Saltar ao contido

Marbella

Marbella
 Nome oficial
    Marbella (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Continente
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
110.847 (2001) rexistro civil
115.871 (2002) rexistro civil
117.353 (2004) rexistro civil
124.333 (2005) rexistro civil
125.519 (2006) rexistro civil
126.422 (2007) rexistro civil
130.549 (2008) rexistro civil
134.623 (2009) rexistro civil
136.322 (2010) rexistro civil
138.662 (2011) rexistro civil
140.473 (2012) rexistro civil
142.018 (2013) rexistro civil
138.679 (2014) rexistro civil
139.537 (2015) rexistro civil
140.744 (2016) rexistro civil
141.172 (2017) rexistro civil
141.463 (2018) rexistro civil
143.386 (2019) rexistro civil
147.633 (2020) rexistro civil
147.958 (2021) rexistro civil
150.725 (2022) rexistro civil
156.295 (2023) rexistro civil
159.000 (2024) rexistro civil
159.786 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   74.442 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   68.944 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   114.300.000 m² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   22 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal29600–29604 Editar o valor en Wikidata
Código INE29069 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap340756 Editar o valor en Wikidata
VIAF123223071 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0295f8 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: AyuntamientodeMarbella Twitter: Ayto_Marbella Instagram: marbellaturismo BNE: XX451363 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Marbella é unha cidade e concello da provincia de Málaga, en Andalucía. É a capital da comarca da Costa del Sol Occidental. Está situada á beira do Mediterráneo, entre Málaga e o estreito de Xibraltar e ó carón dos Picos Serra Blanca e Juanar. Segundo os datos do INE a poboación en 2005 era de 124.333 habitantes e a súa extensión de 114,3 km2, cunha lonxitude de costa de 26 km.

Características

[editar | editar a fonte]
Puerto Banús

Marbella é unha das cidades turísticas máis importantes da Costa do Sol e durante a maior parte do ano é centro de atracción do turismo internacional a causa principalmente do seu clima cálido, as súas infraestruturas, a súa cualificada dotación de establecementos de industria hoteleira e os seus recoñecidos campos de golf. A cidade experimentou unha expansión e crecemento continuos ó longo das últimas décadas.

En Marbella existen dous núcleos principais de poboación: Marbella e San Pedro Alcántara. O resto da poboación atópase dispersa en multitude de urbanizacións, entre as que destacan Nueva Andalucía e Las Chapas.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Vista de Marbella dende a Serra Blanca.
Dunas de Artola. Serra Blanca, ao fondo.

O termo municipal marbellí ocupa unha franxa que se estende ao longo de 27 quilómetros de costa, refuxiada polas ladeiras do Cordón Montañoso Litoral penibético que forman as serras Bermeja, Palmitera, Real, Blanca e Alpujata. Debido á proximidade da serra coa costa, a cidade presenta un gran desnivel entre as zonas norte e sur, propiciando así vistas do mar e a montaña desde case todos os puntos da cidade. O litoral está densamente urbanizado. A maior parte do chan non edificado corresponde a campos de golf ou a pequenas zonas residuais.[1] Marbella limita ao norte cos municipios de Istán e Ojén, ao noroeste con Benahavís, ao oeste con Estepona, ao leste con Mijas e ao sur co mar Mediterráneo.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]

O 27 km de litoral do termo de Marbella divídense en 24 praias de diferentes características, aínda que, debido á expansión urbanística do municipio, todas son praias urbanas ou semiurbanas. En xeral trátase de praias de ondada moderada con area dourada ou escura de gran fino, medio ou groso, sendo posible tamén atopar algunha de grava. O grao de ocupación adoita ser alto ou medio, especialmente durante os meses de verán, cando se concentra a chegada de turistas. Entre elas, poden citarse a praia de Artola ou Cabopino, situada na zona protexida das Dunas de Artola, xunto ao porto de Cabopino, por ser unha das poucas praias nudistas de Marbella; as de Venus e La Fontanilla, céntricas e moi frecuentadas; e as de Puerto Banús e San Pedro Alcántara, que contan con bandeira azul. As praias máis famosas de Marbella son, a praia de Puente Romano, as praias de Las chapas como Cabo Pino ou a de Don Carlos, que son praias de area fina e apenas teñen pedras. Logo no centro de Marbella destacan a praia de El Faro, a praia de El Cable e mesmo a praia de Funny Beach que é a que máis próxima ao arco de Marbella. Por último atópase unha das praias máis solicitadas polo turismo, a praia de Porto Banús.

Goberno municipal

[editar | editar a fonte]
  1. SOPDE (ed.). "Paisaje de Marbella". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2015. Consultado o 23 de marzo de 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]