Saltar ao contido

Pilro groso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pilro groso
Calidris canutus
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
C. canutus Editar o valor en Wikidata
Conservación
Localización
 Endémico en
 Área de distribución
Diagrama de tamaño
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Combinación orixinal
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCharadriiformes
FamiliaScolopacidae
XéneroCalidris
EspecieC. canutus
 Sinonimia
Tringa canutus
Dimensións
Masa126 g peso adulto macho
148 g peso adulto femia
19,3 g peso de nacemento Editar o valor en Wikidata
Envergadura0,5 m Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/01tdf2 Editar o valor en Wikidata
ITIS176642 Editar o valor en Wikidata
OTT214779 Editar o valor en Wikidata
UICN22693363 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O pilro groso[1][2][3] ou pilro gordo[4] (Calidris canutus) é unha ave limícola de tamaño mediano que cría en zonas de tundra do hemisferio norte.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Do tamaño aproximado dun merlo, entre 23 e 26 cm. A envergadura das ás vai dos 47 ós 53 cm. O peso, que varía segundo a subespecie, é de entre 100 e 200 gramos. Antes da migración poden chegar a multiplicar por dous o seu peso. Ten o pescozo e as patas, que son verdes agrisadas, curtos, e o bico escuro, dereito e de tamaño medio. Fora da época de cría teñen o lombo gris cinza e a parte inferior abrancazada, con liñas grises pouco visibles no peito e nos vaos. No tempo da reprodución a parte superior do corpo é negra con manchas grises. A cara, a gorxa e o peito son vermellos coa parte inferior clara. As subespecies canutus, islandica e piersmai son máis escuras e a rufa a máis clara.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Crían sobre todo na tundra en Groenlandia, Canadá, Alasca e Siberia. É unha ave migratoria de longa distancia que pasa os invernos no suroeste de África.

Subespecies e a súa distribución

[editar | editar a fonte]

Ten seis subespecies, que, ordenadas segundo o tamaño son:

  • C. c. roselaari (a meirande)
  • C. c. rufa
  • C. c. canutus
  • C. c. islandica
  • C. c. rogersi
  • C. c. piersmai (a máis pequena)
Distribución e rutas migratorias das subespecies de Pilro gordo
Cartaz explicativo sobre o pilro groso na vila de Caión.

C. c. piersmai cría no norte de Siberia e pasa o inverno nas costas chas do noroeste de Australia, despois dunha parada no delta do río Amarelo na China. C. c. rogersi cría no noroeste de Siberia e emigra ó longo da costa chinesa ó sueste de Australia e norte de Nova Zelandia. C. c. roselaari reprodúcese no extremo norte de Alasca e pasa o inverno en Florida. Non está claro se algunhas poboacións desta subespecie emigran seguindo a costa do océano Pacífico para pasa-lo inverno na América central. C. c. rufa, que pon os ovos no noroeste do Canadá, segue a costa atlántica e, despois dunha parada no Brasil acaba a viaxe na Arxentina. C. c. islandica, que cría no norte de Groenlandia voa no inverno ó noroeste de Europa, con paradas en Islandia e poida que en Noruega. C. c. canutus ten as crías no norte de Siberia, máis ó oeste cá variedade C. c.piersmai e pasa a estación fría ó longo das costas do oeste de África.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntanse principalmente de moluscos que tragan enteiros, partindo a casca cos músculos da morzoa. Na época reprodutora comen vermes e artrópodos acuáticos.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Calidris canutus.
Pilros gordos coa plumaxe invernal.

O pilro gordo cría na tundra de Siberia, Groenlandia, Canadá e Alasca. Crían illados: os niños están separados a miúdo por quilómetros de distancia. A femia pon 3 ou 4 ovos nun furado do chan cuberto de brión. Os ovos son chocados polos dous membros da parella. Os polos deixan o niño inmediatamente e comezan a alimentarse polos seus propios medios. En canto comezan a voar, os machos adultos comezan a viaxe migratoria. As aves novas séguenos días ou semanas máis tarde en solitario.

Adaptación ó voo de longa distancia

[editar | editar a fonte]

O pilro gordo fai a súa viaxe migratoria en etapas que poden acadar os 5.000 km. Para poder voar esas distancias comen grandes cantidades de alimento, o que fai que poidan dobrar o seu peso antes de comeza-la viaxe. Teñen depósitos de graxa distribuídos polo corpo, dos que sacan a enerxía necesaria durante o voo. Para facer sitio para eses depósitos sen comprometer a capacidade de voo, os seus órganos internos redúcense. A morzoa aumenta e diminúe de tamaño de acordo co tipo de alimentación: cando comen moluscos de casca dura, medra, mentres que o consumo de vermes e outras presas brandas activa a redución do seu tamaño e con isto a posibilidade de aumentar o tamaño dos depósitos de graxa.

Nomes comúns noutras linguas

[editar | editar a fonte]
  • Alemán: Knutt
  • Danés: Islandsk ryle
  • Finlandés: Isosirri
  • Francés: Bécasseau maubèche
  • Inglés: Red Knot
  • Neerlandés: Kanoet
  • Noruegués: Polarsnipe
  • Sueco: Kustsnäppa
  1. Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X.; Rodríguez Villanueva, Xosé L. (2000). Vocabulario multilingüe de acuicultura. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-3316-X.
  2. Penas Patiño, Xosé Manuel (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 978-84-96128-69-9.
  3. "Pilro". Dicionario de galego. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2016.
  4. Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 17 de decembro de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Shorebirds von Hayman, Marchant and Prater ISBN 0-395-60237-8
  • Piersma, T., de Goeij, T. P. & Tulp, I. 1993 An evaluation of intertidal feeding habitats from a shorebird perspective: towards relevant comparisons between temperate and tropical mudflats. Netherlands Journal of Sea Research 31, 503-512.
  • Piersma, T., Dietz, M. W., Dekinga, A., Nebel, S., van Gils, J. A., Battley, P. F. & Spaans, B. 1999 Reversible size-changes in stomachs of shorebirds: when, to what extent, and why? Acta Ornithologia 34, 175-181.
  • Tomkovich, P. S. 1992 An analysis of the geographic variability in knots Calidris canutus based on museum skins. Wader Study Group Bulletin 64 Supplement, 17-23.
  • Tomkovich, P. S. 2001 A new subspecies of Red Knot Calidris canutus from the New Siberian Islands. Bulletin of the British Ornithologists Club 121, 257-263.
  • Tulp, I., Schekkerman, H., Piersma, T., Jukema, J., de Goeij, P. & van de Kam, J. 1998 Breeding waders at Cape Sterlegova, northern Taimyr, in 1994. Zeist: WIWO - Report 61.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]