Mairena del Aljarafe
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
| Provincia | Provincia de Sevilla | ||||
| Capital | Mairena del Aljarafe | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 48.017 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 17 km² | ||||
| Altitude | 85 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Santo padrón | Ildefonso de Toledo | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Antonio Conde Sánchez (2015–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 41927 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 955 e 954 | ||||
| Código INE | 41059 | ||||
| Sitio web | mairenadelaljarafe.es | ||||
Mairena del Aljarafe é unha localidade andaluza, localizada na provincia de Sevilla. No ano 2008 contaba con 39.831 habitantes. A súa extensión superficial é de 17 km² e ten unha densidade de 2.250,34 hab/km².
Xeografía
[editar | editar a fonte]As súas coordenadas xeográficas son 37º 20' N, 6º 04' O. Atópase situada a unha altitude de 85 metros e a 9 km da capital de provincia, Sevilla.
Pertence á área metropolitana de Sevilla situada no Aljarafe sevillano, de carácter residencial e cun dos máis modernos parques industriais de Andalucía, o Parque Industrial e de Servizos Aljarafe (PISA).
Ten vivendas de calidade media e barrios residenciais como Ciudad Aljarafe e Ciudad Expo e algunhas urbanizacións con perfís socioeconómicos alto como Simón Verde, o que a converten nun grande atractivo para a poboación da veciña capital. O principal problema, presente en toda a área metropolitana, segue sendo a escasa rede viaria para acceder tanto á capital como a outras poboacións da contorna. Unha próxima liña de metro con saída na urbanización Ciudad Expo comunicaraa en poucos minutos cos barrios sevillanos dos Remedios, Puerta Jerez e Nervión, podendo dar orixe a unha nova engalaxe desta zona.
O 20 de novembro de 2006 abriuse o centro comercial Metromar.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mairena del Aljarafe |
- Mairena del Aljarafe no Instituto de cartografía e estatística de Andalucía.
