Wikipedia:Votacións para borrar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe da semana (Propor · Votar)
Artigos de calidade (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Estrutura das categorías

Outras

Propostas de eliminación
Ficheiros propostos para borrar
Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

Para propoñer que unha páxina sexa borrada, lea antes con atención os parágrafos que veñen a continuación.

Votacións para borrar é unha páxina onde os usuarios da Galipedia deciden cando un artigo ten que ser eliminado. As entradas listadas aquí, polo xeral, permanecen uns dez días aproximadamente, despois do cal algunha das seguintes accións ten lugar como resultado das decisións consensuadas da comunidade:

En primeiro lugar, comprobe as ligazóns desta páxina premendo en "Páxinas que ligan con esta" na barra de navegación esquerda para facerse unha idea do que representa esta páxina na Wikipedia. Así mesmo, comprobe o historial da páxina para comprender a súa evolución. Entón, lea meticulosamente Política e normas:Borrar antes de facer unha proposta. Unha vez teña feito todo iso, propoña a páxina para borrar seguindo as instrucións que aparecen ao final da páxina.

Sexa comprensivo cos principiantes, siga as normas de conduta da Wikipedia, sexa coidadoso e repase o significado do seu comentario antes de publicalo. Intente evitar que sexa malinterpretado. Asine o voto con catro tiles (~~~~) . Os votos que procedan de usuarios que utilizan máis dunha identidade serán ignorados e o mesmo sucederá cos trolls. Para exercer o teu voto, sempre e cando cumpras os requisitos necesarios, podes empregar o modelo que exprese a túa opinión:

  • Symbol support vote.svg Concordo ({{Concordo}}). Se estás de acordo coa proposta.
  • Symbol oppose vote.svg Discordo ({{Discordo}}). Se non estás de acordo ou en oposición.
  • Symbol neutral vote.svg Neutro ({{Neutro}}). Se non está nin en acordo nin desacordo.

Ademais diso, tamén podes usar:

  • Symbol comment vote.svg Comentario ({{Comentario}}). Para facer comentarios.
  • Information icon.svg Información: ({{Info}}). Para achegar calquera tipo de información.
  • Symbol question.svg Pregunta: ({{Pregunta}}). Para formular unha pregunta.
  • Symbol wait alternative.svg Agardar ({{Agardar}}). Para tomar un tempo de reflexión e decidir se cambiar ou non o voto actual.

Por favor, trata de argumentar a túa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando te opoñas. Ten en conta que a votación non é necesariamente sempre unha mera suma de votos; e non esquezas asinar (co botón da caixa de edición ou engadindo ~~~~).

Como propor unha páxina para borrar[editar | editar a fonte]

Siga os pasos expostos a continuación:

I.

Crear unha proposta

Copie o nome do artigo tras o texto presente na caixa:


II.

Inserir a ligazón na páxina de propostas

Inclúa manualmente unha ligazón en Wikipedia:Votacións para borrar/Votacións: prema aquí e deseguido engada esta liña na parte superior da lista:
{{Wikipedia:Votacións para borrar/TÍTULO_DO_ARTIGO}} substituíndo TÍTULO_DO_ARTIGO polo artigo proposto.

Inclúa tamén o modelo {{Vpb}} ao comezo do artigo proposto para o borrado.

III.

Votación

Para exercer o teu voto, sempre e cando cumpras os requisitos necesarios, podes empregar o modelo que exprese a túa opinión:
  • Symbol support vote.svg Concordo ({{Concordo}}). Se estás de acordo coa proposta.
  • Symbol oppose vote.svg Discordo ({{Discordo}}). Se non estás de acordo ou en oposición.
  • Symbol neutral vote.svg Neutro ({{Neutro}}). Se non está nin en acordo nin desacordo.

Ademais diso, tamén podes usar:

  • Symbol comment vote.svg Comentario ({{Comentario}}). Para facer comentarios.
  • Information icon.svg Información: ({{Info}}). Para achegar calquera tipo de información.
  • Symbol question.svg Pregunta: ({{Pregunta}}). Para formular unha pregunta.
  • Symbol wait alternative.svg Agardar ({{Agardar}}). Para tomar un tempo de reflexión e decidir se cambiar ou non o voto actual.

Por favor, trata de argumentar a túa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando te opoñas. Ten en conta que a votación non é necesariamente sempre unha mera suma de votos; e non esquezas asinar (co botón da caixa de edición ou engadindo ~~~~).

Para votar, siga as recomendacións que se sinalan en Comentar unha proposta de eliminación.

Propostas de borrado de artigos[editar | editar a fonte]

Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe da semana (Propor · Votar)
Artigos de calidade (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Estrutura das categorías

Outras

Propostas de eliminación
Ficheiros propostos para borrar
Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

Replacement filing cabinet.svg Arquivo de votacións


Limpar a caché



Carlos Núñez Deza[editar | editar a fonte]

Propoño o borrado do artigo por unha serie de circunstancias que me fan desconfiar del. O artigo foi creado polo Usuario:Armoniauniversal, curiosamente o mesmo nome que a editorial da persoa da que trata o artigo (citar que este usuario creou e editou a entrada da editorial). O artigo carece de referencias, de feito asegura que ten tocado como solista con diversas orquestras sinfónicas... cales? O certo é que metendo o seu nome en Google hai escasas referencias á súa persoa (a maioría son vídeos de YouTube), o que me fai cuestionar a súa relevancia enciclopédica. A maior relevancia que parece ter é como compositor dunha obra para locomotoras... non aparece no artigo... Creo que o artigo é un caso clarísimo de autopromoción.

Borrar
  1. Symbol delete vote.svg Borrar. --Piquito (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 23:22 (UTC)
  2. Symbol delete vote.svg Borrar. --Chairego apc (conversa) 27 de febreiro de 2015 ás 23:25 (UTC)
  3. Symbol delete vote.svg Borrar. Incumple a política de Conflito de intereses -BaNjOtell me 28 de febreiro de 2015 ás 00:06 (UTC)
  4. Symbol delete vote.svg Borrar. --Elisardojm (conversa) 28 de febreiro de 2015 ás 01:14 (UTC)
  5. Symbol delete vote.svg Borrar--. HombreDHojalata.conversa 28 de febreiro de 2015 ás 19:18 (UTC)
Manter
Neutros
Comentarios

Soamente quero expresar que este articulo foi creado, hai xa moito tempo, co obxectivo de ser unha fonte de desambiguación, porque o nome e primeiro apelido da persoa tratada coincide cos doutro músico que, ademais, é familiar seu. Desgraciadamente, moitas das actividades musicais de Carlos Núñez Deza figuran ou foron promovidas co nome de Carlos Núñez, e iso creou confusións. Intentouse realizar con punto de vista neutral e é moi conciso, por iso ten a categoría de artigo nos seus primeiros pasos. Non se achegaron fontes, nin completado detalles —non soamente o relacionado coa "Sinfonía dos trens"—, pois a idea é que iso o realizasen persoas alleas e con diferentes visións.Soamente se incluíu a relación coa editorial, pois se quería facer un artigo sobre esta, de características similares a outras que figuran en Wikipedia. Pero en todo caso comprendo e respecto as decisións que tome a comunidade de Wikiedia, e sinceramente pido desculpas pola miña falta de coñecemento (máis ben ignorancia) á hora de formular estes artigos, que foron realizados coa mellor das intencións e sen ánimo de autopromoción, aínda que agora comprendo que non foi o caso. Grazas a todos e todas polo excelente traballo que realizades.--Armoniauniversal (conversa) 28 de febreiro de 2015 ás 08:42 (UTC)