC)

Categorízación[editar a fonte]

Últimamente estoume a dedicar sobre todo á categorización, ben movendo artigos a categorías máis específicas, ou creando creandoas novas cando fai falla. A proposta de Elvire, deixo aviso no taboleiro para que se saiba qué criterios emprego.

O groso das categorías que creei ata o dagora son subcategoría moi alonxadas das categorías raíz, motivadas polas necesidades organizativas. Así, a Categoría:Mesquitas ou a súa categoría raíz, Categoría:Arquitectura relixiosa musulmá, viñeron pola falla que facía diferenciar as mostras de arquitectura relixiosa por credos. Esta é a clase de categoría que cada usuario vai creando conforme ve que fan falla, e polo tanto non adoito a preguntar antes. O que non quita, coma no caso da categoría Linguas por países, logo foran borradas se resultaran ser pouco operativas. Moitas destas categorías máis concretas son creadas a partir do rexistro de Categorías requiridas.

Cando se trata dalgo de máis enxundia, si que prefiro contrastalo antes. Así pasou coa proposta de categoría raíz Natureza, que polo dagora é o único caso de categoría realmente importante que propuxen. Ben, este é o método que utilizo. Se algúen discrepa dalgúnha categoría en concreto, pódeme deixar recado na miña páxina de usuario, ou ben na páxina de conversa da mesma.

Aprobeito para comentar que deberíamos adoptar un criterio útil para cando houbera que crear unha categoría que, pola súa relevancia, debera ser discutida pola comunidade. Unha opción sería deixar recado aquí, na Taberna (non sei ben en que sección). A outra sería empregar as páxinas de coversa, por exemplo a da categoría na que a eventual iría englobada. Neste punto, gustaríame que os demáis usuarios desen a súa opinión sobre cal é o método que lles parece máis eficaz e rápido para propoñer e crear novas categorías. --Iago 17:41, 19 marzo 2009 (UTC)

    • O traballo sobre as categorías é mui decisivo para calidade da enciclopedia. Non somos o suficiente numero de usuarios para pór en marcha un proxecto global, podrian resultar as decisións corresponder as opinións de catro ou cinco de nós que andamos a interesarnos niste campo, sen abarcar un conxunto suficiente sobre todos temas e con vista global da clasificación do coñocemente. Penso que si quedamos dentro dos criterios xerais de wikimedia e respetando a lóxica do traballo inicial que fixeron os usuarios que iniciaron a Galipedia podemos seguir cos axustes na taberna, nas páxinas de conversa (das categorías, dos oartigos e dos usuarios según o caso). Por outra banda entendo que se categorize consultando a Categorías requiridas, pero por mín cada vez cun usuario engade unha categoría vermella eu borraría, para mín as categorías vermellas desorganizan un traballo metodico e non entendo mui ben que ter un artigo que chama unha categoría vaise crear illico presto a categoría.
      Iago, polo que andas a decir para mín esta ben, agás esa restrinción do uso da categoría Categorías requiridas. Máis esto non impide que utilizando esa categoría poida facerse bóo traballo, xa que para mín é problema de metodo. Bueno esto só é a minha opinion e non un consenso da comunidade.ElviraConversa comigo 20:52, 21 marzo 2009 (UTC)
  • Sobre as categorías requiridas, emprégoo en moitos caso coma algo orientativo. Non creo todo canto se require, xa que moito diso ou é redundante, ou innecesario. Empezar un proxecto global si que sería demasiado ambicioso, pero deberíamos ter un lugar no que ir comentando os cambios que vaiamos fecendo nese campo. Podería ser nalgún dos apartados existentes na Taberna (haberá que acordar cal, para ir sempre ó mesmo), pero creo que sería mellor se contaramos con algo só para iso, coma unha nova sección nada máis que para cuestións de categorización. Por unha banda, sería máis cómodo para os que ímos a usala; as persoas interesadas niso agregamos esa sección á nosa lista de vixilancia, e cando se publique ahí calquera novidade xa estamos avisados. Pola outra, todas as discusións sobre ese tema estarían recollidas no mesmo sitio, co que sería moito máis doado para calquera consultar cómo se foi facendo e porqué. Ollo: non teño nin idea de se é técnicamente complicado crear unha nova sección. Se así fora, tamén podo crear unha subpáxina na miña páxina de usuario, e se no futuro se fai algo así, copiar e pagar o que ali foramos deixando. Opinións? --Iago dime 16:57, 22 marzo 2009 (UTC)
    • Concordo e entendo ben o que di Iago Pillado. A páxina para recoller o "historico" do que se vai facendo poder tamén ser esta páxina de conversa se non hai outra proposta. Elvira[[User

talk:Elvire|Conversa comigo]] 21:18, 22 marzo 2009 (UTC)

  • Si, ese sitio xa nos podía servir. Se os demáis estan dacordo, por min vale. --Iago dime 21:45, 22 marzo 2009 (UTC)

Artigo Caril[editar a fonte]

Deixei isto na páxina de conversa de Caril: Caril é galego? Coido que só é curry, ou se cadra curri. Caril é portugués, pero galego? Non aparece nos dicionarios que mirei nin no catálogo da RAG. A ver quen fai algunha achega ao respecto. Saúdos.--Atobar 11:37, 27 marzo 2009 (UTC)

Coido que tes razón. No digalego e mailo volga ningunha das tres. Supoño que por falta de termo propio, o seu sería coller curry. Un saúdo! --GallaecioE logo? 14:44, 27 marzo 2009 (UTC)
Na Guía de Alimentación (Centro Ramón Piñeiro, 1995), e falta de nome propio, curry. Pedro --Lameiro (conversa) 18:07, 27 marzo 2009 (UTC)

Nomes portugueses en galego[editar a fonte]

Perdoade que moleste. Estaba traducindo o artigo sobre Historia de Portugal e veume a dúbida. Débense traducir os nomes propios portugueses ao galego? Eu deixeinos como João case todos (espero que non se me escapou ningún) pero non se cales son as políticas da Galipedia. --Chabi 09:13, 3 maio 2009 (UTC)

Os nomes propios non se traducen nunca a non ser que sexan de monarcas ou santos.--RNC 09:22, 3 maio 2009 (UTC)
Se son monarcas sí, entendo. --Chabi 16:49, 3 maio 2009 (UTC)

-ción vs. -zón[editar a fonte]

Hola, estaba traduciendo en artículo de Historia de Guinea Ecuatorial y me ha surgido la duda. ¿Cuál de las dos formas es más correcta en gallego ¿gobernación o gobernazón, nación o nazón? También he visto escrito naçom. --Chabi 17:55, 18 maio 2009 (UTC)

Modificacións en Franquismo[editar a fonte]

O Usuario RNC ven de realizar unha serie de modificacións (máis ben eliminación sistemática de información) do artigo Franquismo. Se alguén pode comprobalo, estaría ben. --Norrin_strange (Fala-me) 16:11, 21 maio 2009 (UTC)

  • As edicións de RNC cumpren (coma sempre) os principios básicos da Galipedia de neutralidade, obxectividade, referencia, etc., etc. E aínda por riba explica con detalle e argumentos o que fai. Unha cousa é o que todos (ou case) pensemos do franquismo e outra o que se deba escribir na Galipedia e cómo escribilo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:06, 21 maio 2009 (UTC)
  • Son correctas as edicións de RCN. Eliminou información non referenciada e fixo máis enciclopédico o artigo. Alberte Si, dígame? 17:19, 21 maio 2009 (UTC)
  • Polo de momento digo igual que Lameiro e Alberte ElviraConversa comigo 17:32, 21 maio 2009 (UTC)
    • Home, eu xa vos digo que non o mirei a fondo. Máis si que vin que quitou a táboa de estado desaparecido. Por iso o digo.--Norrin_strange (Fala-me) 18:33, 22 maio 2009 (UTC)
      • Que non che pareza mal Norrim, que eu seiba non hai dubidas sobre o usuario RNC, entón podese pensar que si ti levas o asunto na taberna é en espera dun comentario. Eu nunca pensei que acusabas RNC de nada, ti tamén eres un usuario honesto, eu pensei que querias unha opinion da comunidade. Eu espreseime pensando fazer ó que ti necesitaba. Non pasa nada Norrim. Saúdos a todos ElviraConversa comigo 10:56, 31 maio 2009 (UTC)

Estranxeirismos[editar a fonte]

Ó le-lo artigo acabado de crear sobre a Operación Triunfo veume á cabeza un problema vello que temos e que creo que estamos esquecendo. Damos chance a demasiados estranxerismos que probablemente sexan facilmente prescindibles. Nun rápido vistazo podemos ver que a Operación Triunfo é un reality show, que Rafael Nadal é o número 1 do mundo no ranking, que a música viña en Long Play (que xa dicimos que “en galego: Longa duración”), con ou sen forma stereo (erro por estéreo). Hai quen lles fai tuning ós coches e come fast food (redirixida a Comida rápida) ou Slow Food. Comunicámonos por e-mail (redirixido a correo electrónico) e aprendemos por e-learning (redirixido a teleformación). O campo semántico da informática está preñado de anglicismos. Sei que moitos deles son xa inamovibles e mesmo están sancionados no VOLGa, adaptados ou calcados, pero moitas outras veces poderiamos -e deberiamos- buscar unha forma galega coa que designar estas realidades. Outro problema paralelo é a presenza de lusismos e castelanismos nos artigos, consecuencia de traducións pouco coidadosas (cando non doutros intereses).

No caso dos títulos dos artigos habería que ser especialmente rigorosos, no sentido de que o artigo principal sempre debería utiliza-la forma galega, e deixando o anglicismo -que quizais será como se buscaría habitualmente- como redirección, nos casos nos que se considere necesario. Facémolo por veces, pero de forma irregular e habería que sistematizalo. Logo, no texto, as palabras ou expresións en inglés deberían ir marcadas en cursiva, tal como se aconsella no Libro de estilo e que se esquece demasiadas veces.

Pensade nisto porque quizais se faga necesaria unha páxina de axuda cos estranxerismos e as solucións preferibles. Pedro --Lameiro (conversa) 14:16, 23 maio 2009 (UTC)

  • Concordo Non podo estar máis de acordo co que di Lameiro. Aínda que supoña un traballo extra, coido que sería fundamental estabelecer un criterio rigoroso que deixe á marxe os estranxeirismos sempre que haxa unha forma propiamente galega. Nos casos en que a RAG recoñeza o estranxeirismo, eu, persoalmente, son da opinión de 'galeguizar' sempre que sexa posíbel. Así, por exemplo, malia que o VOLGA recolla récord eu opto por marca. Dado que estou convencido do poder docente da Galipedia, iría máis aló dos meros estranxeirismos. Sería bo ter unha listaxe de termos de preferencia. Así, por exemplo, poderiamos recomendar estadía no canto de estancia, febleza no canto de debilidade, cadaquén no canto de cada un, lembrar no canto de recordar, ou o propio no canto de no canto de en vez de. Cousiñas sinxelas, sen lle facer dar ao avión unha volta de campá. Amais, evidentemente, a modo de recomendación, non como obriga. Sería unha axuda a maiores para os novos galipedistas e tamén para os de vello. O dito: forma galega fronte a estranxeirismo e creación dunha listaxe consensuada de formas preferenciais mais non obrigatorias.--Atobar (conversa comigo) 14:33, 23 maio 2009 (UTC)
    • Este Atobar non dá puntada sen fío ;) pero ten razón na ampliación da proposta. Logo virá -que xa nos imos coñecendo todos- con que ... xa que é a forma recomendada, cambiémo-lo texto por "cambiemos o texto". E terá razón, unha vez máis. ¿Cando nos poñemos? Pedro --Lameiro (conversa) 14:42, 23 maio 2009 (UTC)
Pedriño, eu polo de agora vou apuntando palabras que van saíndo nunhas notas que teño pola casa. Cando teña clara a forma de enfocar a proposta, ben sabes que non me andarei con medias tintas. Non obstante, aínda estou en período de reflexión; réstanme cando menos un par de semanas até vos plantexar unha proposta con listaxe e todo. E logo! Entrementres, convídote a que tamén ti -e todos- vaias tomando nota dos termos que coides preferenciais, pois o do consensdo vai ser fundamental. E, por suposto, aproveito a ocasión para te lembrar que cómpre estar á úlima, xa vai tardando ese ao, veña, home, que o ó-á-ós-ás é do primeiro fraguismo! Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 15:19, 23 maio 2009 (UTC)
No asunto dos estranxeirismos concordo bastante con Lameiro, o que xa non entendo é a proposta de Atobar, non sei se entendín ben pero o que propón é que baseándose nos gustos persoais dos galipedistas deamos preferencias a unhas formas sobre outra, con que argumento? ou dito doutra forma para que temos que lle dar preferencia a unha formas sobre outras se as dúas son igual de galegas e son correctas; de verdade a non ser que haxa algunha referencia que indique o contrario debilidade é tan galego como febleza, recordar e lembrar son iguais de galegas, hoxe busquei ou procurei algunha fonte que dixese que amoreamento é máis galego ca acumulación e non a atopei. Todas as linguas teñen sinónimos, eliminalos é unha perda da riqueza da propia lingua. Entendo que se dea preferencia a formas, palabras... se detrás hai algún tipo de referencia que indique que se debe preferir unha ou outra forma (a propia normativa, obras lexicográficas, a RAG, obras de referencia, etc.), só nese sentido tería sentido ese tipo de listaxe pero crear unha cos nosos gustos non o entendo.--RNC 19:34, 23 maio 2009 (UTC)
    • Seica metín dúas agullas por un mesmo furado ao entremeter na cuestión plantexada por Lameiro acerca dos estranxeirismos outra cuestión, a dunha revisión de certos puntos lingüísticos, a cal se cadra non souben explicar. Tiremos polo de agora o que dixen, se ben non é o que comprendeu RNC, quen ten razón cando di que febleza e debilidade ou recordar e lembrar, en efecto, son igual de galegas as unhas ca as outras; eu falaba máis ben da posibilidade de crearmos un inventariado de palabras tiradas de etimoloxías distintas con similares significados (entre outras cousas), sobre todo pensando naqueles galipedistas menos afeitos ao galego. Coido sinceramente que pode servir de axuda. Sería máis semellante a unha listaxe de axuda (en concordancia coa normativa vixente, sen desbotarmos nada, e tendo en conta o enormemente complicado de lle pór marco a iso da 'galeguidade'). De calquera maneira, namentres non faga a proposta, non deixa de ser máis ca un barullo de ideas que me roldan pola croca. Insisto: xa o exporei no seu momento. Centrémonos no tema dos estranxeirismos. Saúdos e perdón por desviar a cuestión.--Atobar (conversa comigo) 20:02, 23 maio 2009 (UTC)

Borrado de páxinas[editar a fonte]

Hola,entrei hoxe e vin que borraron o meu artigo.Xa puxera a paxina e o manual de onde saquei a informacion,asi que non sei se habera algun problema outra vez.Un saudo.--Nimovich 18:50, 28 maio 2009 (UTC)

Hola lameiro.Gracias pola resposta.Farei os cambios pero ando mal de tempo asi que vos pido que me deades un pequeno plazo.Un saudo. (Este comentario fíxoo Usuario:Nimovich (baixo a IP 213.60.71.144) os 28.05.2009, ás 21:43, pero esqueceu asinar)

  • Deixo corrixido a grandes trazos o artigo da Toxicidade do paracetamol. Espero que sirva de modelo para que Nimovich e os demais usuarios que están a traballar con estes temas. Por favor, agora que xa hai un artigo guía, cinguídevos á súa estrutura, porque vexo que outros usuarios seguen editando outros artigos verbo da toxicidade, prescindindo por completo do Libro de Estilo. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 21:44, 30 maio 2009 (UTC)
    • Atobar, aprecio moito o teu espirito de colaboración para animar os usuarios que andan con este tema da toxicidade. Pero para mín, con vista mís xeral sobre a fiabilidade da Galipedia, penso que nestas formas deberianse borrar. Andoo espresando polos artigos. Non sera o meu xeito moi adecuado pero é de boa fé. Claro estaría ben esplicalo polo miudo a eses novos usuarios, pero si a comunidade concorda para mantelos ...ElviraConversa comigo 09:42, 31 maio 2009 (UTC)
Boa noite, Elvira. Teño entendido que se trata dun grupo de estudantes de farmacia ou algo similar que están pasando os seus traballos á Galipedia por iniciativa do propio profesor. En tal caso, problemas de copyright non debería de haber. Por outra banda, tal cal quedou o da Toxicidade do Paracetamol, coido que si é valido para a Galipedia. Ben é certo que se cadra cómpre limpar algúns pedazos de texto, pero grosso modo non vexo que problema pode haber. Con todo, a ver se dunha vez os editores seguen as pautas do libro de estilo, porque caso contrario o borrado vai ser inevitábel. A ver que di a comunidade. En calquera caso, graciñas polo teu interese e pola túa opinión amábel. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 20:11, 1 xuño 2009 (UTC)
Vaia por diante que non lin ningún dos aertigos, porén creo convinte facer uns comentarios xerais. En primeiro lugar as informacións referidas a diagnósticos e sobre todo tratamentos ou van moi referenciados ou deberían ser eliminados. Non nos podemos permitir erros en cousas tan serias como a saúde, porque se alguén seguira o noso artigo como guía e teña algún problema aínda nos metemos nunha boa. En segundo lugar tódolos artigos creados polos estudantes deben leva-lo aviso Modelo:Aviso médico, para deixar claro que a wikipedia non dá consellos médicos nin debe suplanta-lo labor do médico, senón que a información é orientativa (aínda que rigorosa). Un saúdo. Alberte Si, dígame? 20:36, 1 xuño 2009 (UTC)

Procedo a borrar o artigo máis vello da serie (determinación do alcohol no sangue) porque, transcorridos 15 días desde a súa creación e advertencia ao usuario(20 de maio), este non fixo máis correccións -significativas- que borrar a parte do texto traducida directamente dunha web. Segundo vaia pasando o tempo (penso que 15 días son tempo de abondo para corrixir os erros que conteña o artigo ou, canto menos, demostrar esa intención), irei comprobando os seguintes artigos e xulgando se cómpre mantelos ou non. Sirva esta mensaxe como explicación do procedemento aos demais usuarios e, particularmente, aos editores dos artigos da serie sobre farmacoloxía. Naturalmente, se hai opinións en contra teríanse presente e, se cadra, recuperaría os artigos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:20, 3 xuño 2009 (UTC)

  • Onte borrei "DIAGNÓSTICO CLÍNICO DAS INTOXICACIÓNS: ANAMNESE, SÍNTOMAS E SIGNOS", artigo creado por usuaria Bea na súa páxina de usuaria o pasado 20 de maio. Foi advertida o mesmo día 20 e nin contestou.
  • Hoxe borro Toxicidade dos sales de litio, artigo creado o 24 de maio por usuaria Takhisis. Nos días 24, 25 e 31 colocáronse marcas de atención, de formato e de posible copyvio, sen que a autora, Alba, fixese máis correccións que asegurar que non se trataba de copyvio ningún, pero sen arranxar ningunha das eivas do artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 12:03, 7 xuño 2009 (UTC)
Pois fixeches ben, Lameiro, porque máis facilidades non se poden dar.--Atobar (conversa comigo) 21:57, 7 xuño 2009 (UTC)
  • Hoxe borro o artigo Toxicidade da cocaína, artigo creado o 24.05.2009 por Carlapalomita e marcado o mesmo día 24 e o 25 como sen formato, sen ligazóns, sen estrutura e posible copyvio. A autora foi advertida na súa páxina de conversa os días 27 e 30.05, pero non contestou nin fixo mellora ningunha. Un compañeiro seu (Rapo) fixo o día 30 algunha corrección, pero totalmente insuficiente (nun destes cambios estragou o marcador de copyvio). Pedro --Lameiro (conversa) 21:49, 9 xuño 2009 (UTC)
  • Borro o artigo Tratamento de intoxicacións agudas, creado o 25.05 e marcado como atención, falta de ligazóns e posible copyvio o 27. O usuario 91.116.191.33 fixo algún cambio menor o 26, e Toliño eliminou algúns castelanismos nas ligazóns externas o 1.06. O editor, Capitán90, foi advertido na súa páxina de conversa o 27 de maio pero non fixo mellora ningunha e só contestou defendendo a autoría do texto. Tampouco ningún outro usuario corrixiu os defectos estruturais do artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 17:11, 10 xuño 2009 (UTC)

50 000 artigos[editar a fonte]

Estamos xa perto dos 50,000 artigos, e polo tanto sería boa cousa convocar un "concurso" para facer un logo especial. --Norrin_strange (Fala-me) 18:49, 22 xuño 2009 (UTC)

  • Concordo plenamente. E canto antes, mellor. Cómpre que os que xa teñen experiencia con estas lerias, collan as rendas do asunto. É o momento, que co bo ritmo que levamos o tempo non nos sobra. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:43, 23 xuño 2009 (UTC)
  • Concordo. Boa idea ir adiantando. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:24, 24 xuño 2009 (UTC)

Moi boas, son Furagaitas, colaborador habitual do Galizionario. Veño de ter un conflicto con outro usuario do mesmo proxecto (Raspiñeiro, se ben asegura que noutros proxectos firma como Lmbuga). Gustaríame que a comunidade (ou administradores, ou quen proceda) estuden o conflito e xulguen se, como el esixe, debo abandonar o Galizionario. Moitas grazas de antemán. [ Furagaitas * ] 02:00, 23 xuño 2009 (UTC)

Esta mensaxe recolle a intervención que fixen no Galizionario:

Aínda que a Galipedia e o Galizionario son wikis irmáns e forman parte dun proxecto común da Wikimedia en galego trátase de wikis independentes. Trasladar conflitos dun proxecto a outro é unha grave irresponsabilidade e un elemento distosionador do traballo cotiá do outro wiki, neste caso da Galipedia. Por desgraza xa teño experiencia abonda neste tipo de conflitos, polo xeral son prexudiciais para o wiki mesmo producen danos colaterais. Este wiki xa cumpriu cinco anos (refírese Galizionario) pero en realidade segue estando nunha fase embrionaria e iso é un lastre importante. Non temos que perder de vista que as nosas colaboracións aquí ou en calquera outro wiki Wikimedia teñen como obxectivo crear un proxecto que sexa útil e valioso para lectores e editores, estas liortas desvíannos dese obxectivo. Pregovos que evitedes no futuro trasladar á Galipedia o que aquí sucede (refírese Galizionario), maxime nun período tan crítico para a lingua e a cultura galega como o que agora mesmo estamos vivindo. Grazas.

Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:28, 23 xuño 2009 (UTC)

Quero pedir desculpas ós usuarios da Galipedia por traer aquí os meus problemas doutro proxecto (os cales están xa en vías de resolución). Espero que causase o mínimo prexuízo neste proxecto. Moitas grazas. [ Furagaitas * ] 03:30, 24 xuño 2009 (UTC)