Gloria Steinem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGloria Steinem

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(mul) Gloria Marie Steinem Editar o valor em Wikidata
25 de marzo de 1934 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
Toledo, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónSmith College - grao en Artes
Waite High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio, xornalismo, política e feminismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , conferenciante , activista polos dereitos das mulleres , actriz , Activista polos dereitos humanos , editora literaria , activista , ensaísta , escritora , reporteira , activista política Editar o valor em Wikidata
EmpregadorChayanne Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoFeminismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeDavid Bale (2000–2003)
IrmánsSusanne Steinem Patch (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webgloriasteinem.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0825887 TV.com: people/gloria-steinem
Twitter: GloriaSteinem Instagram: gloriasteinem Musicbrainz: 71a5d065-e44a-4a81-9467-2218748cc026 Songkick: 2072974 Discogs: 625557 WikiTree: Steinem-3 Editar o valor em Wikidata

Gloria Marie Steinem, máis coñecida como Gloria Steinem, nada en Toledo, Ohio o 25 de marzo de 1934, é unha xornalista e escritora estadounidense de orixe xudía, considerada unha icona do feminismo no seu país, así como unha activista dos dereitos da muller referente do movemento feminista estadounidense a finais de 1960 e principios de 1970.[1]

Foi columnista para o New York Magazine e unha das fundadoras da revista feminista liberal Ms. En 1969 publicou o artigo After Black Power, Women's Liberation (Despois do poder negro, a liberación das mulleres) que a converteu nunha líder do movemento feminista. Xunto a Betty Friedan é unha das referentes da chamada «segunda onda do feminismo».

En 1971 foi a autora dun dos discursos referentes do movemento feminista dos Estados Unidos do século XX durante a fundación da Asemblea Política Nacional de Mulleres: Chamamento ás mulleres de América.

En 2005 Steinem, Jane Fonda e Robin Morgan cofundaron o Women's Media Center, unha organización que ten como obxectivo facer visíbeis as mulleres nos medios de comunicación[2]

O 19 de maio de 2021 recibiu o Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades.

Gloria Steinem en 2016.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Steinem naceu o 25 de marzo de 1934 en Toledo, Ohio,[3] filla de Ruth (nada Nuneviller) e Leo Steinem. A súa nai era presbiteriana, o seu pai era xudeu, fillo de inmigrantes de Württemberg.[4] A súa avoa paterna, Pauline Perlmutter Steinem, foi presidenta do comité educativo da Asociación Nacional prol Sufraxio da Muller, delegada do Consello Internacional de Mulleres de 1908, e a primeira muller escollida para o Consello de Educación de Toledo, ademais de líder no movemento pola educación vocacional.[5] Pauline tamén rescatou a moitos membros da súa familia do Holocausto.[5]

Os Steinem viviron e viaxaron nun remolque, desde o cal Leo realizou o seu oficio como vendedor ambulante de antigüidades.[5] Antes de que nacese Gloria Steinem, a súa nai Ruth, que entón tiña 34 anos, sufriu unha "crise nerviosa" que a deixou inválida, atrapada en fantasías delirantes que en ocasións se tornaron violentas[6] e cambiou «dunha muller enérxica, amante da diversión, amante dos libros» a «alguén que tiña medo de estar soa, que non podía aferrarse á realidade o tempo suficiente para manter un traballo, e que de cando en cando podía concentrarse o suficiente para ler un libro».[6] A súa nai pasou longos períodos dentro e fóra dos sanatorios para os enfermos mentais.[6] Steinem tiña 10 anos cando os seus pais finalmente se separaron en 1944. O seu pai foise a California para buscar traballo, mentres ela e a súa nai continuaban vivindo xuntas en Toledo.[6]

Sobre o feito de que os seus pais se divorciasen baixo a tensión da enfermidade da súa nai, Steinem non o atribuíu en absoluto ao chauvinismo por parte do pai, afirma «telo entendido en nunca telo culpado pola ruptura».[7]

Asistiu á Escola Secundaria Waite en Toledo e á Escola Secundaria Western en Washington, D. C. Graduouse nesta última mentres vivía coa súa irmá máis vella Susanne Steinem Patch. Logo asistiu a Smith College. A finais da década de 1950, Steinem pasou dous anos na India como bolseira de Chester Bowles, onde estivo asociada brevemente co Tribunal Supremo da India como asistente legal de Mehr Chand Mahajan, entón presidente da Corte Suprema da India. Despois de regresar aos Estados Unidos, ocupou o cargo de directora do Servizo de Investigación Independente, unha organización financiada en segredo por un doante que resultou ser a CIA.[8] Traballou para enviar estudantes estadounidenses non comunistas ao Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes de 1959.[8] En 1960, foi contratada por Warren Publishing como a primeira empregada da revista Help!.[9]

Carreira xornalística[editar | editar a fonte]

O seu primeiro traballo como freelance foi na revista Esquire pensada para homes escribindo sobre a contracepción. Ao seu editor Clay Felker non lle gustou o texto inicial e obrigouna a reescribilo. Como resultado en 1962 publicou un artigo sobre a maneira na que as mulleres estaban forzadas a elixir entre a súa carreira e o matrimonio precedendo o libro de Betty Friedan The Feminine Mystique (A mística da feminidade) (1964).[10][11]

En 1963 buscou traballo como coelliña de Playboy no Club Playboy de Nova York para documentarse para un artigo para a revista Huntington Hartford's Show. O título do artigo que escribiu foi "A Bunny's Tale" e nel aparecía Steinem co uniforme de coelliña e explicaba como se trataba as mulleres nestes clubs. Steinem declarou sentirse orgullosa da investigación realizada e en dar a coñecer as condicións de explotación nas que vivían estas mulleres e as demandas sexuais que recibían, con frecuencia ao bordo da lei.[12] Durante algún tempo Steinem quedou sen traballo estábel ata que Felker fundou o New York Magazine en 1968.[10]

En 1964 entrevistou a John Lennon para a revista Cosmopolitan, en 1965 escribiu para unha revista satírica semanal da NBC-TV That Was The Week That Was contribuíndo na sección «Surrealismo na vida cotiá».

En 1969 cubriu unha información sobre o aborto para o New York Magazine realizado nos sotos dunha igrexa en Greenwich, Nova York. Steinem abortara en Londres aos 22.[13] E explicou que sentiu o que chamou un «gran clic» mentres falaba no grupo de apoio; un tempo despois, dixo «a miña vida de feminista en activo non comezara até ese día.[14] Segundo ela lembra «Suponse que abortar nos converte en malas persoas», mais debo dicir, que eu nunca me sentín así. Adoitaba sentarme e trataba de imaxinar que idade tería o neno, trataba de facerme sentir culpábel. Nunca o conseguín! Creo que a persoa que dixo: «se os homes puidesen quedar embarazados, o aborto sería un sacramento» tiña razón. No que me concirne, fun consciente de que era a primeira vez que asumira a responsabilidade da miña propia vida, non ía deixar que as cousas me sucedesen, ía dirixir a miña vida e por iso sentíame positiva.[13] Aínda así, non lle dixen nada a ninguén, sabía que fóra de alí, non era considerado da mesma maneira» .Tamén dixo que se, anos máis tarde, alguén a lembraba, sería só por inventar a expresión «liberdade de reprodución» … como unha expresión que indica a liberdade de opción de ter fillos ou non telos, o que posibilita unha coalición entre nosoutras.[15]

Ms. Revista[editar | editar a fonte]

En 1972 foi cofundadora con Dorothy Pitman Hughes da revista feminista Ms. o primeiro número da revista publicouse como suplemento nunha edición especial do New York Magazine a finais de 1971 e Clay Felker apoiou a primeira edición.[10]

Fora durante moito tempo colaboradora de Glamour e de Ladies' Home Journal, así que sabía que os editores facían todo o posíbel para incluír un artigo non relacionado con anuncios e talvez unha historia curta, pero iso foi o máximo que podían facer. Lembre, as revistas para mulleres comezaron como catálogos cunha pequena "copia complementaria" para os anuncios que trataban sobre moda, comida, entretemento etc. embro a un editor de beleza que foi despedido só por escribir que as mulleres novas probabelmente non necesitaban hidratantes. Houbo anunciantes que deixaron en claro que non comprarían un anuncio nun número con "artigos deprimentes ou de gran tamaño". Era demasiado esperar que esas revistas publicasen noticias sobre carcinóxenos na tinguidura para o cabelo, ou que roupa se fixeran en talleres de explotación, moito menos unha petición de mulleres coñecidas que abortaron e apoiaron a liberdade reprodutiva, explicou Steinem celebrando o 40 aniversario de Ms.[16]

Os 300 000 exemplares esgotáronse en oito días e a revista recibiu 26 000 subscricións e unhas 20 000 cartas. En 2001 a revista vendeuse á Feminist Majority Foundation e Steinem continuou na cabeceira como unha das seis editoras fundadoras e membro da xunta asesora.[17]

Tamén en 1972 Steinem converteuse na primeira muller que interveu no Club Nacional de Prensa.[18]

En 1978 escribiu un ensaio satírico para o Cosmopolitan titulado «Se os homes puidesen menstruar» no que imaxinaba un mundo no que os homes tivesen a menstruación no canto das mulleres. Chegou á conclusión, como parte do ensaio que en tal mundo, a menstruación converteríase nun símbolo de honra para os homes comparando os seus sufrimentos, en lugar da fonte da vergoña no que recaía con iso sobre as mulleres.[19]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Steinem foi diagnosticada de cancro de mama en 1986 e dunha neuralxia en 1994. [Cómpre referencia]

O 3 de setembro de 2000, aos 66 anos, casou co activista David Bale, pai do actor Christian Bale. A voda celebrouse en casa da súa amiga Wilma Mankiller, a primeira muller na Xefatura Principal da Nación Cherokee. O matrimonio de Steinem e Bale durou só tres anos, pois Bale morreu por mor dun linfoma cerebral o 30 de decembro de 2003 aos 62 anos.[20] Antes, Steinem fora moi crítica contra a institución do matrimonio, afirmando que «neste país, o matrimonio foi o modelo legal do escravismo».[21] Steinem deu a seguinte explicación do seu cambio de actitude:

Eu non cambiei, o que cambiou foi o matrimonio. En Estados Unidos pasamos os últimos 30 anos cambiando as leis sobre o matrimonio. Se me casase cando se supoñía que tiña que facelo, perdería o meu apelido, a miña residencia legal, a miña tarxeta de crédito, e a maioría dos meus dereitos civís. Hoxe é distinto. Agora é posible contraer un matrimonio igualitario.
Gloria Steinem.[22]

Anteriormente, tivera unha relación de catro anos co editor Mortimer Zuckerman.

Ao comentar sobre o envellecemento, Steinem dixo que aos 60 anos sentía que entraba nunha nova etapa da vida libre das «demandas de xénero» ás que se enfrontou desde a adolescencia.

Steinem non tivo fillos por elección.[23]

Obras[editar | editar a fonte]

  • 1957: The thousand Indias.
  • 1963: The beach book.
  • 1983: Outrageous acts and everyday rebellions (Actos escandalosos y rebeldías cotidianas).
  • 1986: Marilyn.
  • 1991: La revolución interior.
  • 1993: Moving beyond words.
  • 2006: Doing sixty & seventy.
  • 2016: My life on the road. / Mi vida en la carretera. Editorial Alpha Decay.

Biografías[editar | editar a fonte]

  • 1995: The education of a woman: the life and times of Gloria Steinem, de Carolyn Heilbrun.
  • 1997: Gloria Steinem: her passions, politics, and mystique, de Sydney Ladensohn Stern.
  • 2020: The Glorias, película dirigida por Julie Taymor.[24]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En maio de 2021 foi recoñecida co Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades.[25]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Library, C. N. N. "Gloria Steinem Fast Facts". Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  2. "New Season of "Women's Media Center Live with Robin Morgan"". Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  3. "Gloria Steinem" (en inglés). Consultado o 23 de marzo de 2019. 
  4. "Feminism". Consultado o 23 de marzo de 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Gloria Steinem". Consultado o 23 de marzo de 2019. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Steinem, Gloria (15 de outubro de 1995). Outrageous Acts and Everyday Rebellions: Second Edition (en inglés) (2 ed.). Macmillan. ISBN 9780805042023. 
  7. Marcello, Patricia. Gloria Steinem: A Biography. Westport, CT: Greenwood Press, 2004. p. 20.
  8. 8,0 8,1 "C.I.A. SUBSIDIZED FESTIVAL TRIPS; Hundreds of Students Were Sent to World Gatherings". The New York Times (en inglés). 21 de febreiro de 1967. ISSN 0362-4331. Consultado o 23 de marzo de 2019. 
  9. "James Warren Interview - Comic Book Artist #4 - TwoMorrows Publishing". Consultado o 23 de marzo de 2019. 
  10. 10,0 10,1 10,2 McLellan, Dennis (2 de xullo de 2008). "Innovative editor of New York magazine". Los Angeles Times (en inglés). ISSN 0458-3035. Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  11. Fox, Margalit (5 de febreiro de 2006). "Betty Friedan, Who Ignited Cause in 'Feminine Mystique,' Dies at 85". The New York Times. ISSN 0362-4331. Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  12. Gloria Steinem (1995). "I Was a Playboy Bunny" (PDF). Outrageous Acts and Everyday Rebellions. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de outubro de 2011. Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  13. 13,0 13,1 Cooke, Rachel (12 de novembro de 2011). "Gloria Steinem: 'I think we need to get much angrier'". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 7 de novembro de 2016. 
  14. "How Do You Spell Ms.". Consultado o 7 de novembro de 2016. 
  15. Gilbert, Lynn & Moore, Gaylen (1981). "Particular Passions: Talks With Women Who Shaped Our Times". 
  16. Thomas, Marlo (15 de xuño de 2012). "Gloria Steinem: The Original Ms.". Huffington Post (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  17. "Ms. Magazine Online. Winter 2009". Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  18. "Gloria Steinem: No such thing as a ‘feminist icon’". Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  19. "If Men Could Menstuate by Gloria Steinem". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2016. Consultado o 1 de novembro de 2016. 
  20. Associated Press (5 de setembro de 2000). "Feminist icon Gloria Steinem first time bride at 66" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2008. Consultado o 30 de xuño de 2008. 
  21. The Telegraph (7 de novembro de 2001). "How the fish found her bicycle". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2021. Consultado o 30 de xuño de 2008. 
  22. Mustafa, Zubeida (25 de marzo de 2007). "Still talking, writing and connecting" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2008. 
  23. Cooke, Rachel. "Gloria Steinem: 'I think we need to get much angrier'" [Gloria Steinem: "Pienso que necesitamos ponernos mucho más enojadas"]. The Guardian (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2013. Consultado o 20 de maio de 2017. 
  24. Steinem, Gloria (2020-10). "Reflections By Gloria Steinem: Kate Millett Memorial Service" 5 (2). ISSN 2472-4181. doi:10.23860/dignity.2020.05.02.12. Consultado o 2021-01-10. 
  25. "Gloria Steinem, la feminista más famosa del mundo, Premio Princesa de Asturias de Comunicación y Humanidades 2021" (en castelán). 2021-05-19. Consultado o 2021-05-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]