Annie Leibovitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Annie Leibovitz
Annie Leibovitz-SF-1-Crop.jpg
Annie Leibovitz fotografada en San Francisco, California, no 2008.
Nacemento2 de outubro de 1949
 Waterbury, Connecticut, Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstadounidense
RelixiónXudaísmo
Alma máterSan Francisco Art Institute
OcupaciónFotógrafa
CónxuxeSusan Sontag (1989 - 2004)
PremiosLibrary of Congress Living Legend, Connecticut Women's Hall of Fame, Lucie Award e Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades
Annie Leibovitz Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Anna-Lou "Annie" Leibovitz (|ˈliːbəvɪts|), nada en Waterbury, Connecticut o 2 de outubro de 1949, é unha fotógrafa estadounidense. Foi a primeira muller en expoñer na Washington's National Portrait Gallery,[1] en 1991. Tamén foi a última persoa que fotografou a John Lennon, o día en que foi asasinado.

É a fotógrafa mellor pagada do mundo e traballou para revistas como Vanity Fair, Rolling Stone ou Vogue. En 1984 foi galardoada pola Asociación Estadounidense de Editores de Revistas como Fotógrafa do ano, e en maio de 2013 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Nada en Connecticut en 1949,[3] Anna-Lou Leibovitz é a terceira dos seis fillos de Marilyn Edith (de solteira Heit) e Samuel Leibovitz.[4] É estadounidense de terceira xeración; os seus pais eran xudeus romaneses.[4] A súa nai era unha profesora de danza moderna de orixe estoniana e o seu pai foi tenente coronel nas Forzas Aéreas dos Estados Unidos. A familia mudábase frecuentemente polos destinos do pai, e as súas primeiras fotografías foron tomadas en Filipinas durante a guerra de Vietnam,[5] fotografando os arredores da base militar e os veciños da zona.[6] A paixón de Leibovitz pola arte naceu do compromiso da súa nai coa danza, a música e a pintura.[6]

En Northwood High School en Silver Spring, Maryland,[7] comezou a interesarse en varios empeños artísticos e empezou a escribir e tocar música. Asistiu ao San Francisco Art Institute,[7] onde estudou pintura coa idea de facerse profesora de artes.[6] Na escola fixo os seus primeiros traballos fotográficos e cambiou o seu interese principal á fotografía. Foi inspirada pola obra de Robert Frank e Henri Cartier-Bresson, sobre os que lle ensinaron na escola.[8] Durante varios anos, continuou a desenvolver a súa habilidade fotográfica mentres realizaba varios traballos, incluíndo un voluntariado nun kibbutz de Amir, Israel durante meses en 1969.[9]

Carreira[editar | editar a fonte]

Cando Leibovitz volveu aos Estados Unidos en 1970, comezou a súa carreira como fotógrafa traballando na revista Rolling Stone. En 1973, o editor Jann Wenner nomeouna fotógrafa xefa da revista, cargo que mantivo durante dez anos. Leibovitz traballou para a revista ata 1983, e as súas fotos íntimas de celebridades axudaron a definir a imaxe de Rolling Stone.[9]

Leibovitz fotografou os Rolling Stones en San Francisco en 1971 e 1972, e serviu como fotógrafa na xira de concertos de the Rolling Stones' Tour of the Americas '75. A súa foto favorita da xira é unha de Mick Jagger nun ascensor.[10]

Mentres traballaba en Rolling Stone, descubriu que podía traballar para revistas e á vez crear obras persoais da súa familia que para ela era máis importante. “Non tes a oportunidade de facer estes traballos íntimos agás con persoas que amas, a xente que te tolerará. É xente que che abre os seus corazóns e as súas almas e as súas vidas. Debes coidalos”.[11]

John Lennon[editar | editar a fonte]

O 8 de decembro de 1980 fixo unha sesión de fotos con John Lennon para Rolling Stone, e prometoulle que estarían na portada.[12][13] Inicialmente intentou facer unha foto con Lennon só, como quería Rolling Stone, pero Lennon insistiu que estivesen tanto el como Yoko Ono na portada. Leibovitz intentou entón recrear algo como a escena do bico da portada de Double Fantasy, unha imaxe que Leibovitz adoraba, e fixo a Lennon quitar a roupa e arrecuncharse xunto a Yoko no chan. Leibovitz dixo, "o que é interesante é que ela dixo que quitaría a parte de arriba e eu dixen «deixa todo posto» sen preconcibir a imaxe en absoluto. Entón el arrecunchouse xunto a ela e era moi, moi forte. Creo que foi sorprendente mirar a primeira Polaroid e os dous estaban moi excitados. John dixo «captaches a nosa relación con exactitude. Prométeme que estará na portada». Mireino aos ollos e estivemos de acordo niso".[14] Leibovitz foi a última persoa en fotografar a Lennon, que foi asasinado cinco horas despois.[15]

A imaxe foi recreada en 2009 polo fillo de John e Yoko, Sean Lennon, posando coa súa moza Charlotte Kemp Muhl, cos roles cambiados (Sean vestido, Kemp espida),[16][17] e por Henry Bond e Sam Taylor-Wood no seu pastiche October 26, 1993.[18]

Outros proxectos[editar | editar a fonte]

  • Na década de 1980, o novo estilo de iluminación de Leibovitz e o uso de cores e posturas atrevidas subiron a súa posición en Vanity Fair.[19]
  • Leibovitz fotografou famosos para unha campaña internacional de publicidade de tarxetas de crédito de American Express, que gañou un premio Clio en 1987.[20]
  • En 1991, emulou a festa de Margaret Bourke-White montando unha aguia gárgola no 61.º andar do Chrysler Building de Manhattan, onde fotografou o bailarín facendo acrobacias sobre unha á. O fotógrafo John Loengard, da revista Life tirou unha fotografía de Leibovitz no clímax do perigo. (Ese día Loengard estaba a fotografar a Leibovitz para The New York Times.)[21]
  • En 2007, tivo lugar unha retrospectiva da súa obra no Museo de Brooklyn,[22] A mostra baseábase no seu libro Annie Leibovitz: A Photographer's Life, 1990–2005 e incluía moitas das súas fotografías profesionais, ademais de fotografías persoais da súa familia, fillos e da súa parella Susan Sontag. A exposición, que foi aumentada para incluír tres dos retratos oficiais da raíña Isabel II, foi presentada en sete localidades, incluíndo Washington, D.C., San Francisco e Berlín.[23][24] Incluíanse 200 fotografías.[25] Na mostra, Leibovitz mostrou que non tiña dúas vidas, profesional e persoal, senón unha en que os encargos e as imaxes persoais forman todas parte da súa obra. A mostra e a súa disertación centrábanse na súa vida e fotografías persoais.[26]
  • En 2007, a BBC malinterpretou a sesión de fotografías á raíña Isabel II en que se había de tirar o retrato oficial para a visita de estado a Virxinia e que foi filmada para o documental A Year with the Queen. Un tráiler do filme mostraba a raíña reaccionando á suxestión de Leibovitz ("less dressy", menos formal) de que quitase a tiara e logo unha escena da raíña baixando por un corredor dicindo a un axudante "Non vou cambiar nada. Tiven bastante vestindo así, moitas grazas".[27][28] A BBC pediu perdón posteriormente e admitiu que a secuencia de sucesos fora malinterpretada, e que a raíña estaba de feito camiñando ao sitio na segunda escena.[29] Isto provocou un escándalo na BBC e unha reforma do seu libro de estilo. Porén, un artigo de 2015 en London Times publicado xusto despois de que o reinado de Isabel II superase ao da raíña Vitoria contradí a historia. Afirma que a raíña estaba tanto incrédula ao ser requirida para quitar a coroa porque "ninguén lle di que facer" como insultada porque o obxecto era só unha tiara.[30]
  • En 2007, The Walt Disney Company contratouna para unha serie de fotografías con famosos encarnando personaxes e escenas para Walt Disney Parks and Resorts na campaña "Year of a Million Dreams".[31][32]
  • En 2014, Leibovtiz realizou unha sesión de fotos de Kim Kardashian West, Kanye West e a súa filla North West para un artigo de Vanity fair.[33]
  • O mesmo ano, a New-York Historical Society montou unha exhibición da obra de Leibovitz baseda no seu libro de 2011 Pilgrimages.[34]
  • En 2015, Leibovitz foi a fotógrafa principal do calendario Pirelli de 2016. Realizou un cambio drástico no estilo do calendario, centrándose en mulleres admirables e non na sexualidade. O calendario incluía a Amy Schumer, Serena Williams e Patti Smith. Leibovitz traballara previamente na edición de 2000.[35]
  • Entre xaneiro de 2016 e febreiro de 2017, WOMEN: New Portraits, encargada por UBS e reflectindo os cambios de roles das mulleres, foi amosada en dez cidades de todo o mundo.[36]
  • En 2017, anunciou a estrea dunha clase de fotografía online titulada "Annie Leibovitz Teaches Photography".[37]
  • En xaneiro de 2018, a portada de Leibovitz para Vanity Fair foi criticada pola manipulación da imaxe, que parecía mostrar a actriz Reese Witherspoon con tres pernas.[38][39]

Galardóns[editar | editar a fonte]

En 1991, Leibovitz foi nomeada Commandeur de l'Ordre des Arts et des Lettres polo goberno francés.[15]

Recibiu a medalla do centenario de The Royal Photographic Society e unha bolsa honoraria (HonFRPS) en recoñecemento á súa contribución á fotografía en 2009.[40] En maio de 2013 obtivo o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades[41] e dous anos despois a medalla Paez da Arte da VAEA.[42]

En 2018 recibiu un doutoramento honorario en belas artes pola Rhode Island School of Design[43]

Fotografías célebres[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Somerstein, Rachel (27 de outubro de 2008). "Annie Leibovitz: Life Through a Lens". PBS. Consultado o 18 de maio de 2017. 
  2. "La fotógrafa estadounidense Annie Leibovitz, Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades". El País (en castelán). 
  3. "Annie Leibovitz Biography: Photographer (1949–)". The Biography Channel (A&E Networks). Consultado o 17 de xuño de 2014. 
  4. 4,0 4,1 Lambert, Angela (3 de marzo de 1994). "Talking pictures with Annie Leibovitz". The Independent (Londres). Consultado o 8 de xullo de 2010. 
  5. Cooke, Rachel (3 de febreiro de 2008). "How I shot my sister Annie ...". The Observer (Londres). Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2008. Consultado o 10 de xuño de 2008. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Annie Leibovitz Biography, Art, and Analysis of Works". The Art Story (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2018. 
  7. 7,0 7,1 "Annie Leibovitz Career Timeline". American Masters (WNET). 3 de xaneiro de 2007. Consultado o 2 de febreiro de 2014. 1964: Attends Northwood High School in Silver Spring, Maryland 
  8. Obrist, Hans-Ulrich. "Life through Annie's lens". Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  9. 9,0 9,1 "Annie Leibovitz Biography". bookrags. Consultado o 19 de xullo de 2007. 
  10. Leibovitz, A. (2008).At Work. New York City, NY: Random House. ISBN 978-0-375-50510-2
  11. Scott, Janny (6 de outubro de 2006). "From Annie Leibovitz: Life, and Death, Examined". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  12. "Hours After This Picture Was Taken John Lennon Was Dead". Guardian Unlimited. 8 de decembro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2009. Consultado o 26 de xullo de 2007. 
  13. "Fascinating Trivia Questions for Adults to Check Their Knowledge". 
  14. "Issue #335 (Jan. 22, 1981)" (Audio). Rolling Stone. 2007. Arquivado dende o orixinal o 4 de xullo de 2007. Consultado o 26 de xullo de 2007. 
  15. 15,0 15,1 Yoko Ono (9 de agosto de 2008). Annie Leibovitz - Life Through a Lens (DVD). ICA. a heavy weight fate was waiting for us only...four or five hours later 
  16. "Sean Lennon And Nude Model Recreate John And Yoko (NSFW PHOTO)]". Huffpost. 2 de setembro de 2009. 
  17. "John Lennon, Sean Lennon - Two Versions of [[[sic]]]". SilencedMajority.  Ligazón wiki dentro do título da URL (Axuda)
  18. Corliss, Richard (8 de outubro de 2010). "Nowhere Boy: Lennon and McCartney Before the Beatles". Time. 
  19. T., Edward (2014). "How to Shoot like Annie Leibovitz: Part 1". iLHP. Consultado o 28 de marzo de 2014. 
  20. "ANNIE LEIBOVITZ – Lens Magazine". lensmagazine.net (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  21. "Gaga Over a Gargoyle". Smithsonian (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  22. "Annie Leibovitz: Oct. 2006 – Jan. 2007". Brooklyn Museum. 2007. 
  23. "From 21 February to 24 May 2009 at the". C/O Gallerie. Arquivado dende o orixinal o 9 de marzo de 2009. 
  24. "21 de xaneiro de 2009 - Bing". www.bing.com. 
  25. Taknuri, Lubna (21 de outubro de 2007). "Leibovitz exhibition". Associated Press. 
  26. "Brooklyn Museum". www.brooklynmuseum.org. Consultado o 29 de mazo de 2018. 
  27. No orixinal, "I'm not changing anything. I've had enough dressing like this, thank you very much".
  28. Reuters (12 de xullo de 2007). "BBC sorry for misrepresenting Queen". ABC News. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2007. Consultado o 19 de xullo de 2007. 
  29. "Broadcaster sorry for queen claim". CNN. Associated Press. 12 de xullo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2007. Consultado o 19 de xullo de 2007. 
  30. Ingrid Seward (1 de setembro de 2015). "Life:Divorce, Kate and her ‘cross’ face: the Queen in her own words". The Times. Consultado o 1 de setembro de 2015. 
  31. "USA Today Photo Gallery". Consultado o 26 de xaneiro de 2011. 
  32. Keck, William (25 de xaneiro de 2007). "Disney's dazzling 'Dreams'". USA Today. Consultado o 25 de abril de 2010. 
  33. "Annie Leibovitz on 5 Images That Have Shaped Her Career". 
  34. "Annie Leibovitz: Pilgrimage". New-York Historical Society. Consultado o 20 de novembro de 2014. 
  35. "The Pirelli 2016 Calendar Is Here and Unlike Anything You've Seen Before". Elle. Consultado o 1 de decembro de 2015. 
  36. "WOMEN: New Portraits Annie Leibovitz". www.ubs.com. UBS. Consultado o 2 de xaneiro de 2018. 
  37. "Photography legend Annie Leibovitz reveals her craft in online 'MasterClass'". EW.com (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2018. 
  38. "Reese Witherspoon appears to have 3 legs on the cover of 'Vanity Fair'". Mashable. Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  39. "The 2018 Vanity Fair Hollywood Portfolio: 12 Extraordinary Stars, One Momentous Year". Vanity Fair. Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  40. "Centenary Medal - RPS". www.rps.org. Consultado o 29 de marzo de 2018. 
  41. Annie Leibovitz. Premios Príncipes de Asturias, 2013
  42. "Annie Leibovitz is the recipient of VAEA's Paez Medal of Art 2015.". VAEA (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  43. "RISD Commencement 2017". commencement.risd.edu. Rhode Island School of Design. Consultado o 3 de xullo de 2018. 
  44. "Bruce Springsteen - Tunnel Of Love". 
  45. "Bruce Springsteen.net". Bruce Springsteen.net. 4 de xuño de 1984. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2010. Consultado o 26 de xaneiro de 2011. 
  46. "at 25: The Covers | Culture". Vanity Fair. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2011. Consultado o 26 de xaneiro de 2011. 
  47. Public Broadcasting Service. "American Masters: Annie Leibovitz" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2008. 
  48. BBC Mundo (23 de outubro de 2008). "Annie Leibovitz o el arte de ver". Consultado o 4 de febreiro de 2009. 
  49. National Geographic. "Christo and Jeanne-Claude Unwrapped" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2008. 
  50. "3.bp". 
  51. "1.bp". 
  52. Postershop-espana.com. "Leibovitz Annie - Keith Haring". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2008. Consultado o 5 de xullo de 2008. 
  53. El País (3 de agosto de 2007). "Mijail Gorbachov posa ante el Muro de Berlín para una campaña de Louis Vuitton". Consultado o 5 de xullo de 2008. 
  54. Public Broadcasting Service. "American Masters: Annie Leibovitz" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2008. 
  55. PBS Arquivado 28 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
  56. "Thewho.org". 
  57. "Miley Knows Best". Vanity Fair. xuño de 2008. 
  58. "Miley Cyrus topless controversy". The Daily Telegraph. 28 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 1 de maio de 2008. Consultado o 27 de abril de 2008. 
  59. Lisa Respers France, CNN (1 de xuño de 2015). "No more Bruce: Meet Caitlyn Jenner". CNN. Consultado o 11 de novembro de 2015.