Wikipedia:A Taberna (xeral)/Arquivo 15

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26

Artigo en La Voz de Galicia[editar a fonte]

Hoxe domingo apareceu na sección de Vigo de La Voz de Galicia o artigo "Wikipedia dice que Vigo es la tercera urbe de Portugal", firmado por Eduardo Rolland. Nel xeralízase sobre os vandalismos na wikipedia, a partir dun caso concreto na wiki:en sobre o artigo Vigo.
Animo á comunidade a escribirmos unha carta ao xornalista e ao director de dita publicación, comentándolle como funciona a wikipedia, a existencia da galipedia, e outros avatares. Sinto non poder colaborar, estarei fóra até o sábado. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:42, 17 de xullo de 2011 (UTC)

  • Vino tamén eu circulando por aí. E pensei o mesmo ca ti, Estevo. Este señor que haberá que supoñer xornalista profesional fai o ridículo polo feito de inventar unha nova así, e por riba coa coraxe de asinalo. Eu non me animo a escribila, pero se alguén o fai, si contribúo con correccións. De calquera maneira, moi do nivel de La Voz de Galicia, para a nosa desgraza. --Atobar (conversa comigo) 20:09, 17 de xullo de 2011 (UTC)
Eduardo Rollanda é este. Polo que vexo no currículo, poida que si fose en verdade útil esa carta, porque en principio parece unha persoa que podería rectificar (no sentido de aceptar que quitou unha nova da nada, e sen a menor relevancia). --Atobar (conversa comigo) 20:12, 17 de xullo de 2011 (UTC)

Estimada comunidade: adxunto o mail que lle mandei hoxe; creo que se entende que falo no meu nome, a título persoal, non como administrador. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:07, 25 de xullo de 2011 (UTC)

Prezado Eduardo:
Son Adrián Estévez, colaborador da wikipedia, especialmente en lingua galega, da que son administrador. Escríbolle en relación ao artigo "Wikipedia dice que Vigo es la tercera urbe de Portugal", que apareceu publicado en La Voz de Galicia o pasado día 17.
Ao meu entender, xeraliza vostede sobre un caso particular. Alguén editou de forma vandálica no artigo en lingua inglesa sobre Vigo o día 15 de xullo dicindo que era unha vila portuguesa, pero ao día seguinte a edición xa foi revertida, polo que cando apareceu o artigo xa non tiña pertinencia.
En liñas xerais, existe unha comunidade de usuarias e usuarios habituais que revisan as edicións recentes, desbotando os vandalismos. Ese en concreto, durou 24 horas. É obvio que nunha enciclopedia aberta e participativa, hai lugar para os erros e as barbaridades intencionadas, pero non é xusto xeralizar a partir dun caso concreto.
Por outra banda, convídoo a coñecer desde dentro a existencia da galipedia, como alcumamos agarimosamente á versión en lingua galega da wikipedia. Dado que os datos sobre cidades e vilas galegas están escritos por xente de aquí, adoitan ser bastante fiables. Amais, atopará multitude de datos referenciados de temas tan diversos como o patrimonio arquitectónico e inmaterial, a poboación, o deporte ou a literatura. Pero non só é unha enciclopedia galega, por suposto, senón que inclúe artigos de todos os ámbitos segundo os intereses das persoas colaboradoras: desde pequenas illas hawaianas, até asteroides, historia xaponesa ou música contemporánea.
Os datos incluídos na wikipedia (nas máis de 200 linguas en que existe versión) están publicados con licenza Creative Commons, que permite utilizar o seu contido indicando a súa orixe. Convídoo a usar a wikipedia como fonte fiable, e convídoo a colaborar con ela aumentando os seus contidos.
Un saúdo.
Gústame moito o texto. Boa idea. --Alberte Si, dígame? 17:19, 25 de xullo de 2011 (UTC)
Ben falado. Moi diplomático. --Atobar (conversa comigo) 22:55, 25 de xullo de 2011 (UTC)
Moi ben explicado todo e sen despeinarse. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:33, 26 de xullo de 2011 (UTC)

Artigo destacado sobre Galicia en agosto[editar a fonte]

Por favor, galipedistas, ide votar as 4 propostas que hai abertas para artigo sobre Galicia. Xa estamos en agosto e a portada está sen artigo destacado sobre Galiza. Se ao longo da xornada isto non se remeda, daquela haberá que repetir o do mes pasado, pero esperemos que non. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 08:43, 1 de agosto de 2011 (UTC)

Creo que xa se pode poñer o artigo do Celta de Vigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:06, 1 de agosto de 2011 (UTC)

Petróglifos de Campo Lameiro[editar a fonte]

Teño pensado ir mañá a visitar o novo Centro de interpretación dos petróglifos de Campo Lameiro e de paso facer as fotos que poda. Si se quere acercar alguén aínda poderemos estar un pouco de palique. Perdón por avisar tan tarde pero é que estes días ando cun cento de cousas na cachola... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:45, 5 de agosto de 2011 (UTC)

Como hoxe está o día tan pechado ó final vou ir mañán pola mañá que parece que vai estar mellor día, domingo. Saúdos,--Elisardojm (conversa) 07:35, 6 de agosto de 2011 (UTC)

Categorías sen sentido[editar a fonte]

A páxina de Usuario:Neptunerover está categorizado como "Artigo de calidade en gl.wiki | Artigo de calidade en sw.wiki | Artigo de calidade en .wiki". Quixen borrar estas categorías (en vermello, naturalmente) pero non souben como, así que o deixo aquí para que alguén máis experto o faga. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 14:56, 8 de agosto de 2011 (UTC)

Xa está, tiña na páxina o modelo de Link FA (artigo de calidade) que só é para usar nas páxinas dos artigos, ese modelo debe inserir de forma automática nesas categorías. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15:42, 8 de agosto de 2011 (UTC)

Por outro asunto fixen unha procura por Montes, e sae unha páxina de homónimos, e cando picas en outros artigos saen máis páxinas de homónimos, non están esas paxinas en bucle?, e non se tería que deixar un título baleiro para cando alguén queira facer un artigo sobre o que é en si un Monte? --Xabier Cancela (fálame) 20:08, 8 de agosto de 2011 (UTC)

  • Non, Xabier, non hai tal bucle: hai 3 páxinas de homónimos que en "Outros artigos" se relacionan entre si: Monte, Montes e O Monte (e faltaría Os Montes), pensados en homónimos de lugares de Galicia. Falta, efectivamente, o concepto orográfico de monte. Pedro --Lameiro (conversa) 21:06, 8 de agosto de 2011 (UTC)

Bufo vs Moucho[editar a fonte]

A parte de que na miña vida lle escoite a ninguén chamarlle Bufo a un Moucho (será unha das típicas caralladas da RAG), creo que os artigos Bufo e Moucho están totalmente repetidos, ademais de existir varios artigos de Bufos e Mouchos, non sería aconsellable que fosen todos ou Bufos ou Mouchos? se alguén controla de aves ...... --Xabier Cancela (fálame) 00:38, 14 de agosto de 2011 (UTC)

  • E, á súa vez, o mesmo contido, pero máis completo e mellor desenvolvido (por Hugo22), está en Estrixiformes. Bufo foi creado por Xoán Carlos Fraga o 1.12.2005, e Moucho) por unha IP o 24.10.2007, pero son exactamente iguais. Habería que borrar eses dous (Bufo e Moucho), e reservar eses nomes para as especies propias. O que xa non sei é que se faría cos historiais. Pedro --Lameiro (conversa) 10:30, 14 de agosto de 2011 (UTC)
Eu sempre entendín que bufo é o castelán "búho" (cuxo representante máis notorio é o bufo real,Bubo bubo) e moucho o castelán "mochuelo" (sendo o máis común o moucho común, Athene noctua). De feito, eu puiden oír o canto do moucho en multitude de ocasións e cheguei a albiscar un par deles, mentres que do bufo só tiven a ocasión de o sentir, que non se deixou ver, unha única vez nun monte de Tomiño. Os seus cantos son nitidamente diferentes. Ademais, tanto bufo coma moucho designan un conxunto de especies, non as especies propias (que serían o bufo real ou o moucho común). --Paradanta (Cóntame) 11:14, 14 de agosto de 2011 (UTC)

unha encarga[editar a fonte]

Unha encarga para algún bot que estea pouco ocupado: temos que corrixir 43 páxinas con proprio e 34 con propria. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 19:04, 21 de agosto de 2011 (UTC)

Feito! Feito!. Respectadas as citas, títulos de libros... Tamén había *próprios/as, con acento, *improprios/as, *apropriados/as, *inapropriados/as ... --. HombreDHojalata.conversa 11:19, 27 de agosto de 2011 (UTC)
  • Outra: tamén cómpre corrixir equipa por equipo, pero aquí con tento porque hai casos non que non é substantivo senón do verbo equipar. Pedro --Lameiro (conversa) 19:40, 21 de agosto de 2011 (UTC)
BotDHojalata voluntario para os *proprios (hai que sumar +15 e +6 contando os plurais). Pero os "equipa/s" mellor a man, so hai 34 "equipa" e 9 "equipas" e hai que mudar tódalas construción de tódalas frases do feminino o masculino, cousa moi complicada para o meu bebé-bot.--. HombreDHojalata.conversa 20:33, 21 de agosto de 2011 (UTC)
Xa fixen eu as *equipas á man. Espero que non se me escapara ningunha. Pedro --Lameiro (conversa) 19:31, 9 de setembro de 2011 (UTC)

En canto remate de publicar esta mensaxe vou proceder a pechar esta solicitude de permisos de bot acolléndome ao 5 pilar da Wikipedia, que permite ignorar todas as regras se a situación o require. Neste caso, o bot KuduBot (conversa · contribucións) vainos axudar a arranxar todos os erros derivados da modificación do modelo {{Coordenadas}} e relacionados.

Procedo entón, a conceder o estado de bot ao usuario. Se alguén ten algo que obxectar pode comentalo a continuación. Grazas. --Toliño Fala aquí comigo 18:09, 9 de setembro de 2011 (UTC)

Ben, previsiblemente comezará o traballo a partir do domingo. --Toliño Fala aquí comigo 11:25, 10 de setembro de 2011 (UTC)

¿Por qué Federico García Lorca non está no Dominio Público?[editar a fonte]

Uns datos interesantes sobre o dominio público en España: http://blogs.zemos98.org/cultura-abierta/2011/08/17/garcia-lorca/, en castelán. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:39, 15 de setembro de 2011 (UTC)

Un par de preguntas[editar a fonte]

  • ¿Como se fai para subir a Commons unha imaxe que hoxe xa está na Galipedia?
  • Unha vez feita esta operación ¿abonda con marcar para borrar a imaxe en Galipedia?
  • ¿Como se fai a categorización en galego (no noso sistema local de categorización) de imaxes de Commons? ¿Simplemente engadir un "Categoría:imaxes de Oubiña, Cambados"?

Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 23:31, 22 de setembro de 2011 (UTC)

  • Para pasar imaxes de forma individual podes usar esta ferramenta http://toolserver.org/~magnus/commonshelper.php?interface=es. Si son moitas imaxes hai bots que o fan, podo buscalos se fai falta.
  • Non sei cómo se borran as imaxes da Galipedia pero penso que non se borran, póñeselles o modelo SubidaaCommons ou algo parecido.
  • Simplemente facendo a categoría Oubiña, Cambados dentro da categoría Cambados xa está. E creo que xa o fixeches :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:03, 23 de setembro de 2011 (UTC)
Polo que entendo do que pides en primeiro, hai unha ferramenta que deichei, na miña experiencia o mais simple :
  1. antes de levar a imaxe a Commons tes que gravala na túa computadora
  2. logo en Commons cargas o ficheiro tranquilamente dende a túa computadora
  3. Unha vez feita esa operación tes que saber cunha imaxe utilizada nun artigo, ten que quedar loxicamente, é loxico. Outra cousa pode ser de "descategorizala" e retirala das páxinas de imaxes para ganar espazo. Lembra ca votación en curso de debate di : Progresivamente e a partir do peche, as imaxes almacenadas con anterioridade na Galipedia, e que non foran aínda subidas a Commons, irían movéndose cara alá., non se di como organizamos o que queda, temos un montón de imaxes que son tesouros que non teñen requisitos para ir a Commons e que ainda non temos os artigos que as necesitan (non é hora que atope exemplos) e penso que habra consenso para gardalos.
  4. Polo de momento tes que engadir no ficheiro {{SubidaACommons}} para ter en conta a operación. Esto é o que fago por si pode servir en espera.--Elvira (conversa comigo) 00:24, 23 de setembro de 2011 (UTC)

Por outra banda, discordo profundamente de que teñamos ficheiros que "non teñen requisitos para ir a Commons ". Todos poden ir a Commons, obviamente agás os que xa está "ilegales" na Galipedia (exemplos de "ilegales": Categoría:Wikipedia:Imaxes sen licenza, Categoría:Imaxes sen orixe, Categoría:Imaxes sen Orixe de posible autoría propia...)--. HombreDHojalata.conversa 07:19, 23 de setembro de 2011 (UTC)

  • Non vira estas respostas ata hoxe. Disculpade. Canto á primeira pregunta (como subir desde Galipedia a Commons) non acabo de entendelo. A ferramenta que dá Elisardo semella fácil pero preciso máis información: un código de idioma (gl), un nome da imaxe (fotografía.jpg), un nome novo (ou non, opcional), un proxecto (¿wikipedia?, non entendo), e un usuario (lameiro ¿ou gl:lameiro?). Tampouco entendo o que vén a seguir: TUSC user name (usuario en Commons) e TUSC password (NOT o contrasinal de Commons). Entón ¿cal?. A alternativa de Elvire é máis facil (collo a foto no meu ordenador e logo e súboa como miña), pero non pode ser: ¿como e onde digo de quen é? Aínda que, de facer estes traballiños faríao coas miñas propias fotos, que as conservo no meu ordenador.

A segunda pregunta queda clara. Con ese marcador logo xa dcidiremos qué facer.

A terceira (categorización) expliqueina mal, parece. Trátase de que eu subo unha foto a Commons e doulle "category:Sculptures of Adam". Pregunto: ¿cómpre darlle tamén unha "Categoría:Imaxes de estatuas de Adán", seguindo o noso sistema local, ou deixamos só a categoría en inglés de Commons? As dúas categorías, á hora de subi-las fotos non van poder ser pois seguro que quedaría en vermello en Commons. Espero explicarme agora mellor. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:39, 25 de setembro de 2011 (UTC)

O TUSC é o Toolserver User Screening Control, un rexistro nas "tools" que facilita algunhas cousas. Non é obrigatorio empregalo.
Como e onde dis de onde saíu a foto? Pois en "orixe" e en "autor", non? (exemplo: File:Sergio Dalma.jpg)
Non, non tes que copiar as categorías da Galipedia en Commons. As imaxes da Galipedia van en categorías con estrutura [Categoría:Imaxes de X] (nunca souben o motivo), e as de Commons simplemente [Category:X]. :Por exemplo Categoría:Imaxes de Vigo / Category:Vigo--. HombreDHojalata.conversa 17:03, 25 de setembro de 2011 (UTC)
Si, o TUSC é o que HombreDHojalata, non é obrigatorio usala pero é moi útil nalgúns casos. En concreto no que nos ocupa vale para non ter que copiar a foto no noso ordenador, a ferramenta traslada a imaxe dunha wiki a outra directamente sen máis nada.
Como tamén comentou HombreDHojalata non se poden copiar as categorías da Galipedia en Commons, por unha banda porque non seguen a mesma estrutura e por outra porque as categorías teñen que poñerse obligatoriamente en inglés. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:51, 26 de setembro de 2011 (UTC)

Índices de calidade[editar a fonte]

Resulta que un dos índices de calidade das wikipedias é o número ou porcentaxe de páxinas con ligazóns cara homónimos, cando deberían ligar co artigo correspondente. Segundo podemos ver nunha interesante páxina que atopou HombreDHojalata [1] aquí temos 32.735 ligazóns que non nos levan a onde queremos ir, senón a unha páxina de homónimos (fala dun índice de desprecio da regla de desambiguación do 27,372%, pero non estou seguro de que sexan porcentaxes). As páxinas de homónimos máis ligadas son China (1.176 veces), parroquia (1.033), rock (613), Igrexa Católica (581) e ano (510).

Algúns artigos destacan como “máis ambiguos[2] (é dicir, conteñen un maior número destas ligazóns internas cara homónimos). Encabezan a lista Freguesías de Portugal (62 ligazóns) e Toponimia (39), pero aquí vai ser difícil eliminar esa ambigüidade se non eliminamos corchetes, directamente. O que máis me chama a atención é que entre os 10 primeiros, entre os 10 máis ambiguos temos 4 netamente galegos: o 3º é Reino de Galicia (35 ligazóns), o 4º Historia de Galicia (30), o 7º Historia da lingua galega (28) e o 10º Galicia (23).

¡Canto chollo temos por diante! Pedro --Lameiro (conversa) 17:38, 26 de setembro de 2011 (UTC)

  • Choio do bo, si, e eu diría que prioritaria. --Atobar (conversa comigo) 17:41, 26 de setembro de 2011 (UTC)
    • É que hai páxinas de homónimos que son pouco prácticas. Por exemplo, no caso de China, o lóxico é que esta entrada redirixa con República Popular da China, ficando como páxina de homónimos China (homónimos). É o máis sensato, porque cando un escribe China na maioría esmagadora dos casos quere referirse á China continental, mentres que cando un quere referirse á China insular adoita escribir Taiwán. Penso que é moito máis operativo, ademais de nos aforrarmos un traballo tedioso. --Paradanta (Cóntame) 17:59, 26 de setembro de 2011 (UTC)
      • Si, señor, esa é a idea. Antes de meternos co chollo, un momento de reflexión. Pode ser que unha das causas de tanta ambigüidade sexa a elección do título da px de homónimos. O criterio de forma máis común debería aplicarse, por analoxía, tamén neste caso: no caso de China e Taiwán son 1.176 ligazóns erróneas. E ¿Por que diferenciamos rock e música rock cando para todo quisqui son o mesmo? (613 ligazóns erróneas) ¿Por que titulamos fungo a px de homónimos e reservamos fungi para os fungos? (105 ligazóns erróneas). Sonche ganas de dar traballo e fomentar ligazóns erradas. Creo que, nestes casos, a solución sería mover a páxina de homónimos a unha “concepto (homónimos)” e reservar o título común para o artigo principal. Aforraríanos moitísimo traballo e ademais semella máis lóxico. Pedro --Lameiro (conversa) 18:14, 26 de setembro de 2011 (UTC)
Aí décheslle, Lameiro. That´s the question...se hai consenso, eu mesmo ofrézome voluntario para mover China a China (homónimos) e deixala como redirección a República Popular da China, e con ese simple movemento arranxamos 1.176 ligazóns dun plumazo. Despois podemos ir vendo casos similares e ir propoñendo a conveniencia dos cambios nas súas respectivas páxinas de conversa. --Paradanta (Cóntame) 19:28, 26 de setembro de 2011 (UTC)
Tes o me voto de confianza, para empezar, pero supoño que haberá que esperar máis opinións. Quizais sería bo que alguén crease unha paxiniña para ir propoñendo eses casos particulares. Moitos serán de caixón, outros esixirán debate. Pedro --Lameiro (conversa) 19:35, 26 de setembro de 2011 (UTC)
  • Adiante. O caso de China en concreto non parece que admita moita discusión. --Atobar (conversa comigo) 20:46, 26 de setembro de 2011 (UTC)
Feito! Feito! Como se pode crear esa páxina para ir propoñendo os cambios? Alguén máis avezado ca min se atreve a creala? --Paradanta (Cóntame) 07:45, 27 de setembro de 2011 (UTC)
Como axuda, a ferramenta Wikipedia:Detector de homónimos que marca con fondo amarelo aquelas ligazóns internas que van dar a páxinas de homónimos, ó estar mirando un artigo. Esta ferramenta tróuxena eu da Wikipedia en español. Se queredes crear unha páxina cunha lista das páxinas que ligan con homónimos, na Wikipedia en español teñen esta, que é unha subpáxina dun Wikiproxecto.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 20:20, 9 de outubro de 2012 (UTC)
E para que imos facer unha páxina a man, co traballo que daría e que sempre vai estar desfasada, se xa hai unha páxina automática:[3]?--. HombreDHojalata.conversa 21:35, 9 de outubro de 2012 (UTC)
Pareceume entender iso, que queriades crear unha páxina.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 14:03, 10 de outubro de 2012 (UTC)

unha de cine[editar a fonte]

Neste vídeo, fragmento da película O lapis do carpinteiro, vese un mítin na campaña polo Estatuto do 36. ¿Alguén sabe a quen representa o tipo este? ¿Bóveda, quizais? Pedro --Lameiro (conversa) 09:29, 28 de setembro de 2011 (UTC)

teléfonos[editar a fonte]

Acabo de ver, no artigo sobre a II República Española que aparece o teléfono (vía Skipe) dun tal -supoño- Toribio Echeverría: "O escritor eibarrés Toribio Echeverría redacta, no seu libro Viaje por el país de los recuerdos (ISBN 84-7173-54-1) a proclamación da Segunda República". Supuxen que sería o ISBN pero ó pasa-lo rato por riba vexo que é un teléfono. Xa o vin máis veces pero non lembro agora para darvos exemplos. ¿Que xiustificación ten que apareza ese dato? Non só é provisional (sen continuidade enciclopédica) senón que é absolutamente irrelevante, e indiscreto. Supoño que se insire automaticamente, porque este Skipe é moi metomentodo ¿hai forma de eliminalo? Digo de forma automática, non borrándoo á man, que non é plan. Pedro --Lameiro (conversa) 17:10, 28 de setembro de 2011 (UTC)

Segundo isto, si que o é. Pero por algún motivo o sistema que ten o wiki para detectar o ISBN non vai (ou é que efectivamente non é un ISBN). --Toliño Fala aquí comigo 17:26, 28 de setembro de 2011 (UTC)
Entón, se é o ISBN o problema é que Skipe ve unha serie de números e interprétao como un teléfono. Agora que me fixo, no artigo Pedro Benavente tamén aparece algo así e tamén é o ISBN, non un teléfono. Señor, que paciencia. Pedro --Lameiro (conversa) 17:44, 28 de setembro de 2011 (UTC)
Amañado segundo [4]. Tiña dous erros--. HombreDHojalata.conversa 18:57, 28 de setembro de 2011 (UTC)
¿Amañado? ¿Para todos ou teremos que facelo á man caso por caso? Pedro --Lameiro (conversa) 19:35, 28 de setembro de 2011 (UTC)
Neste caso non funcionaba porque faltába un número [5]. O sistema funciona perfectamente. O problema non é da wiki, é so dos que tendes o Skype instalado, que "secuestra" os números que lee no navegador. So por facer a proba, desinstala o Skipe e verás (despois non custa muito volver instalalo, se queres). Ó mellor hai forma de configurar o Skipe para que non faga tal cousa, é algo que xa se me escapa. Non o emprego.--. HombreDHojalata.conversa 19:42, 28 de setembro de 2011 (UTC)
Se atopas calquera outro ISBN que non teña 10 díxitos (ou 13 para algún dos editados dende 2007)... malo. Ten un erro--. HombreDHojalata.conversa 19:49, 28 de setembro de 2011 (UTC)
  • A min pasoume un tempo e efectivamente é cousa ds secuestros que fai o Skype. Non recordo de que maneira, pero puiden desactivalo sen desinstalalo e nunca máis volveu pasar. Fedella no teu skype, Lameiro. --Atobar (conversa comigo) 20:51, 28 de setembro de 2011 (UTC)

Artigo na Vanguardia sobre a Wikipedia[editar a fonte]

Hoxe saleu na Vanguardia un artigo con bastantes detalles da Wikipedia en xeral, podede velo aquí. Vai saír mañá no especial do periódico e analiza a situación da Wikipedia respecto ós editores con distintos comentarios de xente relacionada cos proxectos. Aínda que está centrado na wiki en inglés e algo na castelán sirve para ver algunhas ideas que poden aparecer no futuro nas wikis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:19, 21 de outubro de 2011 (UTC)

Voluntarios para o xacemento arqueolóxico de Pena Furada[editar a fonte]

Os vindeiros 29 e 30 de outubro vai seguirse coas escavacións arqueolóxicas no xacemento de Pena Furada en Coirós, perto da Coruña. Están dirixidas polo arqueólogo Antón Malde e teñen os permisos pertinentes de Patrimonio e do concello de Coirós, e están buscando arqueólogos voluntarios que os axuden, os que estén interesados poden mirar esta páxina e esta ou contactar comigo para ter algo máis de información. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:19, 25 de outubro de 2011 (UTC)

Aproveitando o tema ben se podían sacar unhas fotiños para a wiki :) --Alberte Si, dígame? 20:22, 25 de outubro de 2011 (UTC)
Algunhas fotos xa hai, pero farán falta máis das achegas que se fagan esa finde. Eu non vou estar eses días por aquí así que a ver se alguén pode ir e aproveita. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:31, 25 de outubro de 2011 (UTC)

Rematado o concurso Wiki Loves Monuments 2011[editar a fonte]

Saúdos a todos. O pasado día 30 de setembro rematou el concurso Wiki Loves Monuments que distintos capítulos, asociacións e usuarios organizaron en diferentes países europeos para conseguir imaxes con licencia libre do Patrimonio Cultural europeo. Subíronse case 170.000 novas imaxes a Commons entre os participantes de tódolos países o que constitúe un gran éxito. De todas estas fotos preto de 18.000 son de monumentos de España (pódese acceder a elas usando esta ligazón), das que 746 son da Comunidade Autónoma de Galicia e ás que podedes acceder na seguinte ligazón: http://toolserver.org/~platonides/wlm/uploads.php?userlang=gl&provincia=C.A.+Galicia. Esperamos que estas imaxes podan axudar a ilustar os artigos da Galipedia e que podan ser incorporados pouco a pouco ós mesmos.

Actualmente o xurado está revisando as fotos e en breve anunciaranse os gañadores das distintas categorías. O día 5 de novembro realizarase na cidade de Plasencia a cerimonia de entrega de premios, todo o que queira asistir será benvido.

Tamén queremos agradecer a toda a xente que participou no concurso cedendo as súas imaxes, así como a todos os usuarios gracias a cuxo apoio e dedicación fixeron posible realizar este proxecto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:31, 25 de outubro de 2011 (UTC)

Xa están seleccionadas as fotos gañadoras de WLM e as nominadas para a fase europea, podedes velas nesta páxina. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:22, 6 de novembro de 2011 (UTC)
Xa están seleccionadas as fotos gañadoras de WLM da fase europea, podedes velas todas con tódalas finalistas de cada país nesta ligazón. Moitas fotos boas nun sitio moi pequeno, e todas libres para os nosos artigos :). Saúdos, —o anterior comentario sen asinar foi feito por Elisardojm (conversacontribucións) o 9 de decembro de 2011 ás 02:19

Horacio Ferrer[editar a fonte]

A ver se alguén coñece ou atopa información. Hai un Horacio Ferrer, cantante de tangos, e outro Horacio Ferrer, pintor realista da postguerra. Interesa separalos porque no pavillón español da Exposición Internacional de 1937 había un cadro deste segundo e fixen unha ligazón, que me levaba ó cantante. Non sei o segundo apelido de ningún deles polo que, para evitar confusións, poño o "pintor" tras este segundo, aínda que ben sei que non é forma, pero non se me ocorreu outra solución -provisional- mellor. Pedro --Lameiro (conversa) 20:26, 4 de novembro de 2011 (UTC)

(CdE) ¿O pintor será Horacio Ferrer de Morgado?, según isto participou na Exposición de 1937 co cadro Aviones negros... A ver se atopo os apelidos do outro... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:22, 4 de novembro de 2011 (UTC)
Do outro non atopo nada que diga explícitamente o segundo apelido, pero hai moitas páxinas que poñen o que di Estevo sobre o apelido da súa nai, Aliccia Escurra. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:50, 5 de novembro de 2011 (UTC)

Eleccións no Galzionario[editar a fonte]

Boas à todas e todos ! Ábrese hoxe, no Galizionario unha votación para a elección de administradores aquí e outra acá. Na Galipedia somos algúns que temos mais de 150 edicións no Galizionario e que fai mais de 60 dias que estamos rexistrados nel, poís temos os requisitos para participar nas votacións. É por iso que permítome dar aviso, os que pensamos ter algún compromiso co proxecto irmán, temos que sabelo para participar. Saúdos a todas e a todos --Elvira (fálame) 18:35, 7 de novembro de 2011 (UTC)

ligazóns a outras linguas[editar a fonte]

Non me parece correcta a solución de incluír no texto ligazóns a wikis noutras linguas. Hai pouco atopei unha ligazón á wikipedia xaponesa, agora atopo esta á wiki inglesa, no artigo albanelaría: "Noutras linguas distintas do galego, a clasificación da albanelaría (masonry, en inglés) faise en función de se as pedras que se xuntan levan morteiro (brickwork) ou non (dry stone), aínda que manteñen un expresión para o traballo que se fai nunha soa peza (stone masonry).". Pedro --Lameiro (conversa) 21:37, 7 de novembro de 2011 (UTC)

Non é correcta, non. Retireinas. --. HombreDHojalata.conversa 22:03, 7 de novembro de 2011 (UTC)

lig. cara homónimos[editar a fonte]

Nos artigos sobre os días do ano comezamos cunha redacción estándar:

  • O 1 de xuño é o 152º día do ano do Calendario Gregoriano e o 153º nos anos bisestos. Quedan 213 días para finalizar o ano.

O problema é esa ligazón leva a unha páxina de homónimos: ano (astronomía) e ano (anatomía) (e outras posibilidades (ano luz, ano bisesto, etc.). Vexo que xa se incluíu o de (astronomía) algúns casos pero aínda faltan moitísimos; e o segundo, no que remata a frase, está ligado nuns casos e noutros non, cando sobraría esta segunda ligazón. ¿Pode algún bot facer os cambios para que o primeiro ligue correctamente a ano (anatomía) e eliminar a segunda ligazón? Pedro --Lameiro (conversa) 18:53, 8 de novembro de 2011 (UTC)

Usuario:BotDHojalata pode mudar tódolos [[ano]] por [[ano (astronomía)|ano]] en tódolos artigos que están dentro da Categoría:Efemérides. Pero non sabe eliminar ligazóns internas repetidas. --. HombreDHojalata.conversa 19:57, 8 de novembro de 2011 (UTC)

Biografías en www.galiciaaberta.com[editar a fonte]

Acabo de atopar na web unha ristra de biografías de galegos, coméntoo por se poden valer de referencia para algún artigo, non as revisei así que non podo dicir a calidade que teñen. Están nesta ligazón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:41, 10 de novembro de 2011 (UTC)

Cantigas en cantigas.fcsh.unl.pt/index.asp[editar a fonte]

Atopei isto na web da AELG:

"O Instituto de Estudos Medievais, da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, presentou o pasado 27 de outubro o proxecto Littera. este proxecto procura iniciar, de forma coherente, coordenada e cientificamente consistente, a edición, protección e actualización do patrimonio literario e cultural medieval galego-portugués, nas súas dúas grandes vertentes: poesía e prosa narrativa. O sitio web Cantigas é un servizo público dirixido a docentes, especialistas e público en xeral. A base de datos conta coa totalidade das cantigas medievais presentes nos cancioneiros galego-portugueses, as imaxes dos manuscritos e a música medieval ou as versións ou novas composicións contemporáneas. Tamén se comparte información sobre todos os autores nela incluídos, os personaxes e lugares referidos nas cantigas, así como a Arte de Trovar, o pequeno tratado de poética trobadoresca que abre o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Portugal, colaboradora neste proxecto.". De seguro que hai moita información que se pode referenciar con esa web, por si alguén o necesita. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:13, 10 de novembro de 2011 (UTC)

Votación no Galizionario[editar a fonte]

Boas à todas e todos ! Para rematar a actual valoración da administración local necesaria ao proxecto, ábrese o martes 15 de novembro do 2011 aquí unha votación para a solicitude de revogación de administradores inactivos, e péchase o xoves 24 de novembro do 2011. Na Galipedia somos algúns que temos mais de 150 edicións no Galizionario e mais de 60 dias de antigüidade níl, poís temos os requisitos para participar na votación. É por iso que permítome dar aviso, os que pensamos ter algún compromiso co proxecto irmán, temos que sabelo para participar. Saúdos a todas e a todos --Elvira (fálame) 00:26, 16 de novembro de 2011 (UTC)

Grazas polo aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:41, 16 de novembro de 2011 (UTC)

Un novo compañeiro na rede: a wiki-Elika[editar a fonte]

A fundación ELIKA, do País Vasco, acaba de inaugurar a súa propia wiki. Trátase dun portal dedicado á alimentación e á Seguridade Alimentaria, que leva anos ofrecendo información variada e valiosa. Comezou hoxe só cun glosario, que seguro nos será de gran utilidade. E con abre un futuro esperanzador. Quería compartir con vós esta boa nova. Pedro --Lameiro (conversa) 17:30, 30 de novembro de 2011 (UTC)

Non atopei a licenza, ou considerase automaticamente que esta no dominio publico ? --Elvira (fálame) 23:03, 6 de decembro de 2011 (UTC)
Polo que vexo non está no dominio público. Na ligazón a "Aviso legal" establecen que "Todos los contenidos del sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imágenes, ... se encuentran protegidos por los derechos de propiedad intelectual". Pedro --Lameiro (conversa) 23:34, 6 de decembro de 2011 (UTC)
Engadir que, ó contrario do que di Elvire, se non constara a licencia automaticamente hai que considerar tódolos dereitos reservados. --. HombreDHojalata.conversa 13:01, 8 de decembro de 2011 (UTC)

Calendarios do mundo[editar a fonte]

No cadro que aparece nos artigos dos anos (véxase, como tal, 1978, 1986, etc.), o dato correspondente ó calendario Samvat devbolve un número de teléfono (cousas do Skipe). Pedro --Lameiro (conversa) 14:14, 6 de decembro de 2011 (UTC)

¿Páxina revisada?[editar a fonte]

¿Que novo invento é este de "marcar esta páxina como revisada" que está aparecendo nas páxinas de nova creación? ¿Que obxectivo persegue? Pedro --Lameiro (conversa) 23:23, 10 de decembro de 2011 (UTC)

Realmente non é nada novo, dado que xa aparecía nas páxinas novas ao acceder a elas desde Especial:Páxinas novas. Agora parece que aparece tamén ao ir desde os cambios recentes. O que podo dicir é que retira a cor amarela coa que se resaltan as páxinas novas Especial:Páxinas novas para indicar que alguén con traxectoria no proxecto lles botou un ollo e non son vandalismos. As páxinas creadas por administradores márcanse como revisadas automaticamente; tamén ao editar unha páxina un usuario con traxectoria revísase automaticamente. Hai un rexistro que leva a conta: Especial:Rexistros/patrol. --Toliño Fala aquí comigo 12:42, 11 de decembro de 2011 (UTC)
Como dato dicir tamén que o primeiro rexistro é de Albert galiza o 20 de novembro de 2007, de modo que non é nada novo. --Toliño Fala aquí comigo 12:44, 11 de decembro de 2011 (UTC)

Nova ligazón interesante[editar a fonte]

Hoxe acabo de atopar a World Register of Marine Species que é unha base de datos accesible por internete con información de milleiros de especies mariñas. Poño aquí este aviso porque paréceme unha fonte moi interesante para os que estén metidos con este traballo xa que TODO o texto contido nas súas fichas ten licencia CC-BY-SA, é dicir, pode copiarse directamente na Galipedia indicando de ónde ven. A única pega é que está en inglés :(. (NOTA: Fishbase é outro servicio similar a este pero a súa licencia é CC-BY-NC o cal impide trasladalo directamente á Galipedia.) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:15, 12 de decembro de 2011 (UTC)

Lei SOPA e a wiki en inglés[editar a fonte]

Acaban de mandarme un correo sobre un proceso que está sucedendo na wiki en inglés. Como sabedes a wiki en italiano pechou durante 48 horas por un proxecto de lei que ameazaba a súa independencia editorial. Agora pode pasar algo parecido coa lei SOPA (Stop Online Piracy Act) en yankilandia e a wiki en inglés. Jimmy Wales abreu unha conversa para atopar opinións sobre esa posibilidade na súa páxina de usuario. Aínda non vin o que comentan nin sei moito máis da SOPA boba esa, pero aviso por se alguén máis quere ir botando un vistazo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:04, 13 de decembro de 2011 (UTC)

Niste eido, na wikipedia en francés intentouse en novembro un debate preparatorio (en vano polo momento) para unha votación de decision sobre as modalidades que se poden tomar para utilizar a wikipedia come vector de protesta, xa que andase a comentar por un lado e outro, con opinions varias, o que pasou na wiki en italiano e o da actualidade na wiki en inglés.--Elvira (fálame) 21:42, 13 de decembro de 2011 (UTC)

Conferencias sobre Lois Pereiro[editar a fonte]

Do 15 ó 17 de decembro a Real Academia Galega vai organizar o Congreso Lois Pereiro en Santiago e A Coruña. Toda a información na súa páxina. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:45, 14 de decembro de 2011 (UTC)