Saltar ao contido

Garza branca pequena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Garzota»)
Garza branca pequena
Egretta garzetta
Carl von Linné 1766 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
 Taxon superior
 Nome curto
E. garzetta Editar o valor en Wikidata
 Nome común
Garzota Editar o valor en Wikidata
 Subdivisións
E. g. garzetta

E. g. immaculata

E. g. nigripes
Características
 Período de incubación
21 DD Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
3.5 Editar o valor en Wikidata
Conservación
 Identificador UICN
Distribución
Dimensións
 Masa
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePelecaniformes
FamiliaArdeidae
XéneroEgretta
EspecieE. garzetta
Identificadores
Freebase/m/01p1m6 Editar o valor en Wikidata
ITIS174816 Editar o valor en Wikidata
OTT273425 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

A garza branca pequena[1] (Egretta garzetta) é unha garza (ave da familia Ardeidae ou Ardeidos) de pequeno tamaño.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A garza branca pequena adulta mide de 55 a 65 cm de lonxitude e ten unha envergadura de ás de 88 a 106 cm. Pesa entre 350 e 550 gramos. A plumaxe é completamente branca. As patas, moi longas, son negras e os pés e o bico amarelos. Ten unha marca sen plumas entre o bico e os ollos de cor verde agrisado. Na época de cría ós adultos médranlles dúas plumas longas na caluga e outras, moi vaporosas, no peito e no lombo; a mancha sen plumas que teñen entre o peteiro e os ollos faise vermella ou azul.

Os exemplares inmaturos son semellantes ós adultos que non están en época de cría, pero teñen as patas e os pés máis mouros.

Son silenciosas, pero fan diversos sons cando están nas colonias de cría e un berro de alarma áspero cando son molestadas.

Distribución

[editar | editar a fonte]

A área orixinal de cría comprende zonas húmidas en áreas temperadas de Europa, Asia, África e Australia.

En Europa estaba restrinxida á zona sur ata os anos 1950, momento no que empezou a ser máis común no oeste de Francia e despois na súa costa norte. En 1979 criou nos Países Baixos, feito que se repetiu nos anos 90. En Gran Bretaña, onde era unha especie esporádica, cría desde 1996 en Inglaterra e dende o 2002 en Gales. En 1997 detectáronse os seus niños por primeira vez en Irlanda.

En América foi detectada en 1954 en Barbados, onde empezou a criar en 1994. Aparecen cada vez con máis regularidade no continente, dende Brasil e Suriname no sur a Newfoundland e Quebec no norte.

Nas áreas máis cálidas da súa distribución son aves sedentarias; as poboacións do norte emigran á África ou ó sur de Asia, dependendo da zona de orixe. Despois da estación de cría poden facer desprazamentos cara ao norte, o que probablemente favoreceu a súa recente expansión.

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Divídese, polo menos, en dúas subespecies identificadas:

  • E. g. garzetta, a forma tipo, de Europa, África e Asia.
  • E. g. nigripes, de Indonesia e Australasia. Esta subespecie ten a mancha sen plumas da cara amarela e os pés máis negros. Os exemplares australianos son ás veces considerados outra subespecie: E. g. immaculata.

Outras garzas, consideradas antes subespecies da garza branca pequena, son agora clasificadas como especies separadas:

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Egretta garzetta
Adulto coa plumaxe de verán
Garza branca pequena en Oleiros
Vídeo de Egretta garzetta na ría do Burgo

.

Crían en colonias, a miúdo mesturadas con outras especies, en xeral en plataformas feitas de paus nas árbores ou arbustos ou entre canavais ou zonas de bambú. Nalgunhas áreas, coma Cabo Verde, fan os niños en acantilados. As parellas defenden un territorio de cría pequeno, duns 3 ou 4 metros ó redor do niño. Poñen de 3 a 5 ovos que chocan os dous adultos. Os ovos son ovais e de cor verde azulada. Os polos rompen a casca despois de entre 21 e 25 días de incubación. Son brancos cando nacen e poden voar cando cumpren entre 40 e 45 días de vida.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

As garzas brancas pequenas cazan en augas pouco fondas, moitas veces camiñando coas ás abertas ou arrastrando os pés. Outras veces fican sen moverse e cazan á espreita. Comen gran variedade de animais pequenos, coma peixes, anfibios, crustáceos e insectos.

Foron moi buscadas noutro tempo, coma outras garzas, polas súas plumas. A situación foi particularmente extrema no século XIX, cando mesmo se criaron en granxas para poder arrincarlle-las plumas sen ter que matalas. A fin da moda dos sombreiros con plumas e as leis de conservación permitiron a recuperación da especie.

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Mark Cocker & Richard Mabey (2005) Birds Britannica, Chatto & Windus, Londres
  • D. W. Snow & C. M. Perrins (1998) Birds of the Western Palearctic: Concise Edition, Vol. 1, Oxford University Press