Saltar ao contido

Marjane Satrapi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarjane Satrapi

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Marjane Ebrahimi Editar o valor en Wikidata
22 de novembro de 1969 Editar o valor en Wikidata
Resht Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xuño de 2026 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
París Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Superior de Artes Decorativas de Estrasburgo
Islamic Azad University, South Tehran Branch (en) Traducir
Islamic Azad University Central Tehran Branch (en) Traducir
Lycée Français de Vienne (en) Traducir
Razi High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Teherán
París Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirectora de cine, creadora de banda deseñada Editar o valor en Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioMarjane Satrapi Editar o valor en Wikidata
Participou en
2007Festival de Cannes 2007 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMattias Ripa (1996–2025), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteArquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon
Asian Women Artists: A Biographical Dictionary, 2700 BCE to Today Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2277869 Allocine: 143602 Rottentomatoes: celebrity/marjane_satrape Allmovie: p475059 Metacritic: person/marjane-satrapi
Instagram: marjanesatrapi MySpace: marjane_s BNE: XX1607661 Bitraga: 3759 Musicbrainz: 49a39bc6-28d7-4cfc-aae9-a1bb49c102f9 Discogs: 1720012 Tebeosfera: satrapi_marjane Editar o valor en Wikidata

Marjane Satrapi (en persa, مرجان ساتراپی , AFI mærˈʤɔːne sɔːtrɔːˈpiː), nada en Rasht (Irán) o 22 de novembro de 1969 e finada en París o 4 de xuño de 2026,[1][2][3] foi unha escritora e debuxante iraniana en lingua francesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi a única filla dunha familia de Teherán. A súa familia, de talante progresista, mandouna estudar ao Liceo Francés até que foron suprimidos os colexios bilingües polas autoridades islámicas xurdidas a partir da revolución iraniana de 1979. Ela e a súa familia, que simpatizaban coa revolución antes de que adquirise carácter islamista, viviron con dor as restricións das liberdades individuais, a represión, a imposición do veo feminino e o estoupido da guerra Irán-Iraq, que o novo réxime utilizou para consolidarse.

En 1984, con 14 anos, os seus pais decidiron enviala a estudar a Viena (Austria), para que puidese completar a súa educación laica e permitir que se desenvolvese nun ambiente menos opresivo ca o do seu país natal. Marjane non falaba alemán, pero nese momento era máis fácil conseguir un pasaporte para Austria que para Francia. Tras completar os estudos secundarios regresou a Irán para estudar Belas Artes, e ao rematar decidiu marchar a Francia para seguir estudando Artes Decorativas en Estrasburgo.

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Comezou a traballar en París como ilustradora de literatura infantil. Da man de Christophe Blain e o colectivo L'Association coñeceu o debuxante e guionista David B., que a animou a introducirse no mundo da banda deseñada para narrar os seus recordos da infancia en Irán.

A novela gráfica Persépole, publicada no ano 2000,[3] é unha peza autobiográfica que arranca nos momentos finais do réxime do Sah e que dá conta das dificultades de vivir baixo un estado teocrático, así como das distintas formas de seguir vivindo unha vida laica malia a vixilancia dos gardas da revolución e da veciñanza, oportunamente convertidos a un islamismo máis militante ca o do propio goberno. A obra foi publicada no ano 2000, en catro volumes, e acadou un grande éxito de crítica e público. Foi premiada no Festival de Banda Deseñada de Angoulême en 2001[2] e en xuño de 2007, foi adaptada ao cinema de animación por ela mesma e por Vincent Paronnaud.[2] A película, recibiu o premio do xurado no Festival de Cannes e tamén foi nomeado nos Óscar.[3]

En 2003 publicou Broderies, unha banda deseñada sobre as mulleres iranianas. Resultou nomeada ao premio ao mellor álbum no Festival de Banda Deseñada de Angoulême de 2004. En 2005 publicou Poulet aux prunes, co que acadou premio á mellor obra en 2005 do festival,[4] e tamén foi adaptado ao cine.[3] Tamén codirixiu a versión cinematográfica en 2011, con Mathieu Amalric, Edouard Baer e Maria de Medeiros como protagonistas.[2][4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2024, recibiu o Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades.[5][6]

Foi nomeada para a Lexión de Honra o 3 de xullo de 2024, mais rexeitou a condecoración a principios de 2025 para opoñerse ao que percibía como unha "actitude hipócrita de Francia cara a Irán", particularmente no que respecta á concesión de visados ​​a fillos de "oligarcas iranianos" en lugar de a "mozos iranianos namorados da liberdade, disidentes e artistas".[2][7]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1996 con Mattias Ripa.

  1. Hienard, Sophie (4 de xuño de 2026). "Marjane Satrapi, autrice de "Persepolis", est morte à l'âge de 56 ans". BFM (en francés). Consultado o 4 de xuño de 2026.
  2. 1 2 3 4 5 Gómez Ruiz, Lara (4 de xuño de 2026). "Muere la dibujante iraní Marjane Satrapi, autora de 'Persépolis', a los 56 años". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 4 de xuño de 2026.
  3. 1 2 3 4 Villaécija, Raquel (4 de xuño de 2026). "Muere la historietista y cineasta Marjane Satrapi, autora de ‘Persépolis’, a los 56 años". elpais.com (en castelán). Consultado o 4 de xuño de 2026.
  4. 1 2 Jiménez, Jesús (1 de agosto de 2012). "Tras el éxito de 'Persépolis' Marjane Satrapi lleva al cine otro de sus cómics: 'Pollo con ciruelas'". rtve.es (en castelán). Consultado o 4 de xuño de 2026.
  5. Redacción (30 de abril de 2024). "Los Premios Princesa de Asturias reconocen a Marjane Satrapi". atlantico.net (en castelán). Consultado o 7 de maio de 2024.
  6. Koch, Tomasso (30 de abril de 2024). "Marjane Satrapi, autora de ‘Persépolis’, Premio Princesa de Asturias de Comunicación y Humanidades 2024". elpais.com (en castelán). Consultado o 2 de maio de 2024.
  7. Redacción (14 de xaneiro de 2025). "L’artiste Marjane Satrapi refuse la Légion d’honneur en raison de l’« attitude hypocrite de la France vis-à-vis de l’Iran »". lemonde.fr (en francés). Consultado o 4 de xuño de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]