Alma Guillermoprieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlma Guillermoprieto

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de maio de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Profesora
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritora , bailarina , profesora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Chicago Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Alma Estela Guillermo Prieto, nada na Cidade de México o 27 de maio de 1949,[1][2] é unha xornalista mexicana coñecida como Alma Guillermoprieto. Escribiu amplamente sobre Latinoamérica para a prensa británica e estadounidense, especialmente para The New Yorker e The New York Review of Books. Os seus escritos tamén foron moi distribuídos no mundo castelanfalante e publicou libros en inglés e en castelán traducidos a outras linguas.

Guillermoprieto comezou a súa carreira como bailarina (posteriormente o tema de dous dos seus libros: Samba, 1990, e Dancing with Cuba, 2004), antes de pasar ao xornalismo en 1978 e comezando a ser recoñecida pola súa historia sobre o masacre de El Mozote de 1981 polo exército do Salvador. Recibiu un MacArthur Fellowship (1995), un George Polk Award (2001), e o Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades (2018), entre outros galardóns.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alma Guillermoprieto naceu na Cidade de México. Na súa adolescencia mudouse a Nova York coa súa nai.[2] Estudou danza moderna con Merce Cunningham ata 1969 cando este a recomendou para un traballo como docente na Escola Nacional de Arte de Cuba na Habana,[3] onde pasou seis meses.[3] Entre 1962 e 1973, foi bailarina profesional.

En 1978, comezou a súa carreira como xornalista como correspondente especial para The Guardian, onde cubriu a revolución nicaraguana.[2] En 1981 pasou a The Washington Post[4] e en xaneiro de 1982, Guillermoprieto, entón na Cidade de México, foi unha dos dous xornalistas (o outro foi Raymond Bonner de The New York Times) que deron conta da historia do masacre de El Mozote, en que uns 900 aldeáns de El Mozote, O Salvador, foron executados polo exército salvadoreño en decembro de 1981.[4] Con grandes dificultades e risco persoal, foi introducida polos rebeldes da Frente Farabundo Martí para la Liberación Nacional para que visitase o lugar arredor dun mes despois do masacre. Cando a historia se publicou simultaneamente no Post e no Times o 27 de xaneiro de 1982, a administración Reagan rexeitouna como propaganda .[4] Porén, posteriormente verificáronse os detalles explicados por Guillermoprieto e Bonner cunha ampla repercusión.[5]

Guillermoprieto foi ascendida a escritora fixo no Post, onde traballou durante dous anos[4] antes de conseguir un Alicia Patterson Journalism Fellowship en 1985, financiando investigación e escribindo sobre os cambios na vida rural polas políticas da Comunidade Económica Europea.[6] Despois converteuse en correspondente en Latinoamérica para Newsweek, ata 1987 cando o deixou para escribir un libro.[4] A súa primeira obra, Samba (1990), contaba unha tempada estudando nunha escola de samba de Río de Xaneiro.[7] Foi candidata ao National Book Critics Circle Award.[7] Tamén en 1990, Guillermoprieto gañou un Maria Moors Cabot Prize, pola súa contribución á liberdade de prensa e ao entendemento interamericano.[8]

Durante a década de 1990, traballou como escritora freelance, contribuíndo con artigos sobre a cultura e a política latinoamericana para The New Yorker,[9] e The New York Review of Books,[10] incluídas a guerra civil en Colombia, a actividade de Sendero Luminoso durante o conflito armado no Perú, as consecuencias da "guerra sucia" na Arxentina e a Nicaragua post-Sandinista. Trece destas obras foron recompiladas no libro The Heart That Bleeds (1994),[11] considerado un retrato clásico da política e a cultura durante a "década perdida".

En 1993, publicou un artigo en The New Yorker sobre Pablo Escobar titulado "Exit El Patron", que foi referenciado na serie Narcos. En abril de 1995, a petición de Gabriel García Márquez, Guillermoprieto deu a lección inaugural na Fundación para un Nuevo Periodismo Iberoamericano, un instituto para promover o xornalismo que García Márquez estableceu en Cartagena de Indias.[2] Ese mesmo ano, Guillermoprieto tamén recibiu un MacArthur Fellowship.[12]

En 2001, foi escollida para American Academy of Arts and Sciences.[13] Ese ano publicou unha segunda antoloxía de artigos, Looking for History: Latin America, con traballos sobre Cuba, México e Colombia escritos para The New Yorker e The New York Review of Books. Nunha crítica para Foreign Affairs, Kenneth Maxwell escribiu: "Guillermoprieto está ben recoñecida polo seu estilo evocador e íntimo e a súa visión compasiva mais crítca sobre os asuntos latinoamericanos. Estas habilidades móstranse aquí... claramente unha escritora en plena forma".[14] En 2001, tamén publicou unha serie en tres partes sobre o comercio de droga en Colombia en The New York Review of Books. A serie gañou un premio George Polk para reportaxes estranxeiras.[15] Tamén publicou unha colección de artigos en castelán sobre a crise mexicana, El año en que no fuimos felices.

En 2004, Guillermoprieto publicou unhas memorias, Dancing with Cuba, sobre o tempo que pasou vivindo en Cuba na vintena. Nunha crítica para The New York Times, Katha Pollitt eloxiou o matiz que Guillermoprieto deu ao libro, así como o "humor astuto, a curiosidade e o coñecemento".[3]

No outono de 2008, Guillermoprieto entrou no claustro de Center for Latin American Studies na Universidade de Chicago, como profesora visitante.[16] En 2017 recibiu o premio Ortega y Gasset pola súa carreira no xornalismo.[1] En 2018, outorgáronlle o Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades.[17][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Lafuente, Javier (2018-10-15). ""El periodismo se hace a pie, si no, no has hecho nada"". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Arquivado dende o orixinal o 2021-11-29. Consultado o 2021-11-28. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "La periodista mexicana Alma Guillermoprieto, Premio Princesa de Asturias de Comunicación". La Razón (en castelán). 2018-05-03. Arquivado dende o orixinal o 2019-10-02. Consultado o 2021-11-27. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Pollitt, Katha (2004-02-29). "Memories of Underdevelopment". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 2021-03-23. Consultado o 2021-11-27. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Meisler, Stanley. "El Mozote Case Study". www.columbia.edu. Arquivado dende o orixinal o 2012-11-04. Consultado o 2021-11-26. 
  5. "The Dead Tell Their Tales" Arquivado 2020-05-28 en Wayback Machine., NEWSWEEK, Tom Masland, 2 de novembro de 1992
  6. "Alma Guillermoprieto | Alicia Patterson Foundation". aliciapatterson.org. Arquivado dende o orixinal o 2018-08-15. Consultado o 2021-11-26. 
  7. 7,0 7,1 Klein, Misha (18 de febreiro de 1999). "Alma Guillermoprieto "Samba"". Center for Latin American Studies. University of California Berkeley. Arquivado dende o orixinal o 2010-07-10. Consultado o 2010-05-09. 
  8. "Five Journalists to Receive Cabot Awards at Columbia". The New York Times (en inglés). 1990-10-25. ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 2021-11-28. Consultado o 2021-11-28. 
  9. "Archived copy". The New Yorker. Arquivado dende o orixinal o 2010-01-03. Consultado o 2010-05-09. 
  10. "Alma Guillermoprieto". The New York Review of Books. Arquivado dende o orixinal o 2010-05-13. Consultado o 2010-05-09. 
  11. "Nonfiction Book Review: The Heart That Bleeds: Latin America Now by Alma Guillermoprieto, Author Knopf Publishing Group $24 (345p) ISBN 978-0-679-42884-8". PublishersWeekly.com (en inglés). 28 de febreiro de 1994. Arquivado dende o orixinal o 2021-11-27. Consultado o 2021-11-27. 
  12. "Alma Guillermoprieto". www.macfound.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2021-11-27. Consultado o 2021-11-26. 
  13. "Alma Guillermoprieto". American Academy of Arts & Sciences (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2021-11-28. Consultado o 2021-11-28. 
  14. Maxwell, Kenneth (2009-01-28). "Looking for History: Dispatches from Latin America". Foreign Affairs. - New York (en inglés). ISSN 0015-7120. Arquivado dende o orixinal o 2018-11-26. Consultado o 2021-11-27. 
  15. Wong, Edward (2001-03-16). "New York Times Among Winners of Polk Awards for Journalism". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Arquivado dende o orixinal o 2015-05-27. Consultado o 2021-11-26. 
  16. "Tinker Visiting Professors". Arquivado dende o orixinal o 2010-06-02. Consultado o 2010-05-09. 
  17. "Alma Guillermoprieto - Laureates - Princess of Asturias Awards". The Princess of Asturias Foundation (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2021-11-27. Consultado o 2021-11-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]