Saltar ao contido

Bilurico das rochas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bilurico bailón»)
Bilurico das rochas
Actitis hypoleucos
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
A. hypoleucos Editar o valor en Wikidata
Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Combinación orixinal
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
SubclaseNeornithes
InfraclaseNeognathae
SuperordeNeoaves
OrdeCharadriiformes
SubordeScolopaci
FamiliaScolopacidae
XéneroActitis
EspecieA. hypoleucos
 Sinonimia
Tringa hypoleucos Linnaeus, 1758
Cifras e dimensións
Envergadura0,273 m Editar o valor en Wikidata
Localización
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01try6 Editar o valor en Wikidata
ITIS176613 Editar o valor en Wikidata
OTT792983 Editar o valor en Wikidata
UICN22693264 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O bilurico das rochas[1] ou bilurico bailón[2] (Actitis hypoleucos) é unha ave limícola de tamaño pequeno. É unha das aves incluídas no Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias de África e Eurasia (AEWA).

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os exemplares adultos miden ata 22 cm. de lonxitude e teñen unha envergadura de ás de entre 32 e 35 cm. Pesan de 40 a 80 gramos. Teñen a parte superior do corpo acastañada, e a inferior abrancazada. Os ollos son negros e as patas, relativamente curtas, oliváceas. O bico é de tamaño mediano, coa base pálida e a punta negra, e unha lista ocular escura. Machos e femias son semellantes. Os individuos novos son barrados na parte inferior do corpo e as beiras das plumas das ás son da cor do ante.

Coa especie irmá americana, o bilurico maculado (A. macularia) forma o xénero Actitis. As dúas especies ocupan zonas xeográficas complementarias. Nos casos en que algún individuo extraviado dunha das dúas especies aparece no territorio da outra poden producirse hibridacións, feito que tamén foi testemuñado entre o bilurico bailón e o bilurico alinegro (Tringa ochropus).

Voan a pouca distancia da auga cun voo rápido e uniforme. Poden nadar e mergullarse durante uns 20 segundos ata un metro de profundidade. Non son aves gregarias polo que é raro velas formar grandes bandos.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Crían en Asia e en case toda Europa (agás en Islandia). En Europa están presentes entre abril e outubro e crían preto de ríos e regos pero tamén ás veces en zonas de augas estancadas.

Os seus cuarteis de inverno comprenden dende a cunca do Mediterráneo ata Suráfrica, o sur de Asia e Australasia.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntanse de insectos e arañas e inclúen tamén na súa dieta crustáceos e moluscos pequenos, que apañan das augas superficiais co bico. Poden cazar insectos en voo.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

A súa época reprodutora vai de maio a agosto. O niño é unha cinca no chan cuberta con anacos de plantas. Constrúeno en illas ou preto da beira da auga, agochado na vexetación mesta. Poñen de media catro ovos, duns 35 mm. de lonxitude, que chocan por quendas os dous membros da parella unhas tres semanas.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]