Pobos maias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Pobos maias
Nebaj.JPG
Mulleres ixil en Nebaj, Guatemala.
Poboación
Poboación total:
7 millóns (estimación de comezos do século XXI)[1][2]
Rexións principais:
Flag of Guatemala.svg Guatemala 5 474 377 (2009)
Flag of Mexico.svg México 759 000 (2005)
Flag of Belize.svg Belize ?
Flag of El Salvador.svg O Salvador ?
Flag of Honduras.svg Honduras ?
Aspectos culturais
Lingua Linguas maias, castelán, inglés e crioulo belicense
Relixión Cristianismo e relixión maia

Os pobos maias[3] son un grupo de pobos indíxenas de Mesoamérica. Habitan no sur de México, Guatemala, Belize, O Salvador e Honduras. O termo "maia" é unha designación colectiva que inclúe a pobos da mesma área que comparten algún grao de herdanza cultural e lingüística ; porén, abrangue poboacións con características distintivas, poboacións, sociedades e grupos étnicos que teñen as súas propias tradicións, culturas e identidade histórica.

A poboación precolombiana maia era de arredor de oito millóns de persoas.[4] Arredor de sete millóns de maias vivían nesta área a comezos do século XXI.[1][2] As poboacións de Guatemala, o sur de México e a Península de Iucatán, Belize, O Salvador e o oeste de Honduras conseguiron manter en grande medida a súa herdanza cultural. Algunhas poboacións están bastante integradas dentro da maioría mestiza castelanizada das nacións nas que residen, mentres que outras manteñen un estilo de vida máis tradicional, mantendo algunha das linguas maias como primeira lingua.

A meirande poboación contemporánea de maias habita en Guatemala, Belize, e as partes occidentais de Honduras e O Salvador, así como en partes dos estados mexicanos de Iucatán, Campeche, Quintana Roo, Tabasco e Chiapas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Indigenous Peoples of the World: The Maya. Intercontinentalcry.org. Consultado o 27 de abril de 2014.
  2. 2,0 2,1 Nations, James D. (1 de xaneiro de 2010). The Maya Tropical Forest: People, Parks, and Ancient Cities. University of Texas Press. ISBN 978-0-292-77877-1. 
  3. Entrada maia en Digalego
  4. The pre Columbian Civilisations of Central America – The Mesoamericans – Causes and Consequences of the Medieval Warm Period. Sites.google.com. Consultado o 27 de abril de 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Voss, Alexander (2006). "Astronomy and Mathematics". En Nikolai Grube (ed.). Maya: Divine Kings of the Rain Forest. Eva Eggebrecht and Matthias Seidel (assistant eds.). Cologne: Könemann. pp. 130–143. ISBN 3-8331-1957-8. OCLC 71165439. 
  • Wagner, Elizabeth (2006). "Maya Creation Myths and Cosmography". En Nikolai Grube (ed.). Maya: Divine Kings of the Rain Forest. Eva Eggebrecht and Matthias Seidel (Assistant eds.). Cologne: Könemann. pp. 280–293. ISBN 3-8331-1957-8. OCLC 71165439.