Rata de auga común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rata de auga común
Arvicola sapidus 02 by-dpc.jpg
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Familia: Cricetidae
Subfamilia: Arvicolinae
Xénero: Arvicola
Especie: A. sapidus
Miller, 1908
Mapa de distribución de Arvicola sapidus.

Mapa de distribución de Arvicola sapidus.
Sinonimia
  • Arvicola musiniani, Lataste, 1884
  • Arvicola tenebricus, Miller, 1908

A rata de auga común (Arvicola sapidus) é unha especie de roedor da familia Cricetidae. É un gran cricétido anfibio de gran parte de Francia, España e Portugal, incluíndo Galicia. Aínda que historicamente era considerado un membro da mesma especie que Arvicola amphibius, Musser e Carleton (2005) consideran que son distintos.[2] Está listado na Lista Vermella da IUCN como vulnerable debido a moitas das mesmas razóns que para a rata de auga setentrional.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Pesa entre 150 e 280 gramos e ten as orellas pequenas. O seu corpo mide entre 16 e 23 cm, a cola mide 12 cm por termo medio. A pelame é castaña escura sobre o dorso, e gris no ventre.

Alimentación[editar | editar a fonte]

É sobre todo herbívoro (fitófago) mais tamén pode comer algún animal acuático (insectos, crías de peixes, anfibios...).

Reprodución[editar | editar a fonte]

As femias poden parir ata cinco veces ao ano, aínda que o normal son dúas. A xestación dura 21 ou 22 días e adoitan ter de 2 a 7 crías por parto. A madurez sexual alcánzase nun pouco mís dun mes. A lonxevidade desta especie é de dous anos.

Distribución[editar | editar a fonte]

Esta especie está presente en Francia, España e Portugal. Trala ameaza da súa desaparición a curto prazo, empendéronse algúns esforzos para salvala, que foron desde campañas de información e sensibilización da xente a cambios nas obras públicas que afectan o seu hábitat e a conservación do seu hábitat.

Uso[editar | editar a fonte]

No delta do Ebro antigamente eran cazadas pla súa carne. Ao ser un roedor que se alimenta de cereais considerábase bo para comer.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Rigaux, P., Vaslin, M., Noblet, J.F., Amori, G. & Palomo, L.J. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Musser, G. G. and M. D. Carleton. 2005. Superfamily Muroidea. pp. 894–1531 in Mammal Species of the World a Taxonomic and Geographic Reference. D. E. Wilson and D. M. Reeder eds. Johns Hopkins University Press, Baltimore.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]