Sistema fluvial Ulla - Deza
| Tipo | espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Ames, España, Boqueixón, España, Brión, España, Catoira, España, Dodro, España, A Estrada, España, Padrón, España, Pontecesures, España, Rianxo, España, Rois, España, Silleda, España, Teo, España, Touro, España, Valga, España, Vedra, España e Vila de Cruces, España | |||
| ||||
| Características | ||||
| Superficie | 1.641,38679 ha | |||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 2004 | |||
O Sistema fluvial Ulla - Deza é un espazo natural galego declarado como Zona especial de conservación (ZEC) e que ampara ao río e ribeiras do río Ulla, o treito final do seu afluente o Deza, as ribeiras doutros afluentes menores, e o seu esteiro na ría de Arousa. Este espazo percorre fundamentalmente a raia das provincias da Coruña e Pontevedra. Este espazo está repartido entre os municipios coruñeses de Ames, Boqueixón, Brión, Dodro, Padrón, Rianxo, Teo, Touro e Vedra, e os municipios pontevedreses de Catoira, A Estrada, Pontecesures, Silleda, Valga e Vila de Cruces. A área que protexe é de 1.633 ha. e é principalmente a de ribeiras do Ulla e Deza, sendo só o 16% desta a superficie do esteiro na ría de Arousa.[1][2][3][4][5]
Destaca pola ictiofauna dos seus ríos[5], e é ten de feito importantes puntos de pesca tradicional.
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]Flora
[editar | editar a fonte]As especies da flora de interese comunitario para a súa conservación deste espazo natural son[4][6]:
| Especie |
|---|
| Narcissus cyclamineus |
Fauna
[editar | editar a fonte]As especies da fauna de interese comunitario para a súa conservación deste espazo natural son[4][6]:
| Grupo | Especie |
|---|---|
| Invertebrados | Cerambyx cerdo |
| Invertebrados | Coenagrion mercuriale |
| Invertebrados | Elona quimperiana |
| Invertebrados | Euphydryas aurinia |
| Invertebrados | Geomalacus maculosus |
| Invertebrados | Lucanus cervus |
| Invertebrados | Macromia splendens |
| Invertebrados | Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera) |
| Invertebrados | Oxygastra curtisii' |
| Peixe | Alosa alosa |
| Peixe | Chondrostoma polylepis |
| Peixe | Petromyzon marinus |
| Peixe | Rutilus arcasii |
| Peixe | Salmo salar |
| Anfibio | Chioglossa lusitanica |
| Anfibio | Discoglossus galganoi |
| Réptil | Lacerta schreiberi |
| Mamífero | Galemys pyrenaicus |
| Mamífero | Lutra lutra |
| Mamífero | Myotis bechsteinii |
| Mamífero | Myotis emarginatus |
| Mamífero | Myotis myotis |
| Mamífero | Rhinolophus ferrumequinum |
| Mamífero | Rhinolophus hipposideros |
Lexislación
[editar | editar a fonte]O Sistema fluvial Ulla-Deza foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4]
Galería
[editar | editar a fonte]-
As pontes na insua de Gres, Vila de Cruces.
-
A Ponte Ulla do ferrocarril na Ponte Ulla, Vedra.
-
O Ulla en Carcacía, Padrón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96.
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427.
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Complexo Ons-O Grove". Consultado o 02/04/2020.
- ↑ 5,0 5,1 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1140001 Sistema fluvial Ulla - Deza". Arquivado dende o orixinal o 20/07/2020. Consultado o 02/04/2020.
- ↑ 6,0 6,1 Especies na lista do Anexo II sobre dos animais e vexetais de interese comunitario cuxa conservación é necesaria para designación de zonas especiais de conservación da DIRECTIVA 92/43/CEE do Consello do 21 de maio de 1992 relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestre.
