Pilro curlibico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Pilro común")
Pilro curlibico
Calidris alpina juv.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Calidris
Especie: C. alpina
Nome binomial
Calidris alpina
(Linnaeus, 1758)
Distribución das subespecies

Distribución das subespecies
Sinónimos

Erolia alpina
Pelidna alpina

O pilro curlibico[2] ou pirlo común[3] (Calidris alpina) é unha ave da familia Scolopacidae.

Descrición[editar | editar a fonte]

Os adultos miden entre 17 e 21 cm, cunha envergadura de alas de entre 32 e 36 cm. Pesan de 40 a 60 gramos e poden vivir ata 24 anos. O bico é longo e lixeiramente curvado. Os ollos e as patas, que son de lonxitude media, son castaños escuros. En inverno son castaños por arriba e co ventre branco. Na época de cría ao ventre ten unha coloración negra e a parte superior e castaña avermellada. Machos e femias son de plumaxe semellante,

Hábitat[editar | editar a fonte]

Calidris alpina

Na época de cría viven principalmente en zonas de tundra. Durante a emigración aparecen nas costas e marismas da Europa central. Pasan o inverno nunha área que vai do suroeste do continente europeo ata o oeste de África. O seu hábitat preferido son zonas de lama, pantanos e zonas con uzes e prados salgados.

Alimentación[editar | editar a fonte]

Comen insectos e larvas, que capturan de zonas cunha pequena capa de auga. Na época de migración capturan tamén caracois, vermes e pequenos crustáceos.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Maduran sexualmente ó ano de idade. Fan o niño agachado entre a vexetación do chan. Entre abril e xullo poñen catro ovos castaños con marcas castañas máis escuras. Chocan unhas tres semanasm, e os pitos son capaces de voar 3 semanas despois de saíren do ovo.

Calidris alpina.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Calidris alpina". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X.; Rodríguez Villanueva, Xosé L. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-3316-X. 
  3. Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]