Wikipedia:A Taberna (xeral)/Arquivo 18

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26

Reunión aberta de Wikimedia España por IRC[editar a fonte]

Boas, este domingo día 10 ás 20:45 haberá unha reunión de WM-ES na que ademais dos socios poden participar todos os que queran. Os temas a tratar están indicados nunha páxina da wiki de socios, algúns dos cales son: 10 aniversario da Galipedia, colaboración co Museo da Ciencia de Valladolid e o Instituto de Patrimonio Andaluz, Wiki Loves Monuments 2013, etc. A canle IRC é a de Wikimedia España nesta dirección: ''irc://irc .freenode.net/wikimedia-es''. Os que non teñan un programa para o chat poden conectarse a través de web conectándose a esta dirección. Eu tentarei conectarme pero non chegarei a primeira hora. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de febreiro de 2013 ás 13:46 (UTC)[responder]

Pero non quedáramos en que wiki GL non ten nada que ver con wiki ES? Agora a iniciativa é boa para informarnos das actividades da wiki GL 10 for ever! Propoño un obradoiro monográfico sobre toponimia, eso asesorados por wiki ES. Se alguén sabe conectar o IRC ao WhatsApp que avise. Saúdos --Nemigo 9 de febreiro de 2013 ás 10:37 (UTC)[responder]
Grazas pola información, Elisardo. Sería interesante importar proxectos e procurar colaboracións con museos galegos para poder tirar fotos de certo patrimonio.
Nemigo, aquí podes informarte de que WM-ES é un capítulo Wikimedia, e non a wikipedia en lingua castelá. Wikimedia organízase administrativamente por estados, e a wikipedia organízase por linguas, non teñen que ver. Na wikipedia en galego colabora xente que vive en Ribadeo, en Pontevedra, en Copenhaguen, en Praga e en Stirling, e no capítulo español de Wikimedia hai xente que colabora na wiki en castelán, en inglés, en portugués, en galego e en checo. Non é cuestión de que a wiki GL teña algo que ver coa wiki ES.
Noutra orde de cousas, xa postos a propoñer ideas para obradoiros, se queres podemos organizar tamén un de perífrases verbais e outro de corrección ortográfica, que tamén serían de moito interese. --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de febreiro de 2013 ás 15:17 (UTC)[responder]
Si, tes moita razón Estevoaei en que habería que traballar cos museos galegos, o problema é que en Galicia temos poucos membros, de feito activo, activo eu son o único e da Galipedia creo que son o único tanto de activos como inactivos. Os proxectos da asociación son levados a cabo polos socios e claro, os de Valencia ou Valladolid, por exemplo, centran o seu traballo neses sitios, aínda que todos tentamos colaborar no que podemos en tódolos proxectos. Eu cando se remate o do aniversario tiña pensado tratar de facer algo co MUNCYT, que case o teño ó lado da casa, aínda que será despois dunhas wiki-vacacións! :) Cando me poña con iso avisarei antes para organizalo entre todos.
Nemigo, WM-ES é unha asociación, e as wikipedias nos distintos idiomas son proxectos independentes. Tes información sobre a asociación en http://meta.wikimedia.org/wiki/Wikimedia_Espa%C3%B1a e se tes calquera dúbida podes contactar comigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de febreiro de 2013 ás 16:36 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Precisamente eso é o que non se entende. ¿Por que se fan esas "xuntanzas" ca wiki ES e non con outras wikis? ¿E que ten que dicir a wiki ES das actividades da wiki GL? ¿Que opinan na wiki ES sobre un obradoiro toponímico-exónimo? ¿Colaborarían con nós? Debo supoñer que será certo que hai ese contacto con outras wikis (no mesmo nivel) que ca wiki ES. ¿Esto é así? Na páxina da portada da wiki PT véxase -> http://pt.wikipedia.org/wiki/Wikipédia:Página_principal non está a ligazón a wiki GL. ¿Cando foi a última xuntanza ca wiki PT similar á que se ven de facer ca wiki ES? En canto a xuntazas con museos... Non penso que esteamos ao mesmo nivel. Podería ser máis realista facer achegamentos a organizacións do país como a RAG (normativa que se cumpre a... ) ou ca Mesa pola normalización ligüística que ven a ser a asociación con máis socios do país. Saúdos --Nemigo 10 de febreiro de 2013 ás 21:11 (UTC)[responder]

¿A que "xuntanzas" te refires? ¿Ás xuntancias de socios que se fixeron en diferentes sitios? Wikimedia España non se pode reunir con wiki-es, iso é imposible porque a wiki-es só a representa a súa comunidade e por tanto nunca se fixeron ese tipo de xuntanzas.
Wiki-es non pode dicir nada de wiki-gl porque son independentes e cada unha ríxese pola súa comunidade, cada unha ten as súas políticas e as súas formas de traballo, igual que pasa con wiki-eu, wiki-en, etc. Por exemplo, en wiki-en permiten usar imaxes con fair use, en wiki-gl non, en wiki-eu usan programas para facer artigos automáticamente, en wiki-gl non, etc.
Cada un pode colaborar nas wikis que quera, e as comunidades poden colaborar en todo o que queiran, o que xa non sei é se a wiki-gl nin wiki-es están interadas en colaborar nese tema. O que si che podo dicir é que o tema dos topónimos en wiki-es xa está moi, moi, moi trillado, non tanto en wiki-gl xa que ten flecos que faltan por amañar.
A asociación, como xa dixen, non ten reunións coas wikis, o que si fai é anunciar nas wikis algunhas das actividades que vai realizando, as que se ve que poden interesar ós wikipedistas, e así o tento facer eu na wiki-gl.
Non sei por qué non aparece na portada de wiki-pt a ligazón á Galipedia, igual que non aparecen moitísimas outras, habería que ir preguntar alí.
Xa se colaborou co museo da Ciencia de Valladolid para o uso de códigos QR ligando ós artigos das wikipedias e xa está programado un obradoiro de edición e un "maratón de edición". Como era un tema "local" non o anunciei aquí, se alguén quere información sobre o tema pode consultar o blog da asociación. Colaborar neste tipo de actividades é doado, só hai que poñerse.
Ter un achegamento coa RAG é un dos meus obxectivos persoais a medio prazo, pero aínda non sei como enfocalo, non se me ocorrera o da Mesa, pero é unha boa nota que vou apuntar, grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de febreiro de 2013 ás 02:07 (UTC)[responder]
Hai moito chollo por facer, xa se ve. Non entendín eso de que o tema toponímico está moi trillado. Asemella bastante verde tirando a toxo e xestas. A penúltima desfeita toponímica na wiki ES é poñer que A Capela chámase "Capela" por que o pon nunha listaxe de alfándegas publicada no BOE de 1947, dito tal cual. Nesa listaxe esperpéntica tamén pon El Ferrol del Caudillo. E se alguén pensa que eso non se pode superar tamén pon (na mesma liña que Capela) Puentedeume. Pero a cousa pode ir a moito peor. Na mesma liña tamén cítase a Arés y Noda (Será Ares e Neda?). Trillado como Sangenjo. Saúdos --Nemigo 11 de febreiro de 2013 ás 14:34 (UTC)[responder]

conflito de edicións[editar a fonte]

¿Hai forma de ensinar ós bots a respectar as páxinas que estean "en uso"? O bot EmausBot acaba de tirar ó lixo unha boa sesión de traballo en Volandeira. A de pecados que lle botei! Pedro --Lameiro (conversa) 18 de febreiro de 2013 ás 22:13 (UTC)[responder]

Que eu saiba, non. Pero o traballo non o perdes! Se vas ao final da páxina cando ves esta mensaxe tes unha caixa co texto que pretendías gardar. Ou é que non liches a mensaxe? Se xa cerraches a lapela, pero non o navegador, poida que aínda teñas gardada a edición se recuperas a pantalla (proba a revisar o historial do navegador). --Toliño Fala aquí comigo 18 de febreiro de 2013 ás 22:20 (UTC)[responder]

miniencontro pontevedrés[editar a fonte]

Ola, comunidade! Infórmovos de que o sábado 2 ás 11 da mañá temos un miniencontro galipedístico en Pontevedra. Como sabedes, o usuario Chairego apc está a ensinarlle os usos da Wikipedia ao seu alumnado, e quedamos con el Beninho, Iago Pillado e un servidor para tomar un café e coñecer o seu proxecto. Por suposto, estades superconvidad@s a vir. A cita é ás 11 da mañá na cafetería El Dulce de Leche, na rúa da Peregrina, xunto á Glorieta de Compostela (fonte dos nenos). Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de febreiro de 2013 ás 23:11 (UTC)[responder]

Pasádeo ben! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2013 ás 01:49 (UTC)[responder]

Papatoria este sábado despois das conferencias[editar a fonte]

Boas xente, o sábado despois das conferencias iremos de papatoria pero para reservar o garito hai que dicirlles máis ou menos os que van a ir. Teño que avisalos mañá pola tarde, por favor, os que queirades vir apuntádevos para saber cántos lles podemos aparecer. Tamén irán a maioría dos relatores co cal seguiremos de charleta das cousas que se comentaron e doutras que vaian saído :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 18:14 (UTC)[responder]

  1. Concordo --Elisardojm (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 18:14 (UTC)[responder]
  2. Concordo --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de marzo de 2013 ás 18:27 (UTC)[responder]
  3. Concordo Alí estarei, Pedro --Lameiro (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 20:49 (UTC)[responder]
  4. Concordo --Beninho (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 15:26 (UTC)[responder]
  5. Concordo --Furado (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 16:53 (UTC)[responder]

Wikidata e interwikis[editar a fonte]

Non sei se é que non sei facelo ou se é que o sistema aínda non está conseguido. Veño de crear o artigo Toxótidos e, segundo o que dixo o Celta a Miguelferig, fun á páxina homónima en inglñes (Toxotidae), pulsei no "Edit links" que me levou a Wikidata, cunha longa lista de linguas con este artigo e, baixo do todo, non hai ningún "Engadir" nin "Gardar" nin nada que o semelle, tal como lle pasaba a Miguel. Necesito máis explicacións e, por favor, non me remitades á páxina de instrucións en inglés. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 20:56 (UTC)[responder]

Paréceme moi, moi estraño o que estades contando os dous. Estades mirando no lugar correcto? Polo menos vedes as ligazóns "editar" que hai en cada liña? --Toliño Fala aquí comigo 7 de marzo de 2013 ás 22:28 (UTC)[responder]
Mándoche por correo unha captura de pantalla co que me sae a min. Xa me contarás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 23:17 (UTC)[responder]
Por se serve de explicación. Eu uso Explorer e nin se ve o "edit" nin o "add", pero probei co Mozilla e na mesma páxina da española (Aplodactylidae) ¡SI! que se ve o edit en cada liña e un add debaixo da última interwiki. Pedro --Lameiro (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 23:24 (UTC)[responder]
E puiden engadir o noso gl:Aplodactílidos. Aceptouno e xa está na lista, aínda que no artigo aínda non se ve ningunha iw. Supoño que se tomará un tempo para actualizar. Pedro --Lameiro (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 23:27 (UTC)[responder]
Pois si, semella ser cousa do Explorer. De feito, decátate de que na barra abaixo á esquerda pon: "Listo pero con errores en la página". Por certo, vin que editaches como IP; en principio o proxecto acepta a conta global e pódela usar (xunto coa interface en galego) como na Galipedia. E a actualización supoño que non será inmediata, como dis. --Toliño Fala aquí comigo 7 de marzo de 2013 ás 23:42 (UTC)[responder]

Categorias sen imaxes[editar a fonte]

Acabo de engadir imaxes nos artigos Deiro, Vilanova de Arousa e András, Vilanova de Arousa, que estaban incluídas na categoría:Pontevedra parroquia sen imaxes. Non vexo esa categoría ocvulta para eliminala agora ¿ou é que se inclúen e eliminan de forma automática? Pedro --Lameiro (conversa) 16 de marzo de 2013 ás 21:11 (UTC)[responder]

Si, engádense e quítanse de forma automática, pequenas maravillas que fan algúns modelos ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de marzo de 2013 ás 02:32 (UTC)[responder]
Entón, Elisardo, ¿por que a "categoría:Vilanova de Arousa parroquias sen imaxes‎", que xa está baleira, segue estando listada na "Categoría:Pontevedra parroquias sen imaxes"? Asómbrame a cantidade inxente de imaxes que nos faltan: imos ter que comezar a sair de safari fotográfico, agora que (parece) que chega o bo tempo. Pedro --Lameiro (conversa) 17 de marzo de 2013 ás 10:06 (UTC)[responder]
Porque os modelos só "traballan" nos artigos e os categorizan automáticamente nesas categorías, as categorías hai que xestionalas a man. Ah, e sorpréndeche a cantidade de imaxes que nos faltan?, se ata fai pouco había 15 concellos de Galicia que non tiñan ningunha imaxe... :) (xa teño localizadas imaxes do último que faltaba pero aínda teño que pasalas dende Panoramio) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de marzo de 2013 ás 22:48 (UTC)[responder]

A Galipedia e Praza Pública[editar a fonte]

Cada día en Praza Pública, aparece un cabezallo que fai referencia a unha efeméride do día. É frecuente que ligue cun artigo da Galipedia, por exemplo, hoxe faino con Ricardo Carballo Calero e onte fíxoo con Franco Battiato. Estaría ben que se alguén lle cadra pasarse por aí que bote unha ollada ao artigo en cuestión e o aquele se for preciso, xa que é unha vía interesante de penetración na Galipedia que de seguro máis dun lector empregou. Eu mesmo téñoo feito en varias ocasións. Saudiños. --Paradanta (Cóntame) 25 de marzo de 2013 ás 20:43 (UTC)[responder]

Tamén se pode pensar doutro xeito, pode ser unha vía para conseguir novos editores, deixamos os artigos como estén para ver se os lectores que veñan por Praza Pública se animan a amañalos... ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2013 ás 11:00 (UTC)[responder]

Twitter / 1 de abril[editar a fonte]

Como sabedes, son o xestor da conta de Twitter da Galipedia. Hoxe é 1 de abril, día dos enganos, e puxen unha pequena brincadeira: "como sabedes este mes a Galipedia pasa a ser de pago. Podes recoller a túa clave de acceso en calquera oficina de NovaGaliciaBanco #1deabril". Máis tarde porei o desmentido, por suposto. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de abril de 2013 ás 08:20 (UTC)[responder]

D, está ben a cousa, polo menos sempre nos queda o humor ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de abril de 2013 ás 10:48 (UTC)[responder]

Wn/gl/Portada[editar a fonte]

Hi I would like to suggest that some people who speak Galician And would like to write news in languge please help contribute to incubator:Wn/gl/Portada please 217.39.7.252 13 de abril de 2013 ás 13:15 (UTC)[responder]

É ou non é lóxico, de xustiza, desexable... que calquera usuario poda abrir e/ou pechar unha votación?[editar a fonte]

En Wikipedia:Votacións#Exposición dos resultados di:

O usuario que creou a votación será o encargado de facer este labor, ou, no seu defecto, calquera dos administradores. Tamén deberá inscribir o resumo, coa ligazón, na páxina Wikipedia:Resultados de votacións.

Penso eu que calquera usuario, mesmo os anónimos, mesmo os que aínda non teñen dereito a voto.... deberían poder abrir ou pechar unha votación, sempre que o fagan concordando coas políticas aprobadas pola comunidade.

Lembrar, por suposto, que calquera usuario pode preparar os resumos de portada vindeiros de artigos/imaxes destacadas. Pois asemella que ultimamente acostumámonos a que unicamente o fixeran os administradores.

Eu pechaba votacións e traballaba na preparación da portada antes de ser administrador, mesmo pechaba votacións que non abrira eu. Facíao para que non comezara o mes e aparecera a portada en branco. E apoiándome en WP:IR e en en:WP:BB.

As únicas atribucións exclusivas dos administradores son as expresadas en Especial:Lista_de_dereitos_segundo_o_grupo. Porqué atribuírlle máis e negarllas a outros membros da comunidade? Os administradores, no resto, son iguais en todo que os demais usuarios.

Propoño logo, modificar a cita anterior deixándoa do seguinte xeito:

Tamén se deberá inscribir o resumo, coa ligazón, na páxina Wikipedia:Resultados de votacións.

Non sei se opinades ao respecto. . HombreDHojalata.conversa 2 de maio de 2013 ás 14:36 (UTC)[responder]

Calquera usuario que cumpra os requisitos para votar pode abrir unha votación. Hai que ler a páxina enteira, como di en Wikipedia:Votacións#Creación:
Poderán iniciar unha votación todos aqueles usuarios que cumpran os mesmos requisitos que para votar.
E para modificar unha política non me parece que a taberna sexa o lugar axeitado, creo que hai que abrir unha votación. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 17 de maio de 2013 ás 19:20 (UTC)[responder]
  • Concordo, agora que sei que podo pechar as votacións estou a pechar as que abrín eu. Non coñezo toda a mecánica e de feito non coñecía o dos resumos, tentarei recordalo para o futuro, aínda que alo menos agora non se están a eternizar as votacións por deixar todo o traballo aos administradores. Piquito (conversa) 17 de maio de 2013 ás 20:53 (UTC)[responder]

Configuración[editar a fonte]

Desde hai un par de días observo que na ventá de edición non me aparecen os botóns de negra, cursiva, sinatura, etc.; e que o ¿autocompletado? na ventaniña de Buscar funciona unhas veces si e moitas non. Todo isto con tanto con Explorer como con Mozilla, ¿A alguén máis lle pasa algo parecido ou ten algunha explicación? Eu, por suposto, non cambiei ningunha configuración. Podo editar sen problemas, pero non deixa de ser unha tabarra ter que copiar e pegar os catro tiles. Pedro Lameiro (conversa) 2 de maio de 2013 ás 18:42 (UTC)[responder]

A min pásame o mesmo. Tampouco me sae moitas veces o HotCat, co contento que andaba eu ultimamente categorizando biografías con este trebello... --Paradanta (Cóntame) 2 de maio de 2013 ás 20:51 (UTC)[responder]
Tamén está a comentarse aquí, posiblemente sexa polas historias de actualización dos sistemas que están a facer estes días. É de esperar que en pouco tempo se amañe só. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de maio de 2013 ás 22:36 (UTC)[responder]

traballo para un bot: *estatus[editar a fonte]

Os bots tamén falan galego.
Os bots tamén falan galego.

¿Alguén pode poñer un bot a corrixir as 230 aparicións de *estatus pola forma correcta status? Nin no VOLGa nin no DRAG recollen *estatus senón status. Grazas, Pedro Lameiro (conversa) 2 de maio de 2013 ás 19:26 (UTC)[responder]

Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 20 de maio de 2013 ás 06:35 (UTC)[responder]