Saltar ao contido

Corvo grande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corvo grande
Corvus corax
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome curto
C. corax Editar o valor en Wikidata
Características
 Duración máxima de vida
21.9 AA Editar o valor en Wikidata
 Esperanza de vida
17.1667 AA Natureza selvagem (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Ciclo diurno
Conservación
 Identificador UICN
Distribución
 Área de distribución
Dimensións
 Masa
689 g
25 g hatchling (en) Traducir
800 g
1041 g adulto
1625 g
1.5 kg Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
69 cm adulto
60 cm
68 cm Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaCorvidae
XéneroCorvus
EspecieC. corax
Identificadores
Freebase/m/021klp Editar o valor en Wikidata
ITIS179725 Editar o valor en Wikidata
OTT140425 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O corvo carnazal[1] ou corvo grande[2],(Corvus corax) é, con máis de 60 cm, a especie máis grande do xénero Corvus e da familia dos córvidos. É semellante ao corvo viaraz (Corvus corone) pero significativamente maior, cun peso de 1 250 g e unha envergadura de ás de 120 cm. A plumaxe é dun negro acibeche con irisacións azuis. Ten o pico negro moi robusto. Non existe un marcado dimorfismo sexual.

En voo chama a atención polo seu longo pescozo e pola súa cauda cuneiforme. O seu canto é característico e coñecido como corveo ou corvear. Non obstante é capaz de imitar sons doutros paxaros e mesmo doutros animais, chegando ata pronunciar palabras soltas.

Hábitat e cría

[editar | editar a fonte]

O corvo atópase nunha extensa zona de distribución no hemisferio norte terrestre, dende o norte de África, a través de toda Europa, Asia e América do Norte e Central. Prefiren os montes abertos de fronda e coníferas, montañas, estepas, cantís e mesmo a tundra ártica. É unha especie bastante adaptable e tamén pode atoparse en pobos rurais e mesmo nos suburbios das cidades.

Choca os seus ovos (3-6) durante unhas tres semanas entre febreiro e maio. Os seus niños atópanse entre as cornixas de rochas ou penedos ou en árbores, e acostuman estar feitos de poliñas e lama.

O corvo grande é omnívoro. Aliméntase de vermes, pequenos vertebrados, sementes, millo, froitos, carniza e lixo orgánico.

[editar | editar a fonte]

Ver un corvo no camiño ou nas proximidades da casa é agoiro de morte próxima, por ser negro, por comer carniza e polo seu berro agudo e característico. Por iso, cando se vexa hai que dicirlle: "Corvo agoireiro, vaite lixeiro, que nesta porta non hai carne morta". Segundo Xosé Ramón Mariño Ferro, esta crenza xa fora recollida por Plinio.

Corvo agoreiro,
vaite lixeiro,
que nesta porta
non hai carne morta.

—Popular.[3]

Refraneiro

[editar | editar a fonte]
  • Corvo que estás no bico da pena, o que ouves por outro por tí o espera.
  • Corvos en bandada, ou sombra ou preada.
  • Corvos veñen, preada hai.
  • Cría corvos e sacaranche os ollos.
  • De mal corvo, mal ovo.
  • Díxolle o corvo á pega: bótate alá, que eres negra.
  • Nace o corvo na peneda e tíra sempre a ela.
  • Non pode se-lo corvo máis negro que as aas.
  • Sempre o corvo vai a onde preada hai.
  • Tal o corvo, tal o ovo.
  • Un corvo a outro non lle tira os ollos.

Cantigueiro

[editar | editar a fonte]
  • Din que a raíña está preñada,/ que ten a barriga dura,/ ¡vai traer para Maio/ un corvo e mais unha rula!

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]