Ximonde, San Miguel de Sarandón, Vedra
Ximonde | |
---|---|
Pazo de Ximonde. | |
Parroquia | San Miguel de Sarandón |
Concello | Vedra |
Coordenadas | 42°45′05″N 8°27′33″O / 42.751329445451, -8.4592773600288 |
Poboación | 28 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ximonde é un lugar da parroquia de San Miguel de Sarandón no concello coruñés de Vedra. Segundo o IGE en 2018 tiña 28 habitantes (13 mulleres e 15 homes), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 36 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Pazo de Ximonde. De finais do século XVIII, é un edificio en forma en escuadra que se desenvolve cara á súa parte posterior. Polo menos unha parte da zona posterior debe corresponder ao último terzo do século XVI, momento en que cabe encadrar o escudo. Aos lados da portada corren sartas de froitos que vinculan a obra con Compostela. No que foi o patio interior, pódese admirar a fachada barroca en figura de "L", un fermoso soportal e a solaina do primeiro piso. No patio hai dúas fontes, unha delas encaixada no edificio. Destaca na fachada o escudo cos brasóns dos Cisneros.
En 1776 Carlos III de España concedeulle o Condado de Ximonde a Xoán Antón Cisneros de Castro e da Barrera (1747-1798), rexedor da cidade de Santiago de Compostela e señor do Couto de Ximonde.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Miguel de Sarandón
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Miguel de Sarandón no concello de Vedra (A Coruña) | |
---|---|
Canicova | A Casanova | Casansula | Caxaraville | Cimadevila | Dozar | A Pedreira | Sarandón | A Silva de Abaixo | A Silva de Arriba | Ximonde |