Wikipedia:A Taberna (xeral)/Arquivo 19

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26

Publicado en febreiro[editar a fonte]

Así manipulan su historia en Wikipedia las empresas españolas Expansión (en castelán) --. HombreDHojalata.conversa 5 de xullo de 2013 ás 13:49 (UTC)[responder]

Estás descoñecido! Publicando novas da wikipedia. Na galipedia tamén teñen pasado cousas así. De feito somos un dano colateral do que contan no artigo. Pódese ver no historial de Triodos Bank eu creei a páxina e contei polo miudo (máis ben deixei referenciada) a polémica que ten o banco con financiar O`Belén... Alguén rexistrouse só para quitar esa parte do artigo, que volvín deixar como estaba avisando na páxina de conversa do usuario que se necesitaba referencias llas podía dar. Posteriormente trocou outro usuario todo o texto poñendo unha tradución do texto que hai na wikipedia en español (no cal non se cita a O`Belén) e se fai un texto promocional do banco inventando que Triodos ven do grego e non da antroposofía. Ese mesmo autor fixo outro artigo dunha empresa (lomonaco) para a wikepdia en español que tamén parece promocional. Na Galipedia tamén houbo que borrar outra páxina promocional sobre os centros de ensino da antroposofía financiados por triodos (non había referencias no texto e non era verificable) http://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa_usuario:Eticonomica Usuario con intereses na páxina? http://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa_usuario:AC63J908 outro editor sospeitoso, véxase o historial deste mesmo na wikipedia en español -> http://es.wikipedia.org/wiki/Especial:Contribuciones/AC63J908 E aquí pódese ver un clon do mesmo usuario tamén só na páxina de triodos e na de lomonaco -> http://es.wikipedia.org/wiki/Especial:Contribuciones/A248405L --Nemigo 6 de xullo de 2013 ás 09:25 (UTC)[responder]

Relixioso[editar a fonte]

Segundo tiña entendido eu, e segundo confirma a RAG, un relixioso é "[unha] Persoa consagrada a Deus por medio duns votos (Sinónimos: frade, freire, monxe"). É dicir, falando correctamente, relixioso é o que fai votos relixiosos e xa que logo pertencente a unha orde ou congregación relixiosa. Dígoo porque vexo moitos artigos sobre bispos que comezan dicindo "Fulanito é un relixioso católico galego, que foi bispo de blablablá..." cando dita persoa non é relixioso, é crego mais non relixioso. Estou a cambiar isto, mais para que ninguén se estrañe dígoo aquí. Saúdos! --Norrin_strange (Fala-me) 8 de xullo de 2013 ás 10:04 (UTC)[responder]

E logo? Un bispo non é unha persoa consagrada a Deus por medio duns votos? --. HombreDHojalata.conversa 8 de xullo de 2013 ás 23:37 (UTC)[responder]
Non, os bispos e sacerdotes non fan votos por ser sacerdotes ou bispos. Outra cousa é que moitos sexan tamén relixiosos. Os votos canónicos ou relixiosos (pobreza, castidade, obediencia) só os fan os membros das ordes relixiosas. Por exemplo, o papa Francisco é relixioso (fixo os 3 votos mais o de obediencia ao Papa por ser xesuíta) pero Bieito XVI non. É a diferenza entre "clero regular" (con votos) e "clero secular" (sen votos). --Norrin_strange (Fala-me) 9 de xullo de 2013 ás 06:44 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Esa é a 3 definición. E isa información onde a pon? Na páxina do Vaticano? Como se sabe entón quen é relixioso por votación ou por designio proprio? Tamén segundo esa definición: para ser relixioso hai que formar parte dunha orde relixiosa e ter feito os votos... Os doutras relixións son relixiosos? E porque debe ser a igrexa católica a que poña a definición de relixioso? Un exemplo: os pastafaris son relixiosos? Unha soa persoa pode ser relixiosa por si mesma? As relixións que non teñen unha estrutura burocrática tamén? Veño de mirar no dicionario da RAG e pon: Relixioso -> Relativo ou pertencente á relixión http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1&nounTitle=relixioso --Nemigo 9 de xullo de 2013 ás 16:56 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Iso aínda é máis sinxelo de responder. Só hai que empregar o sustantivo e xa sería "correcta" a definición. Por outra banda estamos no mesmo problema ¿Só poden ser relixiosos (adxetivo e sustantivo) os católicos? A definición de relixioso non pode incluir aos católicos e só a eles en tal caso habería que puntualizar dicindo: menganito é un relixioso católico... Tamén supoño que ao longo da historia o Vaticano (que non a santa sé, que ten dous días por certo ¿tamén valía esa defición cando a santa sé estaba en Constantinopla?) variaría a acepción de "relixioso" (católico)? A día de hoxe si. Na china, por exemplo non esixe o Celibato para formar parte da súa estrutura administrativa e os bispos nómbraos o goberno chinés. Saúdos --Nemigo 10 de xullo de 2013 ás 09:14 (UTC)[responder]

  • Liches o de é un relixioso católico [...] ao comezo do fío? Estou a falar dos artigos de bispos católicos que comezan dicindo Fulanito é un relixioso católico español que.... e que non son relixiosos. O da China pois ben por eles, cando faga un artigo sobre un bispo chinés se é relixioso o incluirei e xa. E non sei a que ven o do celibato. --Norrin_strange (Fala-me) 10 de xullo de 2013 ás 09:26 (UTC)[responder]
Non entendín ben o problema entón. Pon na páxina da RAG: relixioso (feminino: relixiosa) adxectivo1 Relativo ou pertencente á relixión http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=relixioso. Non concreta de que relixión son. Nos artigos da galipedia si se fai esa puntualización: son relixiosos católicos. Pero segundo ti para que sexan tal deben ser nomeados como tal polo Vaticano (Santa Sé, a de Roma. Xa dixemos que a santa sé de Constantinopla non conta.) Tamén che poño como exemplo o da igrexa católica na China. Na que o Vaticano non nomea a ninguén. Non existen relixiosos católicos na China. Son as autoridades chinesas as que os nomean. E alí tampouco se esixe a castidade. Noutros lugares do mundo hai curas católicos casados nomeados polo Vaticano. --Nemigo 10 de xullo de 2013 ás 13:35 (UTC)[responder]

Votacións concluídas[editar a fonte]

Boas! Non credes que deberiamos ir arquivando votacións finalizadas? Na votación para artigo de calidade temos 15 votacións pechadas sen arquivar, na de imaxe da semana temos 45 (ou algo así), na de artigo sobre Galiza 7, e na de artigo destacado 24. Eu non sei cómo se fai eso. Non digo que arquivemos as votacións nada máis pechalas, mais se cadra mirar unha vez ao mes ou cada dous meses e o que estea pechado arquivalo penso que nos podería resultar máis práctico para aclararnos coas propostas e non ver tal cantidade delas xa pechadas como nas imaxes, así quen vaia votar saberá que o que aparece no índice pode ser votado. Un saúdo!! Piquito (conversa) 12 de xullo de 2013 ás 11:48 (UTC)[responder]

Si, tes razón. Se despois teño un anaco, póñome con estas cousas. Noutros proxectos teñen bots que o fan automaticamente e aforran tempo, mais aquí non contamos con ese sistema e o feito de facelo manualmente tira un pouco para atrás. --Toliño Fala aquí comigo 15 de xullo de 2013 ás 11:28 (UTC)[responder]

Arqueoloxía voluntaria[editar a fonte]

Este ano Manuel Gago Mariño e Antón Malde volven organizar un novo proxecto de arqueoloxía voluntaria. Xa o fixeron en Pena Furada e na Torre dos Mouros e desta vez están de novo en Carnota. Este proxecto céntrase no castro de Mallou e permite que voluntarios participen nalgunhas das tarefas que se realizan nunha escavación deste tipo que durará 10 días, do 17 ao 21 e do 24 ao 28 de xullo. Tedes máis información no seu blog e na páxina do concello de Carnota. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xullo de 2013 ás 15:45 (UTC)[responder]

A galipedia está descoñecida! Promocionando actividades alleas, a Arqueoloxía pública saúdos --Nemigo 15 de xullo de 2013 ás 00:10 (UTC)[responder]
Pois non é a primeira vez, e espero que non sexa a última tampouco :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xullo de 2013 ás 07:57 (UTC)[responder]

Por favor, botádelle un ollo a Conversa modelo:Moitas referencias, antes de que o uso do modelo se espalle máis. --Toliño Fala aquí comigo 15 de xullo de 2013 ás 11:30 (UTC)[responder]

Cadro de sucesión[editar a fonte]

No artigo Juan de Sanclemente hai que incluír un cadro sucesorio semellante ó que xa existe como bispo de Ourense pero, ademais, como arcebispo de Santiago. Predecesor: Alonso Velázquez (1583-1587); sucesor: Maximiliano de Austria (1603-1614). Juan de Sanclemente foi arcebispo entre 1587 e 1602. Pedro --Lameiro (conversa) 24 de xullo de 2013 ás 14:37 (UTC)[responder]

Pois Feito! Feito!. --. HombreDHojalata.conversa 24 de xullo de 2013 ás 18:56 (UTC)[responder]

Posible artigo duplicado[editar a fonte]

Bos días: Para alguén que sepa de xeografía do Vicedo. É posible que o artigo Illa Coelleira e o artigo Illa de San Martiño se refiran á mesma illa? Porque a situación e a historia apuntan nesa dirección. --Angeldomcer (conversa) 7 de agosto de 2013 ás 10:38 (UTC)[responder]

Son dúas illas diferentes,[1], a de San Martiño está á saída do río Sor--Sernostri (conversa) 7 de agosto de 2013 ás 10:47 (UTC)[responder]

Gracias, --Angeldomcer (conversa) 7 de agosto de 2013 ás 11:09 (UTC)[responder]

Hai que facer algo con esto. Piquito (conversa) 26 de agosto de 2013 ás 18:42 (UTC) E con esto. Piquito (conversa) 26 de agosto de 2013 ás 18:45 (UTC)[responder]

O de Rosalía xa está pechado, o de Historia da ciencia non sei moi ben que facerlle, a ver se outro pode revisar ese tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de agosto de 2013 ás 22:35 (UTC)[responder]

Cuestionario onomástica[editar a fonte]

Como algúns sabedes estou a cursar o Grao de Lingua e Literatura Galegas na USC; este ano teño unha materia chamada Onomástica, e vou facer un traballo de investigación sobre os nomes de usuario das persoas que editan na Wikipedia en lingua galega. Consultei bibliografía sobre nicks e alcumes en chats e redes sociais, e de momento non hai moito material escrito. De feito, creo que este traballo será pioneiro na materia en lingua galega. O primeiro paso é elaborar un cuestionario que enviarei aos usuarios con máis edicións (activos e inactivos) co obxectivo de entender as motivacións á hora de escoller un nome.

Agradécese moito a vosa colaboración; podedes responder ao formulario aquí. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de outubro de 2013 ás 11:35 (UTC)[responder]

Moi interesante. O certo é que sempre quixen deixar constancia nalgures do motivo que me levara a escoller o meu alcume, así que con isto quítome un peso de enriba :) ─ GallaecioE logo? 6 de outubro de 2013 ás 12:05 (UTC)[responder]
Responderon o cuestionario 51 persoas. Moitas grazas a todas elas. Cando organice as respostas e extraia as conclusións deixarei un aviso aquí. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de outubro de 2013 ás 17:41 (UTC)[responder]
Aquí podedes ler as conclusións do traballo realizado sobre os intereses á hora de escoller o nome de usuaria/o. Beizóns a Adorian, Agremon, Albert galiza, Almaffi, AMPERIO, Andrespe, Angeldomcer, Anton45, Atobar, Basilio, Beninho, Breogan2008, Calq, Carronada, Chabi1, Elisardojm, Evafuentes, Fendetestas, FleaRHCP, Furado, Furagaitas, Gallaecio, Iago Pillado, Ibercastell, Imxavitooh, JaviP96, Krisko, Lameiro, Lara, Lmbuga, Loischantada, Mgl.branco, Miguel.lima, Nachonion, Nemigo, Nicole, Paradanta, Pementa, PepedoCouto, Pernet, Pexego, Piquito, Pontesiño, Porto, Ramiro Torres, Sernostri, Servando2, Silverfox, Sobreira, Tfeliz, VaiPolaSombra, Vilachan, Vivaelcelta, Woden, Xabier Cancela, Xabier Cid, Xoacas, Xoio, Xosé e Xosé Antonio. Un saúdo, e mil grazas á comunidade. --Estevo(aei)pa o que queiras... 31 de xullo de 2014 ás 19:59 (UTC)[responder]
Parabéns polo traballo. Lino de corrido e pareceume moi ameno e interesante. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 31 de xullo de 2014 ás 20:57 (UTC)[responder]
Moi interesante, moitas grazas por compartilo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2014 ás 21:26 (UTC)[responder]
Súmome aos parabéns e moitas grazas por compartilo. Moi interesante. Unha apertiña. Krisko (conversa) 1 de agosto de 2014 ás 11:02 (UTC)[responder]

Parabéns e noraboa polo traballo, moi ben feito, graciñas pola mención. --Ibercastell (conversa) 3 de agosto de 2014 ás 12:29 (UTC)[responder]

Parabéns polo estupendo traballo! Moi interesantes os resultados. Unha aperta! --AMPERIO (conversa) 3 de agosto de 2014 ás 16:06 (UTC)[responder]
Esquecérame do tema ata hoxe. Un comezo moi prometedor que espero que continúes afondando máis no tema e relacionados. Unha aperta!--Agremon(contacto) 6 de agosto de 2014 ás 17:48 (UTC)[responder]
Comecei a ler o traballo por pura curiosidade. Sinceramente, cando comecei, non esperaba lelo enteiro e detidamente. Agradoume e é interesante. Mágoa que non haxa traballos semellantes noutras wikis para fornecer máis as conclusións. Tería respondido tamén a enquisa se se me preguntase por outros usuarios que algún día empreguei (algo así como "Xan de ningures" -non o lembro ben, e , no galicionario, "raspiñeiro"), pero non se fixo... quizais para outra-- Lmbuga / Conversa comigo  7 de agosto de 2014 ás 19:31 (UTC)[responder]

Circunferencia e Círculo: Ler noutras linguas[editar a fonte]

Bos días a todos:

Fago esta publicación para facer saber unha pequena incidencia nos enlaces a outras linguas dos artigos Circunferencia e Círculo.

Ante todo disinguir que, como ben está explicado nesta Wikipedia, a ''Circunferencia'' é o PERÍMETRO equidistante dun punto fixo namentres que o ''Círculo'' é a ÁREA delimitada pola anterior. O caso é que en inglés isto varía un pouco e pode levar a confusións, xa que Circumference refírese á DISTANCIA daquel perímetro, e Circle a dito PERÍMETRO. Para referiste á ÁREA, utilízase Area of a disc.

Actualmente, a redirección destes artigos galegos está da seguinte forma:

  • Circunferencia (gl.wikipedia) = Circumference (en.wikipedia) = (sen enlace) (es.wikipedia)
  • Círculo (gl) = Circle (en) = Circunferencia (es)


En ámbolos dous casos está enlazado de xeito erróneo, xa que, polo comentado anteriormente, o correcto debería ser o seguinte:

  • Circunferencia (gl) = Circle (en) = Circunferencia (es)
  • Círculo = Area of a disk (en) = Círculo (es)


Espero que a miña aportación servira de axuda para mellorar a Wikipedia.

--Ansede88 (conversa) 13 de outubro de 2013 ás 08:00 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Xa está amañado, moitas grazas pola túa achega Ansede88, e se te animas penso que os teus coñecementos poderían ser de moita axuda na enciclopedia. Se precisas calquera axuda sobre o funcionamento da Galipedia podes deixarme unha mensaxe na miña páxina de conversa ou na taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de outubro de 2013 ás 09:07 (UTC)[responder]

Artigo clasificado nos mil que toda wikipedia deberia ter[editar a fonte]

Vexo que o artigo bomba atómica esta clasificado como artigo que toda wikipedia deberia ter, e pola contra arma nuclear non, cando creo que deberia ser o contrario polo que creo que se deberia trocar o simbolo dos mil. A quen corresponda Alfonso mande 19 de outubro de 2013 ás 16:33 (UTC)[responder]

Na lista de meta pon que o artigo é Nuclear weapon e ese artigo está ligado co artigo bomba atómica co cal a lista penso que está ben. Na wiki inglesa tamén teñen Atomic bomb pero é unha redireción a Nuclear weapon, polo tanto penso que o correcto sería fusionar o artigo arma nuclear co artigo bomba atómica. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de outubro de 2013 ás 22:17 (UTC)[responder]
Estou dacordo sempre e cando os dous dous artigos non teñan cabida por eles soos. Un saudoAlfonso mande 20 de outubro de 2013 ás 04:19 (UTC)[responder]
Na lista de meta, que é a que marca a clasificación, só ten o artigo nuclear weapon, tes a lista aquí, pero revisando as cousas ó mellor a fusión debería ser ó revés de bomba atómica a arma nuclear.... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de outubro de 2013 ás 20:49 (UTC)[responder]

III Encontro de Conservación e Restauración[editar a fonte]

Comentáronme que o 13, 14 e 15 de novembro no museo de Pontevedra realizarase o III Encontro de Conservación e Restauración, aviso por se a alguén lle puidera interesar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de novembro de 2013 ás 00:50 (UTC)[responder]

Para quen lle poda interesar[editar a fonte]

Boas! A música clásica é un tema que (quitando biografías de algúns compositores e os artigos sobre a ópera) non está moi explorado, por eso creei unha subpáxina na que traballar para ampliar os artigos no que se refire a este tema (directores de orquestra, intérpretes, compositores e obras) tomando como punto de partida a actual tempada da Orquestra Sinfónica de Galicia, de xeito que o feito de ir completando os artigos que non temos da lista (moitos deles tampouco están en castelán) permita á xente interesada consultalos en galego antes do concerto. Quen estea interesado en participar ten a lista en Usuario:Piquito/Tempada OSG. Saúdos!! Piquito (conversa) 5 de novembro de 2013 ás 22:11 (UTC)[responder]

Incluín tamén os dous programas que non se van facer na Coruña e os programas previstos da Orquestra Xove (dous aínda teñen repertorio por determinar). Piquito (conversa) 6 de novembro de 2013 ás 11:43 (UTC)[responder]

Artigos pagados na wiki inglesa[editar a fonte]

No periódico El Diario publicaron un artigo sobre artigos da wiki inglesa que foron encargados a unha empresa que cobra por estos servicios. Tiveron que borrar ata 250 contas que se adicaban a iso, tedes o artigo nesta ligazón. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de novembro de 2013 ás 23:35 (UTC)[responder]

Artigos de calidade noutras Wikipedias[editar a fonte]

Boas!! Dende hai algún tempo me veño fixando que na nosa wiki non se pode ver nun artigo en qué linguas é artigo de calidade. Por que pasa eso? Nas outras wikis vense os nosos artigos de calidade, penso que deberiamos mostrar dun xeito visual os artigos de calidade e destacados das outras wikis, non credes? Piquito (conversa) 2 de xaneiro de 2014 ás 00:46 (UTC)[responder]

Si, eu tamén me decatei fai un tempo que xa non aparecen as estrelas dos artigos de calidade nos interwikis, teño pendente investigalo cando teña un momento... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de xaneiro de 2014 ás 09:15 (UTC)[responder]
Feito! Feito! Grazas á axuda de Usuario:Vriullop, da wiki en catalá, amañouse este problema. Houbo que actualizar o código da función linkFA en MediaWiki:Common.js. Se non vos aparece ben teredes que borrar a caché da páxina (en Firefox é con CTRL+F5) para que volva a cargala. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2014 ás 09:30 (UTC)[responder]

Conversa do Reino de León[editar a fonte]

Boas, deixei unha mensaxe na conversa do reino de León, posto que penso que xa vai sendo hora de arranxar este artigo e chegar a un punto neutro no que a postura histórica galega e a tradicional do resto de España podan confluir. --AMPERIO (conversa) 8 de xaneiro de 2014 ás 12:27 (UTC)[responder]

Ollo! Non pretendo empezar unha guerra sobre que reino existíu ou cal deixou de existir. --AMPERIO (conversa) 8 de xaneiro de 2014 ás 12:28 (UTC)[responder]

Votación para borrar[editar a fonte]

Hai aberta unha Wikipedia:Votacións para borrar/Pyltsa (cantante). Participade, por favor. --. HombreDHojalata.conversa 11 de xaneiro de 2014 ás 18:25 (UTC)[responder]

Wikipedia:Wikiproxecto Estradas[editar a fonte]

Recentemente creei o Wikipedia:Wikiproxecto Estradas, co obxectivo de mellorar e completar os artigos sobre estradas, que por desgraza son poucos e xeralmente, curtos. Pero ten algo de bo, xa que todavía se pode coordinar a maneira en que se van facer.
Por iso, propóñolle a todos aqueles que vaian a redactar artigos sobre este tema, que participen no Wikiproxecto, propoñendo e votando solucións para as cuestións que se presenten. --Pontevedra78/Conversa 14 de xaneiro de 2014 ás 21:44 (UTC)[responder]

Bispos de Bretoña[editar a fonte]

Boas, só unha pequena dúbida. Temos os artigos de Sonna de Bretoña e Susa de Bretoña como persoas separadas. O caso é que andaba a procurar referencias disto e tanto no libro Episcopologio mindoniense como na monumental obra España sagrada aparecen como bispos Mailoc, Metopio, Sonna e Bela:

  • O Sonna do VII Concilio de Toledo asinaba Sonna sanctae ecclesiae Britoniensis, etsi indignus epicopus, haec statuta definiens subscripsi
  • O Susa do VIII Concilio, no nome do cal asinaba o seu vigario (uicarii episcoporum) Mactericus presbyter Sosani episcopi Britaniensis

Ditas obras consideran que Susa e Sonna son o mesmo, e non atopo fontes do contrario. Ten sentido, tamén, que Sonna non puidera acudir ao VIII de Toledo por razón de idade, e que por iso enviara un vigario.

Que pensades, credes que hai que fusionalos (eu penso que sí)? Alguén ten fontes do contrario? Grazas! --Norrin_strange (Fala-me) 15 de xaneiro de 2014 ás 11:07 (UTC)[responder]

Eu non sei nada do tema, o único que podo dicir é que no Episcopologio mindoniense non está, pero o problema que atopei é que tampouco está o artigo Bela de Bretoña que tamén temos aquí..., aínda que non sei se fiarme moito porque nese Episcopologio entre Sonna y o seguinte que é Sabarico, hai 200 anos de diferencia, non mandou ninguén en todo ese tempo?? Por outra banda en Internete non hai ningunha información nin de Susa nin de Bela, salvo a relacionada coa wikipedia claro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2014 ás 19:08 (UTC)[responder]
Ben, o tema de Sabarico é que foi o primeiro bispo de Mondoñedo. Coa conquista dos mouros a diocese de Bretoña foi perdida e suprimida. A de Mondoñedo considérase herdeira por ocupar un territorio semellante, mais non son a mesma diocese. Bela, por outra parte, si que aparece nas dúas obras que cito, e son obras serias; mais non Susa, que só aparece en WP. Creo que habería que fusionar os artigos, mais agardarei por se hai algunha opinión mais. --Norrin_strange (Fala-me) 16 de xaneiro de 2014 ás 07:53 (UTC)[responder]

Eu non entendo, mais se non hai referencias a un dos dous en dúas obras de referencia o eliminaría. Eu o que diga Norrin, que é o que sabe e ten fontes fiables. Un saúdo! Piquito (conversa) 16 de xaneiro de 2014 ás 09:03 (UTC)[responder]

Segundo Simon Young en Britonia: camiños novos Sonna e Sosani (Susa) son con toda probabilidade a mesma persoa. Así e todo hai que ter coidado ao empregar bibliografía antiga (como é o caso de España Sagrada, do século XVIII), hoxe dubidase (sen que se poida afirmar a falta de documentos) que desaparece pola invasión musulmá, a última mención a un bispo de Britonia é do ano 675 e segundo Young non acudiu ningún bispo de Britonia aos concilios dos anos 681, 683, 684, 688 nin no 693.--Sernostri (conversa) 16 de xaneiro de 2014 ás 09:39 (UTC)[responder]
Sernostri, podes darme a referencia completa do que afirmas (páxina, isbn, editorial, e a cita entre comiñas)? Penso que é a definitiva para afirmar que son a mesma persoa. Grazas! --Norrin_strange (Fala-me) 16 de xaneiro de 2014 ás 11:07 (UTC)[responder]
Simon Young (2002) Britonia: Camiños novos Toxos Outos isbn 8495622580. Na páxina 40: "Sosani: ¿un xenitivo ou variante de Sonna? As datas fan posible que poida ser o mesmo individuo" e nunha nota a pé de páxina sinala que foi Flórez quen fixo esta suxestión e que seguiron moitos outros escritores, pero non dá unha lista remite a García Moreno (1974) Prosopografía del Reino Visigodo de Toledo, p. 158. Na p. 41 "e se aceptamos que Sosani e Sonna son a mesma persoa". Como podes ver el non di expresamente que son a mesma persoa, non hai documentación suficiente para dicir tallantemente se foron ou non a mesma persoa (nin sequera se houbo máis bispos) pero asume como fan a maioría dos autores, polo que nos di García Moreno (polo menos ata 1974), que é a mesma persoa.--Sernostri (conversa) 16 de xaneiro de 2014 ás 12:09 (UTC)[responder]
As fontes parece que sinalan que hai un consenso en que probablemente son a mesma persoa, pero non se pode asegurar tallantemente pola pouca documentación da época, creo logo que o mellor sería metelos nun único artigo sinalando que se presume que é a mesma persoa pero que non hai certeza absoluta, penso que sería o máis razoable segundo as fontes que temos.--Sernostri (conversa) 16 de xaneiro de 2014 ás 14:54 (UTC)[responder]

Como botaba de menos isto... Dentro dunha semana estarei de volta por estes lares. Ídeme preparando a lista de tarefas pendentes (xa vin que teño algunha...), que veño con ganas. E bulide!, que a oferta está limitada ás primeiras 100.000 peticións*.

* Ou ata esgotamento dun servidor.

PD: Boa idea iso da malla de artigos. Sería bo comezar polos artigos máis vellos marcados con {{Atención}} e ir avanzando no tempo, que hai algún que está desde 2007 nesa situación! --Toliño Fala aquí comigo 19 de xaneiro de 2014 ás 09:46 (UTC)[responder]

Xenial!, eu téñoche unha boa preparada :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xaneiro de 2014 ás 16:17 (UTC)[responder]

Toponimia do Camiño Primitivo[editar a fonte]

Teño unha dúbida. Non sei se o máis correcto é utilizar a toponimia asturiana dos lugares que atravesa o Camiño Primitivo nesta comunidade, ou utilizar a toponimia castelá. Eu, sinceramente, prefiro a primeira e mentres non se diga o contrario seguirei facéndoo. A decisión ten consecuencias, xa que temos artigos sobre algúns lugares, na súa forma castelá (temos Oviedo e non Oviéu, pero Xixón e non Gijón), o que obrigará a redireccionar; e logo a forma que, por coherencia, se deberá utilizar nos topónimos vascos cando faga o artigo sobre o Camiño do Norte (por Irún, Guernica, ata Cantabria; agora, por exemplo, temos Irun (sen til), Gernika-Lumo e Donostia). Espero suxestións. Pedro --Lameiro (conversa) 2 de febreiro de 2014 ás 19:12 (UTC)[responder]

Oviedo e Xixón son as formas galegas tal como recolle o DRAG en ovetense e xixonés, unha coincide co castelán e outra co asturiano. Pero se non hai forma galega a norma creo que é coller a forma oficial, creo que moitos concellos asturianos xa teñen o topónimo asturiano como oficial polo menos na toponimia menor, se as dúas formas son oficiais, que creo que é así no caso dos nomes dos concellos o lóxico sería collermos a forma en lingua asturiana para os artigos da Galipedia, salvante claro os concellos asturianos de fala galega.--Sernostri (conversa) 2 de febreiro de 2014 ás 19:36 (UTC)[responder]
Atopei a páxina de toponimia oficial asturiana [2], onde fala de recuperación da toponimia tradicional e derogación da toponimia en castelán, agás que teña arraigo popular.--Sernostri (conversa) 2 de febreiro de 2014 ás 19:42 (UTC)[responder]
Non entendo o argumento: 1º a forma asturiana oficial, 2º se hai forma galega (Oviedo) prima sobre a forma asturiana (Oviéu), 3º nos concellos asturianos de fala galega, a forma galega. ¿Sería algo así o que suxires? Non o entendo porque o criterio 2 contradí o punto 1; e no 3 non sei se haberá contradicións. Mirarei de seguir esa páxina de toponimia. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 2 de febreiro de 2014 ás 21:16 (UTC)[responder]
O que pretendía suxerir é para os concellos asturianos que non sexan de fala galega: 1º forma galega cando a hai (así Oviedo e Xixón consideradas formas galegas por aparecer no DRAG nos xentilicios ovetense e xixonés) 2º forma oficial (cando a forma oficial sexa bilingüe escoller o topónimo en asturiano) . --Sernostri (conversa) 2 de febreiro de 2014 ás 21:22 (UTC)[responder]
Pero é como no resto da toponimia: Londres, forma galega, prima sobre London; a opción sería tan só escoller cando hai dúas formas oficiais, a asturiana.--Sernostri (conversa) 2 de febreiro de 2014 ás 21:25 (UTC)[responder]

Concerto[editar a fonte]

Os vindeiros días 21 e 22 de febreiro, a Orquestra Sinfónica de Galicia en colaboración co Centro Coreográfico Galego ofrecerán no Palacio da Ópera da Coruña o ballet de Tchaikovski A bela adormecida. Segundo teño entendido, a sesión do venres é unha versión reducida e a do sábado é o ballet completo. Os prezos se non lembro mal son de 5€ para os adultos e 2€ para os nenos (tremendamente económicos) para as dúas sesións. Os dous eventos están dentro da serie de concertos en familia da orquestra coruñesa. Se alguén quere asistir o mellor será que se poña en contacto coa orquestra (non sei se o procedemento é igual que nos programas de tempada). Non é habitual a programación de ballet en Galiza, polo que é unha boa oportunidade para todo aquel ao que lle interese ou se quera achegar a este xénero. Deixo a ligazón á nova na web da orquestra aquí. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de febreiro de 2014 ás 11:10 (UTC)[responder]

Grazas polo aviso Piquito, eu estou bastante liado estas semanas e non creo que poida ir pero a información é moi interesante e avisarei a outra xente por se lle interesa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2014 ás 12:45 (UTC)[responder]

María Victoria dal Pozzo[editar a fonte]

Boas, teño unha dúbida sobre cal debe ser o criterio a seguir con respecto ao nome desta raíña consorte que foi a muller de Amadeo I de España. O problema o temos en se habería que traducir o nome completo por María Vitoria do Pozo como se fai no caso doutras raíñas e do apelido Borbón-Dúas Sicilias ou polo contrario quedaría como María Victoria dal Pozzo. Polo que teño visto no resto de wikis o único que traducen é o Victoria, pero prefiro asegurarme e consultar o criterio a seguir neste caso. --AMPERIO (conversa) 18 de febreiro de 2014 ás 21:25 (UTC)[responder]

Xeralmente o que se traduce é a dinastía, que non sempre é realmente o apelido, os reis, e outros membros da familia real, británicos non tiveron oficialmente apelido ata 1917, no caso Borbón coincide a dinastía co apelido. Para a que foi raíña de España, o correcto habería ser María Vitoria dal Pozzo, traducindo o nome pero non o apelido, que non forma parte de dinastía real ningunha. --Sernostri (conversa) 18 de febreiro de 2014 ás 21:32 (UTC)[responder]
Ok perfecto, moitas gracias! Un saúdo--AMPERIO (conversa) 18 de febreiro de 2014 ás 21:53 (UTC)[responder]

Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas[editar a fonte]

Lembrovos que aínda seguen abertas as votacións para os artigos de abril e maio. Ánimo e votade! --AMPERIO (conversa) 19 de febreiro de 2014 ás 16:38 (UTC)[responder]

Wikimedia España en contra da URAA[editar a fonte]

A asociación Wikimedia España ven de enviar unha carta á Fundación Wikimedia en apoio da petición de Wikimedia Israel para que se posicione e actúe en contra da lei URAA estadounidense. A URAA é unha lei dos Estados Unidos, onde se aloxan os servidores da Fundación, que restaura os dereitos de autor dalgunhas obras que xa estaban no Dominio Público afectando a contidos actuais e futuros de Commons. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de febreiro de 2014 ás 23:15 (UTC)[responder]

A Fundación Wikimedia respondeu ás peticións de WMES e WSIS de manter as imaxes afectadas pola URAA en Commons, aquí, indicando que non vai a borrar ningún destes contidos ata que reciba unha orde xudicial para facelo e por iso non recomenda ás comunidades que borren eses contidos ata se teña esa orde xudicial. A raíz desta comunicación solicitouse no taboleiro dos administradores de Commons que se restauraran as imaxes que xa se borraron en Commons por este motivo, aquí, pídovos que apoiedes a iniciativa (só hai que poñer {{s}} e a firma) para que se recuperen en Commons moitas imaxes de gran valor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2014 ás 09:56 (UTC)[responder]

Denuncia contra editor da Wikipedia[editar a fonte]

Dimitris Liourdis, un avogado administrador na Wikipedia en grego, foi denunciado xudicialmente por Theodoros Katsanevas, un político grego, sobre certas achegas ó seu artigo da Wikipedia. Liourdis podería ter unha dura setenza se perde o xuízo. Os gastos da súa defensa están cubertos pola Fundación Wikimedia a través do Legal Fees Assistance Program.

Os procedementos legais comezaron sobre a base dunha frase engadida nunha das 22 edicións de Liourdis no artigo, e que indicaba que Katsanevas foi castigado como unha "desgraza" no testamento de Andreas Papandreou, que era o seu sogro. Aínda que Lioudis non engadira ningunha fonte cando fixo a achega, cando se comezaron as accións legais xa había varias referencias fiables desa información. A wikipedia en inglés mantén a información con oito fontes.

Máis datos aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de febreiro de 2014 ás 09:42 (UTC)[responder]

Claudio Abbado[editar a fonte]

Ola! Veño de pechar a proposta para artigo de calidade de Claudio Abbado. A participación foi prácticamente nula (só votou Usuario:AMPERIO), podédesme dicir por que non participáchedes? Non entendo como despois da gran participación que houbo na votación de Manuel Quiroga Losada (onde houbo 9 votos), non participou case ninguén nesta a pesar de que o artigo era de actualidade e de calidade notablemente superior ao do violinista pontevedrés (eu fun o maior editor dos dous e creo que podo asegurar que é así), por outra banda, Abbado foi unha personalidade moito máis destacada que Quiroga (nos guste ou non), como se pode ver comparando o número de interwikis (Abbado foi un dos mellores directores do pasado século e principios deste, dirixiu ás mellores orquestras do mundo, foi titular da mellor orquestra do mundo -canto menos dunha das 3 mellores-, do teatro de ópera máis emblemático e coñecido do mundo, dirixiu dúas veces o evento da música clásica máis mediático -o Concerto de Aninovo- á fronte dunha das 3 mellores orquestras do mundo...). Creo que pouco máis pode incluírse sobre o director italiano, o artigo estaba referenciadísimo, tiña bibliografía, ligaba a páxinas externas e documentais sobre Abbado, ligaba a proxectos irmáns, ben categorizado, con caixas de sucesión das principais institucións para as que traballou, nos últimos días da votación mesmo ampliei un artigo que xa era moi completo no momento en que o propuxen e lle engadín artigos principais e categorías das orquestras que dirixiu. Tería agradecido aínda que fora algún comentario que expuxera os problemas e carencias que puidera ter o artigo e solucionalos (canto menos tentalo). Por favor, que teñen artigos como Manuel Quiroga Losada, Valentín Paz-Andrade ou Ramón Piñeiro que non teña o de Abbado? Máis referencias non, máis contido non creo. Que pasou? Piquito (conversa) 5 de marzo de 2014 ás 11:34 (UTC)[responder]

  • Eu falo por min: non o lin, porque non tiven tempo. De feito, comecei hoxe a lelo, mais pechaches a votación. Non sei porqué hai necesidade de pechar a votación, até onde sei eu, as votacións teñen duración mínima, non máxima. Persoalmente, á hora de valorar artigos, os "de calidade" están en derradeiro lugar nas miñas lecturas, xa que non teñen a urxencia dos que van a portada. --Norrin_strange (Fala-me) 5 de marzo de 2014 ás 12:37 (UTC)[responder]
Norrin, a pechei porque a tiña que pechar, se a norma indica 30 días eu non podo facer nada, o único que podes facer é pedir que o período de votación se prolongue ou non se establezca un máximo, aínda que creo que non poñer máximo pode levar a votacións eternas, pero se a comunidade o quere así, para adiante. Piquito (conversa) 5 de marzo de 2014 ás 13:08 (UTC)[responder]
Estou a piques de pechar eu outra votación con moi baixa participación. Sei o que supón e compréndoche. É un feito que na Galipedia uns temas teñen mais pulo que outros, e isto vai ser sempre así. --Norrin_strange (Fala-me) 5 de marzo de 2014 ás 13:20 (UTC)[responder]
Considero que as votacións a artigos de calidade son moi importantes, e prefiro participar nelas só se teño algunha idea sobre os mesmos: como pontevedrés sei algo da vida e obra de Valentín Paz-Andrade e Manuel Quiroga Losada; fun mirar partidos do Celta de Vigo; lin bibliografía sobre o caso do metílico; fun a Praga e paseei pola catedral de Santiago de Compostela. Aínda que non son especialista neses eidos, si que teño unha mínima noción para saber se os datos están ben presentados. Pero non me quero mollar e darlle o status de artigo de calidade a un sobre o que non teño a menor idea. Non sei se o artigo de Claudio Abbado é caralludo ou mediocre, non sei se ten problemas ou carencias, e non me vexo capacitado para opinar. Estou francamente encantado con que haxa xente que colabora en artigos sobre unha proteína, un concello de Xapón ou unha ópera do século XVIII, pero non son quen de colaborar nos mesmos nin avalialos. --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de marzo de 2014 ás 12:40 (UTC)[responder]
Eu, en calquera caso, penso que non é necesario ser experto para valorar o artigo e, de feito, na súa escolla débese ter en conta que non ten que extar orientado a expertos, senón ao público xeral. Non podemos cinguirnos aos temas sobre os que somos expertos, porque senón teríamos 4 artigos.--Norrin_strange (Fala-me) 5 de marzo de 2014 ás 13:20 (UTC)[responder]
Eu nin sequera reparei nel, entro pouco no portal da comunidade. Debería haber outro xeito de notificar as votacións importantes. E se estivera a votación aberta, votaría a favor. Temos un bo artigo sobre unha gran personalidade, e iso hai que destacalo. Pontevedra78·conversa 5 de marzo de 2014 ás 16:31 (UTC)[responder]
Non me queixo de que non saíra, o que non entendo é por qué non creou o máis mínimo interese pese a ser de actualidade e sobre unha personalidade moi destacada. O que me extraña é que tan só unha persoa votara e ningunha fixera tan sequera un comentario sobre aspectos a mellorar, se votan sete persoas e a maioría votan en contra se acepta e se intenta consultar qué cousas ven mellorables para solucionalas, mais pechar unha votación e rexeitar un artigo por non chegar a un mínimo de votos é o realmente desmoralizante. Piquito (conversa) 6 de marzo de 2014 ás 09:40 (UTC)[responder]
Eu non tiven tempo de revisar o artigo, gustaríame ter podido revisalo pero desta vez non me coincidiu ben. Por outra banda coincido con Norrin en que non hai que ser un experto para valorar un artigo, hai moitas cousas que poden ser revisadas sen ter coñecemento dun tema e que nos dan unha visión da calidade do artigo. E se con esa revisión non se quere votar iso non quita para que se poidan facer comentarios de mellora sobre el, se fai falta revisión ortográfica, se hai que mellorar a redacción, se hai partes que deben explicarse mellor para facilitar a lectura ós usuarios menos entendidos, avisar de falta de referencias, etc. Sobre o tema que comenta Pontevedra78 de que non reparou nel: hoxe á noitiña farei unha proposta noutro fío para tentar solucionar isto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2014 ás 13:40 (UTC)[responder]

Abrindo unha nova fronte... os títulos dos artigos![editar a fonte]

Boas a todos! Hai unha morea de traballo que facer, e unha morea de tarefas pendentes, xa o sei... porén prégovos que opinedes nisto. Como sabedes, a Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos non é unha política oficial, pois (penso eu) quedou en proceso de definir.

Como esta é unha tarefa realmente enorme, teño a idea de que poderíamos fragmentala, e comezar, por exemplo unha Wikipedia:Nomes propios de persoas e, cando estea aprobada, pasar a outro tema, qué vos parece?

Penso que agardar a listar todos os temas e definir unha "megapolítica" de títulos significa non facelo nunca, porque somos poucos e hai moito que facer. Como Xabier Cid fixo cos exotopónimos (que xa é oficial), podemos ir facendo con outros temas. --Norrin_strange (Fala-me) 6 de marzo de 2014 ás 15:25 (UTC)[responder]

Concordo Pois eu véxoo ben. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 6 de marzo de 2014 ás 15:29 (UTC)[responder]

(ACTUALIZO: A proposta xa está creada e pode (e debe) ser debatida.) --Norrin_strange (Fala-me) 6 de marzo de 2014 ás 15:56 (UTC)[responder]

Visor da Xunta que mostra os límites de concellos e parroquias e localiza lugares do Nomenclator[editar a fonte]

Non sei se o coñecedes pero eu atopeino hoxe, nesta ligazón hai un visor que buscando por concello e por parroquia mostra os seus límites no mapa. Tamén localiza lugares do Nomenclator. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2014 ás 17:56 (UTC)[responder]

Excelente ferramenta. --. HombreDHojalata.conversa 8 de marzo de 2014 ás 10:36 (UTC)[responder]

Aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Este sábado, a nosa wiki fai 11 anos. É un número especial, polo tanto, e como vexo que non se falou nada, poderíase facer un logo especial para a ocasión e amosar unha pequena mensaxe de benvida. En definitiva, algo sinxelo para a data, pero que nos recorde que isto xa leva funcionando máis dunha década. Pontevedra78·conversa 6 de marzo de 2014 ás 21:25 (UTC)[responder]

Paréceme unha boa idea facer algo sinxelo para celebrar o aniversario da Galipedia. --AMPERIO (conversa) 6 de marzo de 2014 ás 22:15 (UTC)[responder]
Proposta de logo para o 11 aniversario
Fixen un logo (moi sinxelo) para o 11 aniversario. Que vos parece?--AMPERIO (conversa) 6 de marzo de 2014 ás 22:49 (UTC)[responder]
É un bo concepto, mais eu optaría por poñer '11 ANOS' e a bandeira civil, que penso que representa mellor a todos. Pontevedra78·conversa 6 de marzo de 2014 ás 23:04 (UTC)[responder]
A min paréceme ben. --Norrin_strange (Fala-me) 7 de marzo de 2014 ás 08:15 (UTC)[responder]
A ver que vos parece éste:

O Inkscape facíame un ficheiro png de baixa calidade, por iso a cargo en svg. Se finalmente é aceptada, tentaría con outros programas, ademais de que a fonte que empreguei non a mostra ben nesta versión. Pontevedra78·conversa 7 de marzo de 2014 ás 14:59 (UTC) Última revisión Pontevedra78·conversa 7 de marzo de 2014 ás 17:48 (UTC)[responder]

Gústame máis esta proposta pero a estrela ten moitas aristas, poderías facer unha proba con outra forma? Quizais unha especie de flor, similar a esta...(quitándolle o círculo central)? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2014 ás 20:38 (UTC)[responder]
Sí que podo Elisardojm, a ver que sae. Pontevedra78·conversa 7 de marzo de 2014 ás 21:55 (UTC)[responder]
Finalmente escollín outra flor, porque non me gustaba o resultado que daba esa, pero espero que esta sexa do agrado de todos :). Saúdos, Pontevedra78·conversa 7 de marzo de 2014 ás 22:19 (UTC)[responder]
O da flor a min non me acaba de convencer de todo. --AMPERIO (conversa) 7 de marzo de 2014 ás 22:29 (UTC)[responder]
A min, tanto a estrela de 11 puntas como a flor gústanme. Daríame tempo, se houbese outra idea, a facer unha última proposta. Pontevedra78·conversa 7 de marzo de 2014 ás 22:33 (UTC)[responder]
A min o logo da flor me lembra un pouco a Pucca! É de agradecer que usuarios se preocupen por estas cousas, mellor Pucca que nada!! Piquito (conversa) 7 de marzo de 2014 ás 23:33 (UTC)[responder]
Non me fixara eu nese detalle :). En tanto que estamos no día de autos e ninguén se opón a última revisión, calquer admin podería proceder a cambialo, xa que inda que son usuario autoconfirmado como se require para isto, non me permite facelo. Saúdos, Pontevedra78·conversa 7 de marzo de 2014 ás 23:42 (UTC)[responder]
A verdade é que prefiro a variante da estrela, tal vez con menos puntas como dicía Elisardojm. --AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2014 ás 00:19 (UTC)[responder]
Finalmente, como non me parecían axeitadas as probas que fixen con menos estrelas, mirei os logos conmemorativos anteriores e fixen este novo. Pontevedra78·conversa 8 de marzo de 2014 ás 01:01 (UTC)[responder]

Xa para finalizar este tema, a próxima vez deberíamos recordar antes as datas sinaladas, e incluso preparar xa os logos, para estar xa consensuado. Pontevedra78·conversa 8 de marzo de 2014 ás 10:25 (UTC)[responder]

Boas! Xa está creada a proposta de política de nomes propios de persoas, WP:NPP. Aínda está en proceso de consenso, e sería boa cousa as vosas achegas, para ter un texto que suscite o maior consenso posible antes de sometelo a votación. Grazas! --Norrin_strange (Fala-me) 10 de marzo de 2014 ás 14:23 (UTC)[responder]

Está aberto o debate para definir os procedementos para titular os artigos sobre infraestruturas e as liñas de transporte. É interesante que a comunidade se implique para ir definindo pouco a pouco unha política xeral e oficial de nomes de artigos. Pontevedra78·conversa 10 de marzo de 2014 ás 17:30 (UTC)[responder]

Mención[editar a fonte]

Boas, fixen un pequeno modelo que creo que pode ser interesante. Permite, como ben di o seu nome, mencionar aos usuarios, para que lles apareza unha notificación. Pontevedra78·conversa 12 de marzo de 2014 ás 15:35 (UTC)[responder]

Inda está en probas, pois atopeime cun erro inesperado.Pontevedra78·conversa 12 de marzo de 2014 ás 15:47 (UTC)[responder]

Vendo que se está a procurar normalizar as normas para os títulos dos artigos, crin oportuno crear unha proposta para unha futura política para titular aos artigos sobre obras de música clásica. A proposta está en proceso de consenso, polo que agradecería as achegas de toda a comunidade para crear unha política que deixe claros todos os casos posibles para facilitar o traballo no futuro e o de posibles novos editores neste campo. Piquito (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 16:59 (UTC)[responder]

Bordes nos modelos[editar a fonte]

No Wikiproxecto modelos estamos a ter un debate sobre se algúns (ou todos) os modelos de caixas deben levar un borde similar ao que teñen os modelos Vía e Estadio ou se se mantén como ata agora.

Na miña opinión, despois de facer diversas probas, o borde de 4px queda bastante ben cando é dunha cor distinta ao negro. As caixas, sobre todo as de información, teñen bastante importancia nos artigos onde se empregan, e por tanto, isto fainas destacar.

Agora, debemos ter certo consenso para seguir e como seguir, ou pola contra, volver ao anterior estilo. Pontevedra78·conversa 13 de marzo de 2014 ás 17:23 (UTC)[responder]

Para mín os bordes son totalmente antiestéticos, usábanse nos comezos noutras wikis pero acabaron desaparecendo. Danme persoalmente a sensación de ser impropios dunha enciclopedia. Evidentemento é a miña apreciación persoal. Tampouco creo que o infobox teña que destcar máis co artigo, penso que é ao contrario, o infobox é só un resumo dos principais datos que se poden atopar ao longo do texto.--Adorian (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 21:56 (UTC)[responder]

A verdade e que prefiro os modelos anteriores, son máis serios e apropiados na miña opinión, coma os das demais wikipedias. Son nova na Galipedia, pero penso que se achega máis, por dicilo de alguna maneira, á imaxe que creo que debería transmitir a Galipedia. O problema que atopo agora e descubrir que en varios artigos xa hai distintos modelos, o que queda francamente mal. Crisky (conversa) 13 de marzo de 2014 ás 22:33 (UTC)[responder]

Crisky, no da homoxeneidade estamos a traballar ;) --Norrin (Fálame) 14 de marzo de 2014 ás 07:50 (UTC)[responder]

Borrado dos modelos substituídos por Vía[editar a fonte]

Boas. Non sabía moi ben onde poñer esto, mais creo que vai mellor aquí.

Agora que xa está asentado o modelo:Vía, penso que é momento de decidir que facer con Modelo:Estrada, Modelo:Estrada primaria básica, Modelo:Estrada primaria complementaria, Modelo:Estrada secundaria, Modelo:Estrada provincial, Modelo:Autovía e Modelo:Estrada nacional.

Na miña opinión, o "Estrada", que é o modelo nai do resto, debe permanecer coma "Xacemento Galipédico", pero o resto poderíanse eliminar directamente. Cal é a vosa opinión? Pontevedra78 conversa 14 de marzo de 2014 ás 20:28 (UTC)[responder]

É verdade Pontevedra78!, xa me comentaras isto pero como tiña tantas cousas pendentes fóiseme o santo ó ceo, perdoa! Pois non sei, se xa non se usan en ningún sitio supoño que se poderán borrar, xa non teñen utilidade, pero hai que ver se alguén prefire facer outra cousa... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2014 ás 07:38 (UTC)[responder]
Feito! Borradas e parabéns polo traballo! --. HombreDHojalata.conversa 15 de marzo de 2014 ás 20:18 (UTC)[responder]

xornadas sobre a Galipedia[editar a fonte]

A asociación estudantil Comités contactou comigo para organizar unhas xornadas arredor da Galipedia na facultade de filoloxía da USC; o martes 25 haberá unha sesión introdutoria máis teórica, e o xoves 27 haberá unha sesión práctica. Será benvida a presenza de quen queira vir colaborar ou escoitar. Xa cando sexa farei unha crónica. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de marzo de 2014 ás 12:09 (UTC)[responder]

Moi ben!, a ver se pouco a pouc a universidade vaise achegando máis ó proxecto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de marzo de 2014 ás 18:18 (UTC)[responder]
Xa contarás. Fai algo de proselitismo por eses lares.Servando2 (Dime) 19 de marzo de 2014 ás 21:35 (UTC)[responder]

Engadín á lista de artigos solicitados a sección Educación. Nela están polo momento soamente os institutos históricos galegos que inda non teñen artigo. Desenvolvín o Modelo:Centro educativo non universitario para empregar neles. É, na miña opinión, importante ir facéndolles o artigo. Non é complicado atopar a información, pois soen ter na web un apartado de Historia, mais non adoitan ser moi completos. Seguramente poidades atopar información no BOE e no DOG. Saúdos, Pontevedra78 conversa 26 de marzo de 2014 ás 21:04 (UTC)[responder]

E que tal contactar con xente deses IES e animalos a que os fagan eles? e de paso algún outro máis... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 22:09 (UTC)[responder]
Paréceme boa idea. Pontevedra78 conversa 26 de marzo de 2014 ás 22:26 (UTC)[responder]
Hai unha cousa que non me queda clara revisando as normas. Seguramente hai información que provén dos mesmos autores dos artigos (profesores, alumnos), como se referenciarían as afirmacións que poidan facer? Pontevedra78 conversa 26 de marzo de 2014 ás 22:28 (UTC)[responder]
Como tódolos artigos, as cousas que saian do "normal" e estén sen referenciar poderán ser borradas cando as detecte outro usuario. O que estou pensando agora é que isto podería chocar con Wikipedia:Conflito de intereses... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 08:46 (UTC)[responder]
Sempre que a aportación sexa boa, penso que deberíamos abrir a man á participación dos membros da comunidade educativa, e incluso poderíase animar aos institutos que vaian a participar con fins didácticos a crear ou mellorar o artigo sobre o centro. Falando disto, creo que deberíamos revisar e aprobar unha política para as mencionadas participacións didácticas. Saúdos, Pontevedra78 conversa 27 de marzo de 2014 ás 20:43 (UTC)[responder]

Uso dos topónimos en galego[editar a fonte]

Boas, veño de mudar as ligazóns a "Toulouse" por ligazóns a "Tolosa", que é o topónimo en galego segundo a RAG (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tolosano.), e veño observando que hai certa tendencia a empregar nomes non galegos nos artigos, especialmente no caso de nacións con linguas minorizadas. Eu entendo que haxa xente que non sepa que Toulouse é Tolosa en galego, ou que Narbonne é Narbona... porén, escribir Iruña no canto de Pamplona é deliberado, e xa non digamos escribir Éire (ver ligazóns!) no canto de Irlanda. Isto leva a un traballo de corrección posterior, do que poderíamos prescindir. Se na WP seguimos a RAG, e a RAG di que é Pamplona ou Oviedo, iso deberemos seguir. Do mesmo xeito que corriximos as faltas de ortografía, deberíamos tentar corrixir isto: e que, escribir Éire no canto de Irlanda é como escribir Shqipëria no canto de Albania. --Norrin (Fálame) 1 de abril de 2014 ás 13:33 (UTC)[responder]

Pero o que comentas xa foi aprobado no último cambio da política de Wikipedia:Toponimia, asumo que as ligazóns a esas páxinas son anteriores á modificación da política e que haberá que ir amañándoas pouco a pouco. Por outra banda, se algún usuario sigue usando eses nomes para os artigos haberá que comentarlle os cambios na política por se non se decatou desa modificación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de abril de 2014 ás 23:17 (UTC)[responder]

Toponimia de Irlanda[editar a fonte]

Boas, un par de notas sobre a aplicación de Wikipedia:Toponimia a Irlanda, a modo de axuda.

  1. Irlanda é o nome galego do país, non "Éire" (ga) nin "Ireland" (en).
  2. A parte do país, só teñe (ou eu só teño constancia) nome galego a capital, Dublín, non "Baile Átha Cliath" (ga) nin "Dublin" (en).
  3. Como regra xeral, no país son oficiais os topónimos en inglés e en gaélico, polo que poden empregarse (seguindo o criterio do 1º editor) calquera dos dous.
  4. Excepción a isto son as poboacións dos Gaeltacht, onde só é oficial a forma irlandesa.

Espero que isto sirva de axuda. --Norrin (Fálame) 2 de abril de 2014 ás 09:02 (UTC)[responder]

Camiños de Santiago[editar a fonte]

Quero diferenciar o Camiño Francés (desde case Roncesvalles) do que serían as catro vías que baixan por Francia, das que temos artigo para dúas e nos falta artigo para as outras dúas. Creo que non caben no mesmo artigo as etapas por España e as etapas por Francia, pero ¿Como agrupar esas catro vías francesas baixo un mesmo título? ¿Podería valer algo así como Camiños de Santiago en Francia? (sería preferible en plural porque son catro, pero tamén é certo que o Camiño Portugués son dous e vai en singular). A elección dese título vai máis alá do propio artigo pois afectará tamén á categoría, na que haberá que clasificar o propio artigo, os catro artigos correspondentes ás catro vías e mais tódalas localidades do Camiño en Francia (hoxe por hoxe, temos 18, aínda que mal categorizadas, dentro das localidades do Camiño Francés). Espero ideas. Pedro --Lameiro (conversa) 5 de abril de 2014 ás 22:21 (UTC)[responder]

Eu entendo que debería ir en plural, e Camiño Portugués movido ao plural. Gústame tamén o título de "Camiños de Santiago en Francia". Ou seixa un artigo de "Camiño Francés" e mover o actual Camiño Francés a Camiño Francés en España, deixando camiño francés para o conxunto... non sei. O mais sinxelo semella o plural, mais o portugués habería que movelo tamén. --Norrin (Fálame) 8 de abril de 2014 ás 06:56 (UTC)[responder]
Máis dúbidas. Un dos camiños é a chamada Vía da Prata, que vén desde Mérida (ou Sevilla) ata Astorga, aínda que en Zamora xorde unha rama por Verín, Ourense, Silleda e Santiago. O problema é que con ese nome, Vía da Prata, hoxe temos un artigo sobre a vía romana que unía Mérida con Astorga, vía romana que logo utilizaron os peregrinos e que mantivo o nome. ¿Que facemos? a) Dous artigos, un sobre a vía romana e outro sobre o itinerario xacobeo; b) reconverter o que temos nun artigo sobre o camiño de Santiago e relegar o contido sobre a vía romana a unha especie de precednte histórico do actual camiño, unha sección dentro do artigo da vía como Camiño. A primeira alternativa ten o inconveniente do nome do artigo: Vía da Prata é a denominación desta variante do Camiño de Santiago en todolos textos consultados -moitos-, ás veces ampliada como "Camiño do Sueste. Vía da Prata". Espero opinións. Pedro --Lameiro (conversa) 8 de abril de 2014 ás 19:21 (UTC)[responder]
Eu deixaría un artigo para a vía romana. Polo do nome, eu opataría por Vía da Prata (vía romana) e Vía da Prata (ruta xacobea), e deixar Vía da Prata para homónimos, mais sempre tentaría manter a ruta romana, xa que foi antes. Esto non quita que nos dous artigos se poda facer referencia á "outra". Así o vexo eu, pero tampouco é que sexa un experto. Piquito (conversa) 8 de abril de 2014 ás 20:05 (UTC)[responder]
No artigo en castelán da vía da prata (da xacobea) achegan outras denominacións, supoño que xa as verías. Non sei se son moi correctas, pero por se acaso... Piquito (conversa) 8 de abril de 2014 ás 20:08 (UTC)[responder]
En principio gústame a proposta "Vía da Prata (adxectivo)" porque, efectivamente, respecta a entidade da vía romana e, ademais, mantén o nome de Vía da Prata para a ruta xacobea, que, insisto, é o nome utilizado por tódalas fontes. As alternativas do artigo en castelán teñen un importante problema: ata onde eu sei, sonche nomes todos inventados. Como aínda tardarei en meterme coa Vía da Prata (ruta xacobea), haberá tempo para seguir achegando ideas. Pedro --Lameiro (conversa) 8 de abril de 2014 ás 20:26 (UTC)[responder]

Movemento de categorías[editar a fonte]

Boas! Na Categoría:Categorías pendentes de ser movidas hai unhas cantas categorías por mover, e hai moitas mais que cómpre mover que non están alí clasificadas. É un traballo enorme para un só usuario, mais con que todos colaboremos un pouco estará feito en seguida. Só por lembrar os criterios:

  • As categorías do tipo XXXXX por país deben ser movidas a XXXXX por países.
  • As categorías do tipo XXXXX {xentilicio} deben ser movidas a XXXXX de {topónimo}.
  • As categorías do tipo XXXXX de/en Brasil/Canadá/Xapón/etc deben ser movidas a XXXXX do/no Brasil/Canadá/Xapón/etc.
  • As categorías que levan un {topómino} deben empregar, como é o caso do título dos artigos, a forma galega.
  • As categorías do tipo Nados en {topónimo} teñen que empregar a forma simple do topónimo; un exemplo disto é o "Estado de Xalisco": non hai posible confusión con cidade algunha, así que sería Nados en Xalisco, non Nados no estado de Xalisco (cf. Categoría:Nados en Guipúscoa vs Categoría:Nados na provincia de Toledo).

Saúdos! --Norrin (Fálame) 11 de abril de 2014 ás 10:20 (UTC)[responder]

  • A ver. Temos a categoría "Galegos de Canadá" que, por coherencia, habería que mover a "Galegos do Canadá". O caso é que non me parece ben. ¿Non sería máis lóxico, neste caso, "Galegos no Canadá"? Máis: agora ten dúas páxinas, o Centro Galego en Montreal e Xosé Fernández Barcia, que "estivo emigrado en Canadá". Se iso é toda a súa relación con Canadá, non entendo que estea categorizado como "Galegos de/no Canadá". Pedro --Lameiro (conversa) 12 de abril de 2014 ás 19:59 (UTC)[responder]
Eu non concordo moito co tipo de categorías que indica Lameiro, se son galegos son galegos, e se son canadenses son canadenses. Sobre o de Xosé Fernández Barcia... eu retiraría calquer categoría relativa a Canadá a non ser que nacera en Canadá. De manter este tipo de categorías optaría por unha denominación similar á wiki en inglés ("American people of Mexican descent", por exemplo). Piquito (conversa) 12 de abril de 2014 ás 20:44 (UTC)[responder]
Eu entendo que seica no caso dos galegos non é tan importante. Mais pensemos no pobo armenio, ou nos xudeus, ou... hai pobos con membros por todo o mundo. As fronteiras non limitan as nacionalidades, e se se fai con coidado penso que pode facerse ben. Eu mais ben crearía para isto categorías do tipo Estadounidenses de ascendencia irlandesa, Polacos de ascendencia armenia ou semellantes. --Norrin (Fálame) 14 de abril de 2014 ás 07:12 (UTC)[responder]
Ben, a categoría "Categorías pendentes de ser movidas" xa está baleirada, salvo outras que se nos despisten. Sigo esperando suxesións sobre qué facemos coas do tipo "Galegos de Alemaña", "Galegos de Madrid", "Galegos de Venezuela". Temos 22 subcategorías deste tipo en Categoría:Emigración galega. Pedro --Lameiro (conversa) 2 de maio de 2014 ás 22:24 (UTC)[responder]

Sobre Galicia/maio 2014[editar a fonte]

Boas, estamos a día 24 de abril e aínda non saíu elixido o artigo destacado sobre Galicia para o mes de maio. A votación aínda está aberta por se alguén se anima a votar. --AMPERIO (conversa) 24 de abril de 2014 ás 10:51 (UTC)[responder]

AMPERIO, non pasa nada se un mes non sae elixido un artigo destacado ou destacado sobre Galiza, repítese o do mes anterior. Por outra banda, a proposta que hai persoalmente non me parece moi axeitado que saia, xa que sairía "por desgaste"; hai máis de tres meses que está ahí e case ninguén se interesou por ela ou por mellorar e ampliar o artigo, polo que eu considero negativo para a Galipedia que saia (porque sairá porque non haxa nada mellor proposto e porque leva un lote de tempo proposta). Eu xa expuxen os motivos polos que penso que non debe ir á portada, e creo que a ausencia doutras propostas e a escasa lonxitude do artigo poñen de manifesto que a sección Sobre Galiza se está a facer prescindible vendo que os artigos destacados que están por vir teñen un perfil máis alto (en maio un artigo candidato a calidade, en xuño está aberta a proposta de Harvey Milk -artigo de calidade-, en xullo vai Nova Zelandia -artigo de calidade-). Cando teña algo de tempo presentarei unha proposta na taberna para ver se podemos establecer algúns límites de tempo de votación para destacados e poñer fin ás propostas eternas. Un saúdo, Piquito (conversa) 24 de abril de 2014 ás 11:18 (UTC)[responder]

Categorías[editar a fonte]

Temos a categoría Categoría:Illas e arquipélagos que agrupa 542 artigos, uns de illas e outros de arquipélagos. O problema é que tamén inclúe, entre outras, unha categoría:Illas, con 118 illas, e outra Categoría:Arquipélagos, con 28 arquipélagos. Creo que resulta obvio que as categorías se solapan e que non parece que teñamos claro qué vai en cada caso. ¿Quen se atreve a reorganizar isto? Pedro --Lameiro (conversa) 26 de abril de 2014 ás 20:52 (UTC)[responder]

Usuario:Xabier Cid, anímaste? Creo recordar que non hai moito estivo a organizar algunhas illas do Canadá, non? Sería moi interesante deixar esas categorías aqueladas, pois polo de agora son moi caóticas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de abril de 2014 ás 11:28 (UTC)[responder]
Ola, Lameiro e Estevo(aei); efectivamente empecei o traballo, coa vontade de seguilo. E quedoume algo a medias. :( Vou retomalo. de feito, parte das incongruencias débense ao feito de quedar a medias o traballo. Póñome a iso. --Xabier Cid Talk 2 me, please 27 de abril de 2014 ás 15:17 (UTC)[responder]

Categorías pendentes de ser movidas[editar a fonte]

Camerún[editar a fonte]

Vexo que o criterio que seguimos para utilizar ou non o artigo diante do nome do país (o Brasil, o Xapón, o Uruguai) é a definición do DRAG do correspondente topónimo. Vale. Pero acabo de atopar que en Camerún non parecen ter as cousas claras: camerunés, -a adxectivo De Camerún ou dos seus habitantes. substantivo Persoa natural ou habitante do Camerún. ¿Que facemos neste caso? Pedro --Lameiro (conversa) 27 de abril de 2014 ás 22:10 (UTC)[responder]

Pois eu entendo que é válida calquera das dúas e, xa que logo, deberíamos seguir o criterio do 1º editor: Se el elixiu de Camerún pois as cats deberían levar ese formato. Entendo, iso sí, que debería haber coherencia entre as cats. --Norrin (Fálame) 28 de abril de 2014 ás 07:40 (UTC)[responder]
E probar a facer a consulta na propia páxina, empregando o modelo de suxestións?
Procedo e a agardar que contesten ou modifiquen. --. HombreDHojalata.conversa 3 de maio de 2014 ás 07:42 (UTC)[responder]
 Re: Suxestión do usuario: XXXXXX
 From 	Lexicografía lexicografia@realacademiagalega.org
 Mon, May 5, 2014 1:08 pm
 To 	XXXXXXX XXXXX@XXXX.XXX
 -----Mensaje original----- 
 From: XXXXXXXXXX@XXXXXXXXXX.XXX
 Sent: Saturday, May 03, 2014 9:40 AM
 To: lexicografia@realacademiagalega.org
 Subject: Suxestión do usuario: XXXXXXXXXXXXXXXX
 Consulta:"camerunés", -a adxectivo: De Camerún ou dos seus habitantes. 
 Substantivo: Persoa natural ou habitante do Camerún.Daquela, construíndo 
 unha frase, leva artigo ou non?Que é o correcto:Políticos do Camerún?Como: 
 Políticos do Xapón?Ou:Políticos de Camerún?Como: Políticos de 
 Francia?Grazas, e parabéns polo seu traballo.

 Consultaremos esta cuestión con persoal de toponimia e enviarémoslle a 
 resposta o máis axiña posible.
 Atentamente,
 Seminario de Lexicografía
 Real Academia Galega (RAG)
 Rúa Tabernas, 11
 Apartado de Correo 557
 15001 - A Coruña
 Teléfono: 981 20 73 08
 Fax: 981 21 64 67
 secretaria@realacademiagalega.org
 www.realacademiagalega.org
 Nota: Esta resposta foi elaborada polos servizos lingüísticos do Seminario 
 de Lexicografía, e non representa un ditame nin unha decisión formal da Real 
 Academia Galega.

Boas! Fixen algúns cambios no Modelo:Libro para non mesturar as edicións orixinal e galega (de existir). Porén, considero importante facer algún cambio mais: creo que habería que eliminar os campos sobre ISBN e editorial, xa que entendo eu que o artigo sobre, por exemplo, O can dos Baskerville é un artigo sobre a obra de Conan Doyle chamada The Hound of the Baskervilles e non sobre unha edición particular da mesma; é dicir, non somos un catálogo bibliográfico, somos unha enciclopedia. --Norrin (Fálame) 28 de abril de 2014 ás 07:37 (UTC)[responder]

Pero tamén se poden usar eses campos para a primeira edición do libro, cando existan, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de abril de 2014 ás 08:15 (UTC)[responder]
Si, mais entón iso é o que haberá que tentar, o que deberemos asegurar. --Norrin (Fálame) 28 de abril de 2014 ás 14:48 (UTC)[responder]
Entón non hai que borrar os campos, simplemente indicar ben o uso na documentación, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de abril de 2014 ás 23:27 (UTC)[responder]

Os funcionan os botóns para engadir os símbolos tipo {{ }} [[ ]] [[Categoría:]] #REDIRECCIÓN [[]] que aparecen debaixo da caixa de edición? A min lévanme un tempo xa sen funcionar. --AMPERIO (conversa) 2 de maio de 2014 ás 10:19 (UTC)[responder]

Tampouco podo engadir as interwiki cara na páxina de Destinos de Iberia, así que agradecería se alguén puidera engadilos. --AMPERIO (conversa) 2 de maio de 2014 ás 10:19 (UTC). Feito! Feito! Pedro --Lameiro (conversa) 2 de maio de 2014 ás 17:06 (UTC)[responder]
Eu utilizaba os de Redirección e Categoría, e tamén hai tempo que non me funcionan. Pedro --Lameiro (conversa) 2 de maio de 2014 ás 16:42 (UTC)[responder]
A min tampouco me funciona, eu pensei que era algo nas miñas preferencias e por non andar chafallando pero xa vexo que é algo común a máis xente.--Sernostri (conversa) 2 de maio de 2014 ás 17:19 (UTC)[responder]
Eu non os uso pero acabo de ver que non funciona, botareille un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de maio de 2014 ás 23:04 (UTC)[responder]

Feito! Feito!, amañouno Toliño fai uns días. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de xullo de 2014 ás 12:45 (UTC)[responder]

Concreción do libro de estilo[editar a fonte]

Habería folgos na comunidade para tentar concretar algúns aspectos non definidos no libro de estilo? Cales serían os aspectos a concretar? (Ollo: isto non é unha política, só cambios de estilo por favor). Eu penso que poderíamos tentar os seguintes:

  1. Referencias antes ou despois da puntuación.
  2. Cores e imaxes nos títulos das caixas de navegación (comparar 1 e 2)
  3. Espazos entre as referencias.
  4. Colocación das caixas de sucesión: antes ou despois da sección de notas e véxase tamén?
  5. Estrutura dos artigos homoxénea? (isto levará choio, mais é o máis serio...).
  6. Ligazóns internas e referencias nos títulos das seccións.
  7. Nomes da materia (por exemplo, United Kingdom) noutros idiomas (na introdución/nunha sección ao comezo) e qué formato deben levar (cursiva, negra, normal...).

Algunha mais? --Norrin (Fálame) 5 de maio de 2014 ás 14:16 (UTC)[responder]

Interesante debate o que se abre e que pode dar lugar a longas debates, e difíciles de seguir se non o estruturamos ben para non mesturar temas. Ocórresenme dous puntos máis:
  1. Traducir as citas?
  2. Eliminar tódalas categorías vermellas.
Pedro --Lameiro (conversa) 5 de maio de 2014 ás 19:08 (UTC)[responder]
Ben, agora cando opinen uns cantos mais, poderemos facer unhas seccións para debater... Non estou moi seguro que o tema das "categorías vermellas" sexa cousa do Libro de estilo, o das citas si. --Norrin (Fálame) 6 de maio de 2014 ás 06:49 (UTC)[responder]

Engado tamén as referencias nos títulos das seccións. --Norrin (Fálame) 6 de maio de 2014 ás 07:23 (UTC)[responder]

  1. Uso de bandeiras nas caixas (lugar de nacemento e defunción das persoas, edición de libros, competicións deportivas...) --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de maio de 2014 ás 08:00 (UTC)[responder]
  1. Outro mais: cores nas caixas de información que empregan o Modelo:Infobox, tanto nas seccións ("header"), como no título e no borde; e tamaño das letras da caixa (big ou bigbig). --Norrin (Fálame) 6 de maio de 2014 ás 08:15 (UTC)[responder]
Para min é fundamental separar as referencias das notas como se fai noutras wikis (hai un exemplo en Boston Bruins, por se non se entende a qué me refiro). --Piquito (conversa) 6 de maio de 2014 ás 08:36 (UTC)[responder]

Pero eu pregunto, o libro de estilo, non debería ser unha política? Para unificar o estilo dos artigos todos deberían seguilo, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de maio de 2014 ás 23:21 (UTC)[responder]

Polo de agora política non é. Eu entendo que podería selo, mais teño as miñas dúbidas, xa que non é unha política en sentido estricto. --Norrin (Fálame) 7 de maio de 2014 ás 06:53 (UTC)[responder]

Nova categoría proposta[editar a fonte]

Boas! Propoño crear a Categoría:Xefes dos nativos americanos. Como non debemos clasificar por raza, por iso engado o "dos". Tampouco hai, polo de agora, tantos xefes como para clasificalos entre as diferentes nacións indias.

A categoría iría pendurada da de Categoría:Personalidades dos Estados Unidos de América e da de Categoría:Personalidades do Canadá, ademáis da de Categoría:Nativos americanos. --Norrin (Fálame) 7 de maio de 2014 ás 10:40 (UTC)[responder]

Corrixa o meu artigo sobre Rhuthun[editar a fonte]

Bos días a todos vostedes a partir do norte do País de Gales! Teño writen un artigo sobre a miña cidade natal, Rhuthun. Corrixa. Moitas grazas - e parabéns polo gran traballo wiki! Ten unha política de nomes de lugares? Na miña humilde opinión, a forma de Gales (original!) debe ser usado, ao contrario do inglés. Wici Rhuthun 1 (conversa) 11 de maio de 2014 ás 18:18 (UTC)[responder]