Xoana de Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Xoana de Castro
Raíñas consortes de Castela
Sepulcro de la reina Juana de Castro, segunda esposa de Pedro I el Cruel, rey de Castilla y León (Catedral de Santiago de Compostela).jpg
Sepulcro de Xoana de Castro.

Falecemento 21 de agosto de 1374
Reino de Galicia
Sepultura Panteón Real, Catedral de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela.
Cónxuxe/s Pedro I de Castela
Descendencia Véxase Descendencia
Casa real Casa de Castro
Proxenitores Pedro Fernández de Castro
Isabel Ponce de León

Escudo de Xoana de Castro

Xoana de Castro, finada en Monforte de Lemos o 21 de agosto de 1374, foi unha raíña consorte de Castela polo seu matrimonio con Pedro I de Castela.

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Foi filla de Pedro Fernández de Castro, señor de Lemos, Monforte e Sarria, e de Isabel Ponce de León. Por parte paterna foron os seus avós Fernando Rodríguez de Castro, señor de Lemos e Sarria, e Violante Sánchez de Castela, filla ilexítima de Sancho IV de Castela. E por parte materna era neta de Pedro Ponce de León, señor de Cangas e Tinéu, e Sancha Gil de Chacim. Foi irmá de Fernán Ruiz de Castro e de Inés de Castro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casou en 1354 co rei don Pedro I, que a abandonou poucos días despois de verificado o matrimonio. Para que este se puidese celebrar, os bispos de Ávila e Salamanca declararon nulo que o rei contraera con Branca de Borbón. Dese matrimonio naceu don Xoán de Castela e Castro, designado no testamento do seu pai como herdeiro da coroa, en caso de falecemento dos fillos que tivera con María de Padilla.

Aínda que se asegura que don Pedro non volveu a ver a dona Xoana, non debeu estar tan pouco tempo reunido con ela, xa que o Pontífice o amoestou seriamente, chegando á excomuñón por non obedecer ó seu mandato e se comprende ben que estas dilixencias non se puideron practicar en poucos días. Tamén se di que o rei se separou de dona Xoana a consecuencia da excomuñón do Pontífice, o que, porén, se omite na crónica de López de Ayala, aínda que se asegura nos fragmentos da crónica do bispo de Xaén.

Cando o rei don Pedro abandonou a dona Xoana fíxolle doazón do señorío de Dueñas, onde ela viviu sen deixar nunca de titularse raíña de Castela. Adoita cualifícanse de aduladores e débiles ós bispos de Ávila e Salamanca por declarar nulo o matrimonio de don Pedro con dona Branca; pero non falta quen expón razóns de gran peso para xustificar a nulidade daquel enlace, e por outra parte, é fama que os citados bispos foron homes piadosos, doctos e cheos de virtude. Consta ademais que non se retractaron, e se ben marcharon a Roma, acudindo ó chamamento do Papa Inocencio VI para responder da súa conduta, non deberon saír desairados cando nada di do resultado da audiencia o cronista Ayala, decidido partidario de Henrique de Trastamara.

O seu sartego está na catedral de Santiago de Compostela.[1]

Matrimonios e descendencia[editar | editar a fonte]

Froito do seu matrimonio con Diego Fernández de Haro tivo un fillo:

  • Pedro Díaz de Haro (morto cara 1370)

E do seu matrimonio co rei Pedro I de Castela naceu tamén un fillo:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arco y Garay, Ricardo del (1954). Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. OCLC 11366237. 
Predecesor:
Branca de Borbón
Escudo de la Corona de Castilla.svg
Raíña consorte de Castela

1354 - 1369
Sucesor:
Xoana Manuel de Villena