Conversa usuario:Mgl.branco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Conversas antigas arquivadas:
desde 2008

Imaxes nos montes do Invernadeiro[editar a fonte]

Boas Mgl.branco, non concordo coa eliminación da imaxe do abruño no artigo do Invernadeiro..., un abruño é igual aí que noutro lado, non é preciso que todas as fotos sexan dese lugar, cando o que se pretende é ilustrar esa especie... Home, se alguén fai unha foto de calidade semellante desa árbore nese lugar entón si, é mellor poñela, pero noutro caso penso que é mellor poñer unha foto que é acaída para o artigo que non poñer ningunha..., non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de maio de 2020 ás 22:05 (UTC)

Pois eu estou de acordo co borrado; o artigo é sobre o Invernadoiro, non sobre o abruño, polo que as imaxes deben ser sobre o espazo natural. --Estevo(aei)fálame aquí 28 de maio de 2020 ás 23:16 (UTC)
Se a imaxe fose unha vista xeral, ou algo polo estilo, está claro que debe ser do sitio, pero se a imaxe é para ilustrar unha especie que se atopa nese espazo, e noutros outros, e ten as mesmas características en todos eles, non é necesario que a foto sexa dese sitio. A maiores, se a foto é dun primeiro plano no que o fondo da foto non é significativo, o caso está máis claro aínda. As características dun abruño son as mesmas nese monte que posiblemente en toda a súa área de distribución, polo tanto, eu penso que non ten sentido eliminala, o único que se consegue con iso é empobrecer o artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de maio de 2020 ás 07:08 (UTC)
Ola @Elisardojm e @Estevoaei. Vaia, cando a retirei non repara demasiado niso que comentas Elisardo (simplemente, centreime en incluír imaxes informativas do parque). De todos modos, creo que é mellor retirala: explícome. Se non houbese fotos abondo para o parque, non lle vería moito problema en mantela. Mais, rebusquei e conseguín un número razoable de fotos que creo que o caracterizan, polo menos de todos os seus hábitats de interese. Logo, os abruños non son unha especie de interese de conservación do parque [podédelo comprobar buscando a info do Macizo Central (Código ZEC ES1130002)]. E, por último, agora non sei dicir onde, pero isto creo que se comentara nalgunhas conversas e foise decidindo de non incluír imaxes cando non pertenzan ao espazo natural (IMHO, p.ex. córrese o risco de incluír imaxes doutra subespecie ou incluso especie do mesmo xénero por identificala só cunha fotografía). Imos falando :) Mgl.branco (conversa) 29 de maio de 2020 ás 11:14 (UTC)
Ben, se hai fotos abondo para ilustrar o artigo é posible que non faga falta, veremos como queda. Conversas sobre este tema houbo varias e ó final a cousa non está clara polo que penso que debemos usar o sentido común. Se é preciso poñer unha foto dunha especie nun artigo pódese poñer, esa especie vai ser igual nese monte que no monte do lado. Se é unha subespecie, na maioría dos casos, hai que ser moi espelido para diferenciala, polo tanto debemos seguir usando o sentido común, se se ven iguais (se se identifica que a especie é a que debe ser, claro) e o fondo da imaxe cadra co hábitat do lugar, entendo que non hai maior problema en usala. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de maio de 2020 ás 13:20 (UTC)