Umberto Eco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Umberto Eco
Umberto Eco 01.jpg
Foto de Umberto Eco por Robert Birnbaum.
Nacemento 5 de xaneiro de 1932
Lugar Alessandria, Piemonte, Italia Italia
Falecemento 19 de febreiro de 2016 (84 anos)
Lugar Milán
Nacionalidade Italia
Alma máter Universidade de Turín
Ocupación filósofo, novelista, ensaísta, pedagogo, guionista, tradutor, catedrático de universidade, semiotician, escritor e crítico literario
Cónxuxe Renate Ramge
Xéneros Novela, ensaio
Coñecido/a por Il nome della rosa
Premios Officer of the Legion of Honour, Commandeur des Arts et des Lettres‎, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Austrian State Prize for European Literature, Knight Commander's Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades, Pour le Mérite, doutor honoris causa, doutor honoris causa, doutor honoris causa, Prémio Médicis estrangeiro, Premio Strega, Honorary doctor of the Free University of Berlin, Honorary doctor of the University of Liège, Honorary doctor of the Katholieke Universiteit Leuven, Knight Grand Cross of the Order of Merit of the Italian Republic, Honorary doctor of the Brown University e sen etiquetar
Umberto Eco signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Umberto Eco, nado en Alessandria (Piemonte) o 5 de xaneiro de 1932 e finado en Roma o 19 de febreiro de 2016, foi un profesor universitario e autor italiano de numerosos ensaios sobre semiótica, estética medieval, comunicación de masas, lingüística e filosofía, aínda que entre o grande público é coñecido especialmente polas súas novelas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutorouse en 1954 pola Universidade de Turín cunha tese sobre Santo Tomé de Aquino e a escolástica medieval. Traballou como profesor nas universidades de Turín, Florencia e Milán. Foi titular da cátedra de Semiótica e director da Escola superior de Humanidades da Universidade de Boloña; é secretario da Asociación Internacional de Semiótica, que cofundou en 1969. Interesouse polas vangardas (A obra aberta; Opera Aperta, 1962), a cultura popular contemporánea (Apocalípticos e integrados; Apocalittici e integrati, 1964), a semiótica (A estrutura ausente; La struttura assente, 1968, Tratado de semiótica xeral; Trattato di semiotica generale, 1975 - texto fundamental), a teoría de recepción (Lector in fabula, 1979) ou Os limites da interpretación (I limiti dell'interpretazione, 1990). No Tratado presenta a súa famosa definición de que o signo é "todo aquilo que pode ser usado para mentir".

A súa primeira novela, O Nome da rosa (Il nome della Rosa, 1980), resultou un éxito de vendas e crítica a nivel mundial a pesar do seu contido denso en referencias e discusións eruditas. Nesta novela posmodernista, na que se mesturan o xénero policíaco, o histórico e o filosófico, un monxe investiga unha serie de asasinatos relacionados coa biblioteca dun mosteiro que se converte no centro de herexías e controversias relixiosas medievais. Foi levada ao cine en 1986 por Jean-Jacques Annaud. Na súa segunda novela, O Péndulo de Foucault (Il pendolo di Foucault, 1988), uns editores deciden inventar unha macro-conspiración, construída a partir de teorías conspirativas clásicas, co resultado imprevisto de que se ven atrapados polo que crían que era só ficción. En Baudolino (2000) mestura todos os mitos posíbeis do medievo tardío nunha procura que vai máis alá do mundo coñecido. A misteriosa chama da raíña Loana (La misteriosa fiamma della regina Loana, 2005) é o bildungsroman dun rapaz italiano durante o fascismo narrado cando, maior xa, tenta recuperar a memoria da súa identidade tras un accidente que só lle permite lembrarse do que leu.