Trofeo Aarne Honkavaara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Trofeo Aarne Honkavaara no Museo finlandés do hóckey sobre xeo (Tampere).

O Trofeo Aarne Honkavaara (en finés Aarne Honkavaara -palkinto) é un galardón individual entregado anualmente pola máxima competición de hóckey sobre xeo de Finlandia, a SM-liiga. O premio foi outorgado por primeira vez na tempada tempada 1977-78, e recoñece o máximo goleador durante a liga regular. Dende a 1995 recibe o seu nome en honor do ex xogador do Ilves e a selección finlandesa Aarne Honkavaara.

Con cinco trofeos conseguidos ao longo da súa carreira, Arto Javanainen é o xogador que máis veces foi o máximo goleador da liga regular, gañando catro deles cos Ässät da súa Pori natal, e un co TPS de Turku.[1]

Nome[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Aarne Honkavaara.

Como ocorre con outros trofeos individuais da SM-liiga, o Trofeo Aarne Honkavaara recibe o seu nome en honor a unha personalidade destacada da historia do hóckey sobre xeo Finlandés. Entregado oficialmente dende a tempada 1977-78, se ben as primeiras veces que se premiou ao máximo goleador da SM-liiga o premio non recibía ningún nome en particular, dende 1995 este trofeo e nomeado en honor ao ex xogador Aarne Honkavaara,[2] quen xogou toda a súa carreira como xogador no Ilves de Tampere na SM-sarja.[a][3] Honkavaara salientou como atacante ao longo da súa curta traxectoria, que se interrompeu cando tiña 29 anos a causa dunha lesión cando estaba a xogar coa súa selección nacional.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

O Trofeo Aarne Honkavaara recoñece ao máximo goleador da SM-liiga durante a liga regular.[5] Entregouse por primeira vez na tempada 1977–78, e o primeiro xogador en conquistar o trofeo foi o finlandés Markku Kiimalainen, do Kärpät de Oulu. Foi precisamente esa mesma tempada cando a liga comezou a premiar aos xogadores máis destacados, mais non foi ata a década de 1990 cando estes galardóns comezaron a nomearse en honor ás lendas do hóckey sobre xeo finlandés.[2][6]

Na tempada 1987–88, o xogador de TPS Arto Javanainen conseguiu o rexistro récord de 47 goles anotados na liga regular, a pesar do cal o seu equipo non conseguiu a clasificación para os play-offs ao finalizar na quinta posición con dous puntos menos que Lukko.[7] En 2020 ningún xogador conseguira superar a marca de Javanainen.

O primeiro xogador nado fóra de Finlandia en conseguir o galardón foi o checo Tomáš Kapusta, quen anotou 30 goles para o HPK de Hämeenlinna durante a tempada 1992–93.[8] Dous anos máis tarde, en 1995 bautizouse o trofeo co nome do antigo xogador do Ilves Aarne Honkavaara.[2]

Na tempada 2019–20 o xogador de JYP Julius Nättinen fíxose co trofeo ao anotar 33 goles.[9] Por mor da panedmia por coronavirus, esa tempada a liga regular non se completou e o seu equipo, como case todos os da Liiga, disputou 59 partidos en lugar dos 60 que se debían xogar.[10]

Gañadores[editar | editar a fonte]

Na tempada 1982–83 Raimo Summanen converteuse no primeiro xogador en superar a marca de 40 goles nunha tempada durante a liga regular. En 1990 conseguiu o seu segundo galardón logo de registrar 39 goles na liga regular.
Teemu Selänne conseguiu o trofeo na tempada 1991–92, xusto antes de comezar a súa carreira na National Hockey League cos Winnipeg Jets.[11]
O canadense Dale McTavish conseguiu o galardón co menor número de goles na tempada 1997–98 cun total de 25.
Tempada Equipo Xogador Goles Nacionalidade Ref.
1977–78 Kärpät Markku Kiimalainen 31 goles Finlandia Finlandia [12]
1978–79 Ässät Kari Makkonen 36 goles Finlandia Finlandia [13]
1979–80 HIFK Matti Hagman 37 goles Finlandia Finlandia [14]
1980–81 Ässät Arto Javanainen 37 goles Finlandia Finlandia [15]
1981–82 TPS Reijo Leppänen 33 goles Finlandia Finlandia [16]
1982–83 Ilves Raimo Summanen 45 goles[b] Finlandia Finlandia [17]
1983–84 Ässät Arto Javanainen (2.) 37 goles Finlandia Finlandia [18]
1984–85 Ilves Mikko Mäkelä 34 goles Finlandia Finlandia [19]
1985–86 Ässät Arto Javanainen (3.) 44 goles Finlandia Finlandia [20]
1986–87 JyP HT Risto Kurkinen 41 goles Finlandia Finlandia [21]
1987–88 TPS Arto Javanainen (4.) 47 goles[c] Finlandia Finlandia [22]
1988–89 TPS Jukka Vilander 43 goles Finlandia Finlandia [23]
1989–90 Ilves Raimo Summanen (2.) 39 goles Finlandia Finlandia [24]
1990–91 Ässät Arto Javanainen (5.) 35 goles Finlandia Finlandia [25]
1991–92 Jokerit Teemu Selänne 39 goles Finlandia Finlandia [26]
1992–93 HPK Tomáš Kapusta 30 goles República Checa República Checa [8]
1993–94 TPS Marko Jantunen 29 goles Finlandia Finlandia [27]
1994–95 HPK Kai Nurminen 30 goles Finlandia Finlandia [28]
1995–96 Lukko Juha Riihijärvi 28 goles Finlandia Finlandia [29]
1996–97 Jokerit Petri Varis 36 goles Finlandia Finlandia [30]
1997–98 SaiPa Dale McTavish 25 goles Canadá [31]
1998–99 Jokerit Pasi Saarela 38 goles Finlandia Finlandia [32]
1999–00 TPS Kai Nurminen (2.) 41 goles Finlandia Finlandia [33]
2000–01 HIFK Jaroslav Bednář 32 goles República Checa República Checa [34]
2001–02 Ilves Vesa Viitakoski 34 goles[d] Finlandia Finlandia [35]
2002–03 HPK Tomáš Kucharčík 28 goles República Checa República Checa [36]
2003–04 HIFK Timo Pärssinen 32 goles Finlandia Finlandia [37]
2004–05 Lukko Pasi Saarela (2.) 31 goles Finlandia Finlandia [38]
2005–06 HIFK Tony Salmelainen 27 goles Finlandia Finlandia [39]
2006–07 Jokerit Jani Rita 32 goles Finlandia Finlandia [40]
2007–08 Kärpät Janne Pesonen 34 goles Finlandia Finlandia [41]
2008–09 HPK Jussi Makkonen 27 goles Finlandia Finlandia [42]
2009–10 Jokerit Jukka Hentunen 28 goles[e] Finlandia Finlandia [43]
2010–11 Jokerit Janne Lahti 37 goles Finlandia Finlandia [44]
2011–12 Ässät Tomáš Záborský 35 goles Eslovaquia Eslovaquia [45]
2012–13 Kärpät Juha-Pekka Haataja 28 goles Finlandia Finlandia [46]
2013–14 Tappara Olli Palola 27 goles Finlandia Finlandia [47]
2014–15 Tappara Olli Palola (2.) 29 goles Finlandia Finlandia [48]
2015–16 SaiPa Chad Rau 28 goles Estados Unidos de América Estados Unidos [49]
2016–17 Tappara Veli-Matti Savinainen 30 goles Finlandia Finlandia [50]
2017–18 Kärpät Charles Bertrand 32 goles Francia [51]
2018–19 KooKoo Malte Strömwall 30 goles Suecia Suecia [52]
2019–20 JYP Julius Nättinen 33 goles Finlandia Finlandia [9]
2020–21 Ässät Sebastian Wännström 33 goles Suecia Suecia [53]
2021–22 Tappara Anton Levtchi 26 goles Finlandia Finlandia [54]

Gañadores por equipo[editar | editar a fonte]

O equipo para o que máis xogadores alzaron o trofeo é Jokerit de Helsinqui, cun total de seis xogadores, cada un cun trofeo.[f] Os dous equipos que máis xogadores achegaron ao palmarés do galardón foron o propio Jokerit e Ässät, con seis títulos cada un, se ben só tres xogadores alzaron o trofeo xogando no equipo de Pori. Xogadores doutros dez equipos gañaron o trofeo Aarne Honkavaara ata a tempada 2019-2020:

Equipo Nº de xogadores Total trofeos
Ässät 4 7
Jokerit 6 6
TPS 5 5
Kärpät 4 4
HIFK 4 4
HPK 4 4
Ilves 3 4
Tappara 2 3
JYP 2 2
Lukko 2 2
SaiPa 2 2
KooKoo 1 1

Máximos goleadores antes da implantación do trofeo[editar | editar a fonte]

Antes da creación do galardón os máximos goleadores da máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés foron os seguintes:[56]

Tempada Equipo Xogador
1977 Tappara Matti Jarkko
1976 Lukko Jouni Rinne
1975 TPS Seppo Repo
1974 HIFK
TuTo
Jokerit
Matti Hagman
Reijo Leppänen
Timo Turunen
1973 Jokerit Timo Turunen
1972 Ilves Pekka Leimu
1971 HIFK Juha Rantasila
1970 Ilves Lasse Oksanen
1969 Ilves Pekka Leimu
1968 Ilves Pekka Leimu
1967 RU-38 Matti Keinonen
1966 Ilves Jorma Peltonen
1965 HIFK Gerald Sullivan
1964 Tappara Timo Ahlqvist
1963 Lukko Pentti Jokinen
1962 HJK
TK-V
Pentti Katainen
Erkki Suokko
1961 Tappara Timo Ahlqvist
1960 TK-V Heino Pulli
1959 KalPa Ossi Hyppönen
1958 KalPa Ossi Hyppönen
1957 Jymy Eino Pollari
1956 Tappara Esko Rekomaa
Yrjö Hakala
1955 HIFK Esko Rekomaa
1954 HPK Yrjö Hakala
1953 KIF Aarre Klinga
1952 Ilves Aarne Honkavaara
1951 Tarmo Matti Karumaa
1950 Tarmo Matti Karumaa
Keijo Kuusela
1949 Tarmo Matti Karumaa
1948 Ilves Aarne Honkavaara
1947 Tarmo Keijo Kuusela
1946 Ilves Aarne Honkavaara
1945 Tarmo
KIF
Keijo Kuusela
Erik Hedman
1944 Ilves Aarne Honkavaara
Matti Rintakoski
1943 TPS Anton Honka
1941 KIF Holger Granström
1939 KIF Holger Granström
1938 Ilves
KIF
Matti Wasama
Edmund Sjöberg
1937 Ilves Jussi Tiitola
1936 Ilves Jussi Tiitola
1935 Ilves Jussi Tiitola
1934 Ilves
HPS
Jaakko Tiitola
Holger Stordell (Sarmola)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A SM-sarja era o nome que recibía o campionato finlandés antes da súa profesionalización en 1975, cando mudou o seu nome a SM-liiga.
  2. En termos de número de partidos na liga regular, Raimo Summanen do Ilves anotou 45 goles en 36 partidos durante a tempada 1982–83.
  3. Os 47 goles en 44 partidos que Arto Javanainen anotou con TPS na tempada 1987–88 seguen a ser o récord de goles anotados nunha tempada.
  4. Esa mesma tempada, o xogador de JYP Tomas Chlubna realizou o mesmo rexistro de goles, mais Viitakoski recibiu o galardón debido ao seu mellor rexistro de puntos, tendo conseguido un total de 60, só superado por Janne Ojanen de Tappara, que rexistrou un punto máis.
  5. Na 2009–10 Jukka Hentunen (Jokerit), Jonas Enlund (Tappara) e Juhamatti Aaltonen (Pelicans) anotaron o mesmo número de goles, con todo, o premio foi para Hentunen ao conseguir 50 puntos, un máis no dos que conseguiu Aaltonen.
  6. Jokerit deixou a SM-liiga na tempada 2013-14 para pasar a competir na Kontinental Hockey League a partir da tempada 2014-15.[55]
Referencias
  1. "Arto Javanainen" (en inglés). sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Kauppinen, Juuso (16 de setembro de 2014). "Aarne Honkavaaran 90-vuotisjuhlaottelu Hakametsässä" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  3. "Aarne Honkavaara" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  4. "# 7 Aarne Honkavaara". mtvuutiset.fi (en finés). Consultado o 4 de abril de 2020. 
  5. Seppänen, Antti (19 de marzo de 2020). "Julius Nättinen vei Honkavaara-palkinnon" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 29 de abril de 2020. 
  6. "Perinnesarja, osa 5: Isomäen huumaa" (en finés). Liiga.fi. 2 de novembro de 2016. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  7. Seppänen, Antti (11 de xaneiro de 2017). "Perinnesarja, osa 15: Tapparan valtakauden huipennus 1988" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 30 de abril de 2020. 
  8. 8,0 8,1 "SM-liiga 1992-93 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  9. 9,0 9,1 "Julius Nättinen Liiga-podcastissa: ”Olin tylympi maalipaikoissa, enkä aina hakenut syöttöä”" (en finés). Liiga.fi. 24 de marzo de 2020. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  10. Seppänen, Antti (18 de marzo de 2020). "Huimia nousuja, roimia pudotuksia – tässä ovat Liiga-kauden loppusijoitukset" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 29 de maio de 2020. 
  11. "Teemu Selänne" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  12. "SM-liiga 1977-78 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  13. "SM-liiga 1978-79 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  14. "SM-liiga 1979-80 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  15. "SM-liiga 1980-81 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  16. "SM-liiga 1981-82 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  17. "SM-liiga 1982-83 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  18. "SM-liiga 1983-84 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  19. "SM-liiga 1984-85 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  20. "SM-liiga 1985-86 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  21. "SM-liiga 1986-87 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  22. "SM-liiga 1987-88 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  23. "SM-liiga 1988-89 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  24. "SM-liiga 1989-90 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  25. "SM-liiga 1990-91 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  26. "SM-liiga 1991-92 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  27. "SM-liiga 1993-94 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  28. "SM-liiga 1994-95 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  29. "SM-liiga 1995-96 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  30. "SM-liiga 1996-97 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  31. "SM-liiga 1997-98 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  32. "SM-liiga 1998-99 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  33. "SM-liiga 1999-00 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  34. "SM-liiga 2000-01 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  35. "SM-liiga 2001-02 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  36. "SM-liiga 2002-03 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  37. "SM-liiga 2003-04 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  38. "SM-liiga 2004-05 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  39. "SM-liiga 2005-06 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  40. "SM-liiga 2006-07 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  41. "SM-liiga 2007-08 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  42. "SM-liiga 2008-09 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  43. "SM-liiga 2009-10 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  44. "SM-liiga 2010-11 League Leaders". 
  45. "SM-liiga 2011-12 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  46. "SM-liiga 2012-13 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  47. "SM-liiga 2013-14 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  48. "SM-liiga 2014-15 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  49. "SM-liiga 2015-16 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  50. "SM-liiga 2016-17 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  51. "SM-liiga 2017-18 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  52. "SM-liiga 2018-19 League Leaders" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 4 de abril de 2020. 
  53. Luotola, Juha (14 de abril de 2021). "Lukko palkintosateessa – tehopuolustaja Press valittiin runkosarjan parhaaksi pelaajaksi". Satakunnan Kansa (en finés). Consultado o 18 de abril de 2021. 
  54. "LIIGAN PALKINTOGAALASTA USEITA HUOMIONOSOITUKSIA TAPPARALLE" (en finés). Tappara.fi. 9 de xuño de 2022. Consultado o 13 de xullo de 2022. 
  55. "Jokerit Helsinki Statistics and History [KHL]" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 24 de marzo de 2020. 
  56. "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 29 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]